sábado, 28 de febrero de 2015

2º DOMINGO DE CORESMA - CICLO B: ESCOITA A XESÚS

LUNS 2 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Comezamos a segunda semana de coresma co lema: "Escoita a Xesús"
Xesús fálanos a cada un de nós de moitas formas: A través dos acontecementos que nos suceden na vida, por medio das persoas que nos rodean, na persoa dos débiles... pero sobre todo fálanos a través da súa Palabra recollida nos Evanxeos.
Hoxe imos ler unha pasaxe desta Palabra, que se proclamou na Eucaristía de onte, domingo, e que narra o relato da transfiguración do Señor. Nela iremos procurando afondar ao longo da semana. Escoitemos con atención e acollámola co corazón:

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

            Naquel tempo, levou Xesús consigo a Pedro, a Santiago e a Xoán, e subiu con eles sós a un monte alto.
            Alí transfigurouse diante deles; e os seus vestidos viráron­se resplandecentes, brancos coma ningún bataneiro do mundo os podería branquexar.
            E aparecéuselles Elías e mais Moisés, que estaban a falar con Xesús.
            Pedro colleu a palabra e díxolle a Xesús:
            ‑ Mestre, que bo sería ficarmos aquí! Imos facer tres tendas: Unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías
            El non sabía o que dicía, de tan asustados que estaban.
            E formouse unha nube que os cubriu; e dende a nube deixouse oír unha voz:
            ‑ Este é o meu Fillo benquerido; escoitádeo.
            E de súpeto, mirando arredor, xa non viron a ninguén, senón a Xesús só onda eles.
            Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles que non contasen nada do que viran, ata que o Fillo do Home resucitase de entre os mortos.
            Eles gardaron a cousa en segredo, pero preguntábanse entre si que sería aquilo de "resucitar de entre os mortos".

                        Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo

REFLEXIÓN: Neste momento imos fixarnos especialmente na frase: Transfigurouse diante deles. "
No texto que acabamos de escoitar, Xesús TRANSFIGÚRASE, cambia de aspecto ante os seus amigos e maniféstalles a súa verdadeira identidade divina.
Móstrase ante os seus como realmente é, para que admiren ao que poden chegar eles se confían, como El fai, no amor de Deus Pai.
Tamén hoxe Deus nos pide a nós que nos vaiamos transfigurando pouco a pouco a través dos nosos actos de amor: Que cambiemos do enfado ao sorriso. Do rancor ao perdón; da autosuficiencia á humildade; do egoísmo ao servizo.
A coresma é tempo de conversión, de cambio. Fagamos un alto no camiño da nosa vida e pensemos:
. Hai algo en min que non vai ben e debería cambiar?
. Que vou facer para iso?

GLORIA AO PAI….



MARTES 3 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Hoxe imos fixarnos nun fragmento do relato que escoitamos onte. Di así:
"...E aparecéronselles Elías e Moisés falando con Xesús, Pedro tomou a palabra e dixo a Xesús: "Mestre, que ben se está aquí! Fagamos tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías".
Para ver con claridade a Deus os discípulos houberon de subir á montaña, pero o máis difícil non foi a subida, senón a baixada. Aprender de novo a vivir coa realidade do mundo e descubrir nela o Señor que se mostra sobre todo naqueles que sofren.

PARA A REFLEXIÓN:
- Quen pode estar a necesitar de min neste mesmo momento? No colexio, na casa, entre os meus amigos...
- Como podo prestarlle a miña axuda?
- Que estou disposto a facer? (Breve momento de silencio)

Pidamos ao Señor que nos dea unha mirada limpa para poder descubrilo nos acontecementos da vida e nos nosos propios.

NOSOPAI...



MÉRCORES 4 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A frase do Evanxeo sobre a que imos reflexionar hoxe di así:
"Unha nube cubriunos coa súa sombra; e dende a nube oíuse unha voz: "Este é o meu fillo amado. Escoitádeo.

REFLEXIÓN: Deus Pai invítanos a escoitar a Xesús. A acoller as súas palabras, o que El nos di, e poñelo por obra.
. Que tempo lle dedico eu a Deus?
. Fago oración?
. Que lugar ocupa Deus na miña vida? (Breve momento de silencio)

CREO EN DEUS (dous coros)
Creo nun Deus impotente,
nun Deus débil debilitado,
creo nun Deus que non pode,
que non triunfa. Derrotado.

Creo nun Deus tan veciño
que se volve un Deus humano,
que a súa vida entre nós,
é morte que lle entregamos.

Creo nun Deus sen poder,
feito home e torturado,
e por coroa: espiñas!,
e por resposta: insultado!.

Creo nun Deus impotente,
un Deus de brazos atados,
un Deus distinto aos home,
poderosos, soberanos...

Creo nun Deus que non sabe
negar o que declarou,
creo nun Deus impotente,
impotente de namorado!

Creo nun Deus novidoso,
de novidade sempre a man
que xera cada instante
o que o amor vai ditando.

Creo nun Deus xeneroso,
do amor crucificado,
creo nun Deus tamén pobre,
que ten os pobres ao lado.

Creo nun Deus que non pode,
é o amor quen o atou!
Creo nun Deus sen poder,
pobre... resucitado!

Xuntos dicimos Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo...

Video: ALGUÉN CHAMA Á TÚA PORTA http://www.missionkits.org/tarjetas/cuaresma/puerta/


XOVES 5 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
No día de hoxe de novo poñémonos na presenza de Deus Pai-Nai, que nos axuda a achegarnos ao Irmán e, polo tanto, a seguir camiñando cara á Pascua. Un camiño vivido dende a sinceridade do corazón.

Escoitamos este conto:
CONTO SOBRE A MISERICORDIA DE DEUS
Deus sempre nos dá unha nova oportunidade!
Había un home moi rico que posuía moitos bens, unha grande estanza, moito gando, varios empregados, e un único fillo, o seu herdeiro.
Un día, o vello pai, xa avanzado en idade, dixo aos seus empregados que lle construíran un pequeno corte.
Dentro del, o propio pai preparou unha forca e, xunto a ela, unha placa con algo escrito: "PARA QUE NUNCA DESPRECES AS PALABRAS DO TEU PAI"
Máis tarde, chamou o seu fillo, levouno ata o corte e díxolle: É para ti! Quero que me prometas que te aforcarás nela se sucede o que eu che dixen.
O mozo riu, pensou que era un absurdo, pero para non contradicir o seu pai prometeulle que así o faría, pensando que iso xamais sucedería.
O tempo pasou, o pai morreu, e o seu fillo encargouse de todo, e así como o seu pai previra, o mozo gastou todo, vendeu os bens, perdeu os seus amigos e ata a propia dignidade.
Desesperado e aflixido, comezou a reflexionar sobre a súa vida e viu que fora un parvo. Acordouse das palabras do seu pai e comezou a dicir:
- Ah, pai meu... Se eu tivese escoitado os teus consellos... Pero agora é demasiado tarde. Eu nunca seguín as palabras do meu pai, non puiden alegralo cando estaba vivo, pero polo menos esta vez farei a súa vontade. Vou cumprir a miña promesa. Non me queda nada máis...
Entón, subiu os chanzos e colocou a corda no colo, e pensou:
- Ah, se eu tivese unha nova oportunidade...
Entón, tirouse dende o alto dos chanzos e, por un instante, sentiu que a corda apertaba a súa garganta... Era o fin.
Non obstante, o brazo da forca era oco e quebrouse doadamente, caendo o mozo ao piso. Sobre el caeron xoias, esmeraldas, perlas, rubís, zafiros e brillantes, moitos brillantes...
A forca estaba chea de pedras preciosas. Entre o que caeu encontrou unha nota.
Nela estaba escrito: Esta é a túa nova oportunidade. Ámote moito! Con amor, o teu vello pai.
"Deus é exactamente así connosco. Cando nos arrepentimos, podemos ir ata el. El sempre nos dá unha nova oportunidade".

Cada un, durante un segundo pensamos que pediriamos nesta segunda oportunidade. Ofrecémosllo a María, para que llo presente a Xesús dicindo: Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!



VENRES 6 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Bo día! Estamos ao final da semana e que ganas! Cantos plans para facer en dous días, verdade? Pois arríscate e pensa que podes facer un plan cun camiño máis longo e co obxectivo de percorrelo con outros compañeiros. Non te canses e non esquezas que o noso billete dura ata a Pascua.
Imos escoitar un conto que nos achega a esa realidade de espera, non podemos facelo todo nun día, nun momento...ESCOITA

A EIRUGA
Un pequeno verme camiñaba un día en dirección ao sol. Moi preto do camiño encontrábase un Chapulín:
- Cara a onde te dirixes?, preguntoulle.
Sen deixar de camiñar, a eiruga contestou:
- Tiven un soño onte á noite; soñei que dende a punta da gran montaña eu miraba todo o val. Gustoume o que vin no meu soño e decidín realizalo.
Sorprendido, o chapulín dixo, mentres o seu amigo se afastaba:
- Debes estar tolo!, Como poderías chegar ata aquel lugar?
- !Ti, unha simple eiruga! Unha pedra será para ti unha montaña, un pequeno charco un mar e calquera madeiro unha barreira infranqueable.
Pero o verme xa estaba lonxe e non o escoitou. Os seus diminutos pés non deixaron de moverse.
A eiruga continuou o seu camiño, despois de avanzar xa uns cantos centímetros.
Do mesmo modo, a araña, a toupa, a ra e a flor aconsellaron o noso amigo a desistir do seu soño!
-¡Non o lograrás xamais! - dixéronlle -, pero no seu interior había un impulso que o obrigaba a seguir.
Xa esgotado, sen forzas e a punto de morrer, decidiu parar a descansar e construír co seu último esforzo un lugar onde pasar a noite:
- Estarei mellor, foi o último que dixo, e morreu.
- Todos os animais do val por días foron mirar os seus restos. Aí estaba o animal máis tolo do pobo.
Construíra como a súa tumba un monumento á insensatez. Aí estaba un duro refuxio, digno dun que morreu "por querer realizar un soño irrealizable".
Unha mañá na que o sol brillaba dun xeito especial, todos os animais se congregaron en torno a aquilo que se convertera nunha ADVERTENCIA PARA OS ATREVIDOS. De pronto quedaron atónitos.
Aquela cuncha dura comezou a quebrarse e con asombro viron uns ollos e unha antena que non podía ser a da eiruga que crían morta. Pouco a pouco, como para darlles tempo de repoñerse do impacto, foron saíndo as fermosas ás arco da vella daquel impresionante ser que tiñan fronte a eles: UNHA BOLBORETA.
Non houbo nada que dicir, todos sabían o que faría: iríase voando ata a gran montaña e realizaría un soño; o soño polo que vivira, polo que morrera e polo que volvera vivir.

"Todos se  equivocaran". Deus non nos tería dado a posibilidade de soñar, se non nos tivese dado a oportunidade de facer realidade os nosos sonos...

Se tes un soño, vive por el, intenta alcanzalo, pon a vida niso e se te dás conta de que non podes, quizais necesites facer un alto no camiño e experimentar un cambio radical na túa vida e entón, con outro aspecto, con outras posibilidades e circunstancias distintas!!
Despois da lectura, recorda QUE SOÑO TES para ti, que che gustaría vivir e realizar. Párate e nuns segundos debuxa o teu sono e colócao na clase, para que sigamos camiñando e soñando xuntos.



viernes, 20 de febrero de 2015

1ª SEMANA DE CORESMA: ¡Se crítico! Ponte en camino cara á PASCUA. Fai o ben e evita o mal

LUNS 23 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Comezamos a primeira semana da coresma, unha nova oportunidade para cambiar, arrepentirse e ser mellores.

Lectura do santo Evanxeo segundo San Marcos 1, 12-15.
Naquel tempo o Espírito empurrou a Xesús ao deserto.
Quedou no deserto corenta días, deixándose tentar por Satanás.
Cando arrestaron a Xoán, Xesús marchou a Galilea a proclamar o Evanxeo de Deus; dicía:
-Cumpriuse o prazo, está preto o Reino de Deus. Convertédevos e crede a Boa Noticia.
Palabra de Deus
 Reflexión: Tempo de optar.
Tan só pasaron uns días dende o inicio deste tempo novo, a Coresma. Ante todo habemos de destacar que a Coresma é un tempo para decidir, para optar por Deus.
Esta semana busca o teu deserto, o teu lugar para cambiar, e sente quen che empurra cara a el. Mira en todas direccións e rodéate de millóns e millóns de grans de area. E agora?
É tempo de decidir, de optar. É tempo de coherencia. Porque cando realmente o consigas terás algo que te distinga...
Camiña cara ao teu interior repleto de perigos e tentacións. Atravesa o teu propio deserto. Mantente en silencio. Deixa que a luz que está no teu interior te invada por completo. Serás feliz e farás felices os que te rodean.

ORACIÓN (xuntos)
Xesús, móstranos o camiño da conversión.
Necesitamos seguir os teus pasos
e cambiar dende o interior.
Dános forzas,
axúdanos a vivir esta coresma
como un tempo de renovación na fe.



MARTES 24 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

O pasado mércores 18 de febreiro, as Fillas de Caridade da nosa provincia celebraban o día de Guinea Ecuatorial para recordar así o labor que realizan irmás da nosa comunidade nese país.
Xa que ese día estabamos de descanso, nós queremos unirnos nesa celebración e renderlles a nosa pequena homenaxe na oración de hoxe.

Vexamos o seu traballo.


Agora todos faremos unhas peticións, por aquelas persoas que dan a súa vida ao servizo dos demais por amor a Xesús.

· Por todos os misioneiros e misioneiras que regalaron a súa vida á gran misión encomendada por Deus, que teñan a forza necesaria para o desempeño desta cada día. OREMOS

· Polos nosos mozos para que saiban ver nas palabras de Xesús e de San Vicente, as claves para o desenvolvemento dunha vida plena que os guiará á felicidade. OREMOS

· Por todas as Fillas da Caridade que están destinadas nos distintos lugares de misións, especialmente polas de Guinea, que non se lles apague a luz que dá enerxía aos seus corazóns. OREMOS

· Por nós para que traballemos decididamente pola paz ao noso arredor e naqueles países que sofren a guerra. OREMOS

María, acolle estas peticións e dános ganas de anunciar con todo o que Él dixo e fixo e sexamos quen de realizar o traballo de evanxelización no día a día. Amén.
NOSOPAI

MÉRCORES 25 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Salmo: Pequena e insignificante semente (dous lectores)

 L1: Pequena semente de mostaza!
Pequena semente do sorriso,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en raio de sol
Para o ancián ou o enfermo abandonado.

L2: Pequena semente do apertón de mans,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en salvavidas
Para o solitario a punto de afogarse.

L1: Pequena semente do oído atento,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en tenrura
Para o adolescente desamparado.

L2: Pequena semente do xesto gratuíto,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en palabra de vida
Para o home saturado de discursos.

L1: Pequena semente dos bos cristiáns,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en cita de esperanza
Para todos os pobres.

REFLEXIÓN:
Non nos cansemos de proxectar o ben servindo aos demais, dando bos consellos, cumprindo coas nosas obrigas, perdoando a quen nos ofende, evitando todo acto de violencia; deste modo, estamos a colaborar para construír o mundo que Deus quere para todos nós.

Rezamos xuntos: Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo...



XOVES 24 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Canción: ¡Qué bonita la vida! De Dani Martín. 
PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN:

REFLEXIÓN:

Que bonita a vida! Gózaa, aproveita cada día, soña, sorrí, constrúe, valora o que tes, aprende algo novo cada día, inténtao sempre, loita, non perdas o teu tempo, comparte, a axuda,….
Ás veces é necesario parar e pensar en todas as cousas que nos ofrece a vida e que sen decatarnos non aproveitamos e deixándonos invadir pola rutina.
Estamos en Coresma, é o momento oportuno para eliminar o malo e abrir os brazos ao bo, a todas esas cousas bonitas que nos ofrece a vida.

Rezamos todos xuntos: AVE MARÍA

VENRES 27 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Un día un home novo situouse no centro dun poboado e proclamou que el posuía o corazón máis fermoso de toda a bisbarra.
Unha gran multitude congregouse ao seu arredor e todos admiraron e confirmaron que o seu corazón era perfecto, pois non se observaban nel nin máculas nin rabuñaduras. Nisto, un ancián achegouse e dixo: "Perdoa o meu atrevemento, pero, por que dis iso, se o teu corazón non é nin sequera aproximadamente tan fermoso coma o meu, ou o de tantas outras persoas?”. Sorprendidos, a multitude e o mozo miraron o corazón do vello e viron que, se ben latexaba vigorosamente, este estaba cuberto de cicatrices e ata había zonas onde faltaban anacos que foran substituídos por outros que non encaixaban perfectamente no lugar, pois se vían bordos e arestas irregulares no seu redor. É máis, había lugares con ocos, onde faltaban anacos profundos.
O mozo contemplou o corazón do ancián e ao ver o seu estado desgarrado, botouse a rir. "Debes estar a bromear, " dixo. "Compara o teu corazón co meu... O meu é perfecto! En cambio o teu é un conxunto de cicatrices e dor"
"É certo", dixo o ancián, "o teu corazón loce perfecto, pero eu xamais me involucraría contigo ... Mira, cada cicatriz representa unha persoa á cal entreguei todo o meu amor. Arranquei anacos do meu corazón para entregarllos a cada un daqueles que amei.
Moitos á súa vez, obsequiáronme un anaco do seu, que coloquei no lugar que quedou aberto. De aí quedaron os ocos, dar amor é arriscar, pero a pesar da dor que esas feridas me producen ao ter quedado abertas, recórdanme que os sigo amando e alimentan a esperanza, de que algún día -talvez- regresen e enchan o baleiro que deixaron no meu corazón. Comprendes agora o que é verdadeiramente fermoso? "
O mozo permaneceu en silencio, as bágoas corrían polas súas meixelas. Achegouse e deulle un anaco do seu corazón ao ancián, de igual xeito fixo este e deulle un anaco do seu corazón ao mozo. Aos non seren idénticos os anacos, notábanse os bordos e as unións. O mozo mirou o seu corazón, que xa non era perfecto, pero lucía moito máis fermoso que antes, porque o amor do ancián fluía no seu interior... e o amor del no corazón do ancián.
O mozo só puido reaccionar e dicirlle ao ancián..
"Si, en verdade agora podo ver o fermoso que é o teu corazón”
E o teu corazón... cantas cicatrices ten? Pagou a pena telas?

NOSOPAI








Archivo del blog