miércoles, 29 de abril de 2015

ORACIÓN POR NEPAL


Un fuerte terremoto de una magnitud de 7,9 grados alcanzó a Nepal y a países vecinos como la India, Paquistán y China, el pasado sábado 25, y dejó, hasta el momento, un saldo de 2.500 muertos y millares de heridos. El temblor se sintió a las 13 hora local (11 de Brasilia) y duró entre 30 segundos y 2 minutos, lo suficiente para dejar caos en las principales ciudades del país, entre ellas, la capital Katmandú, que sufre por falta de camas en los hospitales y tiendas para socorrer a las víctimas.

El terremoto que dejó más de 4.300 muertos en Nepal, además de víctimas en Bangladesh, India, Tíbet y el monte Everest, tomó al mundo por sorpresa.

Durante la tradicional oración del Ángelus, el Papa Francisco recordó el terremoto que alcanzó a Nepal y los países vecinos, y pidió solidaridad con el pueblo nepalés.
“Rezo por las víctimas, por los heridos y por todos aquellos que sufren por causa de esta calamidad. Que tengan el apoyo de la solidaridad fraterna. Pidamos a nuestra Madre que esté cerca de ellos”.

Oración por el pueblo de Nepal (2 salmistas)
Oramos por todos los afectados por el terremoto en Nepal, al tiempo que ofrecemos las palabras del salmista “Fortalezcan su corazón, sean valientes, todos los que esperan en el Señor” (Salmo 31, 25).
Que aquellos que están paralizados por el miedo…
Sean fuertes y tengan valor
Que aquellos que han perdido o siguen buscando a sus seres queridos…
Sean fuertes y tengan valor
Que aquellos que siguen atrapados bajo los escombros…
Sean fuertes y tengan valor
Que los socorristas que ofrecen ayuda y recuperación…
Sean fuertes y tengan valor
Que aquellos que son movidos con compasión para ayudar…
Sean fuertes y tengan valor
Dios, cuyo amor no conoce límites, llenar con tu consuelo
y la paz a todos los que sufren.
Pedimos todo esto a través de Cristo, nuestro Señor. Amén

Ante la Virgen Milagrosa, le pedimos que sea consuelo para todas las familias que han sufrido las consecuencias del seísmo en Nepal, que ha sumido en el dolor y el luto a sus hijos.

Con el corazón puesto en las víctimas y sus familias, y por los heridos que luchan por la vida, recemos todos juntos un Padrenuestro


viernes, 24 de abril de 2015

4ª SEMANA PASCUA - CICLO B (27-30 ABRIL)

LUNS 27 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Estamos en tempo pascual. Isto quere dicir tempo litúrxico de alegría, de resurrección, de felicidade.
A felicidade, por moi persoal que sexa, non é un asunto individual, senón comunitario, social, compartido. Non se pode ser feliz pechándose un en si mesmo. Para ser feliz hai que saírse do propio “eu”, do propio egoísmo, e dedicarse a facer ben ós demais, a cantos poden precisar da axuda ou das atencións que un lles podería proporcionar.
            “Calquera que ame e se sente amado é feliz”.
     
            O evanxeo de hoxe é un verdadeiro canto ao amor, entrega total e absoluta aos homes . Xesús indica acerca de si mesmo: “Eu son o bo pastor”. Trátase dun pastor que arrisca a súa vida, se é necesario, por salvar a vida das súas ovellas. Porque as quere, porque as coñece polo seu nome, porque sabe cómo é cada unha delas e porque está moi ó tanto dos coidados que precisan.
            O tempo pascual é un tempo para “soñar”. 
            ¿Quen podería soñar que ese home Xesús que morre entre dous ladróns se ía converter, resucitado, na clave de toda a historia humana? Pois a nosa fe pascual apréndenos e ínstanos a confesar que si, que ese non é un soño, senón a feliz realidade que Deus mesmo fixo para nós. Podemos por iso dicir con alegría: Aleluia!!

Lemos o evanxeo de Xoán 10,11-18
Naquel tempo, dixo Xesús aos fariseos:
-  Eu son o bo Pastor. O bo Pastor dá a vida polas ovellas; o asalariado, que non é pastor nin dono das ovellas, ve vir ao lobo, abandona as ovellas e foxe; e o lobo fai estrago e as dispersa; e é que a un asalariado non lle importan as ovellas.
      Eu son o bo Pastor, que coñezo ás miñas e as miñas coñécenme, igual que o Pai me coñece e eu coñezo ao Pai; eu dou a miña vida polas ovellas.



MARTES 28 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén
Durante esta semana, encamiñámonos xa de cheo ao mes de María, imos dirixir a nosa mirada a unha persoa amante de María que foi capaz de facernos amala máis e que deixou sucos ben profundos na historia da Igrexa do Século XX: é Xoán Paulo II; a súa vida foi entregada para que nós tivésemos vida. Sen dúbida, Xoán Paulo II, marcou un fito na historia dos pontificados da Igrexa, pero especialmente no final do século XX e principios do século XXI. Un dos acontecementos importantes que instaurou foron as Xornadas Mundiais da Xuventude, momentos moi especiais para afondar a fe e o encontro con outros cristiáns do mundo.

Destacamos da súa figura saber estar nos medios de comunicación para poder ofrecer ao mundo un novo rostro de Igrexa, máis próxima e comprometida cos pobres e desfavorecidos deste mundo.

REFLEXIÓN: Que suscita en ti esta persoa? Pensas que paga a pena vivir a vida así, para os demais? A vida de Xoán Paulo II foi un regalo para todos os que o trataron. Foi unha persoa coherente ata o final, querida e admirada por todos, e non precisamente por ser un adulador, senón por defender a verdade de Deus e a verdade de todo ser humano.

Poñemos o día en mans de María. AVE MARÍA



MÉRCORES 29 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén
Hoxe imos ler un pequeno testemuño real dun rapaz zairés que nos conta como foi a súa vida e como é agora.

Chámome André YUMBA, teño 16 anos e agora vivo en Madrid. Antes vivía nun poboado do Zaire, que é un lugar marabilloso. Aínda recordo cando chegaba o tempo da colleita e traballaba nos campos de millo xunto ao meu pai e os meus irmáns dende que saía o sol ata o atardecer. Alí xuntabámonos a traballar todo o pobo, e xuntos cantabamos uns belos cantos que nos axudaban na tarefa, pois apoiaban co seu ritmo os xestos que repetiamos unha e outra vez para recoller o millo. Eu sentíame feliz coa miña xente e nos meus campos. No pobo quedaban as mulleres moendo o millo, facendo cestos e mantas. Pola tarde reuniámonos para falar e divertirnos, e os anciáns contábannos as vidas e feitos dos nosos antepasados, valentes guerreiros, para que non os esquecésemos. Todos estabamos orgullosos de pertencer á tribo. Pero nos últimos anos a seca rematou coas nosas colleitas, os soldados chegaron ata o poboado e levaron as nosas galiñas e as nosas vacas, e non nos quedou nada. Outros mozos coma min sabiamos que había moitas oportunidades en Europa. Así que nos decidimos a emigrar para traballar uns anos e despois volver e axudar as nosas familias.

A viaxe foi horrible, e tiven que pedir diñeiro prestado a unhas persoas que se dedican a organizar esas viaxes. Agora téñollo que devolver cuns grandes intereses. Agora vivo nun suburbio de Madrid, nun cuarto alugado xunto con outros catro compatriotas. O aluguer é caro. Non temos nin sequera baño. Traballo sen contrato, todo o día arranxando os xardíns das casas de xente que ten moito diñeiro. Ando sempre escondéndome da policía porque, como son negro, sempre me queren pedir uns papeis que non teño e que non sei como conseguir. Non me queda tempo para nada e a vida é tan cara que non podo axudar a miña familia nin aforrar.

A xente aquí míranos por enriba do ombreiro e algúns mesmo nos insultan e chámannos "negros de merda". Xa non canto nin vexo atardecer nos meus campos de millo. Nada é como eu imaxinaba.
Aquí a vida parece triste e non paga a pena. Eu quixera aprender o español, ter un contrato que me permita ir ao médico cando me poño enfermo e, sobre todo, ter amigos que me queiran.

Reflexión: A violencia é a realidade diaria para millóns de seres humanos e está presente en todo o mundo. Violencia como maltrato a mulleres, explotación laboral, abuso de menores, lei para estranxeiros, torturas, cárceres, guerras... Ademais das guerras declaradas, hai outras violencias silenciosas que causan máis mortes: a fame, a enfermidade, a exclusión.

A cooperación é un acto de xustiza...e por iso mesmo, todas os países do primeiro mundo poden, e deberían ser denunciados internacionalmente, por permitir que aínda media humanidade morra pola fame e outra serie de atrocidades, que nós realizamos e toleramos.
Hoxe tes ocasión para facer xustiza: aproveita o tempo e os recursos de que dispós para a túa propia formación.
Tamén podes participar nalgún concurso que promova a xustiza: http://www.manosunidas.org/sites/default/files/bases_premios_relatos_2015.pdf
http://www.manosunidas.org/sites/default/files/bases_premios_carteles_2015.pdf

Ademais, se no colexio non empezamos a facer actos concretos de solidariedade cos nosos propios compañeiros, a nosa vida converterase nunha guerra constante. Sen o apoio dos nosos amigos, sen o apoio dos nosos pais e profesores, sen o apoio de todos os que nos queren, non seriamos nada na vida.
Se nos empeñamos, ao final seguro que todos o conseguimos.



XOVES 30 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Celebramos este ano o V Centenario da morte de Santa Teresa de Xesús, tamén chamada Santa Teresa de Ávila, cidade na que naceu alá por 1515. Doutora da Igrexa. Reformadora do Carmelo, Nai das Carmelitas Descalzas e dos Carmelitas Descalzos; "mater spiritualium" (título debaixo da súa estatua na basílica vaticana); patroa dos escritores católicos e Doutora da Igrexa (1970): A primeira muller que, xunto a Santa Catalina de Siena, recibe este título. É importante que recordemos esta figura da Igrexa no cincocentos aniversario do seu nacemento. Con esta santa internámonos de cheo no mes de María.

Lectura Bíblica: Lectura do Libro dos Salmos 33
«Gustade e vede, que bo é o Señor;
ditoso o home que confía nel.
Bendizo o Señor en todo momento,
a súa loanza está sempre na miña boca;
a miña alma se gloría no Señor:
que os humildes o escoiten e se alegren".

Reflexión - Texto
Teresa observara que o horto, contiguo á casa paterna, daba flores e verduras cando se regaba. E, se non había auga, secaba. Fixouse noutro detalle. Unhas veces, o seu pai regábao, botando ao pozo un caldeiro atado a unha soga, do que tiraba a peso e logo baleiraba nos sucos. Outras veces sacábaa cunha nora, e por unha canle chegaba a auga aos sucos. Outras, conducindo a auga dende un regueiro próximo. E, outras veces, o horto regábase coa chuvia. Cando a ela lle tocou regar o horto, soubo que había diferenza en regalo dun xeito ou doutro. Identificou cada un deles, como as distintas etapas dentro do camiño da oración. Un horto esténdese como terra seca, que ten sede. A nosa alma tamén a ten. Que forma de regar supón máis esforzo e implica tesón? Que implica o uso da nora? (Cando se ama e persevera, o traballo é máis levadeiro). Pecha os teus ollos e abre a túa mente… Viches a auga que trae a corrente do regueiro? (A auga pode vir doutros sitios coa forza da corrente, coa luz de Deus, sen esquecer o noso esforzo). Pechar a porta é deixar o horto sen regar. Se te empeñas terás a experiencia da chuvia…






domingo, 19 de abril de 2015

3ª SEMANA PASCUA_B 20-24 ABRIL

LUNS 20 ABRIL 2015


“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Porque é posible cambiar as cousas e non estancarse no mesmo de sempre, Pascua quere ser unha invitación a non esquecer esta grande mensaxe. Vexamos as cousas con ollos novos! Deixemos atrás as nosas tristuras! Poñámonos a andar! Non teñamos medo. Coma os de Emaús, que tamén nós o poidamos recoñecer ao partir o pan.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
  
            Naquel tempo, os discípulos de Xesús que volveron de Emaús contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no partir o pan.
            Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles Xesús no medio e díxolles:
             A paz sexa convosco!
            Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un espírito. Pero el díxolles:
             Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? Mirade para as miñas mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e decatádevos de que un espírito non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
            E dicindo isto, mostroulles as mans e mais os pés. Pero eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús preguntoulles:
             Tedes por aí algo que comer?
            Déronlle un anaco de peixe asado. El colleuno e comeuno diante deles. Logo díxolles:
             A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos Salmos acerca de min.
            E abriu os seus entendementos para que comprendesen as Escrituras. E engadiu: 
             Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día, e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén. Vós seredes testemuñas de todo isto.

  Palabra do Señor                                         R/. Loámoste, Cristo

ORACIÓN: MIRADA DE ESPERANZA
Porque Cristo resucitou,
cremos na vida, para sempre.
Porque Cristo resucitou,
non cremos en morte ningunha para quen queira vivir.
Porque Cristo resucitou,
cremos nel.
Porque Cristo resucitou,
a forza do presente é o futuro.
Porque Cristo resucitou,
o mundo está en marcha
e non o pararán os intereses dos vencedores.
Porque Cristo resucitou
temos que construír unha cidade sen clases,
na que as persoas sexamos compañeiras e irmás.
Porque Cristo resucitou,
hai un amor e unha casa para todos.
Porque Cristo resucitou,
cremos nunha terra nova.
...E, porque cremos e esperamos,
non temos nada que conservar;
e afirmamos que o mellor xeito de conseguilo todo

é perdelo todo por unha soa causa.



MARTES 21 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

A amizade e a inocencia

Lectura do Evanxeo segundo San Xoán: (Jn., 3, 16)
Si, Deus amou tanto ao mundo, que entregou ao seu Fillo único para que todo o que cre nel non morra, senón que teña Vida eterna.


Esta semana as oracións teñen un carácter especial. Imos celebrar o Día Internacional do Libro, o 23 de abril, por ser considerado (erroneamente) a data do falecemento de Cervantes e Shakespeare.
Durante estes días, imos tomar como base unha obra relevante e descubrir que se esconde entre as súas páxinas. Pero sobre todo, imos ter a ocasión de falar de libros, de gozar deles.

 “Suponse que ti e eu non debemos ser amigos...”
Un libro que nos fai pensar na inocencia, o amor, a amizade é O neno co pixama de raias.
Un neno é arrancado da súa cidade, da súa casa, do seu pequeno mundo que xa coñece e é levado lonxe. Encontra un amigo, alguén que se supón que non debe ser amigo seu...

Por que a película pasou sen pena nin gloria e o libro foi un éxito abafador? Porque cando ves unha película che contan o que pasa, e cando les un libro, ademais, accedes aos pensamentos dos protagonistas, aos seus sentimentos, ás súas intencións... e esta é unha novela que apela ás emocións.
Cando les este libro sénteste desconcertado. O mundo vólvese á vez sinxelo e terriblemente complexo. A historia en si mesma é triste pero optimista. Anímate a ler o libro!

Rezamos xuntos un NOSOPAI prestando especial atención á frase "VEÑA A NÓS o TEU REINO", sabendo que que ese Reino veña tamén é cousa nosa.




MÉRCORES 22 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

¨A palabra é o máis belo que se creou. A palabra é o que nos salva¨

Imos destacar o día de hoxe o libro Olvidado rey Gudú ; é unha novela de Ana María Matute publicada en 1996. A súa autora sinalouno como o seu libro favorito de entre as súas obras, e cualificouno como un «clásico de culto». A novela ten unha ambientación medieval con elementos da literatura fantástica, libro de cabalaría e conto de fadas. Foi caracterizado como unha alegoría antibelicista, aínda que outros críticos lle dan un carácter universal, unha «obra sobre o tempo e as súas criaturas» onde a historia que se narra é «a historia das emocións humanas»

Imos ver a recreación dun pequeno conto da autora. Con que poucas palabras nos fai pensar, transmítenos ideas que non di, lévanos a outro mundo! (pódese parar no min. 2)


Pidamos a Deus por todos os nenos que non teñen a posibilidade de soñar con outros mundos, outros amigos, outra realidade.

Lectura do evanxeo segundo san Mateo 19, 16-21
"Sucedeu que un home se achegou a Xesús e preguntoulle:
- Mestre, que de bo teño que facer para obter a vida eterna?
- Por que me preguntas sobre o que é bo? respondeu Xesús. Soamente hai un que é bo. Se queres entrar na vida, obedece os mandamentos.
- Cales? preguntou o home.
Contestou Xesús: - Non mates, non cometas adulterio, non roubes, non presentes falso testemuño, honra ao teu pai e á túa nai", e "ama os demais como a ti mesmo".
- Todos eses cumprinos, dixo o mozo. Que máis me falta?
- Se queres ser perfecto, anda, vende o que tes e dállo aos pobres, e terás tesouro no ceo. Logo ven e sígueme. "




XOVES 23 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Os clásicos

As cousas importantes da vida vense cos ollos do corazón.

O Principiño é un conto poético. Nel, un piloto encóntrase perdido no deserto do Sahara logo do que o seu avión sufrise unha avaría; pero, para a súa sorpresa, é alí onde coñece un pequeno príncipe proveniente doutro planeta. A historia ten unha temática filosófica, onde se inclúen críticas sociais dirixidas á «estrañeza» coa que os adultos ven as cousas. Estas críticas ás cousas «importantes» e ao mundo dos adultos van aparecendo no libro ao longo da narración.
A pesar de que é considerado un libro infantil pola forma na que se encontra escrito, tamén posúe observacións profundas sobre a vida e a natureza humana. Lemos algunhas das súas reflexións:
1. Só se ve ben co corazón, o esencial é invisible aos ollos
2. Pero se ti me domesticas, entón teremos necesidade o un do outro. Para min, ti serás único no mundo. Para ti, eu serei único no mundo...
3. Todas as persoas maiores foron ao principio nenos. (Aínda que poucas delas o recordan)
4. Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que algún día, cada un poida encontrar a súa
5. Camiñando en liña recta non pode chegar un moi lonxe
6. As persoas maiores nunca son capaces de comprender as cousas por si mesmas, e é moi aburrido para os nenos ter que darlles unha e outra vez explicacións
7. Non se debe nunca escoitar ás flores. Só se lles debe contemplar e ulir. A miña perfumaba o meu planeta, pero eu non era capaz de alegrarme diso
8. Unicamente os nenos saben o que buscan. Perden o tempo cunha boneca de trapo que vén a ser o máis importante para eles e se llela quitan, choran...
9. E de que che serve posuír as estrelas? -Sérveme para ser rico. -E de que che serve ser rico? -Sérveme para comprar máis estrelas
10. Os homes ocupan moi pouco lugar sobre a Terra... As persoas maiores non os crerán, seguramente, pois sempre se imaxinan que ocupan moito sitio

Oxalá algún día aprendamos a ver co corazón. Recemos todos xuntos un NOSOPAI. 


VENRES 24 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

O amor
Onte soñei que vía a Deus e que a Deus falaba, despois soñei que me oía, despois soñei que soñaba.

Coñecedes Campos de Castilla de Antonio Machado. É todo un clásico da lingua española: trátase dun libro de poesía, e é xusto que, polo menos un día, nos deteñamos na poesía, tratemos de comprendela, deámoslle unha oportunidade.
Neste libro de poemas, que hai pouco cumpriu un século de vida, Machado destila a dor pola perda da súa amada Leonor. Trátase dun Machado íntimo, con voz propia, que che fala ao oído. Deseguida esqueces que estás a ler poesía e saboreas as palabras.
Nos seus versos debúxanse os campos de Castela, percíbese como un olor doce o amor por España, por unha España ferida pero eterna. Non en van, Machado recibe o froito da xeración do 98.

Palabra de Deus

Lectura do Evanxeo segundo san Xoán 1, 35 e ss
"Ao día seguinte, Xoán encontrábase de novo alí con dous dos seus discípulos. Fixándose en Xesús que pasaba, di: "Velaí o Cordeiro de Deus". Os dous discípulos oírono falar así e seguiron a Xesús. Xesús volveuse e, ao ver que o seguían, dilles: " Que buscades? Eles respondéronlle: "Rabbí -que quere dicir Mestre- onde vives? " Respondeulles. "Vide e verédelo". Foron, pois, viron onde vivía e quedaron con El aquel día"

Palabra de Deus.

A diferenza entre unha parte e outra da lectura está nesa pregunta a quen ou que buscades? Como estamos a vivir nós?
María, a nosa Nai e a súa, estivo aí, viviuno e acompañouno nesa forma de vida. Que nos axude tamén na nosa vida.
AVE MARÍA




Archivo del blog