sábado, 31 de octubre de 2015

ORACIÓNS SEMANA 3 - 6 NOVEMBRO

MARTES  3 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Antonte celebramos a festa de Todos os Santos. Nese día lembramos a todas as persoas de todos os pobos e razas que pasaron e viviron como verdadeiros cristiáns ao longo de toda a súa vida axudando aos demais, compartindo o que tiñan cos demais, superando as diferenzas entre razas e nacións. Eles poden estar satisfeitos ao final da súa vida polo que fixeron. Por iso a Igrexa lémbraos neste día e celebra a súa festa.

Onte lembramos dun modo especial a todas esas persoas que se preocuparon por nós e de que un modo oficial non foron recoñecidas como santas pero que foron santas na súa vida. Entre elas atópanse os seres defuntos dos nosos pobos e familias.

Para os que temos fe o día de  todos os santos quere ser unha homenaxe e un recoñecemento a todas as persoas que teñen sido para nós auténticas e verdadeiras testemuñas de entrega e xenerosidade. Nas súas vidas vemos expresada a posibilidade de facer do proxecto de Xesús unha maneira de ser feliz e de facer felices aos demais. Daquela, é un día para o recoñecemento agradecido do moito que temos aprendido de tantas persoas, na maioría das veces anónimas e sen presenza nin pretensión de aparecer nos programas de televisión de máis audiencia.

Quen pasa facendo o ben non necesita nin ser famoso nin aparecer nos medios de comunicación, senón que o seu paso é calado e entregado a poñer sorriso e corazón quente aos desherdados deste mundo, tan sobrado de tantas cousas, e tan falto de amor e tempo para os demais.
Fagamos memoria agradecida do testemuño de vida de todos os homes e mulleres que sen facer barullo nos deixarona súa entrega xenerosa pola que, inda sen estar no calendario, son para nós exemplos de santidade.

NOSOPAI



MÉRCORES  4 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

ORACIÓN: MIRADA ESPERANZADA

Axúdanos, Señor, a que os nosos ollos sexan misericordiosos, para que endexamais desconfiemos ou xulguemos segundo as aparencias, senón que busquemos o fermoso na alma do noso próximo e acudamos a axudarlle.

Axúdanos, Señor, a que os nosos oídos sexan misericordiosos, para que teñamos en conta as necesidades do noso próximo e non sexamos indiferentes aos seus sufrimentos e queixas.

Axúdanos, Señor, a que a nosa lingua sexa misericordiosa, para que endexamais falemos negativamente do noso próximo, senón que sempre teñamos unha palabra de consolo e perdón para todas as persoas.

Axúdanos, Señor, a que as nosas mans sexan misericordiosas e estean cheas de boas obras, para que lle saibamos facer ao noso próximo exclusivamente o ben e carguemos sobre nós as tarefas máis difíciles e penosas.

Axúdanos, Señor, para que os nosos pés sexan misericordiosos, vencendo a  propia fatiga e cansazo. O repouso verdadeiro está no servizo ao próximo.

Axúdanos, Señor a que o noso corazón sexa misericordioso, para que sintamos todos os sufrimentos do noso próximo. A ninguén lle negaremos o noso corazón.

Que a túa misericordia, Señor, repouse en nós. AMÉN



XOVES  5 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

BOTADE A REDE!
Estaban xuntos Simón Pedro, Tomás o xemelgo, os fillos de Zebedeo e outros discípulos. Nisto dixo Pedro: - Vou pescar.
Os outros dixeron: - Imos contigo
Saíron xuntos e subiron a unha barca; pero aquela noite non lograron pescar nada. Ao aclarar o día, presentouse Xesús na beira do lago, pero os discípulos non o recoñeceron (Xn 21, 2-4)

...

Durante o curso dous profesores atopábanse charlando na porta do colexio. Que se as praias estaban sucias, que se o neno se fixo unha escordadura, que vaia colas se forman nos supermercados... O caso é que a conversación se foi alargando ata que un deles, mirando repetidas veces o reloxo, díxolles: - Chegou a hora de poñer “o traxe de faena”, non vos parece? Os demais asentiron e de inmediato empezaron a preparar, coa mesma ilusión do comezo de curso todo o material necesario para que as clases fosen o mellor posible.
Ao pouco tempo chegaron os alumnos e con eles Xesús, pero non o recoñeceron e enseguida empezaron a desilusionarse e acabaron por tirar a toalla.

Xesús díxolles: - Raparigos, Pescastes algo?
Eles contestaron: - Non
El díxolles: - Botade a rede á beira dereita da barca e pescaredes.
Eles botárona, e a rede encheuse de tal cantidade de peixes que non podían movela (Xn 21, 5-6)

Os mesmos educadores, os mesmos mozos, a mesma ilusión e tamén as mesmas dificultades. Unha única diferenza: neste curso temos a posibilidade de recoñecer a Xesús e, ante os medos, a desesperanza, podemos botar a rede de Xesús: a rede da valentía, da creatividade, dos soños, do traballo ben feito, de tentalo as veces que sexa necesario.

Se somos capaces de botar dun modo orixinal estas redes seguro que pescamos algo. De nós, depende!

NOSOPAI


VENRES  6 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

No campo de refuxiados hai uns catro mil nenos. Miles de nenos vestidos, ou mellor dito, cubertos con farrapos e todos descalzos, constitúe un espectáculo inimaxinado.
Son moitas cousas novas que se amontoan e moitas as preguntas que lle xorden a un. As respostas non se atopan facilmente.

Como comprender a dor que se esconde neses millóns de refuxiados, que non teñen enriba máis que o recordo dunha terra e unha casa perdida, e a perda tamén de millóns de persoas? Como sanar as feridas do odio e a vinganza despois de vivir tanta violencia e morte? Non o sei. Pero o que si é certo é que a nosa oración é unha luz de esperanza.

PERCIBO QUE SON LUZ

Se durante o día de hoxe tentas ser amable, tratar a cada persoa coma se fose especial, escoitando os problemas da xente, preocupándote por eles sen mostrar nervios nin présa,
decataraste de que a túa presenza no grupo será como unha luz, e sorprenderaste ao comprobar que todos, ata os máis duros, necesitan de ti.
Atréveste a comprobalo?

ORACIÓN
Grazas, Señor, porque ás veces descubro que hai xente
que me aprecia e sente ben ao meu lado.
Gustaríame vivir e transmitir este estilo de vida,
baseado na vida sinxela, o espírito de familia,
o traballo e a autenticidade do amor que fai sentirse ben
e quererse como irmáns. AMÉN



sábado, 24 de octubre de 2015

ORACIÓNS SEMANA 26- 29 OUTUBRO

LUNS 26 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

Constantemente escoitamos -mesmo tamén dicimos- que o mundo é imperfecto, que hai cousas que non nos gustan, que cada día uns teñen máis -moito máis- e a gran maioría menos ou nada. A pesares desta nosa queixa, pouco ou nada facemos para cambiar as cousas. Non estamos a falar de que vaiamos polos parlamentos , xuntas de goberno ou consellos de administración onde se decide; senón de que, alí onde esteamos, no achegado e pequeno da nosa vida, tamén estamos chamados a facer as cousas doutro xeito. Cambiar a forma de tratarnos, de relacionarnos uns cos outros, de axudarnos, e tamén de dicirnos as cousas que non facemos ben e debemos cambiar. E isto podemos facelo nas nosas casas, no traballo, cos amigos e na Igrexa.

A realidade é imperfecta, como o somos nós, pero coa colaboración de tod@s, e non deixándonos levar da crítica mordaz e pouco construtiva, si que podemos ir cambiándoa, unindo, traballando xunt@s ou dando a nosa opinión cando nola pidan. Se poñemos algo de nós, as cousas que non nos gustan poden ir cambiando.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Mestre, que vexa! 

            Naquel tempo,  ao saír Xesús de Xericó cos seus discípulos e outra moita xente, o fillo de Timeo, Bartimeo, que era cego, mendigaba sentado a carón do camiño.
            Oíndo que pasaba Xesús o Nazareno, púxose a gritar e a dicir:
            Fillo de David, Xesús, ten piedade de min!
            Moitos reprendíano para facelo calar, pero el gritaba aínda máis alto:
            Fillo de David, ten piedade de min!
            Xesús detívose e dixo:
            Chamade por el.
            Chaman entón polo cego e dinlle:
            Veña, érguete, que te chama!
            El, deixando o seu manto, veu dando brincos ata onde estaba Xesús. Este preguntoulle:
            Que queres que che faga?
            O cego respondeulle:
            Mestre, que volva ver.
            Xesús díxolle:
            Vai; a túa fe salvoute.
            E no intre comezou a ver, e seguíao polo camiño.

  Palabra do Señor                          R/. Loámoste, Cristo  


REFLEXIÓN
A ledicia do Evanxeo enche o corazón e a vida enteira dos que se encontran con Xesús. Os que se deixan salvar por El son liberados do pecado, da tristeza, do baleiro interior, do illamento. Con Xesucristo sempre nace e renace a alegría...

APRENDAMOS A VER A TRAVÉS DOS OLLOS DE MISERICORDIA A REALIDADE QUE CONSTRUÍMOS, IMPERFECTA E NECESITADA DAS MANS E DOS CORAZÓNS DE CANTOS A CONFORMAMOS.



MARTES 27 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

CREATIVIDADE. SERES CREATIVOS

EVANXEO: Xénese 1, 1-3

«No principio creou Deus os ceos e a terra.
E a terra estaba desordenada e baleira, e as tebras estaban sobre a face do abismo, e o Espírito de Deus movíase sobre a face das augas. 
E dixo Deus: Sexa a luz; e foi a luz».

REFLEXIÓN

Os seres humanos somos únicos, somos capaces de escribir novelas, de rodar películas de compoñer cancións, de crear, de inventar novas vidas, de soñar cidades, edificios…

De feito, vivimos nun planeta completamente imaxinario, no que todo o que nos rodea, incluso a roupa que levamos ou o que comemos non é máis que o produto final dunha idea que xurdiu da mente de alguén.

Existimos porque imaxinamos, e cando desenredamos a capacidade de imaxinar das nosas neuronas e poñémolas a traballar somos capaces de crear, de avanzar, de tirar adiante novos proxectos, de resolver un problema, de afrontar novos retos, aínda que ás veces          nos equivoquemos; porque tropezar, a miúdo, condúcenos a unha boa idea.

Todos temos a capacidade de imaxinar e de crear, non é só cousa de xenios, o que pasa é que temos que desenvolvela. Habemos de aprender a ser creativos da mesma forma que temos que aprender a ler, e para iso existen catro ingredientes básicos.

Para empezar debemos saber escoller ben que é aquilo que máis nos motiva, iso será o noso elemento.

A paixón é o segundo factor que conforma a creatividade, a creatividade é paixón e a paixón é o motor que move as nosas vidas e o mundo en que vivimos.

O terceiro alicerce para sermos creativos é o esforzo e a disciplina para domar o noso soño.

Arriscar, lanzarse, romper barreiras, aínda que en ocasións saia mal, aceptar o reto, é o cuarto ingrediente sen o que a creatividade xamais se desenvolverá.

Pensa que un logro destacado é unha cuestión de sorte e verás canta mala sorte terás.
Acepta que un logro destacado é unha cuestión de creatividade e terás toda a boa sorte do mundo.

ORACIÓN

Xesús, mestre bo,
queremos seguir os teus pasos.
Dános o teu Espírito,
para aprender a vivir na comprensión

Axúdanos a abrir o corazón
para poñernos no lugar do outro,
descubrir os seus problemas,
atender as súas necesidades,
interpretar os seus silencios,
escoitar as súas palabras,
responder as súas preguntas.

Axúdanos?a descubrir ao irmán,?
a entender o que lle pasa,?
a acompañalo desde o seu lugar,?
a camiñar ao seu lado.

Axúdanos a vivir
na comprensión dos demais.
Como ti o fixeches,
vivindo para os outros,
que escoitaches a todos,
que nos mostraches ese camiño
que nace de optar polos menos comprendidos
e polos menos acompañados da nosa sociedade.

Dános o teu Espírito,
Señor da Vida,
ensínanos a escoitar

para que aprendamos a comprender. Amén



MÉRCORES 28 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

CANDO ES CREATIVO NO TRABALLO, MELLORAN O MUNDO E As PERSOAS

EVANXEO: Xénese 1, 11

«Despois dixo Deus: Produza a terra herba verde, herba que dea semente; árbore de froito que dea froito segundo o seu xénero, que a súa semente estea nel, sobre a terra. E foi así».

REFLEXIÓN

A creatividade é o antónimo da inercia, do piloto automático, da rutina e do aburrimento.

A creatividade non corresponde aos xenios, a creatividade é entusiasmo, paixón, innovación.

Agora pensemos canto tempo pasamos estudando e traballando ao longo das nosas vidas.

É necesario un esforzo pola nosa banda, dedicar uns minutos ao día para pensar como pode mellorar o noso traballo, como podemos aumentar a nosa produtividade e como podemos facilitar a vida aos nosos compañeiros.

Foxe da pasividade, do abandono e da falta de motivación. É fundamental que o teu proxecto fomente a creatividade e ten en conta que o mellor amigo da creatividade é o entusiasmo. Fomentándoo conseguimos un ambiente de traballo dinámico e apaixonado.

Para fomentar o ambiente creativo é moi importante ter confianza nos demais e no que nos poden achegar, pois debemos xerar un espazo no que todos se sintan tranquilos para expresar as súas ideas con total liberdade.

Todos temos un talento oculto, cando atopamos o noso talento o mundo enteiro gaña. Atrévesche a atopar o teu? Descóbreo para poñelo ao servizo dos demais.

Discurso de Anxo Pérez no premio cidadán europeo. Crecemento persoal.



XOVES 28 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

EVANXEO  Marcos 10, 42-44


« O que queira ser grande entre vós, que sexa o voso servidor, e o que queira ser o primeiro entre vós, que sexa escravo de todos. Porque tampouco o Fillo do home veu a ser servido, senón a servir e a dar a súa vida en rescate por todos».

A FREGONA
A fregona, un invento do español Manuel Jalón, que nos parece tan simple, mesmo a algún nos pode parecer ata “parvo” o de chamarlle invento, e que con todo supuxo unha revolución social.
Trátase dun caso no que a creatividade, a técnica, ponse ao servizo da sociedade non só para facilitar unha tarefa, senón para dignificar un traballo, facer máis digna á persoa.
O uso doméstico da fregona dignificou un traballo que, por humilde, ninguén cara adiante doutros: axeonllarse para fregar.

LECTURA
Manuel Jalón: “Eu era por entón, en 1955, capitán enxeñeiro aeronáutico. Había poucos meses que volvera dos Estados Unidos onde seguira un curso de mantemento dos avións de combate F-86, os primeiros de propulsión a barullo, de reacción, que ían dotar o noso Exército do Aire.
Un día, tomando unhas cervexas no bar, un compañeiro díxome: `Mira Jalón, deberías deixar de pensar en fabricar elementos de mantemento para a aviación e o exército e inventar algo para que as mulleres -sinalando a unha que limpaba de xeonllos un recuncho do bar- freguen de pé'. `Iso está feito', contesteille moi convencido e xa non puiden quitar a idea da cabeza”.

REFLEXIÓN
Ocórrenseche situacións nas que aínda non se respecta a dignidade do ser humano? Que podemos facer no noso día a día para isto non ocorra?

Somos nós realmente capaces de respectar a todo ser humano? Intervimos, ou avisamos cando nos atopamos situacións nas que hai faltas de respecto cara a outros, ou mesmo  cara a nós?

En moitas ocasións, as grandes ideas xorden nos momentos máis inesperados, só hai que estar atento ao que nos rodea. Que cousas ves no teu día a día que non che gustan? Que podes facer para cambialas?

Non sempre fan falta cousas grandes, nin caras, nin complicadas para xerar cambios no noso mundo que o fagan un pouquiño mellor.
Coidamos os pequenos detalles que fan que o mundo sexa mellor, máis agradable, máis limpo?

Pensamos en como facilitar a vida dos demais? Ou pensamos só en como facilitárnola a nós mesmos?



Archivo del blog