viernes, 30 de septiembre de 2016

ORACIÓNS SEMANA 3 - 7 OUTUBRO

Día 3 de Outubro: A solidariedade

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

O mes de outubro convídanos a “enredarnos pola xustiza” a través da solidariedade evitando o egoísmo.


A solidariedade é a característica das persoas que apoian de forma incondicional as causas ou intereses alleos, especialmente en situacións comprometidas ou difíciles. 
Xesús é o noso mellor exemplo de persoa solidaria; así, cando Xesús estaba a despedirse dos seus apóstolos, foi dicindo todas as cousas importantes que non quería que nunca esquecesen. E díxolles que o mandamento máis importante para todos os que o seguisen era este: 

AMÁDEVOS OS UNS AOS OUTROS COMO EU VOS  AMEI.

Querernos como Xesús nos quere. Gratuitamente, é dicir, quérenos antes de que nós o queiramos ou lle deamos algo a cambio; quérenos sempre, fagamos o que fagamos, porque El coñece o noso corazón e perdóanos. Quérenos moito, máis que ninguén pode querernos, aínda que non sexamos os mellores. Así quere Xesús que nos queiramos os uns aos outros, a todos os que coñecemos: aínda que sexan diferentes a nós, aínda que ás veces metan a pata, aínda que non nos queiran a nós. Imos pedirlle a Xesús que nos ensine o importante que é AMAR COMA EL.


NOSOPAI




Día 4 de Outubro: Abre o meu corazón á túa Palabra.

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Xoán Paulo II dixo:
“Anunciar a Cristo significa, sobre todo, ser as súas testemuñas coa vida. Trátase da forma de evanxelización máis sinxela e, ao mesmo tempo, máis eficaz á vosa disposición, e consiste en manifestar a presenza visible de Cristo na propia existencia, a través do compromiso cotián e a coherencia co Evanxeo en toda opción concreta. Hoxe o mundo ten necesidade, ante todo, de testemuñas cribles”.
Axúdanos, Señor, a ser persoas comprometidas, persoas sensibles ante as inxustizas que ocorren ao noso redor, que non nos esquezamos dos que sofren e pasan mal. Desta maneira, polo noso modo de actuar converterémonos nesas testemuñas cribles que tanto necesita o noso mundo.

Día 5 de Outubro: Oración polos que sofren.

+No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Espírito do Señor.
Hoxe diríxome a ti para pedirche que me acompañes sempre ao longo da miña vida. Axúdame a manterme fiel á Palabra de Xesús, e a vivir todos os días como El nos ensinou.
Pídoche pola miña familia, os meus amigos, os meus coñecidos. Tamén che quero pedir por aqueles que sofren, ou están sós, ou enfermos.
Dános forzas para construír un mundo de irmáns onde haxa Xustiza e Paz.
Queremos vivir coma Xesús.
Grazas por estar xunto a nós
Amén

NOSOPAI

Ás veces pequenos xestos poden converterse en grandes e facer que nos emocionemos. Este vídeo lémbranos o gratificante que pode ser coidar e ser condado. 



Día 6 de Outubro

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Gratuidade (ou "inutilidade") da oración 

Un grupo de mozos escoitaba a explicación dun relixioso sobre como era a súa vida de comunidade. Cando lles comentou que tiñan un intre de oración de aproximadamente media hora, xuntos, en silencio, unha moza exclamou: Vaia perda de tempo!

-Para moitos a oración non é "efectiva", ofrece poucos resultados. Pero resulta que os grandes valores da vida (por exemplo, a amizade, ou a alegría) non se miden por se son ou non útiles: son valores gratuítos. A amizade certamente pode ser moi útil; pero no amor a utilidade non é determinante. Cando o amigo ou a amiga non é "útil", entón ten que ser, e posiblemente será, máis querido que nunca.

-É necesario descubrir o sentido da gratuidade. Tamén a relación con Deus sitúase no ámbito do que é gratuíto. E a oración é expresión de amor a Deus, e, por tanto, de gratuidade. Cando se vive a oración e a relación con Deus desde a gratuidade é cando se pode descubrir que o que é gratuíto acaba sendo o máis valioso. E precisamente por ser tan valioso non ten prezo, nin resulta "útil". 

-A oración é como a choiva, que vai calando na terra aos poucos: vai proporcionando confianza en Deus, e a confianza condúcenos á gratuidade. É gratuíta porque non esiximos nada a Deus: confiámoslle a nosa vida e a daquelas persoas que lle presentamos na oración. 

-Felices os "inútiles": só será capaz de orar quen consiga romper coa necesidade e a urxencia, e entre na esfera do que é importante. 

-Se non tes o valor de "perder tempo", non avanzarás na oración.
Se non consegues parar, non chegarás nunca á verdade da oración.

-Felices os "inútiles", porque só eles saben o que é indispensable e necesario ao ser humano.

- Feliz ti se descobres a gratuidade da oración, porque gozarás, sen esixir nada, da súa gran riqueza.



AVE MARÍA


Día 7 de Outubro: Ti chamas a seguirte.

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Ti chamas a seguirte e pides vender todo e dalo por nada. Ti chamas a seguirte, cargando coa cruz como revolucionario do amor entre os homes. Ti chamas polo nome e fas teu ao home para sempre. Ti chamas porque amaches primeiro e o amor é comuñón. Ti chamas porque es bo, porque o teu corazón é festa. Ti chamas e abres ao home a vontade do Pai. Ti chamas e queres homes libres que te sigan. Aquí estou, Señor, quero seguirte co meu corazón roto. Aquí estou, Señor da alba, quero cambiar facendo seguimento. Aquí estou, Señor, porque me chamaches, grazas. Quero ser luz na noite de cada home. Luz. Quero ser palabra que esperte ao home durmido. Quero ser auga fresca que dea vida á planta seca. Quero ser pan partido, roto, dado en abundancia. Quero ser copa que desborde o íntimo do meu ser. Quero ser acio de uvas espremido no lagar. Que o teu Espírito, Señor, sexa derramado sobre min. Que o teu Espírito, Señor, sexa a forza da miña debilidade. Que o teu Espírito, Señor, me conduza ao home oprimido. Amén.




NOSOPAI

viernes, 23 de septiembre de 2016

ORACIÓNS SEMANA 26 - 30 SETEMBRO

26 de setembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

EVANXEO SEGUNDO SAN MATEO 22, 35-39
      E un deles preguntoulle con ánimo de poñelo a proba: - Mestre, cal é o mandamento maior da Lei? El díxolle: - Amarás ao Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con toda a túa mente. Este é o maior e o primeiro mandamento. O segundo é semellante a este: Amarás ao teu próximo como a ti mesmo.

COMENTARIO PARA A REFLEXIÓN:
      Na época na que se escribe o evanxeo discutíase acerca de se próximo era só quen pertencía ao pobo de Israel ou tamén o estranxeiro que se instalou nas súas terras. Xesús amplía o sentido de próximo a todos os seres  humanos. Este amor non é un sentimento, unha simpatía que brota espontaneamente, senón un comportamento  solidario cos outros: os próximos e queridos e os menos próximos e os non queridos.
      San Vicente fai efectivo ese amor ao próximo, ao máis necesitado, aos abandonados pola sociedade.
      Imos pensar cantas veces condicionamos o noso agarimo polos demais e cantas veces non aceptamos o agarimo que outros nos ofrecen.

ORACIÓN FINAL: Terminamos rezando xuntos o Nosopai.


     
27 de setembro: FESTA DE SAN VICENTE DE PAÚL

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

      Hoxe é un día grande para nós, celebramos o día de San Vicente de Paúl. Vicente fixo efectivo o amor ao próximo e foi capaz de enredarse pola xustiza, para dignificar á persoa.

ESCOITAMOS A ORACIóN POLA PAZ E A XUSTIZA

Señor, ti dixeches que cuantos traballan pola paz serían chamados fillos e fillas  de Deus.
Concédenos entregarnos sen descanso a instaurar no mundo a única xustiza que pode garantir aos homes e mulleres a verdadeira paz.
Señor, que co teu amor paternal gobernas o mundo, rogámosche que todos os homes a quen deches unha idéntica orixe, constitúan unha soa familia na paz e vivan sempre unidos polo amor fraterno.
Señor, creador do mundo, baixo cuxo goberno se desenvolve a marcha da historia; atende as nosas súplicas e concede a paz aos nosos tempos difíciles.
Señor da Paz, ti es a mesma xustiza: por iso o home violento non te comprende nin o corazón cruel  é quen de aceptarte; fai que os bos perseveren no ben e os que están enfrontados recuperen a paz co esquecemento do odio. Amén

Rezamos todos xuntos o Pai Noso.



28 de setembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

ESCOITAMOS A HISTORIA DO VOO DO FALCÓN

      Un rei recibiu como obsequio dous pequenos falcóns, e entregounos ao mestre de cetrería para que os adestrase.

      Uns meses despois, o mestre informoulle ao rei de que uno dos falcóns estaba perfectamente, pero que ao outro non sabía que lle sucedía, pois non se movera da rama onde o deixou desde o día en que chegou.

      O rei mandou chamar a curandeiros e sanadores para que visen ao falcón, pero ninguén puido facer voar a ave. Encargou entón a misión a membros da corte, pero nada sucedeu. Ao día seguinte, pola xanela, o monarca puido observar que a ave aínda continuaba inmóbil. Entón decidiu comunicar ao seu pobo que ofrecería unha recompensa á persoa que fixese voar ao falcón.

      Á mañá seguinte, viu á ave voando axilmente polos xardíns. O rei, sorprendido, pediu á  súa corte que lle trouxesen ao autor dese milagre. Desa maneira, trouxeron fronte ao monarca un humilde campesiño.

      O rei preguntoulle: - Ti fixeches voar ao falcón? Como o fixeches? Es meigo? Intimidado, o campesiño díxolle ao rei: - Foi fácil, meu rei, só cortei a rama, e o falcón voou, deuse conta de que tiña ás e marchou voando .

PREGUNTAS PARA A REFLEXIÓN:
 Sabes que tes ás ?
 Sabes que podes voar ?
 A que te estás agarrando ?
 De que non te podes soltar ?
 Que estás a esperar para voar ?




29 de setembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

XESTOS QUE CAMBIAN O MUNDO

      O camiño máis longo comeza cun paso, a árbore máis grande cunha pequena semente, o libro máis grande cunha palabra, o cadro máis inmenso cunha simple pincelada...

      Si... non hai nada grande, non hai nada importante que non empece por algo pequeno. Así é a vida! E isto, o pequeno, convértenos en grandes poderosos, porque todos, ti tamén, podemos o pequeno; se cadra non podemos grandes cousas, pero podemos o pequeno. Somos poderosos... por tanto é necesario descubrir cal é o teu poder, cal é o teu “xesto” para cambiar o mundo: contigo mesmo, cos demais, coas cousas,... pénsao por un instante.

      Ponlle nome ao teu poder, ao teu superpoder, ao teu pequeno gran poder.

      Si! Ti tamén tes poder para cambiar o mundo e, como dicía o Tío Ben a Peter Parker en Spiderman, “todo gran poder leva unha gran responsabilidade”. Nas túas mans está que é o que decidas facer co teu poder. Así... a cuestión será que xesto podo e quero facer eu para contribuír ao cambio do mundo. Pequenos xestos xeran grandes cambios. O Deus de Xesús alenta e promove en nós a capacidade de facer realidade novos pequenos xestos cada día para cambiar o mundo. Enredémonos pola xustiza e cambiemos este mundo.



30 de setembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

SETE PENSAMENTOS PARA O DÍA

Lemos pausadamente meditando o significado de cada frase:

      FE: Non debemos perder a fe na humanidade que é como o océano: non se ensucia porque algunhas das súas pingas estean sucias. (Ghandi).

      DEUS: Cando creas que Deus non escoita, escóitao dentro (anónimo).

      DIFICULTADE: Por moi longa que sexa a tormenta, o sol sempre volve brillar entre as nubes (G. Khalill).

      LIBERDADE: A liberdade é un luxo que non todos poden permitirse (V.B.Otto).

      FELICIDADE: A felicidade é interior, non exterior; por tanto, non depende do que temos, senón do que somos (Anónimo).

      ESPERANZA: A esperanza é o soño  dun home esperto. (Aristóteles).

      AVARICIA: O avaro non posúe as súas riquezas, senón que estas o posúen a el. (Bion de Esmirna).

      Cadaquén que elixa un destes pensamentos como lema para o día.

NOSOPAI



domingo, 18 de septiembre de 2016

ORACIÓNS SEMANA 19 - 23 STEMBRO 2016

Luns 19 de setembro

No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

Motivación: Empezamos un novo curso no que pretendemos enredarnos pola xustiza e ímolo a facer poñendo diante de Deus os nosos desexos, necesidades, medos, todo o que necesitamos.


Oración:

Diante túa de novo, con miles de proxectos,
desexos para un curso que parece, tan longo...
Diante túa queremos empezar a camiñar,
loitar, traballar, estudar, xogar, ler...
Queremos que sexa desde ti para que
este curso se encha de nomes, de xestos, de palabras,
para que non sexa baleiro.
Contigo, Señor, nas túas mans tamén deixar,
por que non? os temores
que nos impiden empezar este camiño con paz.
Enhe de luz este novo curso.

COMPARTIMOS completando mentalmente ou en voz alta a seguinte frase:
Diante túa Señor para este curso…  quero, necesito, desexo...

NOSOPAI



******** TRASH,  
LADRONES DE ESPERANZA *********
Tres niños, Rafael, Gardo y Rato, que viven en las favelas, se ganan la vida recogiendo basura en un vertedero de Río de Janeiro y un día se encuentran una cartera con dinero que podría cambiar sus vidas y las de mucha gente en Brasil. Lo que al principio puede parecer un “golpe de suerte” pronto se convierte en una pesadilla, pero también en una gran aventura, ya que la policía también está buscando la cartera por el basurero y parece que tiene mucho interés en encontrarla. Los niños descubren, con la ayuda de un sacerdote y una voluntaria de una ONG, toda una trama de corrupción institucional organizada en la que también está implicada la policía. Los niños y los que les apoyan en esta aventura correrán muchos riesgos, pero la búsqueda de la justicia también conlleva la cruz y el sacrificio. La película resalta cómo la dignidad humana y los valores están muy por encima del dinero, el egoísmo y la corrupción.  Otro aspecto muy interesante para ver esta película es conocer de cerca la realidad de las favelas y las dificultades que tienen sus habitantes para sobrevivir (pensad que, con las Olimpiadas, nos acaban de presentar una imagen de Brasil que nada tiene que ver con la vida en las zonas marginales de este país- y de cualquier gran ciudad-), así como la importancia de la religiosidad y la fe como fuerza liberadora del ser humano.

Una gran película para dialogar sobre la corrupción social y política, la injusticia, el trabajo infantil, las desigualdades sociales y cómo precisamente las personas que menos tienen nos pueden dar lecciones de vida, lealtad, fe y esperanza. 



Trailer





Una gran película para dialogar sobre la corrupción social y política, la injusticia, el trabajo infantil, las desigualdades sociales y cómo precisamente las personas que menos tienen nos pueden dar lecciones de vida, lealtad, fe y esperanza. 
1. Dialogamos sobre los personajes y sus valores/antivalores. Señala los valores y antivalores de los personajes y comenta cuál es tu personaje favorito y por qué


2.  No malgastes tu vida en batallas que te consumen o te matan (El padre Juliard)

Mientras los niños están en la estación de tren y encuentran la carta, el padre Juliard, misionero que realiza su labor pastoral en el vertedero acaba de recibir la visita de un sacerdote, que se supone que es su superior, ya que le habla de su posible traslado y le entrega un cheque de ayuda para su misión. 


Sacerdote - Olivia, si no fuera por voluntarios como tú la Iglesia se derrumbaría. Gracias
Olivia- ¿Cómo ha ido? Mal, si no fuera por el cheque habría estrangulado a ese hipócrita antes de que saliera por la puerta
Juliard- ¿No te despedirá, verdad? No puede despedirme, pero me ha amenazado con trasladarme ¿Y por qué trasladarte? Para callarme, verás, donde haya corrupción, donde haya injusticia, donde haya brutalidad policial debo cerrar los ojos, callarme la boca y limitarme a rezar. … 
¿Por qué crees que el padre Juliard está desanimado? 
Sin embargo es un sacerdote comprometido, que busca a Rafael cuando desaparece, que acoge en la Iglesia al que lo necesita y que trata de ayudar en el vertedero, dando esperanza a todos
El padre Juliard insiste a los chicos que devuelvan la cartera para evitar problemas, tanto a ellos mismos como a su comunidad. 

PJ- Si habéis encontrado la cartera lo mejor es salir de esta historia antes de que sea demasiado tarde.
PJ- No es para nada de cobardes hacerlo, en realidad, es la solución más valiente. Si me dais la cartera ahora yo cobrare la recompensa y la vida de todos nosotros será un poco mejor. Un poco mejor está bien Un poco mejor es muchísimo mejor que nada
Gardo- ¿Lo dejamos? Rafael- Ahora tengo más motivos para seguir
¿Estás más de acuerdo con el padre Juliard o con Rafael? ¿Por qué quiere seguir Rafael?
2. En la carta que escribe José Angelo para su tío dice "todo está cumplido" ¿Con qué personaje bíblico están relacionadas las palabras ? ¿En qué situación las pronuncia?

3. ¿Por qué José Angelo arriesgó su vida al robar los documentos y el dinero de Santos?  

4. Porque creo que es lo correcto 
Olivia - ¿Por qué estáis haciendo esto? 
Rafael - Porque creo que es lo correcto 
  
Olivia decide ayudarles porque están buscando justicia, aunque sea peligroso. Les indica que pueden grabar un video para denunciar la situación

¿Por qué lleva el policía corrupto a Olivia a la cárcel?  Sobornar a alguien… no se en tu país, pero aquí es un delito gravísimo
Sin embargo no regresa con signos de tortura… 
5. Espero que Dios me perdone
Los chicos necesitan 1000 reales para que les entreguen la Biblia del Sr Clemente. Entonces a Rata se le ocurre coger el dinero del cura, que sabe donde está escondido. Pero eso le provoca remordimientos ¿Cómo lo expresa ante el cura? ¿Qué hizo después para reparar el robo?
El dinero… vamos a por la biblia ¿Cómo lo has conseguido? Espero que Dios me perdone. 
6. Mátalo como él quiso matarte
La última pista lleva al cementerio. Gracias al calendario de San Francisco Rafael logra averiguar dónde está el ataúd con el dinero. Y allí se lleva una sorpresa llena de esperanza. Pía está viva. 
Sin embargo, el policía corrupto les ha seguido la pista y quiere el dinero. Cuando lo consigue llama a Santos y le miente. ¿Por qué?

- Las cucarachas sois lo peor, las pisas, las pisas, las pisas y las hijas de puta no mueren

- Aquí está tu dinero
- Mira a ver si hay un libro, deprisa
- Santos, tengo el libro… pero el dinero no está
- Rafael, mátalo, vamos, si no te matará él. Mátalo como él quiso matarte. Mátalo ahora mismo 
 ¿Por qué Rafael no mata? ¿Tú qué harías en su lugar? ¿Crees que este gesto haría cambiar la actitud del policía?
7. ¿Crees que fue buena idea colgar en internet las pruebas de la corrupción? ¿Por qué se animaron el padre Juliard y la voluntaria?

8. Compartir es la mejor recompensa
¿Qué hicieron los tres amigos con el dinero? ¿Qué te pareció ese gesto? ¿Tú qué harías con tanto dinero? 

9. Los niños son creyentes ¿qué signos de su fe aparecen en la película?  
En la secuencia con el Policía, Rafael, temiendo por su vida reza el Padre Nuestro y pide a Dios que proteja al que lo ha maltratado.
Policía ¿Quieres saber cómo murió José Ángelo?
RAFAEL - Padre nuestro que estás en los cielos
Policía - ¿Estás rezando?
RAFAEL - Que Dios le proteja
Policía - Ja... Matadlo   
En la secuencia final Rafael está callado mirando el vertedero y Gardo le pregunta que le pasa "Le estoy dando gracias a Dios por seguir vivo y por nuestra victoria"
La fe en Dios y su amistad con Gardo y Rata han sido el motor que mantenía la esperanza a Rafael.  
¿Crees que la fe ayuda a las personas a sobrellevar las diferentes penalidades y problemas de la vida? ¿Por qué?   

Martes 20 de setembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

SALMO: QUEREMOS APRENDER A CONVIVIR

Despois de cada estrofa repetimos xuntos: Enrédanos pola xustiza.

Deus Familia, Deus Trindade, axúdanos a aprender a ser xustos.
Fomos creados para vivir en relación cos demais,
para comunicarnos cos outros,
nacemos para o encontro.

REPETIMOS: Enrédanos pola xustiza.

Necesitamos aprender a ser xustos, Pai,
respectando a todos, aceptando aos que pensan diferente, valorando a diversidade.
Necesitamos aprender a convivir,
Xesús, sen alzar a voz,
sen maltratar ou ofender,
sen discriminar ou prexulgar.

REPETIMOS: Enrédanos pola xustiza.

Necesitamos aprender a ser xustos, Espírito Santo,
a escoitar con paciencia,
a tratar con amor, a servir con xenerosidade.

REPETIMOS: Enrédanos pola xustiza.

Ensínanos, Deus Familia, Deus Trindade,
a vivir en comuñón,
que os outros sexan don para a miña vida,
que a miña vida sexa don para os outros,
e así, en reciprocidade mutua, aprendamos a vivir segundo o teu Proxecto,
un mundo onde o outro sexa a miña irmá e o meu irmán.
Un mundo onde a xustiza sexa verdadeira!

REPETIMOS: Enrédanos pola xustiza.


Mércores 21 de setembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.


Oración pola Paz de San Francisco:


Señor, fai de min un instrumento da túa paz...
Que onde haxa odio, poñamos nós o amor.
Que onde haxa ofensa, poñamos nós o perdón.
Que onde haxa discordia, poñamos nós a unión.
Que onde haxa erro, poñamos nós a verdade.
Que onde haxa desesperación, poñamos nós a esperanza.
Que onde haxa tebras, poñamos nós a túa luz.
Que onde haxa tristeza, poñamos nós a alegría.

COMPARTIMOS: Continuando a oración con achegas persoais completando a frase:
Que onde haxa… Poñamos nós…

Oración final:
Oh Mestre! Fai que eu non busque tanto ser consolado, como consolar.
Ser comprendido como comprender.
Ser amado, como amar.
Porque dando, recíbese.
Esquecendo, atópase.
Perdoando, ése perdoado.
Morrendo, resucítase á vida eterna.
Amén

San Francisco de Asís.


Xoves 22 de setembro


+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.


 1ª Parte  das Benaventuranzas da Paz e a Xustiza:


1. Ditosas, ditosos... os pobres, humildes, indefensos, desdichados, oprimidos da terra; os que poñedes á luz que a "civilización do progreso" e a "sociedade da abundancia" están cheos de enganos, e declarades que no ser humano, con todo o seu poder e con todas as súas riquezas, non se basta a si mesmo; os que vivides aceptando que nada é verdadeiramente voso por moitas cousas que teñades - salvo o amor; que devolve, a harmonía ao mundo. Dígovos que xa posuídes o gozo do Reino de Deus.

2. Ditosas, ditosos... porque sabedes gozar da natureza, e de todas as súas ofrendas sen exercer violencia nin xerar destrución; os que non vos aproveitades da noite para pisar a herba ou matar os paxaros; os que non usades a forza para afogar o rumor do mar, nin romper a éxtase da beleza; os que traballades seguindo o ritmo da vida. En verdade dígovos que posuiredes a terra.

3. Ditosas, ditosos... os que chorades e sufrides pola miseria de tantos, polos campos arrasados, polas especies esquecidas... Os que recoñecedes que formades parte - aínda que unha parte moi pequena - do universo e logrades que toda a súa sinfonía acéndase e resoe no voso ser diminuto. As vosas bágoas beberán a luz das estrelas, e o voso sufrimento expoñerá ao sol de Deus o voso corazón.

4. Ditosas, ditosos... os que tedes fame e sede dunha orde máis xusta... e non vos conformades con non participar, de calquera modo, na degradación da humanidade e da súa casa, senón que buscades con esforzo a superación de todo egoísmo, de toda inxustiza, de toda violencia, ata facer da terra lugar da vida, herdanza para todos, todas. Dígovos que participades do gozo do Creador.

5. Ditosas, ditosos... cando prestades axuda a todo ser que alenta e procurades o seu dominio con sabedoría e amor, cando cultivades con humildade a bondade das cousas, cando recuperades a rama ferida e devolvedes ao aire ao paxaro caído: os que non levades o voso traballo como un xugo, senón como encontro da vosa liberdade coa liberdade do universo. Deus prestaravos axuda.

NOSOPAI


Venres 23 de setembro


+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.


2ª Parte  das Benaventuranzas da Paz e a Xustiza:


6. Ditosas, ditosos... os que tedes os ollos limpos e poñedes sen temor o corazón á intemperie; os que vos entregades coas fontes, camiñades cos ríos e mirades na noite máis aló das estrelas; os que xuntades as mans para recoller a choiva, os que non temedes do vento que afogue a vosa voz. Porque no reflexo de toda criatura atoparedes o reflexo do bo Deus.

7. Ditosas, ditosos... os que, como nenas/vos, dais para comer ás pombas nas prazas do mundo; os que desmantelades os mísiles que ameazan aos pobos; os que non vos apuntades ás guerras aínda que vos chamen covardes; os que vos poñedes diante dos tanques enarborando unha bandeira branca; os que coa vosa loita ou o voso amor desbaratades as sementes de toda violencia; porque estades animados polo Espírito de Deus.

8. Ditosas, ditosos... os que sodes perseguidos por ser fieis á terra; os que, por respectar a súa harmonía, sufrides o látigo da incomprensión; os que non vos resignades a vivir nunha terra estraña, onde morren sen sentido o aguia e as persoas, a risa e a paisaxe; os que, en cada recuncho deste planeta, descubrides a beleza  e descalzáis os vosos pés, pois cada recuncho é sacro; os que dicides que é posible unha terra irmá. Divos mesmo será a vosa terra.

9. Ditosas, ditosos, seredes, se aprendedes a vivir sen matar, a crecer sen destruír, a camiñar sen deixar desertos detrás dos vosos pasos. Estade alegres e contentos, aínda que teñades que sufrir por iso. Vós facedes posible a Terra nova. Non dubidedes que Deus certificará a vosa obra. Amén.

AVE MARÍA

Archivo del blog