sábado, 26 de noviembre de 2016

ORACIÓNS 28 NOVEMBRO - 2 DECEMBRO


LUNS 28 NOVEMBRO: FESTA DE SANTA CATALINA LABOURÉ

+NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Hoxe celebramos a festa de Santa Catalina Labouré. Ela viu á Virxe e foi a portadora dunha medalla. A nosa vida, como a vida de Santa Catalina, nas mans de Deus, pode ir transformándose, fortalecéndose e enriquecéndose para dar resposta ás chamadas de Deus e da xente que nos rodea.

-Garda un momento de silencio e fala interiormente nesta mañá a Xesús. El fala aos sinxelos e pequenos como o fixo con Santa Catalina. Tamén ten moito que dicirche a ti.


MARTES 29 NOVEMBRO: FUNDACIÓN DAS FILLAS DA CARIDADE

+NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Hoxe lembramos que un 29 de novembro do ano 1633 as Fillas da Caridade reuníronse por primeira vez para vivir xuntas  e iniciar un proxecto de Servizo aos máis pobres. Santa Luisa xuntounas na súa casa e San Vicente animou este proxecto.
Hoxe comezamos a nosa  oración DANDO GRAZAS A DEUS pola vida e a vocación das Fillas da Caridade, polas Fillas da Caridade que nos precederon desde que Margarita Nasseau “mostrou o camiño ás demais”, segundo palabras de San Vicente.


Todos xuntos:
Dámosche grazas, Señor, porque chamaches ás Fillas da Caridade a seguirte dentro dunha historia concreta e con outros irmáns e irmás tamén concretos, porque nós, alumnos do colexio, tamén somos parte desta historia.
Porque nos queres como somos: pequenos, débiles, sinxelos…
Grazas porque Ti necesítalas e  necesítasnos, como tamén nós a ti, para construír o teu Reino de Amor, de Paz, de Xustiza.
Porque nos axudas sempre a fiarnos de Ti
Porque nos axudas a ser sensibles e próximos aos demais.
Porque nos axudas a abrir os nosos corazóns ao necesitado
Porque o noso desexo é achegarnos ao irmán.
Grazas polas Fillas da Caridade, porque elas nos ensinan a vivir a FE e porque nos mostran no día a día que paga a pena vivir a vida cando a gastamos servindo e amando aos outros segundo os teus plans.  AMÉN.



Mércores 30 novembro

+NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Hoxe é o último día de mes. Durante todo este mes fomos reflexionando sobre María e a súa medalla.

Xa estamos en ADVENTO e ela axúdanos a vivilo mellor.

A Virxe do Advento axúdanos a converternos en verdadeiros fillos da espera, que esperan todo del e non se desaniman por seren pequenos, así a todo fanse audaces e lánzanse á aventura da amizade e da colaboración con Xesús.
María está ante nós como signo de consolo, de alento e de esperanza. Diríxese a nós, dicindo:
"Ten a valentía de estar con Deus.
Proba a estar con El, 
Non teñas medo del.
Ten a valentía de arriscar coa fe.
Ten a valentía de arriscar coa bondade.
Ten a valentía de arriscar co corazón puro.

Comprométete con Deus; e entón verás que precisamente así a túa vida se ilumina e non resulta aburrida, senón chea de infinitas sorpresas, porque a bondade infinita de Deus non se esgota xamais"

FELIZ PREPARACIÓN DA VINDA DE JESÚS!! ACOMPAÑA A MARÍA E SÉNTENTE ACOMPAÑADO POR ELA.

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI


XOVES 1 de decembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

Preparámonos para facer oración...
Buscamos a postura mellor para vivir ese diálogo con Deus... para poñernos á escoita da voz do Señor, que unha e outra vez sacode e move toda a nosa vida...
Imaxinamos que nese silencio do noso interior abrimos ben a porta de todo o noso ser, para que chegue mellor ao último recuncho da nosa vida, a voz do Señor... a súa mensaxe de esperanza. Só somos unha porta que se abre; e ábrese... a esa presenza de Deus, que trae a salvación para todos...
Vivimos desde o silencio, esta actitude de apertura total a Deus...

Onte xa vos comentamos que o pasado domingo comezou o tempo de Advento, un tempo no que nos preparamos para recibir un gran regalo: Xesús. 


Por iso, ao longo destas semanas que nos quedan antes do Nadal, imos reflexionar sobre o acontecemento do nacemento de Xesús e imos realizar unha viaxe por diferentes realidades para chegar a Belén e atoparnos con Xesús. Anímaste a vir connosco?

O primeiro... Xa sabes, bota un ollo ao mapa mundial.... En que realidades pensas que Xesús quere nacer hoxe? A continuación, prepara a túa maleta, xa non con recordos do teu pasado, senón con todo aquilo que lle podes ofrecer a ese Neno que nace, e que vén facelo nas realidades máis duras...

Así, cada semana se advento iremos a un país concreto onde se viven realidades específicas e poderemos ofrecer algo do que levemos na nosa maleta.

Podemos documentarnos sobre ese país para intentar coñecer mellor a súa realidade. E reflexionaremos sobre a necesidade de solidariedade, misericordia e compaixón coas persoas que sofren por diferentes motivos.

Se vos fixades no mapa, o traxecto proposto dos lugares nos que pararemos na nosa viaxe forman uns trazos similares á estrela de Belén que nos acompañará e guiará en todo momento para o encontro con Jesús.

Así, nesta primeira semana imos viaxar a Siria, un país tan castigado pola guerra e as migracións masivas por esta causa. Máis de 11.000 nenos morreron e 13.5 ,illóns de persoas necesitan axuda urxente porque quedaron sen nada, ben recluídos no seu país ou ben hacinados en campos de refuxiados e vivindo en condicións infrahumanas.  Son miles os nenos que quedaron sen familia, sen escola, sen nada.... Hoxe imos sacar da nosa maleta os nosos xoguetes, imos ofrecerllos para que non se esquezan de sorrir. 

Ao longo destes días, podemos traer ao colexio os nosos xoguetes para compartilos con aqueles nenos que non teñen, para que este Nadal sexa un pouco especial. Sexamos xenerosos!!!

NOSOPAI

2 de decembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.

Comezamos un ano máis un tempo litúrxico importante, O ADVENTO. Preparámonos un ano máis durante catro semanas para vivir o Nadal, lembrar e celebrar o nacemento de Xesús.

O Advento é, por tanto, un tempo de espera e de esperanza. Atrévete a esperar!, nun tempo onde todo o queremos xa!, a golpe de “clik”, inmediatamente.

O Advento tennos que espertar. Non esteades atados aos vosos recordos nin anestesiados polas vosas preocupacións. Non vivades alienados co voso consumo e as vosas diversións. Mirade que algo novo vai suceder, alguén está por chegar, hai sinais que anuncian o cambio. En que sentido?

Necesitamos persoas que nos orienten e que nos axuden a ler o que está a suceder na actualidade, o que importa é que esteamos espertos, espertos pero soñando, atrevédevos a soñar, non sexades conformistas nin rutineiros.
Sede persoas positivas e creadoras, confiadas e alegres.
Por que non soñar que o mundo pode aínda ser moito mellor para nós e para os nosos descendentes?

Atrévete a soñar aínda que te chamen iluso e vive con esperanza este Advento que acabamos de comenzar.

Reflexión:
Imaxina e pensa:  Como será este século XXI cando termine os seus días?

 Será un mundo máis xusto e máis igualitario?
 Será un mundo máis pacífico?
 Será un mundo máis ecolóxico e natural?
 Será un mundo máis feminino e máis belo?
 Será un mundo máis misericordioso?
 Será un mundo máis solidario?
 Será un mundo máis creativo?
 Será un mundo máis humano?

Preparémonos a vivir unha Advento con moita esperanza e capaz de dar resposta a estes interrogantes.

Oración (xuntos):

Paremos un momento o tempo,
esquezámonos de todas as preocupacións que nos estresan,
deteñamos a tolemia dos nosos pensamentos,
busquemos soamente o silencio que nos dá a PAZ.
Baleirémonos de todo o que non é esencial
para deixar un lugar á VIDA.
Non é necesario facer nada.
Non é necesario que pensemos en nada
Deixade que o amor do Pai vos envolva.
Deixádevos abrazar por El.
Achegádevos a El os que estades famentos de amor.
Vide! Escoitade o berro que resoa nos nosos corazóns: XESUS VÉN!



sábado, 19 de noviembre de 2016

CLAUSURA ANO DA MISERICORDIA E SEMANA DA MILAGROSA


LUNS 21 NOVEMBRO

ORACIÓN CLAUSURA ANO DA MISERICORDIA

Hoxe facemos unha parada nas oracións dedicadas á Virxe Milagrosa, porque onte a igrexa celebrou algo moi importante: a clausura do Ano da Misericordia.

A misericordia é amor profundo e xeneroso. Ata o extremo. É querer facer un mundo mellor. É desexar e poñerse en marcha para facer un mundo novo.
A misericordia debe mover o mundo. Debe transformar os corazóns. Debemos poñer máis misericordia nas nosas vidas.
E é que o amor ao próximo cambia o corazón. Fainos máis humanos e felices. Como vivir a misericordia hoxe? Esa é a cuestión para atopar a verdadeira felicidade.

A misericordia significa vir en axuda de quen está en dificultades, en calquera forma de miseria, de quen sofre inxustiza, pero busca facer desaparecer todo aquilo que desfigura o rostro da persoa, que escurece e conduce á morte o corazón; en Xesús a misericordia revelouse como fidelidade e compaixón ao home como vitoria sobre a morte.
O mellor futuro do ano xubilar que clausuramos é que gardemos viva a conciencia de que nós cremos na misericordia, que é real e verdadeira e vitoriosa en Xesucristo, e que poida ser en nós criterio de vida para mirar todas as cousas, a cada persoa e a nós mesmos, porque só neste amor pódese ver como é a outra persoa; só con misericordia saberémola tratar de modo xusto e só así é posible conservar esperanza fundada de felicidade neste mundo.

Hoxe queremos dar grazas por ese ano de perdón que nos regalou Xesús, un perdón que vai sempre unido ao amor que nos ten, por iso dicimos:

ORACIÓN DE ACCIÓN DE GRAZAS (A DOUS COROS)

Pai Santo,
rico en misericordia e grande no amor.
Grandes cousas fixeches a favor do teu pobo:
a misericordia e a verdade atopáronse,
a xustiza e a paz bicáronse,
cando a nosa terra deu o seu froito.
Concédenos practicar a misericordia con alegría,
para que todos experimentemos o teu perdón.

Grazas,
por este tempo precioso
de misericordia e de conversión.

Grazas,
por enviarnos ao teu fillo Xesús,
que coas súas ensinanzas de vida nos explica
que é a verdadeira misericordia.

Grazas,
por ensinarnos a ver as necesidades nos demais
e darnos a forza para estar ao seu lado.

Grazas,
porque cada día nos guías
polo camiño da misericordia e a paz.

Grazas,
porque a nosa nai María
está sempre ao noso lado nese camiño diario.

Grazas,
porque este ano aprendemos a perdoar desde o amor,
como ti fas connosco.
O noso corazón está disposto a ti. Amén.

Oremos ao Pai para que o seu Reino cheo de misericordia, o Reino prometido, veña e se faga realidade plena en nós. Cheos de fe e confianza, fagámolo coa oración que o Señor nos ensinou:

NOSOPAI



MARTES 22 novembro: A CRUZ COROA A INICIAL DE MARÍA: A FORZA DO AMOR.

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Despois de contemplar este cadro, pareceume que daba a volta. Foi entón cando vin o reverso da medalla. Inquieta por saber o que había que poñer no reverso da medalla, despois de moitas oracións, un día, na meditación, pareceume oír unha voz que me dicía: "A cruz, o M e os dous Corazóns din bastante".

O reverso da Medalla fala do Proxecto de Amor de Deus para aos home.


Xesús foi no medio dos homes a presenza de Deus. Ensinoulles que El era Deus. Xesús mostrou un amor especial aos pobres cos que se identificou. Ao aceptar, libremente e, por amor, o pasar polo camiño da cruz, Xesús abriunos o camiño da Vida.
María ocupa un lugar principal no camiño de vida  e de amor. Ao decidir libremente ser a Nai de Deus ela vainos mostrando o camiño que nos leva a Xesús. María tamén estivo xunto á cruz. 

É entón cando Xesús nos regala a María como Nai. 
Decídete a poñer a Xesús e a María no centro da túa vida, quita por hoxe os teus malos rollos, as túas preocupacións inútiles, a túa preguiza, o teu egoísmo...
Deixa que eles estean aí, verás como todo cambia.

(PEGADE NO REVERSO DA MEDALLA A CRUZ E O M,  ESTÁ NO CENTRO DA MEDALLA, REPRESENTA O voso DESEXO DE QUE ELES ESTEAN NO CENTRO DA vosa VIDA)

ORACIÓN: 
MARÍA, AXÚDANOS A VIVIR O PROXECTO DE AMOR DE DEUS CARA AOS HOMES.


MARÍA, AXÚDANOS A SER PORTADORES DA BOA NOTICIA DE JESÚS A TODO O MUNDO.

MARÍA, AXÚDANOS A SER MEDALLAS VIVAS PARA TODOS Os QUE NOS RODEAN.  

AMÉN.

Podemos escoitar esta canción: 
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Mércores 23 novembro: OS DOUS CORAZÓNS

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


Os dous corazóns son os de Xesús e María. Indícannos que sempre é tempo de amar. O corazón é, en todos os idiomas, o símbolo do amor.
Un dos dous corazóns está coroado de espiñas e o outro atravesado por unha espada. Estes símbolos ensínannos que amar non é cousa fácil. Todo amor leva nalgún momento sufrimento porque implica esquecerse de si para entregarse ao outro.
Sen amor, nada ten valor. O que vale unha persoa non se mide polos seus títulos ou diplomas, polo seu diñeiro... senón pola capacidade de amor. Non hai amor sen entrega, non hai felicidade sen amor.

Pensaches algunha vez como sería a vida sen aqueles aos que queres e sen aqueles que te queren? Dáste conta do feliz que te fai amar?

(ESCRIBIDE NO DORSO DOS CORAZÓNS NOMES DE PERSOAS ÁS QUE QUEREDES POÑER O VOSO AMOR NA MEDALLA)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!

Podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Xoves 24 novembro: As ESTRELAS


+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


A medalla é para cada un de nós, como o Reino de Deus. Xesús non pode facer nada sen os apóstolos, sen os seus discípulos... Tampouco podería facer nada sen ti e sen min.

Nós somos cada unha desas 12 estrelas. Representan aos doce apóstolos, aos mensaxeiros do Reino, a aqueles cos que Deus conta para dar a coñecer a súa mensaxe. María é a principal estrela, a estrela da Evangelización.

(ESCRIBIDE NAS 12 ESTRELAS CADA UN DOS VOSOS NOMES. Nesas 12 estrelas estarán os nosos nomes, podedes escribilos un a un, podedes ir deixando o voso compromiso de ser mellores persoas, seguidores de Xesucristo. Ao escribir o teu nome, es parte do seu proxecto)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Venres 25 novembro: 
SER MEDALLA PARA Os DEMAIS

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


Entón deixouse oír unha voz que me dixo: Fai acuñar unha medalla con este modelo; todas as persoas que a leven recibirán grandes grazas ao levala ao pescozo, as grazas serán abundantes para as persoas que a leven con confianza

Con esta invitación María quere deixar un recordo da súa mensaxe de tenrura. Unha mensaxe que vai destinada a todos. Podemos levar a medalla como un recordo pero non ten valor en si mesmo. É o signo da presenza amiga de María que nos acompaña día a día. É o recordo da Boa noticia do Evanxeo.
Deus convídanos a encher o noso corazón coa súa graza. Se a medalla é un agasallo, recibila é unha misión.

Deus chámanos a ser medalla para os demais, a transmitir a mensaxe de María a todos os que nos rodean e tamén a mirar aos demais como medallas a través das súas palabras e actos.

A medalla esixe o teu compromiso. Esixe:
*COÑECELA: Durante todo o mes estivemos reflexionando sobre ela
*LEVALA: É sinal de confianza, recibir a María na nosa vida. Non é levar un amuleto senón un recordatorio de que se vivimos a Graza de Deus, na que viviu María, Deus salvaranos de todos os perigos.
*PROPAGALA: Ao difundila, levala a outros, regalala... Convertémonos en Apóstolos, Mensaxeiros da Boa Nova de toda a mensaxe de amor e salvación de Deus por medio de María.



GRAZAS, MARÍA, POR SER A NOSA NAI 

GRAZAS, MARÍA, POR LEVARNOS A XESÚS.

GRAZAS, MARÍA, PORQUE GRAZAS A TI XESÚS VEU AO MUNDO. 

GRAZAS, MARÍA, POR VISITARNOS, REGALARNOS A TÚA MEDALLA E ESTAR SEMPRE CONNOSCO. AMÉN


OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mannequin Challenge MILAGROSA

viernes, 11 de noviembre de 2016

ORACIONS SEMANA 14-18 NOVEMBRO











Luns 14 novembro, O ANVERSO: MARÍA EN PÉ COS BRAZOS ESTENDIDOS

+NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

María está de pé acolléndonos. Como cando un chega a casa e alguén a está recibindo cos brazos abertos. Vén a nós coas mans abertas. Está presente, feita bondade, acollida, disposta a escoitarnos. Ponse ao noso servizo sen impoñerse e móstranos o camiño do verdadeiro encontro.
Pensa nos momentos da túa vida nos que necesitas axuda, apoio, acollida?. Acode a María? preséntalle a túa realidade.
Pensa nos momentos da vida doutros que necesitan axuda, apoio, acollida?. Pon esas persoas nas súas mans? Reza polos refuxiados, polos que non teñen fogar ou van perdelo, polos anciáns sós, polos nenos que non teñen familia?

(Imos pegar a imaxe de María no óvalo e nela imos plasmar a nosa oración; míraa, acolle a súa imaxe como acollerías a foto dun ser moi querido. Recíbea con alegría)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!




Martes 15 novembro: As MANS ESTENDIDAS E Os RAIOS

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
“De súpeto, os dedos da Santísima Virxe, que sostiñan o globo, cubríronse de aneis con pedrerías. Destas pedras saíann uns raios dun brillante resplandor. Ao mesmo tempo unha voz díxome: “estes raios son o símbolo das grazas que a Santísima Virxe concede ás persoas que llas piden”. Por último, algunhas pedras non despedían raios: son o símbolo das grazas que se esquecen de lle pedir”.

Os aneis son os símbolos da alianza. María fixo unha alianza con Deus e, desta alianza irradia o amor con Deus en forma de raios. Esa luz é a luz do Amor, a luz que ilumina e dá forza a todas as persoas que o necesitan. Por iso, os raios son o símbolo das grazas que se derraman.

(RECORTADE OS RAIOS PARA PODER COLOCALOS, NESES RAIOS PEDIDE POLAS INTENCIÓNS MÁIS DIFÍCILES, POR AQUELES QUE NECESITAN DA TÚAORACIÓN.
ESCRIBIDE NOS RAIOS AS SITUACIÓNS MÁIS NECESITADAS QUE COÑECEDES… É A VOSA ORACIÓN POR ELAS)


OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU


Mércores 16 de novembro: OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA!

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Esta oración que tantas veces rezamos, esta frase que apareceu diante dos ollos de Santa Catalina quérenos expresar  hoxe moitas cousas:
Oh, María sen pecado: María dinos a súa identidade profunda. É unha muller que desde o primeiro instante da súa vida acolleu totalmente o amor de Deus. Nela non houbo ningún signo de pecado. Por ela, Deus fíxose carne no noso mundo. 
A través de nós, cando nos achegamos máis a Deus, cando somos mellores e deixamos de lado o pecado…  Deus quere seguir nacendo no noso mundo.


(Pegamos as letras Oh María sen pecado concibida. Con elas queremos expresar a nosa oración sincera. Hoxe recorremos a María que nos transmite o seu valor e confianza. Pedímoslle que nos axude a ser coma ela, a vivir preto de Deus e a non caer no pecado)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU


Xoves 17 novembro: ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Do Evanxeo de San Xoán:
Di a súa nai aos que servían: "Todo canto el vos diga, facédeo. Había alí seis tinas de pedra, destinadas á purificación dos xudeus. Dille Xesús: "Enchede de auga as tinas". E enchéronas ata arriba. E dilles: "Sacade agora e levádeo ao maestresala". E levárono. Mais cando probou o maestresala a auga feita viño (e non sabía de onde era, pero sabíano os que servían, que sacaran a auga), chama ao esposo o maestresala e dille: "Todo home pon primeiro o bo viño, e cando están xa bebidos, pon o peor; ti reservaches o viño bo ata agora.

María está presente na nosa vida, atenta ás nosas necesidades. Quen non acode á súa nai cando está necesitado de algo? Que persoa non lle pide á súa nai que lle axude cando non ten máis remedio? Roga a Deus por cada un de nós, como o fixo en Caná. A través dese “nós” María lémbranos que habemos de aprender, día tras día, a vivir como irmáns e irmás dunha familia, a ser solidarios os uns dos outros ata na oración.
Cando nos oprimen demasiadas inxustizas ou golpes duros, cando non sabemos que facer para acudir en axuda do que nos chama, queda un último recurso: María. Como unha nai, María está presente, totalmente próxima a nós. Ela pode oír e comprender todo o que non sabemos como expresar. Ela oriéntanos cara ao seu fillo: Facede o que El vos diga.  Ela comunícanos o seu valor e a súa confianza.
Que lle queres contar hoxe a María? Recorre a ela... Non falla nunca.


(COLÓCASE NO ANVERSO DA MEDALLA AS PALABRAS: ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI
Presentamos as nosas necesidades, hoxe unímonos nese “nós” pedindo en voz alta por cada unha das necesidades da clase: mellor comportamento, máis estudo, máis compañeirismo, … )


OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres colocamos podemos escoitar esta canción:
 https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Venres 18 novembro: Cristo venceu o poder do maligno
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

(Debaixo da Imaxe Da Virxe imos poñer a serpe e o mundo)

Lectura do Libro da Apocalipse 12, 3-5
E apareceu outro sinal no ceo: un gran Dragón vermello, con sete cabezas e dez cornos, e sobre as súas cabezas sete diademas. A súa cola arrastra a terceira parte das estrelas do ceo e precipitounas sobre a terra. O Dragón detívose diante da Muller que ía dar a luz, para devorar ao seu Fillo en canto dese a luz. A muller deu a luz un  Fillo home, o que ha de rexer  a todas as nacións con cetro de ferro; e o seu fillo foi arrebatado ata Deus e ata  o seu trono.

Reflexión: O libro da Apocalipse lémbranos que o ser humano non pode seguir poñendo o seu corazón naquel que perdeu pelexa, é dicir, no Demo e todas as súas seducións, apostemos a vivir unha vida chea de fe e alegría naquel que gañou, triunfou, resucitou e venceu co seu sangue o poder escuro que gobernaba no mundo. Xoán lémbranos que veu a luz ao mundo e moitos preferiron as tebras, por iso hoxe a través de María quen tamén venceu o pecado, non polas súas propias virtudes, senón porque creu en Deus e no seu propio Fillo, porque se fixo discípula, poidamos nós camiñar na luz e vencer as tentacións deste mundo.
 
A serpe representa o inimigo antigo, que tentou a Eva e causou a expulsión dos primeiros habitantes do paraíso, é dicir, quen os afasto da graza de Deus. A promesa no medio do castigo, era que unha muller pisaría a cabeza da serpe. E un antigo sermón lémbranos que “pola desobediencia de Eva pecháronse as portas do paraíso e pola fe de María abríronse de novo”

Como podemos recoñecer o mal no noso mundo actual?

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres colocamos podemos escoitar esta canción:

https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Archivo del blog