domingo, 23 de noviembre de 2014

ORACIÓNS SEMANA DA MILAGROSA 24-28 NOVEMBRO

LUNS, 24 de novembro. NO NOME DO PAI....

Chegamos onte ao final do ano litúrxico que comezabamos aló polo mes de decembro do ano pasado. Xesús ofrécenos un camiño a seguir que está marcado polo sentido esperanzado da vida, polo gozo de poder compartir, pola ledicia de sabérmonos sempre acompañadas. E aquí nace o seu Reino; un reino que entre todos, e sen deixar a ninguén nas beiras, estamos chamados a construír alí onde esteamos. Por iso onte celebramos esta festa de Xesús Cristo Rei do Universo, para compartir que desde El e para El estamos chamados sempre a ser sementadores de canto fai posible o seu reinado entre nós: a xustiza, a paz, a solidariedade e a verdade.
NUNHA SOCIEDADE CHEA DE EGOS, GRAZAS, SEÑOR, POR FACER UN SERVIZO DA TÚA MISIÓN

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
            Naquel tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos: Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e todos os anxos con el, sentará no seu trono glorioso. Diante del xuntaranse todas as nacións; e separará uns dos outros, como xebra o pastor as ovellas das cabras. E poñerá as ovellas á súa dereita, e as cabras á súa esquerda.
            Entón dirá o Rei aos da súa dereita:
            ‑ Vinde, benditos do meu Pai, recibide a herdanza do reino preparado para vós desde a creación do mundo. Porque tiven fame, e déstesme de comer; tiven sede, e déstesme de beber; fun foras­teiro, e acolléstesme; estiven en coiro, e vestístesme; enfermo, e visitástesme; na cadea, e viñéstesme ver.
            Entón preguntaranlle os xustos:
            ‑ Señor, cando te vimos famento e che demos de comer, ou sedento e che demos de beber? Cando te vimos forasteiro e te acollemos, ou en coiro e te vestimos? Cando te vimos enfermo ou na cadea e te visitamos?
            O Rei contestaralles:
            ‑ Dígovolo de verdade: Canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos, fixéstelo comigo.
            E diralles logo aos da súa esquerda:
            ‑ Arredade de min, malditos, ide para o lume eterno, prepa­rado para o Satán e para os seus anxos. Porque tiven fame e non me destes de comer; tiven sede e non me destes de beber; fun forasteiro, e non me acollestes; estiven en coiro, e non me vestistes; enfermo e na cadea, e non me visitastes.
            Entón tamén eles lle preguntarán:
            ‑ Señor, cando te vimos famento ou sedento, forasteiro ou en coiro, enfermo ou na cadea, e non che acudimos?
            El responderalles:
            ‑ Dígovolo de verdade: Canto deixastes de facerlle a un destes máis pequenos, deixastes de mo facer a min.
            Estes irán ao castigo eterno, e os xustos á vida eterna.

                                    Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo 

REFLEXIÓN “cada vez que llo fixestes a un destes máis pequenos, a min mo fixestes”. Este é o noso reto hoxe e sempre, o que nos pide romper cos convencionalismos, co que fan todos ou co que está de moda. Xesús veno dicindo desde hai dous mil anos, a mágoa é que os cristiáns non acabamos nin de darnos conta nin de entendelo. Non tería feito falta ningún Podemos nin ningún berro de indignación se os cristiáns, os que nos chamamos seguidores de Xesús, tomaramos en serio a súa palabra e a súa mensaxe. Porque desde ela non hai sitio para a mentira, o engano, a corrupción, o abuso, o aparentar o que non somos, o buscar quedar ben cos poderosos e machucar ata a extenuación aos pequenos e excluídos. Na lóxica de Xesús, e así debera ser tamén na lóxica de cada un de nós –pero tristemente non o é– non hai sitio para os que se rin do trato igualitario e da solidariedade de quen busca a xustiza e quere un mundo, un país, unha parroquia ou unha familia mellor. Isto, e non é pouco, é que nos quere transmitir a festa de Cristo Rei.




MARTES 25 de novembro. NO NOME DO PAI....
Dentro de unos días comenzaremos el tiempo de Adviento, fecha especial, como ya sabes, para preparar el nacimiento de Jesús. Hoy, a lo largo de la mañana, varios sacerdotes, nos acompañarán para celebrar la confesión; por ello os invitamos a hacer esta pequeña reflexión.
Hoy es un momento para hacer un pequeño parón y examinarnos por dentro para poder ver qué estamos haciendo regular (o mal) y cuáles son nuestros propósitos de cambio. De ver si realmente estamos poniendo de nuestra parte o nos estamos dejando llevar por la monotonía de las clases, el colegio, e incluso la vida misma. Es momento de dar un paso adelante en nuestro compromiso por crecer y mejorar como personas.


Lectura del evangelio  Jn 15, 1-­‐11


En aquel tiempo dijo Jesús a sus discípulos:
—Yo soy la vid verdadera y mi Padre el viñador. Él corta todos los sarmientos que no dan fruto en mí, y limpia los que dan fruto para que den más.
Vosotros estáis ya limpios por la palabra que os he dicho. Seguid unidos a mí, que yo lo seguiré estando con vosotros. Como el sarmiento no puede dar fruto por sí mismo si no está unido a la vid, así tampoco vosotros si no estáis unidos a mí.
Yo soy la vid, vosotros los sarmientos. El que permanece unido a mí y yo en él, da mucho fruto; porque sin mí no podéis hacer nada. Al que no está unido a mí se le echa fuera, como a los sarmientos, que se amontonan, se secan y se les prende fuego para que se quemen.
Si estáis unidos a mí y mis enseñanzas permanecen en vosotros, pedid todo lo que queráis y se os concederá.
Mi Padre es glorificado si dais mucho fruto y sois mis discípulos.

REFLEXIÓN
Examinar nuestra vida es simplemente situarnos como sarmientos de esta vid y analizar en qué medida estamos verdes, secos, damos más o menos fruto, somos conscientes de estar recibiendo la savia de la raíz que es Cristo, y qué camino concreto tenemos que hacer para reinjertarnos en Cristo, revitalizar nuestra entrega y nuestro seguimiento a Él.

Examen de conciencia (Lee un alumno v  y el profesor):
No quiero vivir...

v  No quiero vivir despreocupado de mis obligaciones, de mis estudios aunque sepa que me los tengo que tomar en serio.
¿ Soy responsable con mis estudios?, ¿Me acuerdo de hacer los deberes, de tener todo ordenado y organizado?

v  No quiero vivir dejándome llevar por la pereza, lo más cómodo.
¿ Me esfuerzo por hacer y conseguir las cosas o espero a que mis padres lo resuelvan todo?

v  No quiero vivir dando de lado a mis padres, sin preocuparme por comprenderles e incluso por ayudarles en algunos momentos.
¿ Colaboro en las tareas de casa o hago algo por mis familiares?


v  No quiero vivir hablando continuamente mal de los otros, criticándoles a sus espaldas.
¿ Miro cómo soy yo antes de hablar de los demás? ¿ Me preocupo más de lo que hacen los demás?

v  No quiero vivir siendo centro de discordia y de división entre las personas con las que me encuentro.
¿ Intento que mis amigos se lleven bien o por el contrario ayudo a que discutan?

v  No quiero vivir  una vida egoísta en donde todo lo quiero para mí, pero no quiero compartir nada.
¿ Comparto lo que tengo?, ¿ Doy gracias a Dios por todo lo que me dan mis padres y mi familia?

v  No quiero vivir sin contar con Dios a la hora de vivir mi vida, sin pensar en lo que espera de mí.
¿ Tengo presente a Dios todos los días, le rezo?

v  No quiero vivir indiferente a las necesidades tanto de las personas cercanas que me rodean, como de esas otras necesitadas de alimentos, medicinas y un trato más humano. 
¿ Me preocupo si los demás necesitan algo de mi? ¿ Me esfuerzo en ayudarlos?.


Ahora vamos a pensar, si hemos fallado en algunas de estas cosas, ¿cuáles de esas cosas que no hago bien me alejan de Dios? ¿Qué cosas no me dejan vivir en paz? ¿Cuáles de esas cosas debo cambiar para sentirme más feliz? 

Tras haber pedido comunitariamente perdón por nuestras faltas, nos preparamos para recibir individualmente el perdón de Dios a través del sacramento de la Reconciliación. Que el Espíritu de Dios renueve nuestro corazón con la penitencia.
(Tiempo para la confesión individual)

Con las palabras que Cristo nos enseñó, pidamos al Padre que perdone nuestros pecados y nos libre de todo mal: PADRE NUESTRO…



Oración final (dos coros, después de haber confesado)

Da gracias, por la vida misma.
Aunque la tuya no sea la más perfecta,
Dios te la dio y el tenerla es ya un milagro.
Aprende a valorarla para hacerla llevadera.
No hagas de ella algo vano y vacío.

Da gracias por el aire que respiras.
Es tan natural y vital.., y ni cuenta te das
de que sin él con seguridad no vivirías.
Por cada respiro que des recuerda y ten presente
que Dios lo creó pensando en ti.

Da gracias por la luz del sol.
Es la que te permite veamos el día en esplendor.
La que da vida a la hermosura de la creación
y da calor a los seres vivos de la tierra.

Da gracias por el agua que cae del cielo.
Dios la envía para hacer de nuestro suelo
uno fértil y productivo.
Y es la misma agua que, al estar sedientos,
calma nuestra sed.
Da gracias por las pruebas que llegan a ti.
No te lamentes cuando llegan,
más bien tómalas de un modo positivo.
Las pruebas purifican tu espíritu.
y te hacen más fuerte para enfrentarte a la vida.

Da gracias por todo lo que eres.
No te quejes de que no siempre es como quieres.
Nada pasa sólo porque sí.
Al final verás y entenderás la razón.

Da gracias a Dios por todo:
Por las cosas grandes y también por pequeñeces
Él, muy agradecido, nos recompensará.


Da siempre gracias...
Sentirás alivio y paz si las das de corazón.

MÉRCORES 26 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI,...
O século XIX foi tempo de grandes cambios sociais, políticos e económicos. O racionalismo negaba a necesidade de símbolos e signos e rexeitaba o valor da relixión. Foi tamén unha época de desenvolvemento da técnica e da ciencia. Para Francia foi un tempo especial - acababa de rematar a revolución; tras anos de terror, o país estábase a reconstruír, non só no seu aspecto material, senón tamén no espiritual, aínda que as ideas anticlericais dos filósofos da Ilustración conduciron a unha descomposición das institucións eclesiais.
Neste tempo tan difícil para os cristiáns María visita unha sinxela Irmá e faille un pedido extraordinario: "Quero que comece unha Asociación de Mozos de María", e pouco despois Santa Catalina recibe unha nova misión: Fai acuñar unha Medalla segundo este modelo; todos os que a leven recibirán grandes grazas; as grazas serán abundantes para os que a leven con confianza... " Nun curto tempo este signo axudou a moitos enfermos a recobrar a saúde, aos dubidosos a retornar á fe e a todos os que a levan permítelles gozar de favores extraordinarios. Por iso a Medalla case dende os primeiros días en que foi acuñada foi chamada polo pobo "milagrosa".
A Medalla Milagrosa recórdanos a presenza de María na historia da salvación. As súas mans estendidas cara á terra na que se apoia, están abertas, cheas de bondade e de amor. Delas saen grazas para todo o que queira recibilas. Neste xesto María expresa a súa dispoñibilidade, a súa presenza continua. O mundo en que apoia os seus pés é unha terra nova, transformada polo amor de Deus, onde xa non hai lugar para o mal en ningunha forma. O mundo novo que han de construír os seus fillos, ha de estar cheo de xustiza e de paz.
María, mediadora de grazas ante o seu Fillo, a través dos raios que caen das súas mans, ilumina e transforma todo o que é destruído pola soberbia e o egoísmo. O mundo redimido por Xesucristo necesita persoas que continúen a súa misión. Nesta tarefa enormemente difícil a Nai de Deus quere que o mundo se faga un lugar de solidariedade, fraternidade e de desexos de axudar a todo necesitado.

E ti, pregúntate: Que fago para que o mundo ao meu arredor sexa mellor? Creo que podo contribuír un pouco máis á felicidade doutras persoas? Percibo as súas necesidades? Como podo socorrelos?...

Dicimos xuntos: 
Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!

NAI MILAGROSA,
Que a través do camiño da vida
Deixemos rutas acendidas ao noso paso,
Raios de luz perdidos no camiño.
Portadores de alegría cristiá no noso traballo; raios de luz.
Portadores de amizade sincera entre os homes; raios de luz.
Portadores de pureza e humildade; raios de luz.
Portadores de calor, cariño, que desfaga o xeo frío; raios de luz.
Portadores de entusiasmo e alegría, para facer unha Igrexa nova, raios de luz.
Portadores de Evanxeo vivido na vida do quefacer diario; raios de luz.
Mantén o noso corazón levantado, cando a nosa fe vacile.


Amén.

XOVES 27 NOVEMBRO. FESTA DA VIRXE MILAGROSA. 
NO NOME DO PAI,...

A Medalla Milagrosa ha de ser un símbolo identificativo da familia vicenciana á que todos pertencemos e, ademais, ten que ser unha confirmación do compromiso na misión. O recibir e levar a Medalla con confianza significa tamén facer un esforzo por responder ao convite de María. Nós que somos os seus fillos, comprometémonos a construír a civilización do amor. Aproveitando a abundancia das grazas outorgadas por mans da nosa Nai, debemos levar a esperanza aos que a perderon. Debemos ser a prolongación das súas mans, debemos ensinar coa nosa vida que o mundo non se apoia unicamente sobre o progreso económico senón sobre a dignidade do ser humano e que esa dignidade é construída polo respecto mutuo, a xustiza e a paz. Deixémonos guiar por María.

Dicimos xuntos: 
Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!

ORACIÓN
GRAZAS, VIRXE MILAGROSA
Polo regalo da túa Medalla,
Porque es a nosa Nai:
pobre, sinxela, entregada, chea de misericordia.

Grazas pola túa fe, pola túa oración,
polo teu silencio, pola túa alegría,
pola túa fortaleza, pola túa esperanza.
Es tan pequena, que Deus te fixo a máis grande.
Es tan grande, que te sentes a máis pequena:

Serva de Deus e dos homes. Amén

VENRES 28 NOVEMBRO: DÍA DE SANTA CATALINA LABOURÉ
NO NOME DO PAI,...

Vide ao pé deste altar...
Santa Catalina escoitou unha mensaxe e inmediatamente esta mensaxe encheu a súa vida. Recibiuna con atención, sinxeleza e humildade. Non hai nela ningunha idea preconcibida que poña obstáculo. Vive sinxelamente a FE sen dar cabida á dúbida; pide e ora e está segura que vai ser escoitada. A sinxeleza é máis ou menos isto: non poñer ningún obstáculo á acción de Deus e vivir de fe na verdade.
 Outro punto na vida de santa Catalina é a súa for­za de vontade; vontade posta en acción, por amor. Canta fortaleza tivo que despregar! Primeiro, para convencer aos demais da súa mensa­xe, e segundo, intimamente unido ao anterior, para vencerse ela mesma.
 
Nós, que queremos, onde e en que poñemos os nosos desexos? Temos suficiente humildade para aceptar o que somos?
 
O terceiro punto inspirador en santa Catalina é a importancia da oración na súa vida. A santa obtivo todas as grazas pola intensidade da súa oración.

Que lugar damos á oración e ao silencio na nosa vida?

ORACIÓN (Todos xuntos)
Concédenos, Señor, a graza de estar atentos aos demais e ás súas necesidades, e de responder coa sinxeleza dun corazón verdadeiramente desprendido, con dispoñibilidade e humildade. Que escoite as chamadas que Deus fai resoar na miña vida, a través dos demais, familia, compañeiros, profesores,... pero tamén a través dos pobres, clamor ante tantas inxustizas, tantas incomprensións e tantas miserias. AMÉN


AVE MARÍA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog