sábado, 9 de noviembre de 2013

ORACIÓNS NOVEMBRO


ORACIÓNS NOVEMBRO 2013

LUNS 11 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…

Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Con todo, a súa vida enteira esperta esperanza. Contaxia unha  confianza total en Deus. A súa paixón é facer a vida máis humana e ditosa para todos, tal como a quere o Pai de todos.
           
A súa fe é sinxela. É verdade que nós choramos os nosos seres queridos porque, ao morrer,   perdémolos aquí na terra, pero Xesús non pode nin imaxinarse que a Deus se lle vaian morrendo eses fillos seus aos que tanto ama. Deus está compartindo a súa vida con eles porque os acolleu no seu amor.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

            Naquel tempo, chegaron algúns saduceos ‑eses que negan que haxa resurrección ‑ e interrogaron a Xesús.
            Xesús contestoulles:
            ‑ Neste mundo os homes e mais as mulleres casan entre eles. Pero os que sexan dignos da vida futura e da resurrección de entre os mortos, non casarán nin eles nin elas, pois non poden morrer. Son coma anxos, e son fillos de Deus por naceren na resurrección.
            E que resucitan os mortos, ben o deixou indicado Moisés, cando dixo do Señor, no episodio da silveira: O Deus de Abrahán, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob.  E Deus non é un Deus de mortos, senón de vivos, para El todos están vivos.

            Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo 


GRAZAS, DEUS DA VIDA (A DOUS COROS)

Por me chamares á vida
e a todas as súas posibilidades.
Grazas, Deus da vida!

Por me amares e creares nos meus pais,
cun amor elemental e comprometido.

Por me faceres fillo de Galicia,
herdeiro dunha marabillosa tradición humana.

Por me bautizares en ti,
no teu amor de Pai, Fillo e Espírito.

Por me abrires ao amor
na familia, no grupo, na comunidade.

Por me faceres capaz de traballar, de amar e de servir,
co gozo de facelo en comunidade.

Por me introducires pouquiño a pouco, con paciencia,
na novidade do Evanxeo.

Por me faceres irmán de pobres e pecadores,
a min, que son pobre e pecador tamén.

Por me faceres partícipe da túa Igrexa,
solidario con ela no pecado e na misericordia.

Por seres o meu Pai
agora e para sempre. AMÉN

MARTES 12 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…


A fin de semana sorprendíanos cunha terrible catástrofe natural. Hoxe imos orar pola poboación de Filipinas, de modo especial polas vítimas do Tifón Haiyan, o máis potente deste ano en todo o mundo, deixou máis de 10.000 mortos en Filipinas. O noso recordo e oración por todos eles.

"Ante unha situación como esta, só se pode orar, orar e orar"

Ante a Virxe Milagrosa, pedímoslle que sexa consolo para todas as familias que sufriron as consecuencias do tifón Haiyan en Filipinas, que sumiu na dor e o loito aos seus fillos.

Co corazón posto nas vítimas e nas súas familias, recemos todos xuntos un Nosopai en polos que están agora na presenza de Deus e polos feridos que loitan pola vida.

NOSOPAI

MÉRCORES 13 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…
Se o teu inimigo ten fame, dálle de comer; e se ten sede, dálle de beber; facéndoo así, amontoarás ascuas sobre a súa cabeza. Non te deixes vencer polo mal; antes ben, vence ao mal co ben (Rom 12, 20-21)

Se eu cambiase a miña forma de pensar cara aos outros... comprenderíaos.
Se eu encontrase o positivo en todos... con que alegría me comunicaría con eles!
Se eu cambiase o meu xeito de actuar ante os demais... faríaos felices.
Se eu aceptase a todos como son... sufriría menos.
Se eu desexase sempre o benestar dos demais... sería feliz.
Se eu criticase menos e amase máis... cantos amigos gañaría.
Se eu comprendese plenamente os meus erros e defectos e tratase de cambialos... canto melloraría o meu fogar e o meu ambiente!
Se eu cambiase ter máis polo ser máis... sería mellor persoa.
Se eu cambiase de ser Eu, a ser Nós... comezaría a civilización do Amor.
Se eu cambiase os ídolos: poder, diñeiro, sexo, ambición, egoísmo e vaidade definitivamente por: Liberdade, Bondade, Verdade, Xustiza, Compaixón, Beleza e Amor... comezaría a vivir a verdadeira felicidade.
Se eu cambiase querer dominar os demais polo autodominio... aprendería a amar en liberdade.
Se eu deixase de mirar o que fan os demais...tenría máis tempo para facer máis cousas.
Se eu cambiase fixarme en canto dan os outros para ver canto máis podo dar eu... erradicaría de min a avaricia e coñecería a abundancia.
Se eu cambiase crer que sei todo... daríame a posibilidade de aprender máis.
Se eu cambiase identificarme coas miñas posesións como títulos, diñeiro, status, posición familiar... decataríame de que o máis importante de min é que Eu Son un Ser de Amor.
Se eu cambiase todos os meus medos por Amor... sería definitivamente libre.
Se eu cambiase competir cos outros por competir comigo mesmo... sería cada vez mellor.
Se eu deixase de envexar o alleo... usaría todas as miñas enerxías para lograr o meu.
Se eu cambiase querer colgarme do que fan outros por desenvolver a miña propia creatividade... faría cousas marabillosas.
Se eu cambiase esperar cousas dos demais... non esperaría nada e recibiría como regalo todo o que me dan.
Se eu amase o mundo... cambiaríao.
Se eu cambiase... cambiaría o mundo!

Oración (todos xuntos)
SEÑOR, dáme Forza
Para loitar contra a inxustiza do mundo.
Dáme forza para enxugar unha bágoa,
No rostro dun compañeiro.
Dáme forza para tender unha man cara ao pobre.
Dáme forza para dar un pouco de amor
a quen o perdeu
Dáme forza para mostrar a beleza e o camiño da vida.
Dáme forza para facer un mundo
Xusto, libre e ditoso.
Un mundo como TI soñaches



XOVES 14 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…


O risco é non se arriscar

Comezamos onte unha semana máis e fixémolo recordando as palabras de Xesús que nos animaban a ter esperanza, a crer na vida. Din os psicólogos que para triunfar na vida e ser feliz hai que arriscarse. E isto tamén se aprende dende a adolescencia. Sabes arriscarte con intelixencia?
Dicía Vicent van Gogh. Que sería da vida se non tivésemos o valor de intentar algo novo? Chamábano “o tolo do pelo vermello”, e sabía ben do que falaba. O seu estilo de pintura, claramente distinto ao resto dos demais pintores e iso supúxolle rexeitamento e incomprensión, pero anos máis tarde recoñecerase a súa xenialidade. El atreveuse a levar o seu estilo.
O inventor Thomas Edison repetía a miúdo que, nos miles intentos falidos que debía superar para crear un dos seus prototipos, xamais perdía o ánimo, porque cada erro que deixaba atrás era un novo paso adiante. Edison e o seu equipo crearon 1.093 patentes, pero curiosamente cando era pequeno os seus compañeiros considerábano un tolo, pero el arriscouse.
O risco, entendido como “medo a perder”, pode paralizarnos, impídenos innovar, investir, apostar; xogárnola para facer o que se fixo sempre dun xeito diferente, ou para facer o que ninguén fixo aínda.
O sentido positivo de risco ten que ver coa realización dun desexo. Nada é posible se non nos arriscamos e, dende esta perspectiva, paradoxalmente, o gran risco é non se arriscar.
Sen dúbida, a audacia leva a capa da loucura que nace da paixón, a confianza, o entusiasmo e a entrega. E é que o atrevemento é moito máis que a ausencia de medo, é máis ben a conciencia de que hai algo importante polo que paga a pena arriscarse.
Para ti hoxe, Que é o realmente importante? Por que te arriscarías? Serías capaz de arriscarte polos demais? E por defender a túa FE en Xesús?

Oración (todos xuntos)
Agora é o momento de facer o que máis queres.
Non esperes o luns, nin esperes a mañá.
Que non aumente en ti
a caravana de soños pisados.
Xa non esperes.
Non reprimas por medo ou covardía.
Non postergues a vida con máis morte,
e non esperes máis nada da sorte
que non hai máis que o teu tesón e a túa enerxía.
Se o teu soño é fermoso dálle forma
como esculpe o regueiro a ribeira;
como o vento que vive e se transforma.
E para que todo resulte ao teu xeito,
redacta para ti mesmo a túa norma
e converte o teu outono en primavera.

AVE MARÍA



VENRES 15 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…

BENAVENTURADOS
Seguramente terás escoitado en máis dunha ocasión algo así como “Non calas nin debaixo da auga". Mesmo pode que foses ti o receptor de tan simpático e verdadeiro dito... Pois ben, dende hoxe invítote a que non sigas explotando laboralmente os músculos da túa lingua e, pola contra, deas de alta (non te preocupes pola nómina) os músculos do teu corazón... Atréveste? Recorda que da túa decisión dependerá a túa felicidade e a felicidade de moitos dos teus irmáns...
BENAVENTURADOS OS QUE NON CALAN O SEU CORAZÓN
 (Lemos a dous coros)
- Benaventurados os que non calan o seu corazón ante a pobreza, de espírito e económica, dos seus irmáns, e son capaces de silenciar o seu ego e o seu embigo para escoitar a voz de Deus, que segue falando a través dos seus fillos máis necesitados.

- Benaventurados os que non calan o seu corazón ante as bágoas (de verdade) dos seus irmáns e son capaces de enxugar a dor, o fracaso e as inxustizas sacando do corazón (non podería ser doutro sitio) o pano da alegría, da fraternidade e da axuda desinteresada.

- Benaventurados os que non calan o seu corazón ante os máis pequenos e humildes deste mundo e son capaces de baixar un chanzo para que eles (non esquezas tenderlles a man) poidan subir.

- Benaventurados os que non calan o seu corazón ante aqueles sometidos polo xugo da vontade caprichosa, autoritaria e cruel dos máis poderosos e son capaces de mostralos, con palabras e sobre todo con feitos, a vontade libre, amorosa e fiel dun Deus que sempre quere o mellor para os seus fillos.

- Benaventurados os que non calan o seu corazón ante aqueles que utilizan os seus irmáns como obxectos de compra-venda e son capaces de denunciar tantas inxustizas utilizando a misericordia e o perdón de Deus.

-  Benaventurados os que non calan o seu corazón ante aqueles que son agredidos, un día si e outro tamén, física e emocionalmente, e son capaces de substituír o berro, a cambadela ou o puño sobre a mesa ou sobre o irmán pola forza máis poderosa xamais creada: o amor de Deus.

- E benaventurados os que non calan o seu corazón cando son inxuriados, perseguidos, apartados ou ignorados por declararse amigos de Deus, e son capaces de levantar a voz co berro do corazón, que non é outro que a alegría e a felicidade de sentirse amado por Deus.



NOSOPAI




--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Hoxe imos orar escoitando unha canción, agudizando o noso sentido do oído e deixando que as súas palabras nos fagan cuestionarnos.
GRITA





No hay salida, no hay solución pierdes la fe,
se equivoca el sol y el día se tiñe de marrón.

Si no hay luz en tu rincón
los de siempre te marcan gol y toca fondo el corazón.

Si no te puedes levantar
de ese golpe del ayer
si tu vida desafina
no lo pienses ponte en pie.
Grita, grita,
no te pueden oír

Grita, grita más alto

que te puedan sentir grita, grita

si te sientes solo

hay un amigo cerca de ti cerca de ti.
Si las agujas de tu reloj
hablan del tiempo de un perdedor
y no encuentras una razón.

Si no hay refugio alrededor
y ya no te gusta ninguna canción
si dices "sí" y responden "no".

Si estás a punto de estallar

no queda nada en que creer 
si tu vida desafina
no lo pienses ponte en pie.
Grita, grita,
no te pueden oír
grita más alto
que te puedan sentir grita, grita

si te sientes solo
hay un amigo cerca de ti cerca de ti.
(Grita más alto) no te pueden oír
(grita más fuerte) que te pueda sentir
(grita más alto)
hay alguien cerca de ti.
Grita, grita, grita
no te puedo oír

grita más alto
que te puedan sentir
grita, gritasi te sientes solo
hay un amigo cerca de ti...
Melón Diesel, Hombre en el espejo (2001)
- Algunha vez te sentiches como na letra da canción, non escoitado ou ignorado? Cando foi? Pásache habitualmente? Como reaccionas?
-  "Non hai saída, non hai solución... " Hai quen máis ben di que sempre hai saída se se sabe buscar e loitar. Con quen estás de acordo ti?
- Para que serve berrar? Que berros, máis ou menos sonoros ou silenciosos, caracterizan á sociedade de hoxe? E a vós en concreto?
- Hai berros e berros: "Xesús berrou con forza: Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches? " (Marcos 15, 34). Que berrades ou calades como persoas coherentes, solidarias, crentes...?

NOSOPAI


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog