viernes, 29 de noviembre de 2013

PREGÓN DE ADVENTO


Achandade os camiños!
Achandade, si, todos os camiños da terra
porque o Señor está preto.
El virá e encherá de esperanza
a todos os que a perderon.

Virá na noite para ser Luz.
Virá para acompañar os cansos;
os eternos desilusionados.
Xa poden cantar vitoria
aqueles que se crían abandonados;
xa está o Salvador á porta.

Achandade os camiños!,
abride camiños de esperanza,
os que pasades por este mundo
sen encontrar sentido á vida.

Achandade os sendeiros porque El virá!;
virá coma orballo da mañá,
resgará os corazóns de pedra
e abrandará a dureza da nosa terra seca.

Virá o Señor, non tardará!
esperádeo no albor da vosa casa,
porque sen facer ruído
virá e iluminarao todo co seu amor. Amén.
ORACIÓNS ADVENTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog