sábado, 3 de mayo de 2014

MES DE MAIO, MES DE MARÍA

LUNS 5 MAIO. No nome do Pai, …
NAI NON HAI MÁIS QUE UNHA...

Á escoita da Palabra de Deus
«Xunto á cruz de Xesús estaban a súa nai, a irmá da súa nai, María a de Cleofás, e María la Magdalena. Xesús, ao ver a súa nai e preto ao discípulo que tanto quería, dixo á súa nai: "Muller, aí tes o teu fillo". Logo, dixo ao discípulo: "Aí tes a túa nai". E dende aquela hora, o discípulo recibiuna na súa casa»
(Jn 19,25-27)

Momento de reflexión
O mes de maio comeza sempre co día da Nai (que celebramos onte). Pero este mes non só nos recordanos a importancia de cada unha das nosas nais, senón tamén a da nosa Nai María. Xesús deixóunola como nai nosa, como nai de todos os discípulos, como escoitamos na lectura do evanxeo.

UNHA HISTORIA SOBRE AS NAIS...
A seguinte historia pode axudarnos a recoñecer canto vale unha nai, canto a necesitamos, e valorala como un regalo de Deus. Tamén María:

Deus que estaba ocupado en crear ás nais, levaba xa seis días traballando horas extraordinarias, cando un anxo se lle presentou e díxolle:"AFÁNASTE DEMASIADO, SEÑOR".
O Señor repuxo: pero non te decatas de que esta criatura ten que ser lavable de pés a cabeza, sen ser de plástico e que ten que levar cen pezas movibles, todas substituíbles, funcionar a base de café negro e das sobras de comida, que ten que posuír un regazo capaz de desaparecer cando se poña de pé, un bico capaz de curar todo, dende unha perna rota ata un amor frustrado e ter seis pares de mans…?
E o anxo, confundid,o observou: Seis pares de mans Señor? Iso non é posible! Non son as mans o problema, agregou o Señor, senón os tres pares de ollos.
E iso é para o modelo normal? Preguntou o anxo.
E o Señor explicoulle: un para ver a través da porta sempre que pregunte:  Nenos, que estades a facer aí dentro? Aínda que xa o saiba moi ben; outro detrás da cabeza para ver o que máis lle valera ignorar, pero que precisa saber; e dende logo os de adiante, para mirar a un neno en apuros e dicirlle, sen pronunciar sequera unha palabra: "enténdote, fillo, e quérote moito".
Xa fixen unha que se cura por si soa cando enferma; que é capaz de alimentar unha familia cun pouco de arroz e de convencer un neno de catro anos que estea quieto mentres o baña.
Lentamente, o anxo deu a volta en torno a un dos modelos maternais dicindo: paréceme demasiado delicada, comentou cun suspiro.
Pero é moi resistente asegurou Deus emocionado, non tes idea do que é capaz de facer e soportar.
Poderá pensar? preguntou o anxo.
Claro, e razoar tamén, respondeu o Señor.
Por último o anxo inclinouse e pasou un dedo pola meixela do modelo, dicindo: ten unha fuga!
E dixo Deus: non é unha fuga, é unha bágoa.
¿E... para que serve? Dixo o anxo.
Para expresar gozo, aflición, desengano, pesadume, soidade e orgullo.
Es un xenio, Señor, comentou o anxo.
E Deus, cun perfil de tristura observou e dixo: "Eu non lla puxen”.

Oración
SEÑOR XESÚS:
Grazas polas nais que nos deches.
Os máis nobres sentimentos que temos,
sementounos en nós a nosa nai:
a fe, a honestidade, o amor ao traballo.
Nesta hora de retos e desafíos,
as nais necesitan da túa axuda.
Que a Virxe Nai as encha de fortaleza.
Que a Virxe María siga sendo
modelo de todas as nais.
Que tamén elas loiten pola xustiza
e que confíen no Deus dos pobres:
O Deus que quere pan en todas as mesas
e paz en todos os fogares;
o Deus que destrúe o poder corrompido
e protexe os indefensos e humillados.
Ilumina a vida das nosas nais.
Premia os seus desvelos e traballos.
Dá paz as nais xa defuntas.
Bendice a todos os fogares.
E que os fillos sexan sempre
gloria e coroa das nais. Amén.

Este vídeo recórdanos a importancia das nais, un convite ao agradecemento pola súa presenza na nosa vida. Tamén para agradecer á nosa Nai a Virxe María o seu auxilio e a súa protección:


MARTES 6 MAIO. No nome do Pai, …
Comezamos o mes de maio. É un mes no que recordamos, de forma especial, a María.
De María hai moitas cousas que non sabemos: non sabemos se foi loura (probablemente non), se tiña a pel branca e suave (probablemente tampouco), se era alta, baixa, delgada ou gorda.
Pero hai unha cousa que si sabemos: foi unha muller bela. Non falamos da beleza que vén do externo (do físico, dos adornos ou dos vestidos), senón desa beleza que sae do interior, da forma de ser, do realmente importante. María foi preciosa aos ollos de Deus.
María CONFIOU. Confiou na Palabra de Deus que se lle dirixía a ela. Podía ter mirado cara a atrás coma se con ela non fose a cousa, pero non o fixo. CONFIOU. Dixo SI
María ATREVEUSE. Atreveuse a desafiar a vergoña, a incomprensión, a soidade, o repudio.
María apostou pola VIDA. A vida de Deus en primeiro lugar. A vida do seu fillo en segundo lugar. E, despois, a vida da humanidade enteira e a súa propia.
Si. María atreveuse, confiou e viviu. Sóache?
Ogallá este mes nos sirva para coñecer un pouco mellor a María, que nos acompañe no camiño e que sexa tamén modelo para nós.

Lectura do evanxeo de san Lucas 1,26-38
O sexto mes enviou Deus ao anxo Gabriel a unha cidade de Galilea chamada Nazaret, a unha virxe prometida a un home chamado Xosé, da familia de David; a virxe chamábase María. Entrou o anxo a onde estaba ela e díxolle: -Alégrate, favorecida, o Señor está contigo. Ao oílo, ela turbouse e discorría que clase de saúdo era aquel. O anxo díxolle: -Non temas, María, que gozas do favor de Deus. Mira, concibirás e darás a luz un fillo, a quen chamarás Xesús. Será grande, levará o título de Fillo do Altísimo; o Señor Deus daralle o trono de David, o seu pai, para que reine sobre a Casa de Xacobe por sempre e o seu reinado non teña fin. María respondeu ao anxo: -Como sucederá iso se non convivo cun varón? O anxo respondeulle: -O Espírito Santo virá sobre ti e o poder do Altísimo farache sombra; por iso, o consagrado que naza levará o título de Fillo de Deus. Mira, tamén á túa parente Isabel, concibiu na súa vellez, e a que se consideraba estéril está xa de seis meses. Pois nada é imposible para Deus. Respondeu María: -Aquí tes a escrava do Señor: que se cumpra en min a túa palabra. O anxo deixouna e foise.
Palabra de Deus
AVE MARÍA


MÉRCORES 7 MAIO. No nome do Pai…
Hoxe reflexionamos sobre a nosa relación con María, escoitemos o que di Xesús sobre María:

Do evanxeo de Lucas:
Entón a súa nai e os seus irmáns viñeron a el; pero non podían chegar ata el por causa da multitude. E avisárono, dicindo: - A túa nai e os teus irmáns están fóra e queren verte. El entón respondendo, díxolles: A miña nai e os meus irmáns son os que oen a palabra de Deus, e a poñen en práctica.

Oración
María, que ensinaches a Xesús
a pronunciar palabras de perdón e amizade.
Concédenos vivir como amigos e amigas.

María, que ensinaches a Xesús
a ser sincero e a non facer trampas.
Ensínanos a non dicir mentiras que embazan a verdade.

María, que ensinaches a Xesús
a rezar e a comprender que Deus é Padre.
Ensínanos que Deus é Bo e nos quere.

María, que ensinaches a Xesús
a ser xeneroso e a compartir a vida enteira.
Ensínanos a ofrecer aos demais todo o bo que temos.

María, que ensinaches a Xesús
a esforzarse para ser bo e facer o ben.
Ensínanos a traballar para mellorar.

Préstanos axuda sempre, en todo lugar, e co teu amoroso coidado guíanos nos camiños tortuosos que a vida nos deparará.

AVE MARÍA....


XOVES 8 MAIO. No nome do Pai…
UN GRAN SANTO QUE CONFIOU EN MARÍA

Á escoita da Palabra de Deus
«María gardaba todas estas cousas, meditándoas no seu corazón,»
(Lc 2,19)

Momento de reflexión
Hai apenas dez días que foi canonizado (proclamado santo) o Papa Xoán Paulo II. Un home de Deus, un Papa valente, entusiasta, que soubo "enganchar" os mozos coa súa proximidade e a súa alegría, sendo Boa Noticia para este mundo. A súa fortaleza e a súa fe incansable tiñan un piar moi importante en María.
A praza de San Pedro está rodeada de santos. Pero sen dúbida a imaxe máis importante é a da Virxe María situada no Palacio Apostólico. Xoán Paulo II quixo que se colocase aí.
O Papa Francisco falando de Xoán Paulo II dixo que en moitas circunstancias lle sorprendeu a súa piedade, o seu sentido de oración, sobre todo a súa relación con María, a súa devoción mariana.
A devoción de Xoán Paulo II pola Virxe vén dende a súa infancia. Era especial cara á Virxe de Czestochowa, en Polonia. Cando foi elixido como Papa en 1978, esa devoción aumentou aínda máis.
No seu escudo papal distínguese un gran "M" que simboliza a Virxe. O seu lema apostólico é "Totus tuus", "Todo teu", un signo da súa consagración persoal á Virxe María.
Sete días despois da súa elección, Xoán Paulo II visitou o santuario mariano de Mentorella, aos arredores de Roma. Foi a primeira de moitas visitas a santuarios marianos de todo o mundo. Nos anos seguintes, visitou santuarios como o de Fátima en Portugal, Aparecida en Brasil, ou Lourdes, en Francia, na súa última viaxe apostólica.
No seu pontificado, Xoán Paulo II confiou o mundo á protección da Virxe en tres ocasións. A primeira foi en Santa María a Maior, en Roma. Un ano despois fíxoo no santuario de Fátima, en Portugal. A terceira vez foi en 1984, na praza de San Pedro. No Xubileu do ano 2000 tamén confiou o novo milenio ao Inmaculado Corazón de María.
Pero a maior demostración da súa gran devoción pola Virxe foi a encíclica Redemptoris Mater, escrita en 1987. Nela explica o papel da Virxe como Nai da Igrexa e como intercesora.
A carta apostólica Rosarium Virginis Mariae foi un dos seus últimos textos. Fala do poder do Rosario e da importancia da Virxe no Evanxeo. Tamén sobre como Ela é capaz de achegar as persoas a Deus.

Oración
Bendita Ti es, María...
porque criches na Palabra do Señor,
porque esperaches nas súas promesas,
porque fuches perfecta no amor.
Bendita pola túa caridade premurosa con Isabel,
pola túa bondade materna en Belén,
pola túa fortaleza na persecución,
pola túa perseveranza na busca de Xesús no templo,
pola túa vida sinxela en Nazaret,
pola túa intercesión en Caná,
pola túa presenza maternal xunto á cruz,
pola túa fidelidade na espera da resurrección,
pola túa oración asidua en Pentecoste.
Bendita es pola gloria da túa Asunción aos ceos,
pola túa maternal protección sobre a Igrexa,
pola túa constante intercesión por toda a humanidade. Amén
(Xoán Paulo II)

Este vídeo recórdanos a importancia que tivo María para este gran santo:



VENRES 9 MAIO. No nome do Pai…
MARÍA, ATENTA ÁS NECESIDADES

Á escoita da Palabra de Deus
Ao terceiro día celebrouse unha voda en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. Foi invitado tamén Xesús cos seus discípulos á voda. E como faltou o viño, a nai de Xesús díxolle: "Non" teñen "viño". Xesús díxolle: " Que ten que ver iso comigo e contigo, muller? Aínda non chegou a miña hora". A súa nai dixo aos que servían: "Facede todo o que el vos diga"

Momento de reflexión
María está presente hoxe entre nós como o estivo nas Vodas de Caná: atenta á necesidade concreta de cada un. Intercede ante o seu Fillo. Ela percibe a nosa necesidade; "Non" teñen "viño" e pon o remedio infalible: a oración e preséntao a necesidade ao seu Fillo.

. Que viño falta á túa vida?. Quizais falta o viño da alegría, do amor, da entrega, da xenerosidade, de...
. É posible que moitas veces non encontres sentido á túa vida, que non vexas o por que e o para que do teu vivir, do teu sufrir, do teu traballo diario... Detecta por un momento a túa necesidade e preséntalla a María

Oración
MARÍA, Nai,
Virxe das vodas de Caná,
Ven en axuda porque me falta:
O viño da alegría,
O viño do optimismo,
O viño da forza de vontade,
O viño das ganas de loitar,
O viño da sinceridade,
O viño do sacrificio,
O viño de graza mantida.
Virxe Milagrosa, Virxe María
Se o meu auxilio e protección
En todos os momentos da miña vida
Para que poida seguir ao teu Fillo Xesús. Amén



No hay comentarios:

Publicar un comentario