viernes, 27 de mayo de 2016

ORACIÓNS 30 MAIO - 3 XUÑO

LUNS 30 MAIO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Hoxe queremos reflexionar sobre a importancia de María no seu rol de misioneira e discípula do seu fillo, xa que non só é nai, é tamén a nosa mestra e guía no seguimento de Xesús; ela axúdanos a manter vivas as actitudes de atención, de servizo, de entrega e de gratuidade que deben distinguir aos discípulos do seu Fillo. Indícanos, ademais, cal é a maneira de axudar e servir, especialmente aos máis pobres e necesitados do mundo.
María crea comuñón e educa a un estilo de vida compartida e solidaria, en fraternidade, en atención e acollida do outro, especialmente se é pobre ou necesitado.

Hoxe hai miles e miles de persoas que van vivir lonxe dos seus países para axudar á xente máis necesitada e para darlles a coñecer a Xesús. Son os misioneiros.

Como a María, Deus chamou a estas persoas e deulles unha misión. Como xa sabedes, as Fillas da Caridade, os Paúis, JMV (MISEVI) tamén teñen misioneiros en todos os continentes. Hoxe poderiamos rezar por eles e por todos os misioneiros do mundo.

María, cóidaos, protéxeos e dálles ao forza que necesitan para anunciar a Xesús e axudar aos máis pobres.

Que o seu testemuño de Discípula e Misioneira da Vida nos guíe e axude a ser cada día testemuñas de Xesucristo.

AVE MARÍA



MÉRCORES 1 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

NOVO TESTAMENTO:  1 Cor 9,24-26
Non sabedes que no estadio todos os corredores cobren a carreira, pero uno só leva o premio? Correde así, para gañar. Ademais, cada corredor imponse en todo unha disciplina; eles, para gañar unha coroa que murcha; nós, unha que non murcha.

Comezamos o mes de xuño… Parece dicirnos: “Ánimo, un último esforzo e a semente que durante estes meses plantamos dará o seu froito”.
Cando alá no afastado setembro do ano pasado comezabamos a sementar, seguro que non eramos conscientes de que estabamos a poñer a base e os alicerces dun edificio que estamos a piques de terminar.
Naturalmente que as paredes e o tellado dependen moito da seguridade dos alicerces, pero mesmo agora podemos poñer remedio a certos fallos que puidemos cometer na construción. Aínda estamos a tempo de reparar as posibles deficiencias que ao longo dos meses fomos deixando polo camiño. Sen esforzo, non se recolle nunca bos resultados e agora ao final do curso menos aínda.
Un último esforzo! Que paga a pena a cambio duns bos resultados ao final de curso.

Oracion para comezar a Estudar (Santo Tomas de Aquino – século XIII)
Oh inefable Creador noso:
dígnate infundir o raio da túa claridade sobre as tebras da miña intelixencia.
Ti, que fas elocuentes as linguas dos pequenos,
instrúe a miña, e infunde nos meus beizos a graza da túa bendición!
Dáme agudeza para entender, capacidade para reter,
método e facilidade para atender,
sutileza para interpretar e graza abundante para falar.
Dáme acerto ao empezar, dirección ao progresar e perfección ao acabar.
Ti que vives e reinas por sempre eternamente.
Amén



XOVES 2 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Algúns de nós perdemos moito tempo e fixemos perder o tempo aos compañeiros. Pero non está todo perdido. Aproveitemos o tempo que nos queda traballando con ganas, con CONSTANCIA.  SI SE PODE!

NOVO TESTAMENTO: 1 Cor. 15, 58
Así que, irmáns amados, ESTADE FIRMES E CONSTANTES, crecendo na obra do Señor sempre, sabendo que o voso traballo no Señor non é van.

TEXTO: HISTORIA SOBRE A CONSTANCIA

Un rei adoraba tanto a música que buscou por todo o mundo o mellor instrumento que houbese, ata que un mago lle entregou unha arpa.

 Levouna a palacio, pero cando tocou o músico real, estaba desafinada; moitos outros músicos probaron e coincidiron en que non servía para nada e fora un engano, así que se desfixeron da arpa tirándoa ao lixo.

Unha nena moi pobre atopou o arpa, e aínda que non sabía tocar, decidiu tentalo.

Tocaba e tocaba durante todo o día, durante meses e anos, sempre desafinando, pero facéndoo mellor cada vez. Ata que un día, de súpeto, a arpa comezou a entoar as melodías máis marabillosas, pois era unha arpa máxica que só estaba disposta a tocar para quen de verdade puxese interese e esforzo.

O rei chegou a escoitar a música, e mandou chamar á nena; cando viu a arpa, encheuse de alegría, e naquel momento nomeou á nena o seu músico particular.

Estamos no último mes do Colexio, necesitamos esforzo para sacar adiante o que queremos.
Esfórzaste o suficiente?

ORACIÓN
Veño a ti, pois sei que non hai nada
que non poida lograr a túa misericordia infinita.
Acepto os teus  designios, aínda que non os comprenda.
Abrázome a eles con aquel fervor e xenerosidade
con que Cristo aceptou o Misterio da dor na súa vida.
Humildemente pídoche, que me deas a graza de superar esta situación difícil,
neste momento da miña existencia,
e que esta proba, lonxe de separarme de Ti,
faga que experimente con maior plenitude a omnipotencia do teu amor
que limpa, santifica e salva.
Fágase en min A túa Vontade. AMÉN.



VENRES 3 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

BIBLIA: Salmo 117



«Dad gracias al Señor porque es bueno,
porque es eterna su misericordia.

En el peligro grité al Señor,
y me escuchó, poniéndome a salvo.

El Señor está conmigo: no temo;
¿qué podrá hacerme el hombre?

El Señor está conmigo y me auxilia,
veré la derrota de mis adversarios.

Mejor es refugiarse en el Señor
que fiarse de los hombres,
mejor es refugiarse en el Señor
que fiarse de los jefes».

NARRACIÓN: La vasija de misericordia
El maestro estaba buscando una vasija para usar. En el estante había muchas. ¿Cuál escogería?. Llévame, grito la dorada. Soy brillante, tengo un gran valor y todo lo que hago, lo hago bien; mi belleza y mi brillo sobrepasa al resto y para alguien como tú, Maestro, el oro sería lo mejor.
El maestro pasó sin pronunciar palabra; El vio una plateada, angosta y alta; Yo te sirvo amado Maestro, vertería tu vino y estaría en tu mesa cada vez que comieras; mis líneas son agraciadas y mis esculturas son originales, y la plata te alabaría para siempre.
Sin prestar atención el Maestro camino hacia la de bronce, era superficial, con una boca ancha y brillaba como un espejo: que. Aquí grito la vasija. Sé que te será útil, colócame en tu mesa donde todos me vean. Mírame grito una copa de cristal muy limpia. Mi transparencia muestra mi contenido claramente, soy frágil y te serviré con orgullo y se con seguridad que seré feliz de morar en tu casa.
Vino el maestro seguidamente hacia la vasija de madera, sólidamente pulida y tallada: Me puedes usar Maestro amado, pero úsame para las frutas dulces y no para el insípido pan Luego el Maestro miro hacia abajo y fijo sus ojos en una vasija de barro, vacía, quebrantada y destruida, ninguna esperanza tenía la vasija de que el Maestro la pudiera escoger para depurarla y volverla a formar, para llenarla y usarla.
Ah, esta es la vasija que he deseado encontrar, la restaurare y la usare, la hare toda mía. No necesito la vasija que se enorgullezca de sí misma, ni la que se luzca en el estante, ni la de boca ancha, ruidosa y superficial, ni la que demuestre su contenido con orgullo, ni la que piensa que todo lo puede hacer correctamente, pero si esta sencilla llena de mi fuerza y de mi poder.
Cuidadosamente el Maestro levanto la vasija de barro; la restauro y purifico y la lleno en ese día, le hablo tiernamente diciéndole: Tienes mucho que hacer solamente viértete en otros como yo me he vertido en ti.

REFLEXION
Terminamos la semana y hoy echamos la vista atrás para recordar cómo está siendo este Año de la Misericordia proclamado por el Papa Francisco.
Nos recuerda la Madre Teresa en el vídeo el consejo que Jesús nos da: “Ser manso y humilde de corazón”, que gran consejo y a la vez que difícil de cumplir. Desde mi experiencia de vida, muy difícil para la mayoría de los mortales. Necesitamos de la ayuda de Dios para acercarnos a conseguirlo…
La humildad y la sencillez son consejos que llevados a nuestra vida seguro que nos la facilitarán, seremos menos visibles para el Mundo, pero más visibles para Dios.
Pensemos en ello, a la vez que seguimos poniendo en práctica las obras de misericordia corporales y espirituales.

VIDEO: La misericordia de Dios (Madre Teresa): 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog