LUNS 14 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do
Espírito Santo
GRAZAS, OH DEUS, POR TODOS OS BENS E
DONS QUE NOS DÁS CADA DÍA E QUE ÁS VECES PASAN DESAPERCIBIDOS!
Lectura do santo evanxeo segundo san
Lucas (17,11-19):
Indo
camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea, ao entrar nunha
aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ao lonxe, e dando voces
suplicáronlle:
‑Xesús,
Mestre, ten dó de nós.
El, ao
velos, díxolles:
‑Ídevos
presentar ós sacerdotes.
E
aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos. E un deles, ó se decatar de
que estaba curado, volveu loando a Deus con grandes voces. E prostrándose,
rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano. Xesús
dixo:
‑¿Non
foron dez os que quedaron limpos? ¿Onde están os outros nove? ¿Ninguén, fóra
dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?
E
engadiu:
‑Érguete
e vaite: salvoute a túa fe.
O
PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que
queiramos). APAGADA A PANTALLA. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.
Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo na cadeira, a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao pescozo ata chegar á cabeza. Relaxa os músculos da cara. Sente a túa respiración. PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen esforzarche. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e exhalando o aire. PAUSA. Déixate envolver pola música e polas palabras de Xesús. El sabe o que necesitas antes de que llo pidas. Axúdame Señor a ser agradecido, como o leproso samaritano. Axúdame a ver que o que teño non é un dereito senón un agasallo. ( PAUSA) Non deixes Señor que a rutina me impida ver en todo o que me rodea a túa man ( PAUSA) . Dáme Señor a certeza de saber que teño por ti cada ben ao meu alcance, porque Ti o queres así ( PAUSA), e dáme a certeza de que cando pareza que non hai saída, no máis profundo do meu corazón saiba que Ti es a miña seguridade e o meu apoio. Coa forza do teu amor, fai de min unha persoa que mellore o pequeno anaquiño de mundo que está ao meu ao redor.
Terminamos a oración: No nome do Pai ,
do Fillo e do Espírito Santo. AMÉN
MARTES 15 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do
Espírito Santo
Lc 17,
11-19
“Levántate, vaite, salvoute a túa fe”
Proxectar
a imaxe e realizar a rutina de pensamento
Rutina de pensamento: O
COMPÁS:
E: Que
che emociona desta imaxe? Que ves de positivo?
W: Que che preocupa?
W: Que che preocupa?
N: Que
inconveniente ves? Quen crees que pode necesitar axuda?
S: Que suxires? Que propós como nova idea? Algo que che gustaría mellorar?
S: Que suxires? Que propós como nova idea? Algo que che gustaría mellorar?
ORACIÓN
Pai da
abundancia e a xenerosidade.
Grazas
por darnos a oportunidade de vivir cada día,
de
agradecerche todas as cousas que nos deches:
a familia, amigos, un fogar,
colexio, comida e traballo.
Pedímosche
por aquelas persoas que hoxe sintan que lles falta a familia, unha casa,
traballo, alimentos e amigos.
Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.
Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.
E... un regalo...
MÉRCORES 16 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Moitas veces a presión nos pode e
pensamos que non imos ser capaces de superar a situación. Pensa nalgúns deses
momentos e, mentres tanto, apreta as mans o máis que poidas.
Retén alguna destas frases para despois
comentala
Como di a canción o amor é a solución
para moitas situacións complicadas, acaricia agora as túas mans.
¿Qué versos da canción te chaman a
atención? ¿Identifícaste con algo que diga?
Rezamos agora ao Pai para que nos dea FE
para sermos capaces de superar as situacións complicadas da vida
NOSOPAI
XOVES 17 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do
Espírito Santo
DE PAÚL MISIONEIRO
ICONAS VICENCIANOS
AS
SANDALIAS DE SAN VICENTE DE PAÚL
As
sandalias son o símbolo do camiño que xa se andou, pero tamén do que nos queda
aínda por transitar. Mirando atrás, convidámoste a compartir momentos da túa
vida en que creas que tiveches unha forma de vivir, de ser e de andar vicenciana.
Vaiamos aos pobres! É unha chamada para poñerse en marcha, a non permanecer
quietos e indiferentes ante as necesidades dos pobres.
En que
situacións da actualidade os pobres están a chamarnos a poñernos ao seu lado,
se aínda non o estamos?
Cara a
onde cres que debemos camiñar os seguidores de Vicente, no futuro?
Pidámoslle a San Vicente que interceda por nós ante María para que saibamos orientar os nosos pasos cara os máis necesitados e que non pasen desapercibidos ante nós
AVE MARÍA
Pidámoslle a San Vicente que interceda por nós ante María para que saibamos orientar os nosos pasos cara os máis necesitados e que non pasen desapercibidos ante nós
AVE MARÍA
VENRES 18 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do
Espírito Santo
Dous solistas len o salmo en voz alta,
mentres cada un vai lendo interiormente. Todos xuntos unímonos á aclamación
resaltada en negriña e, ao final faremos eco do salmo
SALMO DE ACCIÓN DE GRAZAS
En ti,
Señor, puxen a miña confianza, a miña esperanza;
ti
inclinácheste con tenrura sobre min,
e
escoitaches o meu clamor e acolliches a miña vida.
Douche grazas de todo corazón.
Eu
síntome ditoso e cántoche un canto novo;
eu encómioche
e alégrome contigo, Señor.
Douche grazas de todo corazón.
Cantas
marabillas realizaches na miña vida,
como ti
non hai ninguén capaz de tanto amor cara a min!
Quero
dar testemuño da túa bondade e tenrura para comigo
e
cantar, Señor Jesús, o que ti fixeches na miña historia.
Douche grazas de todo corazón.
Quero
proclamar a túa xustiza entre os homes,
quero levar
a túa vontade de compartir ante os pobos;
quero
proclamar a túa lealdade
á persoa
perseguida e marxinada,
quero
que o teu amor e a túa verdade
cheguen
ata o corazón máis pobre.
Douche grazas de todo corazón.
Quero
vivir facendo camiño obrando ben;
quero
deixar ao meu paso, ronseis de amor, paz e misericordia.
Quero
camiñar contigo, deixar que me sigas sostendo.
Fortaléceme
para que nunca me avergoñe de Ti.
Douche grazas de todo corazón.
ECO. Repite
en voz alta algunha frase que che gustara do salmo
Por quien vuelves - 28 TO C
No hay comentarios:
Publicar un comentario