LUNS 28 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E
DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
GRAZAS, OH DEUS, PORQUE DESDE A HUMILDADE PERMITES QUE NOS ACHEGUEMOS A TI E RECIBIR O TEU PERDÓN E MISERICORDIA!
Lectura
do santo evanxeo segundo san Lucas (18,9-14):
Naquel tempo, Xesús dixo esta parábola a
algúns que se confiaban en si mesmos por considerarse xustos e desprezaban aos
demais:
«Dous homes subiron ao templo para orar. Un era fariseo; o outro,
publicano. O fariseo, ergueito, oraba así no seu interior:
“Oh Deus!, douche
grazas porque non son como os demais homes: ladróns, inxustos, adúlteros; nin
tampouco como ese publicano. Xaxúo dúas veces por semana e pago o diezmo de
todo o que teño”.
O publicano, en cambio, quedando atrás, non se atrevía nin a
levantar os ollos ao ceo, senón que se golpeaba o peito dicindo:
“Oh Deus!, ten
compaixón deste pecador”.
Dígovos que este baixou á súa casa xustificado, e
aquel non. Porque todo o que se enaltece será humillado, e o que se humilla
será enaltecido».
O PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos
poñelo no corte que queiramos). APAGADA PANTALLA. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.
Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo
na cadeira. Relaxa a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao
pescozo ata chegar á cabeza. Relaxa os músculos da cara. Sente a túa
respiración.
PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada
exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen
esforzarte. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e
exhalando o aire. PAUSA. Déixate envolver pola música e polas palabras de Xesús.
Son palabras de confianza e de esperanza. Déixate mirar por Deus, tal e como
es. Rezar é contarlle a Deus as miñas cousas, non como llas dixese a unha
persoa afastada ou acabada de coñecer, senón coma se llas contases ao meu
mellor amigo. ( PAUSA). Xesús, nesta parábola, quere facer ver como
a actitude de desprezo do fariseo lle
incapacita para que a súa oración chegue a Deus (PAUSA) Rezar é facer un oco a Deus na nosa vida; é buscar o que Deus
espera de min, o plan que me ten reservado. (PAUSA). O cumprir os
mandamentos, a súa oración e o pago do diezmo están ben, pero non por iso pode
desprezar aos que non o fan. O desprezo aos outros afástanos de
Deus.
(PAUSA) O publicano,
coa súa humildade, co recoñecemento da súa culpa, achégase a Deus. (PAUSA) . A humildade achéganos a Deus. Porque
se o publicano recoñece o seu pecado e é humilde ante Deus, será perdoado,
alcanzará a misericordia de Deus.
Acabamos a oración rezando
todos unidos o Nosopai.
MARTES 29 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E
DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
GRAZAS, OH DEUS, PORQUE DESDE A HUMILDADE PERMITES QUE NOS ACHEGUEMOS A TI E RECIBIR O TEU PERDÓN E MISERICORDIA!
“Todo
o que se enaltece será humillado e o que se humilla será enaltecido.”
Rutina
de pensamento: 3 – 2 – 1 PONTE
1. Di 1 cousa que lle dirías ao Señor.
2. Que 2 preguntas farías de algo que te
preocupe?
3. Expresa 3 sentimentos que che suxira a
imaxe.
ORACIÓN
Sintámonos irmáns de todos os homes desta Terra.
Acheguémonos mesmo a aqueles que non cren.
Axudemos a descubrir a grandeza de Deus Pai
e a fortaleza do Espírito a quen lle busca cun corazón sincero.
Recemos para que Deus mostre o seu rostro
coa presenza dos misioneiros.
Sexamos as cristiás testemuñas do Evanxeo e
luz para os pobres. Amén
OH, MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECURRIMOS A TI
OH, MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECURRIMOS A TI
MÉRCORES 30 DE OUTUBRO
2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E
DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
GRAZAS, OH DEUS, PORQUE DESDE A HUMILDADE PERMITES QUE NOS ACHEGUEMOS A TI E RECIBIR O TEU PERDÓN E MISERICORDIA!
“Todo
o que se enaltece será humillado e o que se humilla será enaltecido.”
A canción desta semana pide que saiamos de
nós mesmos, que poñamos ao outro primeiro, que nos humillemos... Que podemos
facer para saír de nós mesmos e achegarnos máis aos demais?
Deus pídenos que nos humillemos, cres que pedir perdón é unha forma de humillarte ou de crecer como persoa? Pensa en alguén a quen deberías pedir perdón e escribe un pequeno texto facéndoo. Cando saias do cole, faille chegar a esa persoa a túa mensaxe.
Rezamos xuntos: NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario