LUNS 7 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
“ XESÚS, AUMÉNTANOS A FE, QUE A NOSA VIDA SEXA UN
SERVIZO A DEUS DESDE A FE.”
Evanxeo Lc 17, 5-10
Se tivésedes fe!
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel tempo, rogáronlle os apóstolos ao Señor:
‑ Auméntanos a fe!
O Señor respondeulles:
‑ Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.
E quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga: "Entra axiña e ponte á mesa". Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?" Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido ao criado por facer o que lle manda?
Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide: "Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer".
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
‑ Auméntanos a fe!
O Señor respondeulles:
‑ Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.
E quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga: "Entra axiña e ponte á mesa". Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?" Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido ao criado por facer o que lle manda?
Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide: "Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer".
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
INTERIORIZACIÓN – RELAXACIÓN
“XESÚS, AUMÉNTANOS A FE, QUE A NOSA VIDA SEXA UN
SERVIZO A DEUS DESDE A FE.”
O PROFESOR LE AMODO CO
SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). APAGADA
PANTALLA SE É POSIBLE. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.
Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo
no chan. Relaxa a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao
pescozo ata chegar á cabeza. . Relaxa os músculos da cara. Sente a túa
respiración. PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada
exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen
esforzarte. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e exhalando
o aire. PAUSA. Envólvete na música e nas palabras de Xesús. Él indícache aos
poucos cal é o teu camiño.
Señor, aumenta a miña fe, non só cando che rezo ou te
invoco, senón en todo momento. Darche grazas por todo o que teño é ter fe
(PAUSA); ter confianza en que orientas o meu camiño é ter fe (PAUSA); saber que
a dor e a inxustiza non terán a última palabra, Señor, é ter fe; (PAUSA) ter
a certeza de que xamais soltas a miña man é ter fe, porque ti, Señor, non
queres que me afaste. (PAUSA). Saber que a miña misión e a miña tarefa é traer
parte do teu reino aos que me rodean é ter fe, sen arrogancias, sen presumir,
porque sei, Señor, que ti me guías. Aumenta, Señor, a miña fe no meu soño, en
min mesmo, e na bondade do outro.
Terminamos a oración:
No nome do Pai, do Fillo, e do Espírito Santo,
MARTES 8 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
Rutina de pensamento: 3 – 2 – 1 PUENTE
- Di 1 cousa que lle dirías ao Señor.
- Que 2 preguntas farías de algo que che inquiete?
- Expresa 3 sentimentos que che suxiran a imaxe.
ORACIÓN (xuntos)
Pai da abundancia e a xenerosidade.
Grazas por darnos a oportunidade de vivir cada día,
de agradecerche todas as cousas que nos deches:
a familia, amigos, un fogar, colexio, comida e traballo.
Pedímosche por aquelas persoas que hoxe sintan que lles
falta
a familia, unha casa, traballo, alimentos e amigos.
Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.
NOSOPAI
MÉRCORES 9 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
Lc 17, 6 “Se tivésedes fe...!”
Imos
orar hoxe cunha canción con moito ritmo pero que nos pode dar para reflexionar…
Ao finalizar a canción comentaremos un pouco que frases
nos transmiten abafo, agobio…. E as que
nos inspiran tranquilidade:
REFLEXIONAMOS
- Busca na canción as frases que nos transmiten abafo.
- Agora busca as que nos inspiran tranquilidade.
- Pide con FE para que nos momentos de intranquilidade se impoña a calma.
XOVES 10 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
VICENTE DE PAÚL,
MISIONEIRO
Lc 17, 6 “Se tivésedes fe...!”
Lc 17, 6 “Se tivésedes fe...!”
Este mes imos tratar a
importancia da misión dentro da familia vicenciana. Ser misioneiro é facer
efectivo o seguimento de Xesús. É levar unha vida próxima á que levoou Xesús:
indo dun sitio a outro proclamando o Reino de Deus, desprendida ao punto de que
non tiña unha pedra onde repousar a súa cabeza “Quen manifesta mellor a forma
de vivir que Xesucristo tivo na terra senón os misioneiros?” A Sagrada
Escritura mostroulle a urxencia do seguimento de Cristo misioneiro a San
Vicente de Paúl. Vida que permite vivir conforme ás máximas evanxélicas.
Misionar é continuar a actividade de Xesucristo que veu evangelizar aos pobres.
É prolongar a súa actividade preferente. A pasaxe de Lc 4,18 é un texto central
para entender a vida da Congregación da Misión: Nesta vocación vivimos de
modo moi conforme ao noso Señor Xesucristo que, ao parecer, cando veu a este
mundo, escolleu como principal tarefa a de asistir e coidar aos pobres. Unxiume
para anunciar aos pobres a Boa Nova. Se se lle pregunta ao noso Señor: “Quee é
o que viñeches facer na terra?” A asistir aos pobres” ─ “A algo máis?” ─ “A asistir
aos pobres”. Para Vicente, misionar e traballar a favor do pobre é algo
totalmente unido. Misiónase aos pobres. Ademaais, o aspecto misioneiro vai da
man do aspecto caritativo social. Estes temas son un dos trazos máis típicos
de San Vicente. Outro punto, San Vicente ensínanos a deixarnos evanxelizar por
eles. Como lle sucedeu a el mesmo. Os pobres, como noutros momentos cruciais da
historia da Igrexa, volven levarnos ao esencial.
Garda uns instantes de
silencio: Cal sentes que é a túa misión? Qué podes facer de bo polo outro?
Coñeces a algún misioneiro? Cres que é importante o seu traballo.
VENRES 11 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
Lc 17, 6 “Se tivésedes fe...!”
No hay comentarios:
Publicar un comentario