LUNS 21 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
GRAZAS, SEÑOR, POR ACOLLER AS NOSAS PREGARIAS, POR SER PACIENTE CONNOSCO!
Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (18,1-8):
Naquel tempo, Xesús dicía aos seus discípulos unha parábola para ensinarlles que é necesario orar sempre, sen desfalecer.
«Había un xuíz nunha cidade que nin temía a Deus nin lle importaban os homes.
Naquela cidade había unha viúva que adoitaba ir dicirlle:“Faime xustiza fronte ao meu adversario”. Por algún tempo estivo a negarse, pero despois díxose a si mesmo: “Aínda que nin temo a Deus nin me importan os homes, como esta viúva está a molestarme, vou facer xustiza, non sexa que siga vindo a cada momento a importunarme”».
E o Señor engadiu:
«Fixádevos no que di o xuíz inxusto; pois Deus non fará xustiza aos seus elixidos que claman ante el día e noite?; Dígovos que lles fará xustiza sen tardar. Pero, cando veña o Fillo do home, atopará esta fe na terra?».
O PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE
FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). APAGADA PANTALLA. SÓ SON.
PODEMOS ESCURECER A AULA.
Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o
peso do teu corpo na cadeira. Relaxa a parte posterior das túas pernas, as
costas subindo cara ao pescozo ata chegar á cabeza. Relaxa os músculos da cara.
Sente a túa respiración.
PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo
e cada exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire
sen esforzarte. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando
e exhalando o aire. PAUSA. Déixate envolver pola música e polas palabras de Xesús.
Son palabras de confianza e de esperanza. Déixate mirar por Deus, tal e como
es. Rezar é contarlle a Deus as miñas cousas, non como llas dixese a unha
persoa afastada ou acabada de coñecer, senón coma se llas contases ao meu
mellor amigo. ( PAUSA). Xesús de Nazaret sabe de min, sabe o que necesito, e
aínda que a súa resposta non se manifeste como eu espero, debo confiar, como nos
ensina Xesús nesta parábola. ( PAUSA) Rezar é facer un oco a Deus na nosa vida;
é buscar o que Deus espera de min, o plan que me ten reservado. (PAUSA). A
oración perfecta é o Nosopai porque Xesús así nolo ensinou, e é o noso irmán
maior, o que nos guía. Cada frase do Nosopai debe ser unha certeza na nosa
vida, un pai bo que nos escoita sempre; un pai que busca para min a felicidade,
e que non quere verme triste ou abatido. Quere que me manteña firme e seguro,
porque me deu un espírito libre e unha intelixencia para dirixir a miña vida
con El da man.
Acabamos
a oración rezando todos unidos o Nosopai.
MARTES 22 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
Sal 120,
2
“O auxilio procede do Señor”
- Que vexo que me chame a atención?
- Que penso que está a ocorrer?
- Que preguntas me xorden de todo
isto?
ORACIÓN (xuntos)
Pai da abundancia e a xenerosidade.
Grazas por darnos a oportunidade de vivir cada día,
de agradecerche todas as cousas que nos deches:
a familia, amigos, un fogar, colexio, comida e traballo.
Pedímosche por aquelas persoas que hoxe sintan que lles
falta
a familia, unha casa, traballo, alimentos e amigos.
Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.
MÉRCORES 23 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
https://www.youtube.com/watch?v=hmqqZs_apl4
Algunhas veces nas nosas vidas todos sentimos pena, todos sentimos dor. Pero se somos prudentes sabemos que sempre hai un mañá. Apóiate en min se estás afundido. Serei o teu amigo, axudareiche a seguir porque non pasará moito tempo ata que eu necesite alguén en quen apoiarme. Por favor, traga o teu orgullo se teño cousas que necesites pedirme. Só tes que chamarme, irmán, se necesitas unha man, todos necesitamos alguén en quen apoiarnos. Eu podería ter un problema que ti entenderás. Todos necesitamos alguén en quen apoiarnos. Apóiate en min... Só chámame, irmán Se hai un peso que debas levar, que non logres soster, eu estou no camiño. Cargarei co teu peso se simplemente me chamas. Chámame, (se necesitas un amigo) Chámame.
Pensa en silencio… Cando estás mal buscas o apoio de alguén ou “cómelo”
ti só ou soa? Apóiaste en Deus? Chámalo?
Búscao no silencio, chámao….
GLORIA
AO PAI, AO FILLO E AO ESPÍRITO SANTO, COMO ERA NUN PRINCIPIO POR SEMPRE
ETERNAMENTE. AMÉN
XOVES 24 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
VICENTE
DE PAÚL MISIONEIRO. TESTEMUÑAS
O mércores día 19 deste mes de xuño de
2019, a súa Maxestade o Rei Felipe VI impuxo a Medalla da Orde do Mérito Civil
a unha Filla da Caridade, Sor Mónica de Juan Sánchez, por todas as Fillas da Caridade
que están a dar a súa vida polos máis pobres de entre os pobres en Haití. Sor
Mónica de Juan pertence á Provincia do Caribe, das Fillas da Caridade. A súa
Provincia de orixe é a de Madrid-San Vicente. Pediu ir voluntaria a Haití cando
sucedeu o terrible terremoto, de mediados de xaneiro de 2010, que sementou de
destrución, morte, desolación, enfermidade e miseria a un dos países máis
pobres do planeta. Sor Mónica de Juan leva en Haití nove anos e medio
totalmente encarnada e entregada aos máis pobres, marxinados e desherdados,
xunto coas súas compañeiras e irmás Fillas da Caridade. Os seus pais están moi
ligados á Familia Vicenciana, sobre todo, desde os seus tempos de Juventudes
Marianas Vicencianas.
Nós, os Vicencianos, temos moitos
exemplos de misioneiros, podemos viaxar ao pasado, para atopar moitos deles,
que ademais viviron vidas heroicas; pero neste caso non nos imos mover da
actualidade e é que se nos fixamos en Sor Mónica podemos ver o traballo que se
fai en Haití.
Que crees que motiva a Sor Mónica a vivir en Haití para axudar
aos demais?
Pide nun momento de silencio por ela e
polo seu labor
Rezamos xuntos: NOSOPAI
VENRES 25 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO. AMÉN
Xesús,
conta connosco
Xesús puxo a súa mirada sobre nós;
puxo a súa confianza e a súa esperanza;
Xesús,
conta connosco.
Conta connosco para devolver a luz onde
hai escuridade;
Conta connosco para construír entre
todos a civilización do amor.
Xesús
conta connosco.
Conta connosco para construír un mundo
onde habite a paz.
Conta connosco para que a súa palabra
chegue ao último recuncho da terra.
Xesús
conta connosco.
Conta connosco para sementar a semente
do seu Evanxeo,
semente que produce froitos de
fraternidade, liberación e amor.
Xesús
conta connosco.
Xesús puxo a súa mirada en nós
Sal para dar sentido á vida;
Sal para vivir desde a entrega e o
servizo;
Sal que dea sentido e felicidade ao
mundo.
Conta
connosco, Xesús.
Queremos ser sal da terra e luz do
mundo.
Queremos ser sal que poña sabor nas
cousas pequenas de cada día.
Queremos ser luz que ilumine cun sorriso
no servizo e entrega.
Conta
connosco, Xesús.
O domingo pasado celebramos o día do
Domund.
Lembróusenos que somos enviados para levar a outros a Boa Noticia do
Evanxeo. En silencio, pensa que calidades hai en ti que mostran como é Xesús, e
dille: “Conta comigo, Xesús, para...”
No hay comentarios:
Publicar un comentario