LUNS 30 SETEMBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Ti recibiches bens e Lázaro males; agora este é consolado, mentres que ti es atormentado
Evanxeo Lc 16, 19-31
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel tempo, díxolles Xesús aos fariseos:
- Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba todos os días espléndidos banquetes.
Ó pé da súa porta xacía un pobre chamado Lázaro, todo cuberto de chagas, que estaba desexando matar a fame co que caía da mesa do rico; e incluso os cans se achegaban a lle lamber as chagas.
Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos ao seo de Abrahán. Morreu tamén o rico, e enterrárono. Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abrahán e mais a Lázaro no seu seo.
Entón suplicoulle dicindo: "Ai, pai Abrahán, ten dó de min; mándame a Lázaro para que molle o seu dedo na auga e refresque a miña lingua, porque me atormenta o lume". Pero Abrahán contestoulle: "Fillo, recorda que ti recibiches bens na túa vida, mentres Lázaro recibiu males; agora el recibe consolo e ti tormento.
Ademais, entre nós e vós hai un abismo insalvable; de xeito que desde aquí non se pode pasar onda vós, nin desde aí se pode vir onda nós".
Entón el insistiu: "Suplícoche, pai Abrahán, que o mandes a casa do meu pai, onde teño cinco irmáns, para que lles fale claramente e non veñan dar a este lugar de tormentos". Pero Abrahán respondeulle: "Xa teñen a Moisés e os Profetas: que lles fagan caso a eles".
El volveu insistir: "Pero non llelo van facer, pai Abrahán, non; se un morto vai onda eles, seguro que se converterán". Pero Abrahán replicoulle: "Se a Moisés e mais aos Profetas non lles fan caso, tampouco llo farán nin a un morto resucitado".
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
O PROFESOR LE AMODO COA MÚSICA DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). SÓ SON. SEN IMAXE. PODEMOS ESCURECER A AULA (se é posible facelo desde un dispositivo móbil). O profesor comeza a ler amodo as seguintes indicacións coas pausas que se indican a continuación:
Poñémonos en posición
cómoda. Relaxados. Primeiro pecha os ollos, sente a música e tenta tomar
conciencia do teu corpo como un todo, desde a cabeza ata os dedos dos pés.
Sente o seu peso na túa cadeira, debaixo de ti. Tenta ser consciente de todo o
teu corpo, o seu peso, a súa temperatura, cómo sente. Logo, toma conciencia da
respiración: séntea entrando e saíndo do corpo. Sente o peito e o abdome
subindo e baixando ao mesmo tempo que entra e sae a respiración. Poida que
notes que outras partes do teu corpo se moven suavemente coa respiración: as
costas, os ombreiros, incluso os brazos ou as pernas. (5” silencio) Nesta
ocasión Xesús fala aos discípulos de Lázaro e dun home rico. Quee chegou ao
teu corazón desta parábóla. (5” silencio) Na túa vida ocórrenche moitas
cousas e relaciónaste con moitas persoas. Como é o teu modo de actuar? Es humilde
e comprensivo, es fanfarrón, compartes as cousas, pensas que o teu é mellor?
(5” silencio)
Xesús dános as claves de cómo temos que ser. Ten un momento con Xesús, cóntalle o que sentiches neste intre…. Paseniño, imos tomando conciencia da realidade, sentimos o noso corpo e abrimos os ollos.
Xesús dános as claves de cómo temos que ser. Ten un momento con Xesús, cóntalle o que sentiches neste intre…. Paseniño, imos tomando conciencia da realidade, sentimos o noso corpo e abrimos os ollos.
Rematamos a oración: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo
MARTES 1
OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
LC 16, 25
“Recibiches
os teus bens e Lázaro males: por iso atopa aquí consolo.”
Proxectar a
imaxe e realizar a rutina de pensamento DEZ VECES DÚAS
1. Obsérvase a
imaxe en silencio durante polo menos 30 segundos. Déixase aos ollos e á mente
viaxar.
2. Elabórase
unha lista de dez palabras ou frases sobre calquera aspecto da imaxe.
3. Repítense os
dous pasos anteriores para observar a imaxe de novo e tratar de agregar dez
palabras ou frases máis á lista.
ORACIÓN
Somos familia,
somos Iglesia,
Somos testemuñas
unidas na misión.
Somos pobo de
Deus, creados para amar e servir.
Teñamos a Cristo
no noso corazón,
Busquemos e
atopemos a Deus en todas as cousas, Traballemos pola xustiza con FE e ALEGRÍA
Para gloria de
Deus pai. AMÉN
MÉRCORES 2
OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Hoxe imos orar
por medio dunha coñecida canción e ao final faremos unha breve reflexión
O evanxeo desta semana chámanos a reflexionar sobre o que “xa” fixemos e non hai forma de cambialo. Pero o noso tempo non acabou e todo está por facer. Podemos cambiar o mundo, podemos "entrar en acción" e unirnos a esta "cadea de bondedes"
Pensa por un momento nalgunha cousa que poderías cambiar para que tamén cambiase algo ao teu redor. Pon todas esas accións nas mans de Deus e, xuntos, rezamos a oración que Xesús nos ensina:
NOSOPAI
XOVES 3
OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
LC 16, 25 “Recibiches os
teus bens e Lázaro males: por iso atopa aquí consolo.”
VICENTE DE PAÚL
MISIONEIRO
O NOSO COMPROMISO
O Evanxeo era, para Vicente, o libro que lle permitiou
atopar directamente a vontade e a forma de obrar de Xesucristo. Poderíamos
dicir que Vicente tiña un modo particular de abordar o Evanxeo. O texto preferido
por Vicente de Pau l, no que Xesús fai da opción polos pobres o distintivo da
súa misión, atópase no evanxeo de Lucas: “O espíritu do Señor está sobre
min, porque me unxiu para anunciar aos
pobres a boa noticia, para proclamar a liberación aos cativos e a vista aos
cegos, para dar liberdade aos oprimidos e proclamar un anno de graza do Señor.”
Nestas semana nas que imos falar sobre o DOMUND,
escoitamos un fragmento da mensaxe do Papa Francisco: “Todos os pobos e
culturas teñen o dereito para recibir a mensaxe de salvación, que é don de
Deus para todos. Isto é máis necesario todavía se temos en conta a cantidade
de inxustizas, guerras, crises humanitarias que esperan unha solución. Os
misioneiros saben por experiencia que o Evanxeo do perdón e da misericordia
pode traer alegría e reconciliación, xustiza e paz. O mandato do Evanxeo:
“Ide, pois, e facede discípulos a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai
e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar todo o que vos mandei”
( Mt 28,19-20) non está esgotado, é máis, comprométenos a todos, nos escenarios
e desafíos actuais, a sentirnos chamados a unha nova “saída” misioneira, como sinalei
tamén na exhortación apostólica Evangelii gaudium: “Cada cristián e cada
comunidade discernirá cal é o camiño que o Señor lle pide, pero todos somos
convidados a aceptar este chamado: saír da propia comodidade e atreverse a
chegar a todas as periferias que necesitan a luz do Evanxeo” ( n. 20).
- Que che
din estes textos a ti, hoxe?
VENRES 4
OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
O NENO QUE
QUERÍA COÑECER A DEUS
Había unha vez un neno pequeno que quería
coñecer a Deus. Sabía que había que facer unha longa viaxe, entón empaquetou unha maleta con boliños, uns cantos
xogos e emprendeu a súa partida.
Cando percorrera unhas tres rúas, atopouse
cunha velliña. Estaba sentada no parque, observando as pombas. O neno sentou
xunto a ela e abriu a súa maleta. El estaba a piques de tomar un zume cando
notou que a velliña se vía con fame,
entón ofreceulle un boliño. Ela aceptouno moi agradecida, o seu sorriso era tan
belo que o neno quixo ver ese sorriso
novamente e ofreceulle un zume. Novamente ela volveu esbozar o seu fermoso
sorriso, e o neno estaba encantado.
Quedaron alí toda a tarde comendo e
sorrindo, pero ningún dos dous dicía nada.
Cando empezou a escurecer, o neno estaba
canso e levantouse para marchar; tras dar uns pasos, deu a volta e correu cara
á velliña e abrazouna, e ela deulle o
máis grande dos seus sorrisos.
Ao chegar a casa, a súa nai estaba
sorprendida pola felicidade que mostraba no seu rostro; ela preguntoulle por
que estaba tan feliz e o neno contestou: - Comín con Deus, e sabes? Ten o
sorriso máis belo que vin!
A
velliña tamén, con moita felicidade, regresou á súa casa. O seu fillo
sorprendeuse da paz que mostraba a súa cara e preguntoulle: - Mamá, que
fixeches o día de hoxe que estás tan feliz? Ela contestoulle: _ Hoxe comín boliños
no parque con Deus e, sabes? É máis novo do que eu pensaba.
Moitas
veces a nosa fe cambaléase, porque pensamos que Deus está lonxe de nós, pero se
somos capaces de cambiar a nosa mirada, podemos atoparnos con El, en xestos
sinxelos e humildes das persoas coas que nos atopamos cada día.
Pensa e
comparte:
Recoñeces
a Deus nos xestos das persoas que te rodean? Os demais, poden recoñecer a Deus
nos teus xestos?
Pídelle a Deus humildade para achegarte aos
demais sempre con boas palabras e un gran sorriso
NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario