NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Miro o Presente
Algúns están dispostos a calquera cousa,
menos a vivir aquí e agora (John Lennon)
Que é o presente? Vivir o presente
significa ser creativo, ser libre,
apostar polos teus soños e non deixarse vencer polos medos e inseguridades.
Atoparémonos, seguramente, con obstáculos que nos impiden ver o noso presente
con claridade, pero en cada un de nós se atopa a solución. Debemos ser capaces
de mirar máis aló e albiscar outros horizontes que nos proporciones esperanza.
Porque nunca é tarde, e o tempo só remata cando a vida termina. E ata ese
momento, sempre existe unha posibilidade para todo. Nunca é tarde para
aprender-ilusionarse por algo novo.
A túa historia presente está chea de
experiencias, de persoas, de soños e proxectos, de cousas que pagan realmente a
pena. No cotián constrúes unha vida con sentido, plena, na que Deus está
presente, acompañándote e amándote sen condicións. Escoita a canción e ora con
ela:
Miro
a los valles, miro a los prados, miro... y allí estás Tú.
Niños
jugando o en el regazo; miro... y allí estás Tú.
QUIERO TENERTE SIEMPRE PRESENTE. QUIERO ALABARTE MI DIOS.
QUIERO ALABARTE, YO QUIERO ALABARTE, QUIERO ALABARTE MI DIOS.
En el encuentro y en el abrazo, miro... y allí estás Tú.
En compañía o en solitario, miro... y allí estás Tú.
En las claras noches y en los días grises, siento... y allí
estás Tú.
En los dulces sueños y agitadas siestas, siento... y allí estás
Tú.
En días de paro o de intenso trabajo, siento... y allí estás Tú.
Tardes de dudas inciertas y mudas, siento... y allí estás Tú.
Acabamos escoitando o Evanxeo:
Lectura
do santo evanxeo segundo san Marcos (8,27-35):
“Naquel tempo, Xesús e os seus
discípulos dirixíronse ás aldeas de Cesarea de Felipe; polo camiño, preguntou
aos seus discípulos: - Quen di a xente que son eu? Eles contestáronlle: - Uns,
Xoán Bautista; outros, Elías; e outros, un dos profetas. El preguntoulles: - E
vós, quen dicides que son? Pedro contestoulle: - Ti es o Mesías. El
prohibiulles terminantemente dicirllo a ninguén. E empezou a instruílos: - O
Fillo do home ten que padecer moito, ten que ser condenado polos anciáns, sumos
sacerdotes e escribas, ser executado e resucitar aos tres días. Explicáballo
con toda claridade. Entón Pedro levouno aparte e púxose a increpalo. Xesús
volveuse para os discípulos, e increpou a Pedro: - Quítate da miña vista! Ti
pensas como os homes, non como Deus! Despois chamou á xente e aos seus
discípulos, e díxolles: - O que queira vir comigo, que se negue a si mesmo, que
cargue coa súa cruz e que me siga. Mirade, o que queira salvar a súa vida,
perderaa; pero quen perda a súa vida por min e polo Evanxeo, salvaraa.” Palabra
de Deus
No hay comentarios:
Publicar un comentario