Cada curso ten a súa impronta. Parece que se semellan, pero non. Algo cambiamos nestes meses. Os alumnos/ as sodes os que máis cambiades. Os que onte erades uns nenos, hoxe xa non o sodes tanto. Tamén se renovaron as instalacións. Todo ten o cheiro a pintura, cheiro a novo. Ante nós ábrese unha xanela nova, un curso novo. Dez meses de curso. Dez xanelas novas para ampliar a nosa mirada, a nosa visión do mundo, de nós mesmos, da parte de misterio que se encerra tras unha xanela pechada que agora se abre á curiosidade, á aprendizaxe, á creatividade, á vida de fe, á LIBERDADE. Por iso, comezamos o curso 2019-2020 cunha oración reflexión. Que a 1ª xanela que abramos sexa a da confianza en Deus, para que o aire do seu Espírito refresque e airee a nosa casa interior.
Imos utilizar uns símbolos para achegarnos á realidade:
- 1º símbolo: Abrimos unha xanela ou varias á vez.
- 2º símbolo: Todos á vez, respiramos fondo o aire fresco que entra
- 3º símbolo: Acendemos -se se pode- unha vela que simboliza a confianza, a fe, que poñemos en Deus para este novo curso.
SALMO (todos xuntos)
SEÑOR, amence un novo día. E con el, un novo curso.
Un día que se fixo posible grazas ao teu amor.
Vestíchelo coa túa mirada de creador e pai.
Décheslle todo o teu esplendor e beleza,
aínda que haxa días fríos e con choiva.
Ti déchesnos este novo amencer,
esta mañá de hoxe para seguir vivindo,
para seguir aprendendo
que Ti amences para todos por igual
Ao iniciar o curso, toma a miña vida, Señor.
Nesta mañá asómase a miña oración,
a través da luz da mañá, ten presente a miña oración.
Non deixes que, segundo avancen os días, os meus pasos se extravíen;
non deixes que te esqueza;
non permitas que desconfíe de Ti e do teu amor para comigo.
Non deixes que termine perdido/a
Fai que eu non sexa este curso dos que non xogan limpo,
Dos que non din verdade.
Ven, Ti, Señor, á miña vida, neste curso novo.
Cando me atope cos outros
fai que saiba ver o teu rostro escondido no seu,
aínda que doa, aínda que custe.
Por iso, amplía a miña visión,
abre a miña xanela interior.
Axúdame a non volver a mirada,
a ser sincera e a mirar de fronte.
Que o teu rostro se reflictan tamén no meu.
Axúdame, Señor, a atopar as palabras e os xestos oportunos,
para que ninguén saia ferido,
senón recoñecido como irmán ou irmá e compañeiros de camiño.
Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario