viernes, 18 de octubre de 2019

SEMANA 29 DO TEMPO ORDINARIO C

LUNS 21 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN


GRAZAS, SEÑOR, POR ACOLLER AS NOSAS PREGARIAS, POR SER PACIENTE CONNOSCO!

Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (18,1-8):

Naquel tempo, Xesús dicía aos seus discípulos unha parábola para ensinarlles que é necesario orar sempre, sen desfalecer.
«Había un xuíz nunha cidade que nin temía a Deus nin lle importaban os homes.
Naquela cidade había unha viúva que adoitaba ir dicirlle:“Faime xustiza fronte ao meu adversario”. Por algún tempo estivo a negarse, pero despois díxose a si mesmo: “Aínda que nin temo a Deus nin me importan os homes, como esta viúva está a molestarme, vou facer xustiza, non sexa que siga vindo a cada momento a importunarme”».
E o Señor engadiu:
«Fixádevos no que di o xuíz inxusto; pois Deus non fará xustiza aos seus elixidos que claman ante el día e noite?; Dígovos que lles fará xustiza sen tardar. Pero, cando veña o Fillo do home, atopará esta fe na terra?».
Final del formulario

Final del formulario



O PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). APAGADA PANTALLA. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.

Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo na cadeira. Relaxa a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao pescozo ata chegar á cabeza. Relaxa os músculos da cara. Sente a túa respiración.
PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen esforzarte. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e exhalando o aire. PAUSA. Déixate envolver pola música e polas palabras de Xesús. Son palabras de confianza e de esperanza. Déixate mirar por Deus, tal e como es. Rezar é contarlle a Deus as miñas cousas, non como llas dixese a unha persoa afastada ou acabada de coñecer, senón coma se llas contases ao meu mellor amigo. ( PAUSA). Xesús de Nazaret sabe de min, sabe o que necesito, e aínda que a súa resposta non se manifeste como eu espero, debo confiar, como nos ensina Xesús nesta parábola. ( PAUSA) Rezar é facer un oco a Deus na nosa vida; é buscar o que Deus espera de min, o plan que me ten reservado. (PAUSA). A oración perfecta é o Nosopai porque Xesús así nolo ensinou, e é o noso irmán maior, o que nos guía. Cada frase do Nosopai debe ser unha certeza na nosa vida, un pai bo que nos escoita sempre; un pai que busca para min a felicidade, e que non quere verme triste ou abatido. Quere que me manteña firme e seguro, porque me deu un espírito libre e unha intelixencia para dirixir a miña vida con El da man.

Acabamos a oración rezando todos unidos o Nosopai.

MARTES 22 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Final del formulario

Sal 120, 2
“O auxilio procede do Señor”

Rutina de pensamento: VEXO, PENSO, PREGÚNTOME

- Que vexo que me chame a atención?
- Que penso que está a ocorrer?
- Que preguntas me xorden de todo isto? 



ORACIÓN  (xuntos)
Pai da abundancia e a xenerosidade.
Grazas por darnos a oportunidade de vivir cada día,
de agradecerche todas as cousas que nos deches:
a familia, amigos, un fogar, colexio, comida e traballo.
Pedímosche por aquelas persoas que hoxe sintan que lles falta
a familia, unha casa, traballo, alimentos e amigos.
Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.


MÉRCORES 23 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Final del formulario

Sal 120, 2
“O auxilio procede do Señor”

https://www.youtube.com/watch?v=hmqqZs_apl4


Algunhas veces nas nosas vidas
todos sentimos pena, todos sentimos dor. Pero se somos prudentes
sabemos que sempre hai un mañá. Apóiate en min se estás afundido.
Serei o teu amigo,
axudareiche a seguir
porque non pasará moito tempo ata que eu necesite alguén en quen apoiarme. Por favor, traga o teu orgullo
se teño cousas que necesites pedirme. Só tes que chamarme, irmán, se necesitas unha man,
todos necesitamos alguén en quen apoiarnos. Eu podería ter un problema que ti entenderás. Todos necesitamos alguén en quen apoiarnos. Apóiate en min...
Só chámame, irmán Se hai un peso que debas levar,
que non logres soster,
eu estou no camiño.
Cargarei co teu peso se simplemente me chamas. Chámame, (se necesitas un amigo) Chámame.

Pensa en silencio…  Cando estás mal buscas o apoio de alguén ou “cómelo” ti só ou soa? Apóiaste en Deus? Chámalo?

Búscao no silencio, chámao….

GLORIA AO PAI, AO FILLO E AO ESPÍRITO SANTO, COMO ERA NUN PRINCIPIO POR SEMPRE ETERNAMENTE. AMÉN

XOVES 24 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

VICENTE DE PAÚL MISIONEIRO. TESTEMUÑAS

O mércores día 19 deste mes de xuño de 2019, a súa Maxestade o Rei Felipe VI impuxo a Medalla da Orde do Mérito Civil a unha Filla da Caridade, Sor Mónica de Juan Sánchez, por todas as Fillas da Caridade que están a dar a súa vida polos máis pobres de entre os pobres en Haití. Sor Mónica de Juan pertence á Provincia do Caribe, das Fillas da Caridade. A súa Provincia de orixe é a de Madrid-San Vicente. Pediu ir voluntaria a Haití cando sucedeu o terrible terremoto, de mediados de xaneiro de 2010, que sementou de destrución, morte, desolación, enfermidade e miseria a un dos países máis pobres do planeta. Sor Mónica de Juan leva en Haití nove anos e medio totalmente encarnada e entregada aos máis pobres, marxinados e desherdados, xunto coas súas compañeiras e irmás Fillas da Caridade. Os seus pais están moi ligados á Familia Vicenciana, sobre todo, desde os seus tempos de Juventudes Marianas Vicencianas.

Nós, os Vicencianos, temos moitos exemplos de misioneiros, podemos viaxar ao pasado, para atopar moitos deles, que ademais viviron vidas heroicas; pero neste caso non nos imos mover da actualidade e é que se nos fixamos en Sor Mónica podemos ver o traballo que se fai en Haití.
Que crees que motiva a Sor Mónica a vivir en Haití para axudar aos demais?


Pide nun momento de silencio por ela e polo seu labor

Rezamos xuntos: NOSOPAI

VENRES 25 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN


Xesús, conta connosco

Xesús puxo a súa mirada sobre nós;
puxo a súa confianza e a súa esperanza;
Xesús, conta connosco.


Conta connosco para devolver a luz onde hai escuridade;
Conta connosco para construír entre todos a civilización do amor.
Xesús conta connosco.


Conta connosco para construír un mundo onde habite a paz.

Conta connosco para que a súa palabra
chegue ao último recuncho da terra.
Xesús conta connosco.


Conta connosco para sementar a semente do seu Evanxeo,
semente que produce froitos de fraternidade, liberación e amor.
Xesús conta connosco.


Xesús puxo a súa mirada en nós
e dinos que sexamos sal da terra.
Sal para dar sentido á vida;

Sal para vivir desde a entrega e o servizo;

Sal que dea sentido e felicidade ao mundo.
Conta connosco, Xesús.

Queremos ser sal da terra e luz do mundo.

Queremos ser sal que poña sabor nas cousas pequenas de cada día.
Queremos ser luz que ilumine cun sorriso no servizo e entrega.
Conta connosco, Xesús.

O domingo pasado celebramos o día do Domund.
Lembróusenos que somos enviados para levar a outros a Boa Noticia do Evanxeo. En silencio, pensa que calidades hai en ti que mostran como é Xesús, e dille: “Conta comigo, Xesús, para...”



viernes, 11 de octubre de 2019

ORACIÓNS 14-18 NOVEMBRO (Domingo 28 de Ordinario C)

LUNS 14 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

GRAZAS, OH DEUS, POR TODOS OS BENS E DONS QUE NOS DÁS CADA DÍA E QUE ÁS VECES PASAN DESAPERCIBIDOS!

Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (17,11-19):
Indo camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea, ao entrar nunha aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ao lonxe, e dando voces suplicáronlle:
‑Xesús, Mestre, ten dó de nós.
El, ao velos, díxolles:
‑Ídevos presentar ós sacerdotes.
E aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos. E un deles, ó se decatar de que estaba curado, volveu loando a Deus con grandes voces. E prostrándose, rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano. Xesús dixo:
‑¿Non foron dez os que quedaron limpos? ¿Onde están os outros nove? ¿Ninguén, fóra dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?
E engadiu:
‑Érguete e vaite: salvoute a túa fe.


O PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). APAGADA A PANTALLA. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.



Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo na cadeira, a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao pescozo ata chegar á cabeza. Relaxa os músculos da cara. Sente a túa respiración. PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen esforzarche. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e exhalando o aire. PAUSA. Déixate envolver pola música e polas palabras de Xesús. El sabe o que necesitas antes de que llo pidas. Axúdame Señor a ser agradecido, como o leproso samaritano. Axúdame a ver que o que teño non é un dereito senón un agasallo. ( PAUSA) Non deixes Señor que a rutina me impida ver en todo o que me rodea a túa man ( PAUSA) . Dáme Señor a certeza de saber que teño por ti cada ben ao meu alcance, porque Ti o queres así ( PAUSA), e dáme a certeza de que cando pareza que non hai saída, no máis profundo do meu corazón saiba que Ti es a miña seguridade e o meu apoio. Coa forza do teu amor, fai de min unha persoa que mellore o pequeno anaquiño de mundo que está ao meu ao redor.

Terminamos a oración: No nome do Pai , do Fillo e do Espírito Santo. AMÉN

MARTES 15 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Lc 17, 11-19
 “Levántate, vaite, salvoute a túa fe”

Proxectar a imaxe e realizar a rutina de pensamento

Rutina de pensamento: O COMPÁS:

E: Que che emociona desta imaxe? Que ves de positivo?
W: Que che preocupa?
N: Que inconveniente ves? Quen crees que pode necesitar axuda?
S: Que suxires? Que propós como nova idea? Algo que che gustaría mellorar?


ORACIÓN
Pai da abundancia e a xenerosidade.

Grazas por darnos a oportunidade de vivir cada día,

de agradecerche todas as cousas que nos deches:
a familia, amigos, un fogar, colexio, comida e traballo.

Pedímosche por aquelas persoas que hoxe sintan que lles falta a familia, unha casa, traballo, alimentos e amigos.

Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.

E... un regalo...



MÉRCORES 16 OUTUBRO

No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Moitas veces a presión nos pode e pensamos que non imos ser capaces de superar a situación. Pensa nalgúns deses momentos e, mentres tanto, apreta as mans o máis que poidas.
Retén alguna destas frases para despois comentala



Como di a canción o amor é a solución para moitas situacións complicadas, acaricia agora as túas mans.
¿Qué versos da canción te chaman a atención? ¿Identifícaste con algo que diga?
Rezamos agora ao Pai para que nos dea FE para sermos capaces de superar as situacións complicadas da vida
NOSOPAI

XOVES 17 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

DE PAÚL MISIONEIRO 
ICONAS VICENCIANOS
AS SANDALIAS DE SAN VICENTE DE PAÚL



As sandalias son o símbolo do camiño que xa se andou, pero tamén do que nos queda aínda por transitar. Mirando atrás, convidámoste a compartir momentos da túa vida en que creas que tiveches unha forma de vivir, de ser e de andar vicenciana. Vaiamos aos pobres! É unha chamada para poñerse en marcha, a non permanecer quietos e indiferentes ante as necesidades dos pobres.
En que situacións da actualidade os pobres están a chamarnos a poñernos ao seu lado, se aínda non o estamos?

Cara a onde cres que debemos camiñar os seguidores de Vicente, no futuro?

Pidámoslle a San Vicente que interceda por nós ante María para que saibamos orientar os nosos pasos cara os máis necesitados e que non pasen desapercibidos ante nós

AVE MARÍA

VENRES 18 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


Dous solistas len o salmo en voz alta, mentres cada un vai lendo interiormente. Todos xuntos unímonos á aclamación resaltada en negriña e, ao final faremos eco do salmo

SALMO DE ACCIÓN DE GRAZAS

En ti, Señor, puxen a miña confianza, a miña esperanza;
ti inclinácheste con tenrura sobre min,

e escoitaches o meu clamor e acolliches a miña vida.
Douche grazas de todo corazón.

Eu síntome ditoso e cántoche un canto novo;
eu encómioche e alégrome contigo, Señor.

Douche grazas de todo corazón.

Cantas marabillas realizaches na miña vida,

como ti non hai ninguén capaz de tanto amor cara a min!

Quero dar testemuño da túa bondade e tenrura para comigo
e cantar, Señor Jesús, o que ti fixeches na miña historia.

Douche grazas de todo corazón.


Quero proclamar a túa xustiza entre os homes,

quero levar a túa vontade de compartir ante os pobos;

quero proclamar a túa lealdade
á persoa perseguida e marxinada,
quero que o teu amor e a túa verdade
cheguen ata o corazón máis pobre.
Douche grazas de todo corazón.

Quero vivir facendo camiño obrando ben;

quero deixar ao meu paso, ronseis de amor, paz e misericordia.
Quero camiñar contigo, deixar que me sigas sostendo.
Fortaléceme para que nunca me avergoñe de Ti.


Douche grazas de todo corazón.

ECO. Repite en voz alta algunha frase que che gustara do salmo





Por quien vuelves - 28 TO C



domingo, 6 de octubre de 2019

SEMANA DO 7-11 OUTUBRO -27 DO TEMPO ORDINARIO C

LUNS 7 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

“​ XESÚS, AUMÉNTANOS A FE, QUE A NOSA VIDA SEXA UN SERVIZO A DEUS DESDE A FE.”

Evanxeo     Lc 17, 5-10
Se tivésedes fe!
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS


Naquel tempo, rogáronlle os apóstolos  ao Señor:
            ‑ Auméntanos a fe!

            O Señor respondeulles:
           ‑ Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.

            E quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga: "Entra axiña e ponte á mesa". Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?" Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido  ao criado por facer o que lle manda?

            Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide: "Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer".

         Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo






INTERIORIZACIÓN – RELAXACIÓN
Principio del formulario
“​XESÚS, AUMÉNTANOS A FE, QUE A NOSA VIDA SEXA UN SERVIZO A DEUS DESDE A FE.”

O PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). APAGADA PANTALLA SE É POSIBLE. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.

Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo no chan. Relaxa a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao pescozo ata chegar á cabeza. . Relaxa os músculos da cara. Sente a túa respiración. PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen esforzarte. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e exhalando o aire. PAUSA. Envólvete na música e nas palabras de Xesús. Él indícache aos poucos cal é o teu camiño.

Señor, aumenta a miña fe, non só cando che rezo ou te invoco, senón en todo momento. Darche grazas por todo o que teño é ter fe (PAUSA); ter confianza en que orientas o meu camiño é ter fe (PAUSA); saber que a dor e a inxustiza non terán a última palabra, Señor, é ter fe; (PAUSA) ter a certeza de que xamais soltas a miña man é ter fe, porque ti, Señor, non queres que me afaste. (PAUSA). Saber que a miña misión e a miña tarefa é traer parte do teu reino aos que me rodean é ter fe, sen arrogancias, sen presumir, porque sei, Señor, que ti me guías. Aumenta, Señor, a miña fe no meu soño, en min mesmo, e na bondade do outro.

Terminamos a oración: ​No nome do Pai, do Fillo, e do Espírito Santo,


MARTES 8 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Lc 17, 6         “Se tivésedes fe...!”



Rutina de pensamento: 3 – 2 – 1 PUENTE
- Di 1 cousa que lle dirías ao Señor.
- Que 2 preguntas farías de algo que che inquiete?
- Expresa 3 sentimentos que che suxiran a imaxe.

ORACIÓN  (xuntos)
Pai da abundancia e a xenerosidade.
Grazas por darnos a oportunidade de vivir cada día,
de agradecerche todas as cousas que nos deches:
a familia, amigos, un fogar, colexio, comida e traballo.
Pedímosche por aquelas persoas que hoxe sintan que lles falta
a familia, unha casa, traballo, alimentos e amigos.
Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.

NOSOPAI

MÉRCORES 9 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Lc 17, 6         “Se tivésedes fe...!”
Imos orar hoxe cunha canción con moito ritmo pero que nos pode dar para reflexionar… Ao finalizar a canción comentaremos un pouco que frases nos transmiten abafo, agobio…. E  as que nos inspiran tranquilidade:



REFLEXIONAMOS
-       Busca na canción as frases que nos transmiten abafo.
-       Agora busca as que nos inspiran tranquilidade.
-       Pide con FE para que nos momentos de intranquilidade se impoña a calma.

XOVES 10 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

VICENTE DE PAÚL, MISIONEIRO
Lc 17, 6         “Se tivésedes fe...!”

Este mes imos tratar a importancia da misión dentro da familia vicenciana. Ser misioneiro é facer efectivo o seguimento de Xesús. É levar unha vida próxima á que levoou Xesús: indo dun sitio a outro proclamando o Reino de Deus, desprendida ao punto de que non tiña unha pedra onde repousar a súa cabeza “Quen manifesta mellor a forma de vivir que Xesucristo tivo na terra senón os misioneiros?” A Sagrada Escritura mostroulle a urxencia do seguimento de Cristo misioneiro a San Vicente de Paúl. Vida que permite vivir conforme ás máximas evanxélicas. Misionar é continuar a actividade de Xesucristo que veu evangelizar aos pobres. É prolongar a súa actividade preferente. A pasaxe de Lc 4,18 é un texto central para entender a vida da Congregación da Misión: Nesta vocación vivimos de modo moi conforme ao noso Señor Xesucristo que, ao parecer, cando veu a este mundo, escolleu como principal tarefa a de asistir e coidar aos pobres. Unxiume para anunciar aos pobres a Boa Nova. Se se lle pregunta ao noso Señor: “Quee é o que viñeches facer na terra?” A asistir aos pobres” ─ “A algo máis?” ─ “A asistir aos pobres”. Para Vicente, misionar e traballar a favor do pobre é algo totalmente unido. Misiónase aos pobres. Ademaais, o aspecto misioneiro vai da man do aspecto caritativo social. Estes temas son un dos trazos máis típicos de San Vicente. Outro punto, San Vicente ensínanos a deixarnos evanxelizar por eles. Como lle sucedeu a el mesmo. Os pobres, como noutros momentos cruciais da historia da Igrexa, volven levarnos ao esencial.

Garda uns instantes de silencio: Cal sentes que é a túa misión? Qué podes facer de bo polo outro? Coñeces a algún misioneiro? Cres que é importante o seu traballo.




VENRES 11 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Lc 17, 6         “Se tivésedes fe...!”

Un solista le o salmo e todos xuntos unímonos á aclamación resaltada en negriña.

AUMÉNTANOS A FE, SEÑOR
A fe é abandono total e confiado en mans de Deus sen ver claro.
A fe é o salto do trapecista no baleiro,
seguro de atoparse coas mans dun Amigo.
A fe é aceptar e recoñecer a propia finitude.
A fe é sentirse fillo dun Deus Pai-Nai-Amor e irmán dunha mesma familia. Auméntanos a fe

A fe é a brúxula que orienta a vida, que a pon de fronte ao “norte”, para Deus.
A fe é abrirse a facer a vontade de Deus.
A fe é aceptar a Deus como resposta, non sempre fácil nin evidente, aos interrogantes do ser humano.
A fe é descubrir sementes do Espírito de Xesús en todo canto nos rodea.
Auméntanos a fe

A fe é ter oídos para escoitar a Deus,
ollos para velo na natureza, no próximo, no propio corazón, no pobre, no pan partido e compartido.
A fe é luz que ilumina o camiño, aínda que non evita nin as pedras nin as caídás.
A fe é amar en todo momento, sen esperar aplausos, nin recoñecementos.
A fe é soñar esperto, arriscar a vida, saber amar e esperar que é posible o imposible.
Auméntanos a fe

A fe é capacidade para ver máis alá das aparencias,
é darse conta das necesidades do outro e sentilas como propias.
A fe é enerxía para seguir servindo,
para vivir a vida como servizo gratuíto e humilde que Deus fará fértil.
A fe é crer na forza do débil, no poder transformador da oración, na “eficacia” da acción que só Deus ve.
A fe é crer que o amor ten máis poder có odio, que a esperanza pode máis cá desesperanza.
Auméntanos a fe

- Comparte cos teus compañeiros algunha frase que che gustara