viernes, 11 de octubre de 2019

ORACIÓNS 14-18 NOVEMBRO (Domingo 28 de Ordinario C)

LUNS 14 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

GRAZAS, OH DEUS, POR TODOS OS BENS E DONS QUE NOS DÁS CADA DÍA E QUE ÁS VECES PASAN DESAPERCIBIDOS!

Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (17,11-19):
Indo camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea, ao entrar nunha aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ao lonxe, e dando voces suplicáronlle:
‑Xesús, Mestre, ten dó de nós.
El, ao velos, díxolles:
‑Ídevos presentar ós sacerdotes.
E aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos. E un deles, ó se decatar de que estaba curado, volveu loando a Deus con grandes voces. E prostrándose, rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano. Xesús dixo:
‑¿Non foron dez os que quedaron limpos? ¿Onde están os outros nove? ¿Ninguén, fóra dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?
E engadiu:
‑Érguete e vaite: salvoute a túa fe.


O PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). APAGADA A PANTALLA. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.



Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo na cadeira, a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao pescozo ata chegar á cabeza. Relaxa os músculos da cara. Sente a túa respiración. PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen esforzarche. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e exhalando o aire. PAUSA. Déixate envolver pola música e polas palabras de Xesús. El sabe o que necesitas antes de que llo pidas. Axúdame Señor a ser agradecido, como o leproso samaritano. Axúdame a ver que o que teño non é un dereito senón un agasallo. ( PAUSA) Non deixes Señor que a rutina me impida ver en todo o que me rodea a túa man ( PAUSA) . Dáme Señor a certeza de saber que teño por ti cada ben ao meu alcance, porque Ti o queres así ( PAUSA), e dáme a certeza de que cando pareza que non hai saída, no máis profundo do meu corazón saiba que Ti es a miña seguridade e o meu apoio. Coa forza do teu amor, fai de min unha persoa que mellore o pequeno anaquiño de mundo que está ao meu ao redor.

Terminamos a oración: No nome do Pai , do Fillo e do Espírito Santo. AMÉN

MARTES 15 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Lc 17, 11-19
 “Levántate, vaite, salvoute a túa fe”

Proxectar a imaxe e realizar a rutina de pensamento

Rutina de pensamento: O COMPÁS:

E: Que che emociona desta imaxe? Que ves de positivo?
W: Que che preocupa?
N: Que inconveniente ves? Quen crees que pode necesitar axuda?
S: Que suxires? Que propós como nova idea? Algo que che gustaría mellorar?


ORACIÓN
Pai da abundancia e a xenerosidade.

Grazas por darnos a oportunidade de vivir cada día,

de agradecerche todas as cousas que nos deches:
a familia, amigos, un fogar, colexio, comida e traballo.

Pedímosche por aquelas persoas que hoxe sintan que lles falta a familia, unha casa, traballo, alimentos e amigos.

Hoxe poñemos a nosa confianza en ti, Pai.

E... un regalo...



MÉRCORES 16 OUTUBRO

No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Moitas veces a presión nos pode e pensamos que non imos ser capaces de superar a situación. Pensa nalgúns deses momentos e, mentres tanto, apreta as mans o máis que poidas.
Retén alguna destas frases para despois comentala



Como di a canción o amor é a solución para moitas situacións complicadas, acaricia agora as túas mans.
¿Qué versos da canción te chaman a atención? ¿Identifícaste con algo que diga?
Rezamos agora ao Pai para que nos dea FE para sermos capaces de superar as situacións complicadas da vida
NOSOPAI

XOVES 17 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

DE PAÚL MISIONEIRO 
ICONAS VICENCIANOS
AS SANDALIAS DE SAN VICENTE DE PAÚL



As sandalias son o símbolo do camiño que xa se andou, pero tamén do que nos queda aínda por transitar. Mirando atrás, convidámoste a compartir momentos da túa vida en que creas que tiveches unha forma de vivir, de ser e de andar vicenciana. Vaiamos aos pobres! É unha chamada para poñerse en marcha, a non permanecer quietos e indiferentes ante as necesidades dos pobres.
En que situacións da actualidade os pobres están a chamarnos a poñernos ao seu lado, se aínda non o estamos?

Cara a onde cres que debemos camiñar os seguidores de Vicente, no futuro?

Pidámoslle a San Vicente que interceda por nós ante María para que saibamos orientar os nosos pasos cara os máis necesitados e que non pasen desapercibidos ante nós

AVE MARÍA

VENRES 18 OUTUBRO
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


Dous solistas len o salmo en voz alta, mentres cada un vai lendo interiormente. Todos xuntos unímonos á aclamación resaltada en negriña e, ao final faremos eco do salmo

SALMO DE ACCIÓN DE GRAZAS

En ti, Señor, puxen a miña confianza, a miña esperanza;
ti inclinácheste con tenrura sobre min,

e escoitaches o meu clamor e acolliches a miña vida.
Douche grazas de todo corazón.

Eu síntome ditoso e cántoche un canto novo;
eu encómioche e alégrome contigo, Señor.

Douche grazas de todo corazón.

Cantas marabillas realizaches na miña vida,

como ti non hai ninguén capaz de tanto amor cara a min!

Quero dar testemuño da túa bondade e tenrura para comigo
e cantar, Señor Jesús, o que ti fixeches na miña historia.

Douche grazas de todo corazón.


Quero proclamar a túa xustiza entre os homes,

quero levar a túa vontade de compartir ante os pobos;

quero proclamar a túa lealdade
á persoa perseguida e marxinada,
quero que o teu amor e a túa verdade
cheguen ata o corazón máis pobre.
Douche grazas de todo corazón.

Quero vivir facendo camiño obrando ben;

quero deixar ao meu paso, ronseis de amor, paz e misericordia.
Quero camiñar contigo, deixar que me sigas sostendo.
Fortaléceme para que nunca me avergoñe de Ti.


Douche grazas de todo corazón.

ECO. Repite en voz alta algunha frase que che gustara do salmo





Por quien vuelves - 28 TO C



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog