viernes, 31 de octubre de 2014

ORACIÓNS 4-7 NOVEMBRO

MARTES, 4 de novembro. NO NOME DO PAI....

FESTA DE TODOS OS SANTOS
O sábado pasado (1 de novembro) celebramos o "Día de Todos os Santos". Hoxe en día falar de santidade resulta pouco menos que chocante para a sensibilidade moderna, tan ocupada en "asuntos máis importantes". Aos santos adoitámolos asociar con persoas moi antigas que vivían noutra época anterior á nosa.

Esta festividade é un día para recordar eses santos recoñecidos (e que adoitamos ver en estatuas) pero tamén todos aqueles que pasaron por este mundo facendo o ben e seguindo o exemplo de Xesús. Seguro que se o pensas coñeciches algún santo e que tiveches a posibilidade de compartir bos momentos ao seu lado.

Destas persoas oímos expresións como "era unha boa persoa", "sempre estaba alí cando alguén o necesitaba", "era unha persoa extraordinaria",…

E é que rodearse destas persoas ou coñecer santos e as súas vidas paga a pena. É posible que se nos achegásemos e lésemos a vida dalgún santo, primeiro, sorprenderíanos e segundo, seguro que encontramos un apoio e un estímulo nos problemas do noso día a día.

Durante esta semana farémonos eco na oración da mañá de como seguen presentes na nosa vida: no pasado, no presente  e no futuro.

REFLEXIÓN:
Teñamos un recordo especial por aqueles familiares e amigos que xa gozan da santidade ao lado do noso Pai Deus no ceo e pidámoslle que nos axuden no noso camiño na vida seguindo a Xesús.

EVANXEO: Xesús díxolle: Eu son a Resurrección e a Vida. O que cree en min, aínda que morra, vivirá" (Jn 11, 25)

Ave María



MÉRCORES, 5 de novembro. NO NOME DO PAI.

SANTOS DOS NOSOS DÍAS
Hai santos de hoxe? Entre nós? Ou é algo do pasado? Podemos falar de moitas celebridades recentes na historia que foron recoñecidos como santos: Teresa de Calcuta, Juan XXIII, Juan Pablo II … E tamén santos vicencianos, Vicente de PaúlLuisa de Marillac, Juan Gabriel Perboyre, Catalina Labouré….

Pero non é necesario irnos ao pasado para descubrir persoas santas. Hoxe hai moitas persoas a nosos arredor que están a percorrer o camiño cara á santidade. Sen chamar a atención. Hai moita xente boa que vive para facer o ben aos demais!

Son persoas reais como a veciña, que dedica unha hora cada tarde aos rapaces que non teñen un lugar na casa para facer os deberes, ou eses amigos que colaboran co programa de Cáritas para axudar a aqueles sen fogar do barrio, ou tantos outros.... Non cres que podemos consideralos santos?

Todos estamos chamados a ser santos. O importante é escoitar a chamada que che fai Deus e dar unha resposta.

A santidade consiste en intentar estar sempre alegre, sendo feliz en cada momento da nosa vida: estudando, xogando, colaborando na casa, axudando á xente que ten máis dificultades, respectando, perdonando,… Nisto consiste en chegar a ser santo e polo tanto, totalmente feliz.

Pensa nun momento no que acabamos de ler. Seguro que hai un modo de ser santo que se adapta á túa situación persoal.

A santidade non é un privilexio para algúns, senón unha obriga para todos, para vostede e para min. (Santa Madre Teresa de Calcuta)

ORACIÓN:
Señor;
Unha palabra só: grazas!
Moitas grazas por ti,
porque este mundo doe de puro fermoso,
E polo teu amor que o creou.
Grazas pola pegada de ti en nós.
Grazas pola vida.
Grazas pola bondade e a beleza.
Mil grazas polo home.
Grazas por nós, porque o teu amor nos xunta
Grazas, Señor.



XOVES, 5 de novembro. NO NOME DO PAI....

Santos de Mañá
TODOS CHAMADOS Á SANTIDADE

Chámavos a atención isto de "Todos chamados á santidade"? Realmente podemos chegar a ser santos? En que consiste realmente?

A santidade é un desafío que podemos aceptar. Trátase dun camiño por percorrer. Ser santos non é algo doado. Nunca o foi. Pero tampouco se trata de algo imposible, e ademais contando coa compañía de Xesús.

O santo do noso tempo non destaca por unha forma de existencia extraordinaria, rechamante e fóra do común, senón que é aquel que vive con tal intensidade, que fai dela un acto de alegría e felicidade constante, así como un testemuño do amor de Cristo no medio do mundo.

O santo do noso tempo descobre neste mundo un ámbito de realización persoal querido por Deus. A súa presenza e compromiso no medio do mundo configuran tanto a súa identidade persoal coma a súa propia realización e felicidade. Esta presenza tradúcese nunha acción que transforma o mundo por medio do amor, acción que xermola dun compromiso profundo e que se manifesta no silencio das actividades de cada día.


REFLEXIÓN:
Ser santo é vivir a vida con intensidade, con profundidade, con sentido; e facela vivir así á xente que nos rodea convertendo a nosa realidade e o mundo en algo mellor.

A santidade é accesible a todos e é o camiño mellor de todos que hai que percorrer.

Oración:

Son moitos os benaventurados
que nunca fixeron falar deles
nin deixaron de si ningunha unha imaxe...
Aqueles dos que non se di nada,
os benaventurados da clase humilde,
os que non fixeron milagres.
Os que non deixaron máis pegada
que un anaquiño de terra ou un berce...
Son moitos, a xente sen importancia,
os benaventurados do cada día
que nunca entrarán na historia.
Os seus nomes están en moitas pedras,
e ás veces nas nosas pregarias...
Pero eles están no corazón de Deus. AMÉN






VENRES, 6 de novembro. NO NOME DO PAI....

SANTIDADE NOS PEQUENOS DETALLES
Para rematar a semana recordámosvos esta pequena historia que fala da importancia dos detalles e como ás veces xulgamos a xente antes de coñecela. O relato di así:

Encontrábase unha familia de cinco persoas pasando o día na praia. Os nenos estaban a facer castelos de area xunto á auga cando, ao lonxe, apareceu unha anciá, cos seus canos cabelos ao vento e os seus vestidos sucios e farrapeiros, que dicía algo entre dentes mentres recollía cousas do chan e as introducía nunha bolsa.

Os pais chamaron xunto a si os nenos e dixéronlles que non se achegasen á anciá. Cando esta pasou xunto a eles, inclinándose unha e outra vez para recoller cousas do chan, dirixiu un sorriso á familia. Pero non lle devolveron o saúdo.

Moitas semanas máis tarde souberon que a anciá levaba toda a súa vida limpando a praia de cristais para que os nenos non ferisen os seus pés.


REFLEXIÓN:
Ser santo é vivir a vida con intensidade, con profundidade, con sentido; e facela vivir así a xente que nos rodea convertendo a nosa realidade e o mundo en algo mellor.

ORACIÓN:
Señor,
Contigo comezamos un novo día.
Ti vés connosco e o teu amor asístenos.
Nunca dende as nubes nin dende arriba.
Pois, cando camiñamos, connosco camiñas.
Ao noso traballo o ombro arrimas
e fas co teu labor o noso labor máis fino.
Ven. Axúdanos hoxe coa túa presenza amiga
a servir e a axudar a quen o necesita
e a facer dende o amor un mundo mellor. AMÉN

viernes, 24 de octubre de 2014

ORACIÓNS SEMANA 27 - 30 OUTUBRO

LUNS 27 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
O importante, o fundamental é manter sempre o respecto e a defensa da persoa. Porque é ela, e só ela, a que posúe a dignidade que comparte con Deus. Por iso é necesario respectala, comparta ou non o noso xeito de pensar, rece a un Deus diferente, ao noso ou teña unha escala de valores que non compartimos. E iso é así porque a dignidade non nola dá ningunha constitución nin ningún acordo internacional asinado por países, senón que a dignidade vén con nós. Nace cando nacemos nós e acompáñanos ao longo da nosa vida.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
            Naquel tempo,  ao se decataren os fariseos de que Xesús lles tapara a boca aos saduceos, reuníronse onda el, e un deles, doutor da lei, preguntoulle para poñelo a proba:
            Mestre, cal é na Lei o gran mandamento?
            El respondeulle:
-      Amarás o Señor, teu Deus, con todo o teu corazón e con toda a túa alma e con todo o teu entendemento; este é o mandamen­to grande e primeiro. O segundo é semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mais os profetas.

                        Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo

CRER  NO  AMOR
            A afirmación de Xesús é clara. O amor é todo. O decisivo na vida é amar. Aí está o fundamento de todo. O primeiro é vivir ante Deus e ante os demais nunha actitud de amor. Do amor arranca todo o demais.
            Amar o Señor, o noso Deus, con todo o corazón é recoñecer a Deus como Fonte última da nosa existencia e responder con fe incondicional ao seu amor universal de Pai de todos.
            Pero non é posible amar a Deus e vivir de costas aos seus fillos e fillas. Unha relixión que predica o amor a Deus e se esquece dos que sofren é unha gran mentira.         A única postura realmente humana ante calquera persoa que encontramos no noso camiño é amala e buscar o seu ben como quixermos para nós mesmos.
            Hoxe o primeiro problema no mundo é a falta de amor, que vai deshumanizando, un tras outro, os esfuerzos e as loitas por construír unha convivencia  máis humana.
            Os seguidores de Xesús non temos de esquecer a nosa responsabilidade. O mundo necesita testemuñas que axuden a crer no amor pois non hai un futuro esperanzador para o ser humano se remata por perder a fe no amor.




MARTES 28 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
NENOS DA RÚA (I)

Bo día!
De acordo con fontes das Nacións Unidas, actualmente existen no mundo ata 150 millóns de nenos da rúa. Desprazados das súas casas pola violencia, o abuso de drogas e alcohol, a morte do pai ou a nai, crises familiares, guerras, desastres naturais ou simplemente polo colapso socioeconómico; moitos nenos indixentes son forzados a gañarse a vida nas rúas.

Existen diferentes categorías de nenos da rúa. Existen aqueles que traballan nas rúas como o seu único medio para obter diñeiro, aqueles que se refuxian nas rúas durante o día pero que á noite regresan a algunha forma de familia e aqueles que viven permanentemente na rúa sen ningunha rede familiar. Todos se encontran en risco de sufrir abuso, explotación e violencia; pero os máis vulnerables son aqueles que realmente dormen e viven nas rúas, ocultándose baixo pontes, en sumidoiros, en estacións ferroviarias. Aínda que é probable que posúan pequenos empregos como limpar zapatos ou a venda en mercados para sobrevivir, moitos rematan morrendo na rúa, vítimas das drogas, a rivalidade entre cuadrillas e as enfermidades. Sen algunha forma de educación básica e posibilidade económica, o futuro é sombrío para estes nenos da rúa e a súa expectativa de vida é terriblemente baixa.

EVANXEO
Estes preguntarán tamén: «Señor, cando te vimos famento ou sedento, nu ou forasteiro, enfermo ou encarcerado, e non te axudamos?» (Mt 25,44)

ORACIÓN (XUNTOS):
Do Señor é a terra e todo o que hai nela.
Pero a guerra non é do Señor.
Do Señor é a terra e todo o que a enche.
Pero a fame non é do Señor.
Do Señor son o mar, os ríos, as selvas, as montañas
Pero a degradación do mar, dos ríos, das selvas e das montañas non poden ser do Señor.
Do Señor son a vida, a beleza, o aire puro, a luz.
A fealdade, a destrución, o caos non son do Señor.
Do Señor é o home; nunca o desprezo do home
Nunca, nunca o sangue derramado do home.




MÉRCORES 29 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
Nenos da rúa (II)

Hai tempo escoitei unha conto que hoxe quero compartir… Parece para nenos, pero realmente, pode non ser un conto.
...O neno, non aparentaba máis de sete anos, deambulaba pola noite da cidade. Vestía un pantalón moi manchado, demasiado grande para el, atado ao van cun fío. O seu calzado estaba descosido e permitía ver os sucios dedos dos seus pés.
Era inverno e a xente ataviada con roupa de abrigo apuraba o paso para chegar a destino. O neno, fisicamente moi pequeno, todo o miraba cara a arriba e preguntábase se sería invisible porque ninguén parecía reparar nel. Sentía fame, pero iso era normal, sempre sentía fame.
Recordaba vagamente á súa nai porque había moito tempo que deixara de vela e a buscaba en cada cara de muller que cruzaba. Pero para o resto do mundo, el era invisible.
Instintivamente camiñou cara a onde estaban os recolledores de lixo. Alí sempre algún vagabundo vello lle deixaba un pouco da súa comida e de día dábanlle algunha moeda por buscarlles vidro e cartón. Ademais, nunca faltaba unha caixa grande na cal gorecerse para durmir.
A dor no peito, intensificárase e a tose tamén, sentíase moi débil. A vida endurecérao pero estalou en choro e deixouse caer boca arriba sobre a herba. Sabía que clamar pola súa nai non o ía axudar. As bágoas deron paso á visión clara e contemplou extasiado o universo poboado de estrelas resplandecentes. Xa non sentía frío nin dor, a tose cesara. Sorriu e deixou de respirar.

EVANXEO
"E todo o que fagades a un destes pequenos, facédesmo a Min" (Mt 25,40)

ORACIÓN:
Señor,
Concédenos ser cada día máis, vivir, vibrar, crecer,
Darnos e dar en tempo e proximidade,
vivir, amar, e ser felices dando.
Concédenos, Señor, a dita de acender cada mañá o lume e a ilusión de ser mellores.
Afasta de nós a inmobilidade e a morte das pedras,
a modorra dos animais fatigados ou tristes.
Concédenos, Señor, parecernos a ti, que vives e amas,
E es plenitude polos séculos dos séculos. Amén



XOVES 30 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...

Os nosos DEFUNTOS

A vida é o mellor agasallo que temos, e paga a pena aproveitala. Ás veces adoitamos dicir: gustaríame ter 18 anos para poder facer isto ou o outro; gustaríame ser maior para poder facer o que me peta;... Queremos ser o que non somos agora, pero iso non é posible. Nós temos que ser o que somos agora, non o que imos ser dentro de non sé cantos anos. Temos que aproveitar a nosa vida. Temos que ser persoas de 13, 14, 15 ou 16 anos, aceptarnos como somos para ir cambiando aos poucos, ata alcanzar a madurez.

Ao falar da vida, non podemos esquecernos da morte. É unha parte da nosa vida, e témola que ter en conta. Este próximo fin de semana celebramos a festa dos nosos santos e defuntos. Eles viviron antes ca nós; pero nós, os cristiáns, cremos que non marcharon para sempre, senón que están connosco, na casa de Deus Pai, na vida prometida por Jesús, e por iso chamámoslles santos. Cremos tamén que a nosa relación non se rompeu, que ao rezar unímonos todos de novo. Cremos que son un exemplo para todos nós, que iluminan a nosa vida, e por iso chamámoslles santos.

Entre eses santos contamos con san  Vicente. Aprendeu que non tiña que facer nada especial para ser santo, que era suficiente con vivir con alegría a vida e os traballos de cada día, axudando aos pobres, para lograr ser santo. Xunto con el temos outros moitos santos, moitos deles están entre nós, vivos, pero tamén hai outros que xa marcharon de entre nós. Pedímoslles a todos a súa axuda, queremos imitar o seu exemplo de vida, rezamos con eles para vivir a vida con alegría, porque a vida merece a pena ser vivida.

REFLEXIÓN:
Pensemos en como é a nosa vida; vexamos se paga a pena vivila como ata agora, ou si temos motivos para facer algo máis.
Recordamos a todos os nosos amigos e familiares defuntos; acordámonos especialmente do noso compañeiro Antonio: unámonos a eles ao rezar a nosa oración de hoxe.

ORACIÓN (xuntos): 
En vésperas da festa de "todos os Santos"
dirixímonos a ti e acordámonos de todos os homes e mulleres bos que se deixaron querer por ti ao longo da historia.
Grazas, Señor, pola gloria dos santos.
Grazas porque ti es capaz, dende o amor creativo,
de sacar do noso barro raras e preciosas obras de cerámica. Grazas porque os nosos santos viven na túa gloria para sempre.
Dános o teu favor para que saibamos imitar o máis nobre,
o máis xeneroso e desinteresado dos nosos maiores.
Para que saibamos seguir coa túa axuda,
os exemplos de humanidade, de fe e de virtude
dos santos que habitan xa na túa casa.
Pedímoscho pola intercesión de todos os santos. Amén.

viernes, 17 de octubre de 2014

ORACIÓNS SEMANA 20-24 OUTUBRO

LUNS 20 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
Qué difícil nos resulta moitas veces ser agradecidos e recoñecer que os demais teñen feito cousas por nós!. Cómo nos poden o orgullo, a autosuficiencia ou a soberbia!. Porén, a mensaxe que Deus nos presenta para seguir e vivir é sempre a mesma: sede agradecid@s, non deixedes de tender a man, abride horizontes de fraternidade, non deixedes que nada nin ninguén vos roube a esperanza

Permitamos que a palabra que vai ser proclamada resoe nos nosos corazóns. Só deste xeito poderemos aclamar a gloria de Deus no pequeno e sinxelo, no sorriso compartido, no tempo agradecido ao servizo dos demais!, como fan tantas e tantas misioneiros, cuxa tarefa tivemos presente dun xeito especial na Xornada Mundial das Misións, o DOMUND, unha xornada na que a Igrexa, cada un e cada unha de nós, tomamos conciencia da universalidade da nosa tarefa evanxelizadora, porque evanxelizar é transmitir alí onde nos atopamos coas nosas palabras, cos nosos xestos, coas nosas obras… en resumo, coa nosa vida, unha nova sinxela, unha nova cercana, unha nova que é alegría: Deus quérenos, ocúpase e preocúpase por nós.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

            Naquel tempo, os fariseos fóronse reunir para veren o xeito de sorprender a Xesús nalgún dito. Así é que lle mandaron algúns discípulos deles con algúns partidarios de Herodes, que lle preguntaron:
            ‑ Mestre, sabemos que es sincero, que de verdade ensinas o camiño de Deus e que non andas con miramentos, pois non reparas na aparencia das persoas. Dinos, logo, que che parece: Está permitido pagarlle o tributo  ao Cesar ou non?
            Xesús, que lles coñeceu a malicia, contestoulles:
            ‑ Por que me queredes comprometer, hipócritas? Mostrádeme a moeda do tributo.
            Eles presentáronlle un denario. E el preguntoulles:
            ‑ De quen é esta imaxe e mais a inscrición?
            Contestáronlle:
            ‑ Do César.
            Entón replicoulles:
            ‑ Pois logo dádelle  ao César o que é do César, e a Deus o que é de Deus.

                        Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo 
NOSOPAI




MARTES 21 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
Como foi a xornada do DOMUND? Fomos capaces de colaborar ou pasou sen máis? Hoxe propoñémosvos facer algo diferente na vosa clase. Por iso, ímonos fixar nun anuncio da tele que supoño que teredes visto: nel hai un rapaz ao que lle gusta unha rapaza de clase e para que ela se poida fixar nel decide ser unha boa persoa e mellorar.
Para mellorar un mesmo necesitamos dos demais. Na medida que ti te ofreces e creces, os demais tamén van medrando; ademais non necesitas facer grandes cousas, cos pequenos detalles vale.
Pode ser que na túa clase haxa compañeiros ou compañeiras que entendan mellor as mates ou a lingua ou o inglés: estes teñen a capacidade de axudar aos demais, precisamente a aqueles ou a aquelas que presentan máis dificultades nalgunha materia.
Axudándovos uns con outros, todos saiades gañando.

Evanxeo:
E dixo Xesús: Así pois, calquera que sexa humilde como este neno, ese é o maior no reino dos ceos. E quen reciba un neno como este no meu nome, a min me recibe.

Ave María



MÉRCORES 22 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...

Os "SEN FOGAR"
Cada vez estamos máis afeitos a ver xente que pide esmola pola rúa, ás portas da Igrexa ou nas estacións... Algunhas veces os vemos tombados nos caixeiros automáticos ou entre cartóns. Cantas veces nos paramos a pensar cal é a súa historia? Ou por que chegaron a esa situación?
Sabemos que é unha triste situación e que se estende cada vez máis provocado pola crise económica. Esta realidade dáse frecuentemente nas grandes cidades e en sectores que teñen menos posibilidades de sobrevivir.
Ninguén vive e dorme na rúa porque quere, é o final dun desagradable camiño no que fallan moitos ámbitos: a familia, o traballo… e, sobre todo, pola imposibilidade de poder afrontar os pagamentos básicos. Todos estes factores provocan que cada vez máis vexamos xente con necesidades básicas.
Segundo Cáritas Española xa se estima que son unhas 40.000 persoas que se consideran Sen Fogar e un millón e medio de familias que viven en infravivendas, sen servizos mínimos (auga, luz...) e ventilación axeitada.
A maioría das persoas que vive na rúa ou fai uso dos comedores sociais ou albergues é, na actualidade, o 54,2%. O número de persoas sen fogar aumentou nos últimos tres anos, nos que case a metade dos afectados perdeu a súa vivenda ao quedar sen traballo. Tamén aumentou a cifra de persoas que acumulan xa moitos anos sen ter un fogar.
Ata aquí os datos, e agora que? Que se pode facer? Ao mellor pensas que non podes facer nada, pero en cambio cada un pode achegar o seu pequeno gran de area. Un exemplo propoñémosvolo no vídeo, pero cada un acorde á súa idade pode facer algo: mostrando respecto por esas persoas, non mirándoas dun modo indiferente....

Evanxeo:
"A multitude dos crentes tiña un só corazón e unha soa alma. Ninguén consideraba os seus bens como propios, senón que todo o tiñan eles en común...
Non había entre eles ningún necesitado, pois todos os que posuían campos ou casas os vendían, traían o importe das vendas, e poñíano ao pé dos apóstolos, e repartíase a cada un segundo a súa necesidade. "

Ave María



XOVES 23 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...

AO ENCONTRO DA FELICIDADE
Algún se fixou onte nos homes que aparecían se estaban tristes? Viamos que sufrían pero a pesar diso non perdían o sorriso e por iso nos xorde a pregunta... Nós somos felices? Cantas veces nos fixemos esta pregunta ou nola fixeron? O noso tempo divídese en aprender e divertirnos, na casa, no colexio e cos nosos amigos. A preocupación pola felicidade parece cousa de maiores pero nós podemos contribuír a ela con algúns detalles.
Existen persoas e momentos felices que nos fan sentirnos así. Dicimos que estamos felices ante un feito puntual que nos produce satisfacción e somos felices por unha situación que cremos duradeira no tempo. A planificación dunha viaxe, unha boa nota ou un bo resultado nunha competición deportiva prodúcennos esa sensación, pero tamén nos sentimos así cando algo bo lle pasa a alguén que queremos e alegrámonos por iso.
A verdadeira felicidade é unha sensación de plenitude, de paz e serenidade interior que nos permite gozar da vida.
Pero, agora, vén a pregunta que sempre nos facemos: Onde está ou onde encontramos a verdadeira felicidade? Cada un ten que ir descubrindo onde a encontra pero unha cousa é segura, na medida que imos poñendo a nosa felicidade en cousas materiais, esas van pasando e esa felicidade vai decaendo. Non sei se te fixaches algunha vez, pero, estiveches preto dalgunha persoa pobre? Ou fixácheste nos mozos que aparecen cando se fala de África? Se te fixas ves que nas súas caras non hai unha engurra de tristur,a senón máis ben aparece un sorriso. Os seus rostros transmiten certa serenidade.
Tede claro que as respostas na vida para ser felices só as temos nós. Decisión, vontade e actitude son as que nos teñen que levar a escoller ser feliz, e que ao noso arredor hai moitas notas de felicidade: un abrazo, un sorriso, un bico, un encontro, un paseo, unha posta de sol, ser solidario, ....
Invítovos a que durante o día teñamos un detalle de felicidade cos demais.

Evanxeo:
"Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu teño gardado os mandamentos do meu pai, e permanezo no seu amor. Díxenvos isto para que a miña felicidade estea en vós, e o voso gozo sexa enchido. Este é o meu mandamento: que vos amedes os uns aos outros como eu vos amei. "

AVE MARIA



VENRES 24 OUTUBRO. NO NOME DO PAI

NACIÓNS UNIDAS
Hoxe recórdase dun modo especial ás Nacións Unidas.
Seguramente todos coñezamos a Shakira, Angelina Jolie, Fernando Alonso, Pau Gasol, Imanol Arias, Ronaldo... E así ata 300 personalidades que exercen como embaixadores de Boa Vontade para as Nacións Unidas. Son persoas que proceden de ámbitos moi diversos: deportes, comunicación, cultura... Pero todos eles teñen en común que son solidarios cos que máis o necesitan.
Os embaixadores da ONU son elixidos por un ano, aínda que poden renovar, e non cobran polo seu labor. Dedícanse a difundir os valores de Nacións Unidas, o respecto aos Dereitos Humanos e a solidariedade cos que son máis vulnerables.
Deste xeito, a ONU quere facer visible aos invisibles, é dicir, intentan que todo o mundo poida coñecer a realidade doutros países que están nunha situación de gran pobreza. Para que sexamos conscientes dalgúns dos labores que fai a ONU deixámosvos algúns datos
- cada día reparte alimentos a 90 millóns de persoas en 73 países diferentes
- Vacinan o 58% dos nenos
- Asisten a 36 millóns de persoas refuxiadas que foxen das guerras, a fame ou desastres naturais.
- Manteñen a paz con 120.000 cascos azuis en 16 operacións en 4 continentes.
- Protexen e promoven os dereitos humanos a través de 30 tratados internacionais.
- Mobilizan 12.000 millóns de euros para a asistencia de emerxencia.

Ás veces sentimos que o que facemos é só unha gota no mar; pero o mar sería menos se lle faltase unha gota (Nai Teresa de Calcuta)

Ave María

Archivo del blog