jueves, 30 de noviembre de 2017

ORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha deficiencia física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

As persoas con discapacidade adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer aos discapacitados.

Está amplamente demostrado que, unha vez eliminados os obstáculos á integración das persoas discapacitadas, estas poden participar activa e  productivamente á vida social e económica das súas comunidades. Por iso é necesario eliminar as barreiras da asimilación dos discapacitados á sociedade.

A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais recoñecidos pola Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades. Son as condicións sen as cales non poden gozar das súas outros dereitos. A Convención pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.

ORACIÓN:

MÍRAME
Son humano coma ti,
Teño sentimentos, aptitudes, inquedanzas e esperanzas.

REFLEXIONA
o meu comezo foi igual ao teu,
as ilusións que acompañaron o meu nacer
foron as mesmas que tiveron os teus pais.

ACÉPTAME
tal como son,
en razón de xustiza e non de piedade.

FAI POSIBLE
que os meus beizos se iluminen
coa luz dun sorriso
e quite deles esa sombra triste
da incerteza e do temor.

TRANSFÓRMAME
nun ser útil e non nun ser de esmola.

LÍBRAME
da ignorancia, da burla,
da dependencia e da explotación.

AXÚDAME
a non ser unha carga
dándome a oportunidade de mostrar á sociedade
que son unha persoa capaz de producir.

DEMÓSTRAME
a túa capacidade de amar, comprender,
de axudar e de xustiza social.​

SEÑOR,
Ti nos coñeces a cada un polo nome,
coñeces a nosa mente, os nosos intereses
e desexos máis profundos,
que nós non alcanzamos a ver nin entender.

Permítenos ser  compasivos e bos
Apoiar a todas as persoas
 e amar como Ti queres

Que saibamos protexer, respectar e acoller
a todos por igual

Énchenos da túa paz,
reine en todos a túa  Misericordia
e fainos sensibles, xenerosos e  agradecidos. AMÉN



jueves, 23 de noviembre de 2017

ORACIÓN DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

INTRODUCIÓN
A violencia contra a muller adopta formas diversas, incluída a violencia no fogar; trata de mulleres e nenas; os asasinatos, a mutilación xenital feminina e outras prácticas e tradicións prexudiciais… Hoxe, no Día Contra a Violencia de Xénero queremos manifestar a nosa repulsa contra calquera tipo de violencia contra as persoas, sexan do sexo que sexa, e queremos rezar por todas as persoas que sofren esta situación
PALABRA DE DEUS: Xénese 1,26-27.31
Dixo Deus: «Fagamos ao home á nosa imaxe e semellanza. Que teña autoridade sobre os peixes do mar e sobre as aves do ceo, sobre os animais do campo, as feras salvaxes e os réptiles que se arrastran polo chan.» E creou Deus ao home á súa imaxe. A imaxe de Deus creouno. Home e muller creounos. Deus viu que todo canto fixera era moi bo.
VOCES DE HOXE:
"A violencia contra a muller é quizais a máis vergoñosa violación dos dereitos humanos. Non coñece límites xeográficos, culturais ou de riquezas. Mentres continúe, non poderemos afirmar que s realmente avanzamos cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz." (Kofi Annan, Ex Secretario Xeral das Nacións Unidas)
ORACIÓN:
Grazas, Deus Pai de misericordia, polo amor que nos tes; porque nos creaches á túa imaxe e semellanza como home e muller;  para que, recoñecéndonos diferentes, busquemos complementarnos: o home como apoio da muller e a muller como apoio do home.
Grazas, Pai, pola muller e a súa misión na comunidade humana.
Pedímosche pola muller que é filla: que sexa acollida e amada polos seus pais, tratada con tenrura e delicadeza.
Pedímosche pola muller que é irmá: que sexa respectada e defendida polos seus irmáns.
Pedímosche pola muller que é esposa: que sexa recoñecida, valorada e respectada polo seu esposo, para que vivan ambos a comuñón de corazóns e anceios que se prolongan na fecundidade dunha nova vida humana, participando así na obra máxima da creación: o ser humano.
Pedímosche pola muller que é nai: que recoñeza na maternidade o florecemento da súa feminidade e que goce sempre do amor e o respecto dos fillos.
Pedímosche polas mulleres boas e xenerosas que entregaron a súa vida para darnos a nosa.
Pedímosche polas mulleres que se senten soas, polas que non atopan sentido á súa vida; polas marxinadas e usadas como obxecto de pracer e de consumo; polas que foron maltratadas, violadas e asasinadas.
Pedímosche, Deus de amor, por todos nós, homes e mulleres; para que nos saibamos comprender, valorar e axudar mutuamente, para que nunha relación, amable e positiva, colaboremos xuntos ao servizo da familia, da sociedade e da vida.  AMÉN.


domingo, 19 de noviembre de 2017

ORACIÓNS SEMANA MILAGROSA

LUNS 20 NOVEMBRO. SEMANA DA MILAGROSA
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


Nestes días imos recordar a nosa nai, a Virxe Milagrosa. Nuns tempos tan difíciles para os cristiáns como foi o s. XIX, María visita unha sinxela Irmá e faille un pedido extraordinario: "Quero que comece unha Asociación de Mozos de María", e pouco despois Santa Catalina recibe unha nova misión: Fai acuñar unha Medalla segundo este modelo; todos os que a leven recibirán grandes grazas; as grazas serán abundantes para os que a leven con confianza... " Nun curto tempo este signo axudou a moitos enfermos a recobrar a saúde, aos dubidosos a retornar á fe e a todos os que a levan permítelles gozar de favores extraordinarios. Por iso a Medalla case dende os primeiros días en que foi acuñada foi chamada polo pobo "milagrosa".
A Medalla Milagrosa recórdanos a presenza de María na historia da salvación. As súas mans estendidas cara á terra na que se apoia, están abertas, cheas de bondade e de amor. Delas saen grazas para todo o que queira recibilas. Neste xesto María expresa a súa dispoñibilidade, a súa presenza continua. O mundo en que apoia os seus pés é unha terra nova, transformada polo amor de Deus, onde xa non hai lugar para o mal en ningunha forma. O mundo novo que han de construír os seus fillos, ha de estar cheo de xustiza e de paz.
María, mediadora de grazas ante o seu Fillo, a través dos raios que caen das súas mans, ilumina e transforma todo o que é destruído pola soberbia e o egoísmo. O mundo redimido por Xesucristo necesita persoas que continúen a súa misión. Nesta tarefa enormemente difícil a Nai de Deus quere que o mundo se faga un lugar de solidariedade, fraternidade e de desexos de axudar a todo necesitado.

E ti, pregúntate: Que fago para que o mundo ao meu arredor sexa mellor? Creo que podo contribuír un pouco máis á felicidade doutras persoas? Percibo as súas necesidades? Como podo socorrelos?...

Dicimos xuntos: 
Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!



MARTES 21 NOVEMBRO. FESTA DA VIRXE MILAGROSA. 
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

A Medalla Milagrosa ha de ser un símbolo identificativo da familia vicenciana á que todos pertencemos. E este ano no que celebramos o 400 aniversario do Carisma Vicenciano isto, ademais, ten que ser unha confirmación do compromiso na misión. Recibir e levar a Medalla con confianza significa tamén facer un esforzo por responder ao convite de María. Nós que somos os seus fillos, comprometémonos a construír a civilización do amor. Aproveitando a abundancia das grazas outorgadas por mans da nosa Nai, debemos levar a esperanza aos que a perderon. Debemos ser a prolongación das súas mans, debemos ensinar coa nosa vida que o mundo non se apoia unicamente sobre o progreso económico senón sobre a dignidade do ser humano e que esa dignidade é construída polo respecto mutuo, a xustiza e a paz. Deixémonos guiar por María.

Dicimos xuntos: 
Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!

ORACIÓN
GRAZAS, VIRXE MILAGROSA
Polo regalo da túa Medalla,
Porque es a nosa Nai:
pobre, sinxela, entregada, chea de misericordia.

Grazas pola túa fe, pola túa oración,
polo teu silencio, pola túa alegría,
pola túa fortaleza, pola túa esperanza.
Es tan pequena, que Deus te fixo a máis grande.
Es tan grande, que te sentes a máis pequena:

Serva de Deus e dos homes. Amén



MÉRCORES 22 NOVEMBRO: CATALINA LABOURÉ, MENSAXEIRA DA VIRXE

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


SER MEDALLA PARA OS DEMAIS

Entón deixouse oír unha voz que me dixo: Fai acuñar unha medalla con este modelo; todas as persoas que a leven recibirán grandes grazas ao levala ao pescozo, as grazas serán abundantes para as persoas que a leven con confianza

Con esta invitación María quere deixar un recordo da súa mensaxe de tenrura. Unha mensaxe que vai destinada a todos. Podemos levar a medalla como un recordo pero non ten valor en si mesmo. É o signo da presenza amiga de María que nos acompaña día a día. É o recordo da Boa noticia do Evanxeo.
Deus convídanos a encher o noso corazón coa súa graza. Se a medalla é un agasallo, recibila é unha misión.
Deus chámanos a ser medalla para os demais, a transmitir a mensaxe de María a todos os que nos rodean e tamén a mirar aos demais como medallas a través das súas palabras e actos.




ORACIÓN: 
MARÍA, AXÚDANOS A VIVIR O PROXECTO DE AMOR DE DEUS CARA AOS HOMES.


MARÍA, AXÚDANOS A SER PORTADORES DA BOA NOTICIA DE JESÚS A TODO O MUNDO.

MARÍA, AXÚDANOS A SER MEDALLAS VIVAS PARA TODOS Os QUE NOS RODEAN.  

AMÉN.

XOVES 23 NOVEMBRO

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


NAI MILAGROSA,
Que a través do camiño da vida
Deixemos rutas acendidas ao noso paso,
Raios de luz perdidos no camiño.
Portadores de alegría cristiá no noso traballo; raios de luz.
Portadores de amizade sincera entre os homes; raios de luz.
Portadores de pureza e humildade; raios de luz.
Portadores de calor, cariño, que desfaga o xeo frío; raios de luz.
Portadores de entusiasmo e alegría, para facer unha Igrexa nova, raios de luz.
Portadores de Evanxeo vivido na vida do quefacer diario; raios de luz.
Mantén o noso corazón levantado, cando a nosa fe vacile.
Amén.




OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!

VENRES 24 NOVEMBRO: 
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO



OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!


LUNS NOVEMBRO: FESTA DA VIRXE MILAGROSA. 
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Vide ao pé deste altar...
Santa Catalina escoitou unha mensaxe e inmediatamente esta mensaxe encheu a súa vida. Recibiuna con atención, sinxeleza e humildade. Non hai nela ningunha idea preconcibida que poña obstáculo. Vive sinxelamente a FE sen dar cabida á dúbida; pide e ora e está segura que vai ser escoitada. 
Nós, que queremos, onde e en que poñemos os nosos desexos? Temos suficiente humildade para aceptar o que somos?
  
Que lugar damos á oración e ao silencio na nosa vida?

O terceiro punto inspirador en santa Catalina é a importancia da oración na súa vida. A santa obtivo todas as grazas pola intensidade da súa oración.

Que lugar damos á oración e ao silencio na nosa vida?

ORACIÓN (Todos xuntos)
Concédenos, Señor, a graza de estar atentos aos demais e ás súas necesidades, e de responder coa sinxeleza dun corazón verdadeiramente desprendido, con dispoñibilidade e humildade. Que escoite as chamadas que Deus fai resoar na miña vida, a través dos demais, familia, compañeiros, profesores,... pero tamén a través dos pobres, clamor ante tantas inxustizas, tantas incomprensións e tantas miserias. AMÉN



MARTES 28 NOVEMBRO: DÍA DE SANTA CATALINA LABOURÉ
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

GRAZAS, MARÍA, POR SER A NOSA NAI 
GRAZAS, MARÍA, POR LEVARNOS A XESÚS.
GRAZAS, MARÍA, PORQUE GRAZAS A TI XESÚS VEU AO MUNDO. 

GRAZAS, MARÍA, POR VISITARNOS, REGALARNOS A TÚA MEDALLA E ESTAR SEMPRE CONNOSCO. AMÉN



viernes, 10 de noviembre de 2017

ORACIÓNS 13 - 17 NOVEMBRO

Luns, 13 de novembro. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

ACENDER
UNHA FE GASTADA
EVANXEO
Mateo 25, 13:
Vixiade, xa que non sabedes nin o día nin a hora.

REFLEXIÓN
A primeira xeración cristiá viviu convencida de que Xesús, o Señor resucitado, volvería axiña cheo de vida. Non foi así. Aos pouquiños, os seguidores de Xesús tivéronse de preparar para unha longa espera.
Non é difícil imaxinar as preguntas que se espertaron entre eles. Como manter vivo o espírito dos comezos? Como vivir espertos mentres chega o Señor? Como alimentar a fe sen deixar que se apague? Un relato de Xesús sobre o sucedido nunha voda axudáballes a pensar a resposta.
Necesitamos ás présas unha nova calidade na nosa relación con Xesús. Coidarmos todo o que nos axude centrar a nosa vida na súa persoa. Non gastar enerxías no que nos distrae ou desvía do seu Evanxeo. Acendermos cada domingo a nosa fe rumiando as súas palabras e comulgando vitalmente con el. Ninguén pode transformar as nosas comunidades coma Xesús.



Martes, 14 de novembro. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

1. DEREITO A SER RESPECTADO E RESPONSABILIDADE DE RESPECTAR A TODOS

Convivir cos demais non é ás veces tarefa fácil, pero uno dos valores que temos que traballar en todos os ámbitos da nosa vida é o RESPECTO. O dereito a ser respectados é algo que debemos esixir aos demais, así como traballar pola responsabilidade de respectar a todas as persoas que están ao noso ao redor.

Esa responsabilidade pasa por respectar e ser respectado nas nosas contornas familiares, escolares e sociais, practicando algo que desexamos para connosco mesmos e que debemos buscar para todos os demais (e referímonos ás persoas, ás cousas, aos animais, ao noso medio ambiente… )

LECTURA BÍBLICA: Colosenses 3, 9-13
«Non vos mintades uns a outros! Como elixidos de Deus, santos e amados, revestídevos de compaixón entrañable, bondade, humildade, mansedume, paciencia. Soportádevos mutuamente e perdoádevos cando algún teña queixas contra outro. O Señor perdoouvos: facede vós o mesmo».


REFLEXIÓN
O respecto é a consideración, atención, deferencia que se debe a unha persoa. Podemos dicir tamén que é o sentimento que leva a recoñecer os dereitos e a dignidade do outro. Este valor fundaméntase na dignidade da persoa. Dignidade de igual a igual compartida por todos. O respecto aos demais é a primeira condición para saber vivir e poñer as bases dunha auténtica convivencia en paz.

Cústache respectar aos demais, as súas opinións, a súa forma de ver a vida, a súa forma de vestir… Que temos que facer para mellorar o respecto a nós mesmos e aos demais?



Mércores, 15 de novembro. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

DEREITO Á EDUCACIÓN
E RESPONSABILIDADE DE ESTUDAR

Cando botamos unha mirada ao longo da historia, non é difícil darse conta que para que un país teña futuro e os seus cidadáns poidan vivir nunhas boas condicións de benestar, é necesario que a educación sexa un dos alicerces básicos.

É certo que é un dereito que fomos conquistando entre todos, pero é a nosa responsabilidade, a de toda a sociedade o velar e coidar porque este dereito se cumpra, pero tamén velar porque este dereito non nos leve ao malgasto e falta de interese por mellorar constantemente.

EVANXEO: Mateo 28, 16-20
«Os once discípulos fóronse a Galilea, ao monte que Xesús lles indicara. Ao velo, eles prostráronse, pero algúns dubidaron.  Achegándose a eles, Xesús díxolles: «Déuseme todo poder no ceo e na terra.  Ide, pois, e facede discípulos a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar todo o que vos mandei. E sabede que eu estou convosco todos os días, ata o final dos tempos».

REFLEXIÓN

O estado Español gasta na educación aproximadamente 44.324 millóns de € ao ano, é dicir, un 4,27 % de PIB, o que corresponde a 937 € por persoa e ano. Unha praza escolar de ESO custa máis de 6.000 € ao ano.

Estes datos económicos téñennos que facer reflexionar sobre a nosa responsabilidade e actitude ante o estudo. É un gran privilexio poder vivir nun lugar onde temos a posibilidade de formarnos para poder vivir mellor no futuro e poder soster entre todos o que entre todos logramos.
Cal é a túa postura ante os estudos? Estás a ser responsable ante a solidariedade de tantas persoas para que ti poidas estudar? Es consciente da importancia que ten poder estudar?

AVE MARÍA



XOVES, 16 de novembro. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

DEREITO Á SAÚDE  E RESPONSABILIDADE DE COIDARSE

Todos valoramos a nosa vida e a dos nosos seres queridos, e todos experimentamos nalgún momento a enfermidade, unha das cousas que máis apreciamos cando a perdemos. Ter saúde é moi importante na vida, porque nos posibilita ter autonomía, podernos mover dun lado para outro; ter saúde supón poder gozar de todo o que a vida nos ofrece ao redor; pero a saúde é algo que podemos ou non podemos ter, ás veces a enfermidade chega sen esperala, pero a maioría das veces fáltanos saúde pola nosa maneira de vivir, o que comemos e bebemos, os hábitos de vida que realizamos, se facemos ou non exercicio, se descansamos ou non o suficiente… son cuestións que inflúen na nosa mellor ou peor saúde.

Temos dereito a que cando estamos enfermos nos coiden e teñamos médicos e hospitais para iso, pero non menos certo é que a nosa maior responsabilidade respecto da saúde é a de coidarnos e tratar de vivir dunha forma que posibilite ter a maior saúde posible durante o maior tempo posible.

EVANXEO: Mateo 8, 5-13

«Ao entrar Xesús en Cafarnaún, un centurión achegóuselle rogándolle: «Señor, teño na casa un criado que está na cama paralítico e sofre moito». Contestoulle: «Vou eu curalo». Pero o centurión replicoulle: «Señor, non son digno de que entres baixo o meu teito. Basta que o digas de palabra, e o meu criado quedará san». Ao oílo, Xesús quedou admirado e dixo aos que o seguían: «En verdade dígovos que en Israel non atopei en ninguén tanta fe. E dixo Xesús ao centurión: «Vaite; que te suceda segundo criches». E naquel momento púxose bo o criado».

REFLEXIÓN
Es responsable cos teus hábitos de vida e como estes poden repercutir na túa saúde? Es consciente daquelas cousas que poden estragar a túa saúde como fumar, beber alcol, consumir drogas, comer alimentos que prexudican á túa saúde, non descansar o suficiente?

NOSOPAI



https://youtu.be/Xq3aFZu8Wgs


VENRES, 17 de novembro. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

DEREITO Á PROTECCIÓN E RESPONSABILIDADE DE COIDAR AOS MÁIS DÉBILES

Desde que o home viviu en sociedade, foi descubrindo que necesitaba estar protexido por esa sociedade. Na evolución humana estudamos como as especies sobreviviron pola selección natural, de forma que as especies máis fortes predominaron ou resistiron mellor esa selección que as especies máis débiles. Así ocorreu e tristemente segue ocorrendo actualmente no desenvolvemento das sociedades humanas.

Se algo nos diferencia dos animais é que as persoas coidamos doutras persoas e establecemos uns dereitos que tratan de protexer aos máis débiles da nosa sociedade; desta maneira coidamos dos maiores, dos enfermos, dos nenos, dos minusválidos, daqueles que quedan sen traballo, etc., é dicir, de todas aquelas persoas que en momentos concretos da vida son máis débiles e vulnerables. Unha sociedade que non avance nesta dirección é unha sociedade menos humana, menos solidaria e inevitablemente moito menos cristiá.

EVANXEO: Mateo 25, 31- 46

Porque tiven fame e déstesme para comer, tiven sede e déstesme de beber, fun forasteiro e hospedástesme, estiven espido e vestístesme, enfermo e visitástesme, no cárcere e viñestes verme. Entón os xustos contestaranlle: Señor, cando te vimos con fame e te alimentamos, ou con sede e démosche de beber?; cando te vimos forasteiro e te hospedamos, ou espido e vestímoste?; cando te vimos enfermo ou no cárcere e fomos verte? E o rei diralles: En verdade dígovos que cada vez que o fixestes cun destes, os meus irmáns máis pequenos, comigo o fixestes.

REFLEXIÓN

Quizais sexa este texto do evanxeo de Mateo un dos máis impactantes e directos á nosa actuación como persoas e como cristiáns. Cal é a miña sensibilidade cara aos máis pobres e débiles da sociedade? Xustifícome, paso ou comprométome? Teño conciencia da responsabilidade que teño cara aos máis débiles e de que isto se plasma no meu estilo de vida?

NOSOPAI



Archivo del blog