sábado, 24 de febrero de 2018

2ª SEMANA DE CORESMA. 40 días CAMIÑANDO: Subida ao TABOR. ¡ESCOITÁDEO!

LUNS 26 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Seguimos preparándonos para celebrar ben a morte e resurrección de Xesús. Nesta 2ª semana de Coresma, Xesús sobe con Pedro, Santiago e Xoán ao monte Tabor onde se transfigura diante deles. Xesús quere dicirnos que atoparnos con el na oración é o máis importante, que quere acompañarnos nas dificultades e cruces da vida.

EVANXEO: Marcos 9, 2-10: Este é meu Fillo, o amado.

Narrador: Naquel tempo, Xesús tomou consigo a Pedro, a Santiago e a Xoán, subiu separadamente con eles sos a un monte alto, e transfigurouse diante deles. Os seus vestidos volvéronse dun branco resplandecente, como non pode deixalos ningún bataneiro do mundo. Aparecéronselles Elías e Moisés, conversando con Xesús. Entón Pedro tomou a palabra e dixo a Xesús:

Pedro: -«Mestre, que bo é que esteamos aquí! Imos facer tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías».

Narrador: Non sabía que dicir, pois estaban asustados. Formouse unha nube que os cubriu e saíu unha voz da nube:

Voz: -«Este é meu Fillo, o amado; escoitádeo».

Narrador: De súpeto, ao mirar ao redor, non viron a ninguén máis que a Xesús,
só con eles. Cando baixaban do monte, ordenoulles que non contasen a ninguén que viran ata que o Fillo do home resucitase de entre os mortos. Isto quedóuselles gravado e discutían que quería dicir aquilo de resucitar de entre os mortos. 

Palabra do Señor.

REFLEXIÓN: QUE NOS QUERE DICIR XESÚS?

-Continuamos a peregrinación de 40 días ata a Pascua. A Palabra de Deus, como bo  compás, sinálanos a dirección correcta.
-A montaña, na Biblia, é lugar de encontro con Deus
- Xesús subiu a monte a transfigurarse, é dicir, encher a súa vida de luz, da forza de Deus. Nós subimos a repoñer á montaña da oración e da eucaristía, onde “escoitamos” a súa Palabra, cargamos as pilas, enchémonos de luz e de fe.
-A eucaristía ou a oración poden ser unha costa para nós porque supón deixar cousas, dedicar tempo, pero desde ela veremos as vistas de Deus.
Que che pide Xesús? Como anda a nosa intimidade con Deus?



MARTES 27 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

SÉ FELIZ E FAI FELICES AOS DEMAIS;  SÉ AUTÉNTICO

EVANXEO:  Mateo 5,3-12

As  Benaventuranzas
“ Benaventurados (Felices) os pobres en espírito, pois deles é o reino dos ceos.
“ Benaventurados os que choran, pois eles serán consolados.
“ Benaventurados os humildes, pois eles herdarán a terra.
“ Benaventurados os que teñen fame e sede de xustiza, pois eles serán saciados.
“ Benaventurados os  misericordiosos, pois eles recibirán  misericordia.
“ Benaventurados os de limpo corazón, pois eles verán a Deus.
“ Benaventurados os que procuran a paz, pois eles serán chamados fillos de Deus.
“ Benaventurados aqueles que foron perseguidos por causa da xustiza, pois deles é o reino dos ceos.
“ Benaventurados seredes cando vos insulten e persigan, e digan todo xénero de mal contra vós  falsamente, pola miña causa; alegr
﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽ atanto, o  autocoñecea miña y continuamos hastasta y separar lo bueno de lo malo en cada persona? ¿Por quádevos, porque a vosa recompensa nos ceos é grande, porque así perseguiron aos profetas antes que a vós”.

REFLEXIÓN
Onde se atopa a felicidade? Temos que buscala fóra ou dentro de nós? Sen dúbida, a felicidade está dentro nosa. Na nosa maneira de vivir, de sentir, de compartir e de interpretar todo aquilo que nos sucede. Por tanto, o  autocoñecemento é a auténtica clave para alcanzar a felicidade.

ORACIÓN
Señor, o meu corazón rebosa de agradecemento
por tantos dons e bendicións como me deches.
Sacáchesme da nada e fixéchesme o teu elixido;
fixéchesme feliz co teu amor e a túa presenza.
Ti, Señor, creáchesme cun só corazón,
para que sexa para Ti, só para Ti.

Neste momento preséntome diante túa.
Acéptame cando e como queiras.
Fai de min segundo os teus desexos.
O teu é meu e eu son teu.
Creáchesme a túa imaxe, dun pouco de po,
e fixéchesme fillo teu.
Amén.



MÉRCORES 28 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Imos reflexionar sobre o significado da Coresma. Intentemos vivila intensamente. Remataremos facendo xuntos unha oración pedindo a nosa conversión verdadeira:



ORACIÓN
Oremos para que durante esta Coresma
nos volvamos plenamente a Deus e aos nosos irmáns.
Señor:
ti convídasnos a seguir ao teu Fillo.
Mentres lembramos
como foi conducido polo Espírito ao deserto,
que el abra os nosos ollos para ver
as inxustizas que creamos no noso mundo.
Axúdanos a orar en soidade,
a sentir a nosa sede de amor e de felicidade
e a vencer as nosas tentacións.
Que aprendamos de Xesús
a crer na Boa Noticia de Salvación
e a dar forma e a desenvolver
o teu reino de verdade, xustiza
e amor desinteresado.
Pedímoscho no nome de Xesús. Amén

XOVES 1 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

LECTURA BÍBLICA:  Efesios 1, 7
«Por El, polo seu sangue, recibimos a redención, o perdón da pecados»

LECTURA
A vida, a felicidade e a realización do home están no amar, no sentir, no  compadecer, no compartir, no vivir con e para os demais. Vivir é sinónimo de convivir e comunicarse.
Romper co egoísmo e o individualismo supón eliminar esa tendencia que temos todos a encerrarnos en nós mesmos.
Estamos en coresma, un tempo para “actualizarnos”. Que mellor momento para cambiar a nosa vida baseada en posturas cómodas,  egocéntricas e insolidarias? Sae do teu refuxio, da túa zona de confort e ponte en camiño cos ollos, as mans e o corazón ben abertos. Enseguida atoparás compañeiros de viaxe e persoas tiradas na cuneta; non peches os ollos nin pases de longo; achégate,  compadécete, solidarízate. Aprenderás a alegría de compartir. É tempo de “levantarse”  e poñerse en camiño superando posturas insolidarias. É tempo de amar: os demais necesítannos.

REFLEXIÓN
Seguimos avanzando no noso camiño de coresma cara á gran festa da Pascua. Deus deu o primeiro paso, sinalounos claramente cal é o camiño.
• Que posturas e actitudes terían que cambiar en min?
• Como podemos dirixir os nosos pasos cara ao amor?

ORACIÓN
O amor busca o bo por todas partes, o amor non ten envexa. O amor non  fanfarronea, o amor non se fai ilusións.
O amor se  compadece, achégase. O amor non se busca a si mesmo. O amor comparte e non se encerra en si mesmo.
O amor sempre pensa nos demais antes que nun mesmo.
O amor soporta todo, cre todo, o amor espera todo, aguanta todo. Axúdanos, Xesús, a amar como amaches Ti.



VENRES 2 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Seguimos neste tempo forte da Coresma, tempo que para os cristiáns é un camiño cara aos acontecementos máis importantes da vida de Cristo. Corenta días en que se nos pide mirar o noso interior,  desinstalarnos, saír ao  deserto  e  a  soidade  sen  medo...,  tal  como  Xesús  
fixo para  descubrir  que  é  o  importante...Este  tempo  é  como   dar ao  “reset” do noso sistema para comezar de cero,
limpos,  sen  prexuízos  nin  temores...  

Agora tócanos preguntarnos a nós mesmos en que debo eu cambiar...   e   podo   cambiar...   traballo   persoal,   aproveitar   mellor   o   tempo, mellorar relacións cos meus pais ou irmáns, amigos, profesores, alumnos, compañeiros/ as   de   clase...   pénsao   e   dio   para   o teu   interior...   O   que   podo  e  debo  cambiar  é  isto...  e  podo  e  debo  cambialo...  
Non basta cun bo propósito, unha boa actitude é importante. Haberá que revisalo con frecuencia. Tamén contamos coa axuda de Deus para os que sentimos crentes.

Todos: Gloria ao Pai e ao  Fillo  e  ao  Espírito  Santo...



viernes, 16 de febrero de 2018

SEMANA CONTRA A FAME

LUNS 19 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO, DO ESPÍRITU SANTO. AMÉN

Querido Deus:

Regaláchesnos o mundo para que todos vivamos nel, un mundo cheo de marabillas, beleza e plenitude; 
unha casa común onde ninguén debería ter fame. Pedímosche por todas as persoas 
que se esforzan por traballar os campos
 e polos que coidan os animais. 
Dános forzas para ser máis xenerosos
 e unir as nosas mans para que, xuntos,
 consigamos que remate a fame e o sufrimento.

Señor, ensínanos a comprender 
que todos os que vivimos no noso planeta somos unha familia humana,
 por iso debemos coidar a terra 
e a todos os que habitamos nela.


Todos: NOSOPAI...



MARTES 20 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO, DO ESPÍRITU SANTO. AMÉN

Señor Xesús:

Non nos deixes caer na tentación de pensar que podemos ter todo o que queiramos para comer nas nosas mesas e tirar o que nos sobra.
Fai que sexamos agradecidos pola comida que temos cada día.
Hoxe pedímosche por todas as familias que teñen que saír dos seus países buscando unha vida mellor;
para que poidan dispoñer da terra necesaria para podela cultivar e alimentarse cos seus froitos.
Fainos persoas responsables, comprometidas, solidarias e acolledoras.

Todos: Ave María...



MÉRCORES 21 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO, DO ESPÍRITU SANTO. AMÉN

Señor, fainos comprometidos co noso mundo.
•Dános valentía para esforzarnos cando nos pareza difícil.
•Dános paciencia para superar os problemas sen rendernos.
•Dános esperanza para seguir crendo e confiando en Ti .
•Dános forzas para comprometernos cos máis necesitados.
•Dános mans para acariñar, pés para camiñar, palabras para cantar sempre a favor dun mundo bo.
•Xesús, fainos persoas solidarias, capaces de construír un mundo novo e mellor. Amén

Todos: NOSOPAI



XOVES 22 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO, DO ESPÍRITU SANTO. AMÉN

Deus creador do mundo:
Dámosche grazas porque nos regalas cada día a luz do sol que fai que broten as sementes.
Fainos sensibles e abre os nosos ollos para ver que debemos coidar a natureza, o mundo, como un agasallo precioso que temos para compartir con todos.
Que non o sigamos danando, que coidemos os animais e as plantas e que non malgastemos a comida nin a auga.
Axúdanos a ser xenerosos ante as necesidades dos demais. Amén

Todos: Gloria ao Pai, ao Fillo e ao E.S...



VENRES 23 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO, DO ESPÍRITU SANTO. AMÉN

Xesús, Señor e Mestre:
Pedímosche polas persoas que viven en dificultades e conflitos por culpa das inxustizas e do egoísmo.
Cambia o corazón dos gobernantes para que busquen o ben de todos, especialmente dos máis necesitados.
Ti que nos deches o mandamento do amor, pedímosche que, a exemplo teu, compartamos cos nosos irmáns a vida,
o que somos e o que temos, e fagamos un mundo máis xusto e  fraterno onde a ninguén lle falte o alimento e a auga necesarios, non se cometan inxustizas e convivamos en paz e alegría. Amén

Todos: Oh María sen pecado concibida, roga por nós…

lunes, 12 de febrero de 2018

ORACIÓNS CORESMA 15-16 FEBREIRO

XOVES 15 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

CINZA: UN XESTO QUE SIMBOLIZA MOITO

EVANXEO:  Mateo 6, 1-6. 16-18

Tede coidado de non practicardes a vosa xustiza para que vos vexa a xente, que daquela o voso Pai celestial non vos dará recompensa ningunha.
Cando deas unha esmola non o vaias proclamando diante de ti cunha trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nos rueiros para seren loados polos homes; asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. Ti, en troques, cando deas unha esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a dereita. Así a esmola será secreta e teu Pai, que ve o segredo, xa te recompensará.

Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa. Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segredo; e teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.

Cando xaxuedes non poñades caras tristeiras, como fan os hipócritas: desfiguran as súas caras para que a xente llelo note. Asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. Ti, en troques, cando xaxúes, perfuma a cabeza e lava a cara, para que non che se note ante os homes, senón ante teu Pai celestial; e teu Pai, que ve o que está escondido, hate recompensar.


REFLEXIÓN
Este camiño cara á Pascua que é a Coresma, camiño marcado por actitudes sinceras de conversión comezou onte coa imposición da cinza.

Este xesto é un sinal de penitencia e de duelo xa presente no Antigo Testamento e un xesto que os cristiáns dos primeiros séculos facían frecuentemente en privado. Pero este xesto é simplemente un signo, un sinal visible dunha actitude interior.

Non podemos facer que a nosa práctica  coresmal se limite a grandes xestos externos, «para que nos vexan», senón que ten que ser unha conversión profunda do corazón.

Nestes corenta días prepárate, avalíate, proxéctate ao cambio, pono todo nas mans de Deus e lánzate á aventura de amar, de darlle sentido á propia existencia. É esta a mellor maneira de levar unha vida tranquila e en paz, baseada no amor.



VENRES 16 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

SÉ FELIZ E FAI FELICES AOS DEMAIS;
NON SEXAS  CENIZO

EVANXEO: Lucas 9, 22-25
«Naquel tempo, dixo Xesús aos seus discípulos: «O Fillo do home ten que padecer moito, ser refugado polos anciáns, sumos sacerdotes e escribas, ser executado e resucitar ao terceiro día». Entón dicía a todos: «Se algún quere vir en  pos de min, que se negue a si mesmo, tome a súa cruz cada día e sígame. Pois o que queira salvar a súa vida, perderaa; pero o que perda a súa vida pola miña causa, salvaraa. De que lle serve a un gañar o mundo enteiro se se perde ou se arruína a si mesmo?».

REFLEXIÓN
A palabra  cenizo ten a súa orixe nunha planta que se chama  ceñiglo. É unha planta que consideramos mala herba, e non ten aspectos positivos nin utilidade algunha. Así, no século  XVI, empeza a utilizarse a palabra  cenizo para falar das persoas que teñen e producen mala sorte. Actualmente “ser  cenizo” tamén significa ser  aguafestas, non ter alegría e estar a se lamentar de todo. Como te adoitas comportar? Sabes que as emocións se contaxian?

LECTURA: A felicidade é contaxiosa (ABC, 20-08-2015)

Un estudo realizado con 2.000 adolescentes demostra que as amizades con bo estado de ánimo axudan a superar a depresión.

Os investigadores atoparon que a felicidade é un estado mental contaxioso e que relacionarse con persoas animadas é o mellor antídoto contra a depresión. Ademais, tamén puideron comprobar como, ao contrario do que ocorre coa felicidade, manter contacto con persoas deprimidas non aumenta o risco de padecer depresión; con todo, é unha gran maneira de axudar a estas a recuperar a felicidade. Polo que «o apoio social, e ter xente coa que falar diso, é esencial para recuperar a felicidade».

Rodearse de amizades con bo estado de ánimo e hábitos saudables ten un «gran efecto» na recuperación da depresión, así que «promover as relacións de amizade entre os adolescentes é un método efectivo» para conseguir alcanzar a felicidade.

VÍDEO: A verdadeira felicidade ( Into  the  wild)

jueves, 1 de febrero de 2018

ORACIÓNS SEMANA 5-9 FEBREIRO

LUNS 5 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición.
Fronte desta situación, o Evanxeo que hoxe imos proclamar chámanos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e achega a fe. Non imos sos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos que nos acompañe.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

         Naquel tempo, despois de saír da sinagoga, Xesús foi á casa de Simón e mais de Andrés, con Santiago e Xoán. A sogra de Simón estaba na cama con febre, e axiña lle falaron dela.
         E, achegándose, colleuna pola man e ergueuna; desapareceulle a febre e púxose a servilos.
         Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlle todos os enfermos e endemoñados; a vila enteira se amoreou na porta. E sandou a moitos enfermos de varias doenzas e botou moitos demos. Pero aos demos non os deixaba falar, porque o coñecían ben.
         Moi cedo, aínda de noite, Xesús ergueuse e saíu para un lugar arredado onde se puxo a orar. Simón e mais os que estaban con el fórono seguindo, e cando o atoparon, dixéronlle:
         ‑ Todos te andan a buscar.
         El respondeulles:
         ‑ Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas, para que tamén alí se predique, pois para isto vin.
         E marchou e ía predicando nas sinagogas por toda Galilea, e botando fóra os demos.

                  Palabra do Señor                      R/. Loámoste, Cristo



MARTES 6 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A METADE DE CURSO, COMO IMOS EN FELICIDADE? 

LECTURA BÍBLICA:  Filipenses 3, 13-14

«Irmáns, eu non penso conseguir o premio. Só busco unha cousa: esquecéndome do que queda atrás e lanzándome ao que está por diante, cara á meta, para gañar o premio, ao que Deus desde arriba me chama en Cristo Xesús».

LECTURA - REFLEXIÓN

Aínda que non o pareza, estamos xa no  ecuador do curso escolar. E sería bo que nos parásemos un momento para descubrir como imos construíndo a nosa felicidade.

Imos reflexionar individualmente un intre… Cada un pensa en silencio, no seu interior, unha posible resposta real que vaia en consonancia co que un vivise nestes meses anteriores no cole.
 - Esforzo. Esfórzome en todas as dimensións da miña vida: estudos, na casa, nas miñas relacións persoais?
- Implicación: Son unha persoa disposta ou  pasota?
- Sabor: Dou sabor á vida das persoas que me rodean?
- Esencia: Son unha persoa humilde? Sei estar en cada momento e situación?
- Unión: Son elemento de unión ou de discordia?
- Corazón: Trato con agarimo ás demais persoas?
- Entrega: Implícome ao máximo no que fago ou só “dou o que me sobra”?
- Dozura: Trato ben ás persoas ou emprego expresións e palabras que feren e ofenden?
- Acollida: Son unha persoa acolledora ou máis ben borde?
- Esperanza: Son unha persoa con ilusións, positiva...?
Pois que sigamos empregando estes valores e outros na procura da nosa da felicidade.




MÉRCORES 7 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

É ENTROIDO

EVANXEO: Lucas 12, 27

«Fixádevos como medran os lirios: non traballan nin fían. Con todo, dígovos que nin aínda o rei  Salomón, con todo o seu luxo, se vestía coma un deles».

LECTURA

As orixes do Entroido son inmemoriais. O vocábulo provén do termo  “carnevale”, propio das linguas romances ou  neolatinas e que en italiano non foi modificado. O  italianismo entroido desprazou as formas tradicionais españolas carnal,  antruejo e  carnestolendas.

Un período de permisividade e crítica social. Cervantes relata o seguinte suceso no enxeñoso fidalgo Don Quixote: “ e alí, posto  Sancho en metade da manta, comezaron a levantalo no alto coma con can por  carnestolendas”. É dicir, por entroido, cando era costume  mantear a cans ou a  peleles.

Os termos entroido ou  carnevale derivan da expresión latina  “carnem  levare”, isto é, quitar a carne, a prohibición para comer carne durante os corenta días da Coresma.

O  martedì  grasso, o último día de Entroido, celebrábase un banquete desenfreado -e a carne precisamente era un símbolo destes excesos- previo ao período de xaxúns e abstinencias da Coresma, un tempo de purificación e penitencia que culmina na Pascua.

Para o cristián da época medieval, o Entroido era a representación do paganismo: o pobo ocultábase baixo máscaras e disfraces, celebrábanse desfiles, bailes e enchentes, ardían as fogueiras e sacrificábanse animais para atraela fortuna.

Era un período de permisividade, de crítica social, no que se  ridiculizaban aos gobernantes, aos nobres, ao clero e mesmo a moral relixiosa.

O entroido é unha das celebracións máis universais. Entre a tradición e o desenfreo, representa días de  permisión antes do recollemento da Coresma, mentres que en contornas rurais sábese que é unha festa ligada á natureza e aos ciclos anuais (finalización de sementa de inverno, a entrada do  equinoccio de primavera e a fertilidade dun novo ciclo)

Esta festividade pagá probablemente afunde as súas raíces nas antigas Saturnais romanas e nas bacanais romanas na honra do deus do viño, e mesmo aos exipcios que dedicaban unha festa ao touro  Apis. Ritos cheos de sensualidade e  teatralidade que hoxe perviven en entroidos como o de Venecia, famoso polas súas belas máscaras, que xa no século  XIII permitían a nobres, clero e  plebeyos divertirse de forma anónima.

Co tempo, moitas celebracións en todo o mundo labráronse un lugar na axenda dos viaxeiros que se desprazan durante estas datas na busca destas tradicións milenarias. Cada pobo e cidade desenvolveu un estilo de festa cos seus propios personaxes, iconas e celebracións festivas.


XOVES 6 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

EVANXEO: Mateo 5, 8

«Ditosos os de corazón limpo porque eles verán a Deus»

REFLEXIÓN

Nestes momentos do curso podes preguntarte por aquilo que necesitas mellorar. É necesario abonar con esforzo. Mira a ver como podes afrontar o día de hoxe con ganas. Non esquezas que estamos case en tempo de entroido; tempo de imaxinar un novo rostro para a nosa vida monótona e triste.
                                                                
ORACIÓN

Señor,
Nós usamos moitas caretas a diario
coas que ocultamos os nosos sentimentos,
segundo conveniencia, para despistar ao persoal.
Permaneceremos escondidos detrás da careta
e non nos manifestamos sinceramente...

Señor,
ti que coñeces o noso verdadeiro rostro
mellor ca nós mesmos
e sabes as caretas que nos poñemos
para disimular ou parecer mellores,
acepta os nosos desexos de sincerarnos
ante nós mesmos,
ante os homes e diante túa. Amén


VENRES 6 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Este fin de semana celébrase en moitos sitios o Entroido e moitas persoas utilizarán máscaras para disfrazarse. As máscaras teñen a función de esconder a nosa cara e mesmo as nosas expresións, é moi difícil adiviñar as emocións de alguén que leve unha máscara posta porque na cara móstranse a maioría destas.

EVANXEO: Mateo 23, 27-28

«Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que vos parecedes a sepulcros encalados: por fóra son fermosos, por dentro están cheos de ósos de mortos e de toda clase de impurezas! Así tamén vós, por fóra parecedes honrados á xente, por dentro estades cheos de hipocrisía e iniquidade»

Palabra do Señor
REFLEXIÓN
Cantas veces no noso día a día utilizamos “máscaras” coas que evitamos que os que nos rodean vexan o noso eu real e acabamos vivindo un personaxe, acabamos vivindo unha mentira?
Deixemos que a xente nos vexa tal e como somos e nos queiran polo que somos, non polo que aparentamos ou dicimos ser.

Archivo del blog