jueves, 5 de enero de 2012

ORACIÓNS XANEIRO 2012


LUNS 28 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


Naquel tempo, Xesús volveu a Galilea coa forza do Espirito; e a súa fama estendeuse por toda a bisbarra. Ensinaba nas sinagogas, e todos o gababan. Foi a Nazaret, onde se criara, entrou na sinagoga, como era o seu costume os sábados, e púxose de pé para facer a lectura. Entregáronlle o libro do profeta Isaías e, desenrolándoo, encontrou a pasaxe onde estaba escrito: «O Espírito do Señor está sobre min, porque el me unxiu. Envioume para anunciar o Evanxeo aos pobres, para anunciar aos cativos a liberdade, e aos cegos, a vista. Para dar liberdade aos oprimidos; para anunciar o ano de graza do Señor.» E, enrolando o libro, devolveuno ao que lle axudaba e sentou. Toda a sinagoga tiña os ollos fixos nel.

E el púxose a dicirlles: «Hoxe cúmprese esta Escritura que acabades de oír.»

Enviado - 3 TO C

MARTES 29 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Lector 1:
Estamos na Semana da Paz.
É un tempo do ano no que queremos pensar e decatarnos da necesidade de paz, para ser persoas de paz, da importancia de educarnos.

Lector 2:
Temos que convencernos que os nosos problemas non se resolven a golpes.
Temos que desexar fortemente utilizar todos os medios razoables e nunca recorrer á violencia.

Lector 1:
No mundo hai moita xente violenta e a nós ás veces tamén nos veñen ganas de selo.
Por iso pedímoslle a Deus a súa axuda e a súa forza para medrar e educarnos como xente de bo corazón que quere o amor e a paz.

TODOS:
Señor, fai de min un instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu leve o perdón.
Onde haxa discordia, que eu leve a unión.
Onde haxa dúbida, que eu leve a fe.
Onde haxa erro, que eu leve a Verdade.
Onde haxa desespero, que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristura, que eu leve a alegría.
Onde haxa tebras, que eu leve a luz.

Lector 2:
Señor, fai que non busquemos tanto
ser comprendidos, senón comprender;
ser consolados, senón consolar;
ser amados, senón amar.

TODOS:
Porque é dando, como se recibe.
É perdoando, como un é perdoado.
É morrendo, como se resucita á Vida Eterna.
(S. Francisco de Asís) 





 MÉRCORES 30 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo



Lector 1
Hoxe celebramos o DÍA ESCOLAR DE LA PAZ E A NON VIOLENCIA.
En moitas cidades do mundo, en moitos colexios de todas as razas e de distintas relixións, nenos coma nós celebran este día escolar da Paz.
Nas Nacións Unidas rezarase unha oración pola paz do mundo.
Nós imos rezar hoxe esa mesma oración. Ogallá, cando sexamos adultos, consigamos entre todos nós ese planeta en paz.

ORACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS

TODOS:
Señor,
a nosa terra é só un astro pequeno,
perdido na inmensidade do universo.

Tarefa nosa é facer dela un planeta
onde non vivamos atormentados polas guerras,
nin torturados pola fame e o terror,
nin esgazados e divididos
por ideoloxías, razas ou cor da pel.

Dános acerto e valentía
para poñer dende hoxe mans á obra
co fin de que os nosos fillos
e os fillos dos nosos fillos
poidan chamarse un día con orgullo homes.

XOVES 31 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


Lector 1:
Hai un poeta que di moi ben dito:
"Onde haxa unha árbore que plantar, plántao ti.
Onde haxa un erro que emendar, eméndao ti.
Onde haxa un esforzo que todos esquiven, acéptao ti.
Trata de ser o que aparte do camiño a pedra, 
o odio dos corazóns e as dificultades do problema".

Lector 2:
E é que nos gustan as cousas ben feitas e que todo estea en orde. Pero ás veces pensamos que os que teñen que facer as cousas son os demais.

Lector 1:
É o que lles pasa a algúns coa paz.

Lector 2:
Somos nós os que temos que facer a paz no noso colexio e na nosa familia.

Lector 1:
Se che gusta a paz, edúcate para a paz.

Lector 2:
Se de maior queres ser unha persoa de paz, ensaia dende agora a ser unha persoa de paz.

TODOS:
Señor, fai de min un instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu leve o perdón.
Onde haxa discordia, que eu leve a unión.
Onde haxa dubida, que eu leve a fe.
Onde haxa erro, que eu leve a Verdade.
Onde haxa desespero, que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristura, que eu leve a alegría.
Onde haxa tebras, que eu leve a luz. AMÉN

VENRES 1 FEBREIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Lector 1:
Ogallá chegue un día en que todos os exércitos do mundo non fagan falta, porque os países non queren xa arranxar os seus problemas loitando con armas.
Ogallá chegue o día en que ninguén se atreva xa a quitar a vida a outro ser humano.
Ogallá entendésemos dunha vez que é moito máis barato... pero moito máis barato! evitar unha guerra que pagar as súas mortes e os seus estragos.

Lector 2:
Señor, nós desexamos sementar o mundo de paz.
E, para conseguilo, sabemos que temos que educarnos plantándoa en cada corazón.
Ensínanos que perdoar é un signo de grandeza e que a vinganza é un sinal de baixeza.

Lector 1:
Ás veces preguntámonos por que se fabrican armas.
Ás veces tamén nos dicimos por que hai xente que cultiva no seu corazón o odio e non o amor.
Por iso pedímoslle a Deus,

Lector 1:
Ás veces xorden enfados entre nós ou na nosa casa e coa nosa familia.
Se queremos educarnos para a paz, temos que pensar que é moito máis o que nos une que aquilo que nos separa.
Temos que pensar que nunca hai razón abondo para mirar o "outro" como alguén a quen hai que quitar do noso camiño.

Lector 2:
Sabemos que hai paz entre nós cando facemos todas as cousas con xustiza, e cando non somos egoístas e pensamos nos demais.
Por iso, neste último día da Semana da Paz, pedímoslle a Deus sermos construtores de paz e de solidariedade.

 


LUNS 21 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Lectura do santo evanxeo segundo san Xoán (2,1-11):
Naquel tempo, había unha voda en Caná de Galilea, e a nai de Xesús estaba alí. Xesús e os seus discípulos estaban tamén convidados á voda.
Faltou o viño, e a nai de Xesús díxolle: «Non queda viño.»
Xesús contestoulle: «Muller, déixame, aínda non chegou a miña hora.»
A súa nai dixo aos serventes: «Facede o que el diga.»
Había alí colocadas seis tinaxas de pedra, para as purificacións dos xudeus, duns cen litros cada unha.
Xesús díxolles: «Enchede as tinaxas de auga.» E enchéronas até arriba.
Entón mandoulles: «Sacade agora e levádello ao mordomo.»
Eles leváronllo. O mordomo probou a auga convertida en viño sen saber de onde viña (os serventes si o sabían, pois sacaran a auga), e entón chamou ao noivo e díxolle: «Todo o mundo pon primeiro o viño bo e cando xa están bebidos, o peor; ti, en cambio, gardaches o viño bo até agora.»
Así, en Caná de Galilea, Xesús comezou os seus signos, manifestou a súa gloria, e creceu a fe dos seus discípulos nel.
Palabra de Deus

UN XESTO POUCO RELIXIOSO
"Había unha voda en Galilea". Así comeza este relato no que se nos di algo inesperado e sorprendente. 
Naquelas aldeas pobres de Galilea, a festa das vodas era a máis apreciada por todos. Durante varios días, familiares e amigos acompañaban aos noivos comendo e bebendo con eles, bailando danzas festivas e cantando cancións de amor.
O evanxelista Xoán non fala de "milagres". Aos xestos sorprendentes que realiza Jesús chámaos sempre "signos". Convídanos a que descubramos o seu significado máis profundo. Para iso ofrécenos algunhas pistas de carácter simbólico. 
A nai de Xesús, atenta aos detalles da festa, dáse conte de que "non queda viño" e indícallo ao seu fillo. María está preocupada. A festa está en perigo. Como pode terminar unha voda sen viño? Ela confía en Xesús.
Entre os campesiños de Galilea o viño era un símbolo moi coñecido da alegría e do amor. Sabíano todos. Se na vida falta a alegría e falta o amor, en que pode terminar a convivencia? María non se equivoca. Xesús intervén para salvar a festa proporcionando viño abundante e de excelente calidade. Xesús quere facer máis humana e levadeira a vida da xente.
Xesús contaxia fe nun Deus no que se pode confiar e co que se pode vivir con alegría, e porque atrae cara a unha vida máis xenerosa, movida por un amor solidario.

Razón de la Alegría - 2 TO C

MARTES 22 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Seguimos na Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns. Escoitemos as palabras que San Paulo dirixe a unha das comunidades cristiás formadas en Tesalónica. Talvez debamos escoitalas como se nolas dirixise a nós, teñen moito de actualidade:


Primeira carta de San Paulo aos Tesalonicenses 5, 12a. 13b-18.

Pedímosvos, irmáns... que a paz reine entre vós. Recomendámosvos, tamén irmáns, que corrixades aos indisciplinados, animedes aos tímidos e sosteñades aos débiles, tendo paciencia con todos. Mirade que ninguén devolva mal por malo; ao contrario, buscade sempre facervos o ben os uns aos outros e a todos. Estade sempre alegres. Non cesedes de orar. Mantédevos en constante acción de grazas, porque isto é o que Deus quere de vós como cristiáns.


Neste texto, parece ser que Paulo estaba moi preocupado porque nesta comunidade de Tesalónica, os cristiáns andaban enfrontados e divididos. Por iso, fai como unha lista das cousas que contribúen á paz. E di, por exemplo: garantir a participación de todos e valorar os que teñen pouco; soster os débiles; ser pacientes con todos; non devolver mal por malo senón buscar sempre o ben, entre nós e con respecto a todos; estar sempre alegres; orar sen cesar; dar grazas en toda circunstancia.

Ademais remata dicindo que se se vive así, se está a facer o que Deus quere. Non son cousas raras nin complicadas, non obstante a todos nos custa nalgúns momentos facelo.

Pidamos unha vez máis a Deus que Él nos axude.

NOSOPAI

Bien Por Mal - 7 TO A

MÉRCORES 23 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Onte falabamos dalgunhas cousas que Paulo recomenda para encontrar a paz entre todos. A primeira delas era non deixar de orar (Tesalonicenses 5, 17).
Para nós quizais é difícil rezar, porque nos aburrimos, porque non sabemos como facelo, porque non temos práctica, porque non sabemos escoitar a Deus, que fala por medio das cousas e as persoas.
Pero é importante porque nos recorda unha cousa fundamental: a paz e a unidade, como todo o realmente importante na vida, non podemos conseguilas nós sós co noso esforzo. Debemos esforzarnos, claro, pero non podemos conseguilo sós.
Necesitamos rezar porque necesitamos contar coa presenza de Deus. Quizais esteas a rezar máis do que pensas. Xesús só pide unha cousa: que creas en Él e, entón, serás quen de escoitalo.
A próxima semana comezaremos a rezar pola paz e a non violencia, posto que o 30 de xaneiro se celebra a nivel mundial este día, rememorando a morte de Gandhi.
Sabemos que non pode haber paz se non estamos unidos entre nós.
Pedimos pola unidade de todas as igrexas cristiás, pero tamén pola unidade entre todos nós, aquí no colexio, cos nosos amigos, no noso pobo, en Marín, o noso país... e entre todos os colexios vicencianos.

ORACIÓN
Señor Xesús, 
fai que sexamos os sinais vivos do teu reino que vén.
Acéndenos a paixón pola xustiza e a paz entre todos os pobos. 
Énchenos de fe, de esperanza e de amor que están no corazón do Evanxeo 
e fainos UN para que o mundo crea.
Que o teu nome sexa santificado en todo o mundo, 
que a túa Igrexa poida recoñecerse efectivamente reunida nun único corpo.
Comprometémonos a amarte, 
a traballar pola xustiza, a paz e a unidade. 
Queremos ser testemuñas túas. Amén
Dános luz e forza para coñecer e vivir a fe e o amor, 
para que outros te poidan recoñecer en nós 
e que poidamos descubrirte neles. Amén

Enseñanza Universal - 4 TO B
XOVES 24 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

O equilibrista
En Nova York,  construíronse dous rañaceos impresionantemente altos, a trinta metros de distancia un do outro. Un famoso equilibrista tendeu unha corda no máis alto destes edificios co fin de pasar camiñando sobre ela. Antes, dixo á multitude expectante: - Subirei e cruzarei sobre a corda, pero necesito que vostedes crean en min e teñan confianza en que o vou lograr"...
- "Claro que si" -, responderon todos ao mesmo tempo.
Subiu polo elevador e axudándose dunha vara de equilibrio comezou a atravesar dun edificio outro sobre a corda frouxa. Despois de lograr a fazaña baixou e dixo á multitude que lle aplaudía emocionada: - Agora vou pasar por segunda ocasión, pero sen a axuda da vara. Por tanto, máis que antes, necesito a súa confianza e a súa fe en min". O equilibrista subiu polo elevador e logo comezou a cruzar lentamente dun edificio ata o outro. A xente estaba muda de asombro e aplaudía.
Entón o equilibrista baixou e no medio das ovacións por terceira vez dixo: - "Agora pasarei por última vez, pero será levando unha carreta sobre a corda... Necesito, máis que nunca, que crean e confíen en min". A multitude gardaba un tenso silencio. Ninguén se atrevía a crer que isto fose posible... - "Abonda que unha soa persoa confíe en min e fareino" -, afirmou o equilibrista. Entón un dos que estaba atrás berrou: - "Si, si, eu creo en ti; ti podes. Eu confío en ti... "
O equilibrista, para certificar a súa confianza, retouno: - "Se de veras confías en min, ven comigo e súbete á carreta... "

ORACIÓN
Señor, ensínanos a confiar en ti. 
Da confianza xorde a amizade. 
Queremos ser os teus amigos.
Señor, grazas por todos os que confían en min: 
os meus amigos, a miña familia, os meus profesores. 
Non quero defraudalos. 
Dáme ilusión e alegría para vivir cada día.

Por qué voy a creer en Ti - 2 Pas B

VENRES 25 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Hoxe remata a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns. Ante un mundo dividido, os cristiáns debemos apoiar a unidade, traballando por facela posible entre todos e así chegar á unidade dos cristiáns. Un primeiro paso necesario é creala no noso ámbito dende unha actitude que contribúa a iso. Sobre os camiños da vida, en cada encontro, Deus pon en nós o desexo de encontralo nos demais, de acoller a todos, de ser sensibles para escoitar o que nos quere dicir a través das persoas que están ao noso lado, en especial dos máis necesitados. Hoxe invítanos a sentirnos reunidos no seu nome e a ser as súas testemuñas. Debemos contribuír no ben da humanidade e colaborar na tarefa de facer un mundo mellor. Iso é o que nos recorda tamén o día da Infancia Misioneira que celebramos este domingo, 27 de xaneiro. Esta Obra presta un servizo para a animación misioneira co fin de movernos a compartir a fe e os medios materiais cos nenos das rexións e das Igrexas máis necesitadas do mundo enteiro. Cada parroquia, cada Diocese e a Igrexa universal poden sentir como propia esta Obra da Infancia Misioneira.
Oremos, pois, por toda a Igrexa que, unida, procura a construcción dun mundo máis xusto e humano para todos.

NOSOPAI
Aínda que é un pouco longo, invítovos a visionar o vídeo de Infancia Misioneira deste ano. Paga a pena velo

 
LUNS 14 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (3,15-16.21-22):
Naquel tempo, o pobo estaba en expectación, e todos se preguntaban se non sería Xoán o Mesías; el tomou a palabra e dixo a todos: «Eu bautízovos con auga; pero vén o que pode máis ca min, e non merezo desatarlle a correa das súas sandalias. El bautizaravos con Espírito Santo e lume.»
Nun bautismo xeral, Xesús tamén se bautizou. E, mentres oraba, abriuse o ceo, baixou o Espírito Santo sobre el en forma de pomba, e veu unha voz do ceo: «Ti es o meu Fillo, o amado, o predilecto.»

Palabra do Señor
INICIAR A REACCIÓN
O Bautista non permite que a xente o confunda co Mesías. O Bautista ofrécelles un bautismo de auga. Só Xesús, o Mesías, vos "bautizará co Espírito Santo e con lume". Necesitamos ser bautizados por Xesús co seu lume e o seu Espírito.
Necesitamos volver ás raíces da nosa fe. Poñernos en contacto co Evanxeo. Alimentarnos das palabras de Xesús que son "espírito e vida".


Deixarse purificar - Bautismo / 1 TO C

MARTES 15 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


A SEMENTE HA DE MEDRAR
Unha muller soñou que estaba nunha tenda recentemente inaugurada e para a súa sorpresa, descubriu que Deus se atopaba tras o mostrador. 
- Que vendes aquí?, preguntoulle. 
-Todo o que o teu corazón desexe, respondeu Deus. 
Sen atreverse a crer o que estaba a ouvir, decidiuse a pedir o mellor que un ser humano podería desexar. 
-Desexo paz, amor, felicidade, sabedoría... 
Tras un instante de vacilación, engadiu: 
-Non só para min, senón para todo o mundo... 
Deus sorriu e díxolle: 
-Creo que non me comprendiches. Aquí non vendemos froitos, unicamente vendemos sementes. 

Para sementar unha planta hai necesidade de romper primeiro a capa endurecida de terra e abrir os sucos; logo, desmenuzar e afrouxar os anacos que aínda permanecen apelmazados, para que a semente poida penetrar, regando abundantemente para conservar o chan húmido e, daquela... Esperar con paciencia ata que xerminen e medren.

Na mesma forma en que procedemos coa natureza hai que traballar co corazón humano, "roturando" a costra da indiferenza que a rutina formou, removendo os anacos dun egoísmo mal entendido, desmenuzándolos en pequenos anacos de xestos amables, palabras cálidas e xenerosas, ata que con soltura, permitan acoller as sementes que diariamente podemos solicitar "gratis" no almacén de Deus, porque El mantén o seu supermercado en promoción. 

Son sementes que hai que coidar con dedicación e esmero e regalas con suor, bágoas e ás veces até con sangue, como regou Deus a nosa redención e como tantos deron a súa vida e o seu sangue por outros, nun traballo de fe e esperanza, de esforzo, mentres os fráxiles fillos, vanse transformando en plantas firmes capaces de dar os froitos desexados...

NOSOPAI...





MÉRCORES 16 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN
Rafa Nadal, aparentemente, baleira a súa cabeza entre punto e punto. Nunca parece arrastrar a frustración dun tanto perdido para levala ao seguinte. Así, foi capaz de facer caer a andamiaxe mental de Roger Federer na final de Wimbledon: todos vimos como algo no suízo fixo 'crack' naquel lendario quinto set, como veu abaixo, e como iso non lle ocorreu a Nadal. 

Aquela batalla mental, quizai a máis grande da historia do tenis, gañouna o mallorquino. Nunca se lle viu un indicio de queixa, de auto reproche, no medio da guerra. 

O seu tío explica como se consegue: "É unha cuestión de educación. Un non consegue que o seu fillo sexa educado facéndolle que dea sempre os bos días. Hai un traballo detrás e ten que saír del. Aquí é o mesmo. Conséguese o que se fai nos adestramentos. Odio á xente que se queixa, en todos os ámbitos da vida, e Rafael nunca o fai nos partidos. É unha incoherencia: se fallas moito é porque non sabes o suficiente do que estás a facer, así que máis vale que mellores. E se fallas pouco, é algo co que hai que convivir sen queixarse. 
Iso hai que educalo nos adestramentos: se fas algo mal, aguántaste. Traballa para que che saia ben. A Rafa aínda lle teño que dicir que non se queixe nalgún adestramento se fai as cousas mal", conta. Se de pequeno cho permiten todo, se che dan o que queres sen esforzo, serás moito menos sacrificado".

Se non sacamos bos resultados temos que mellorar, non podemos queixarnos. A clave é traballar máis, esforzarse máis. Estamos a comezar un novo trimestre, poñamos todo da nosa parte para que vaiamos a mellor e para que sexamos no futuro persoas sacrificadas. E que o noso traballo sirva, como vicencianos, para poñelo ao servizo dos demais, en especial dos máis pobres.

NOSOPAI

Somos Dándonos - ST B

XOVES 17 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

A PROCURA DE DEUS
Un día un discípulo foi ao encontro do seu mestre e díxolle:
- "Mestre, quero atopar a Deus".
O mestre, sorríndolle, mirouno pero non lle dixo nada. 

O novo discípulo volveu ao día seguinte a facerlle a mesma petición; e así cada día. Pero o sabio mestre sabía moi ben a que aterse.

Un día caloroso rogoulle que lle acompañase ao río a tomar un baño. O discípulo acompañouno e, chegados, ambos se mergullaron na auga. Nun instante, o mestre retivo á forza durante uns momentos ao mozo baixo a auga. Despois dun breve forcexeo soltouno e preguntoulle:
- Que é o que máis anhelabas cando estabas baixa a auga?
- Respondeu o discípulo: - Aire!
- Anhelas a Deus coa mesma intensidade? Se o desexas así -seguiu o mestre-, non che caiba dúbida de que o atoparás. Pero se non tes ese desexo ou sede de Deus, loitarás coa túa intelixencia, os teus beizos e todas as túas forzas, pero todo en balde, porque non o atoparás.

ORACIÓN
Señor Xesús, que chamaches a quen quixeches; chámanos a moitos de nós a traballar por Ti, a traballar contigo, a ser bos cristiáns.
Ti que iluminaches coa túa Palabra aos que chamas a ser cristiáns, ilumínanos co don da fe en Ti. 
Ti que nos sostiveches nas dificultades, axúdanos a vencer as nosas dificultades de mozos de hoxe. AMÉN


Que Dificil é Amar - 23 TO A

VENRES 18 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

SEMANA DE ORACIÓN POLA UNIDADE DOS CRISTIÁNS
Hai cen anos, o Pai Paul Wattson, sacerdote anglicano e cofundador da Sociedade do Atonement de Graymoor (no Estado de Nova York), inauguraba un Octavario de oración pola unidade dos cristiáns que se celebrou por primeira vez do 18 ao 25 de xaneiro de 1908, festa da Conversión de San Pablo.
Por tanto, estamos de aniversario.
Hai 200 anos ninguén pensaría que grupos enfrontados, como os católicos e os protestantes, rezariamos xuntos. Pero hoxe é un feito aceptado e promovido por todos. Damos grazas a Deus polo desexo que pon en nós, en todos os ámbitos da vida de buscar a paz e a unidade.

Este ano ten como lema "Que espera o Señor de nós?", unha pregunta que se atopa nos escritos do profeta Miqueas. Imos escoitar o texto elixido para este ano:

Con que me presentarei ao Señor e me prostrarei ante o Deus do alto? Presentareime ante el con holocaustos, con becerros que teñan un ano. Agradarán ao Señor miles de carneiros? Compraceranlle dez mil ríos de aceite? Entregareille o meu primoxénito polo meu delito, o froito das miñas entrañas polo meu pecado? 
Fíxoseche coñecer o que está ben, o que o Señor esixe de ti, ser mortal: tan só respectar o dereito, practicar con amor a misericordia e camiñar humildemente co teu Deus.

Pidamos unha vez máis a Deus que El nos axude a camiñar con respecto ao outro, ao que é diferente, a ser capaz de querer a quen non me cae tan ben e a practicar a oración para que Deus nos axude en cada momento da nosa vida. Amén.




MARTES 8 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Bo día e feliz ano novo!



Empezar un novo ano coma se fose calquera cousa, é unha enorme torpeza. Un ano de vida é un regalo demasiado grande para botalo a perder.

Algunha vez sentiches no máis fondo de ti mesmo ese desexo profundo de mellorar ou de cambiar?

Se é así, non deixes que o desexo se escape, porque non todos os días o sentirás. Se hoxe sentes esa chamada a querer ser mellor, a ser distinto, atrápaa con forza e faina realidade.

O inicio dun novo ano é o momento para reunir as forzas e toda a ilusión para comezar o mellor ano da vida, porque quen se propoña converter este no seu mellor ano, pode logralo.

O ano novo é unha oportunidade máis para converter a vida, o traballo en algo distinto:

"Quero algo diferente, vou comezar ben, así será máis doado seguir ben e rematar ben. Quizais o ano pasado non foi o meu mellor ano, deixoume un mal sabor de boca; este vai ser distinto, quero que así sexa, é un desexo, é un propósito, e non o vou botar a perder. Teño outra oportunidade que non vou desperdiciar, porque a vida é demasiado breve,".

Quen é capaz de dicir: "Dende hoxe, dende este primeiro día, todo será distinto?

Na miña casa, vou arrancar ese egoísmo que tantos desgustos provoca, serei mellor fillo, mellor amigo. Serei tamén distinto en clase, mellor compañeiro. Mesmo vou desempoar a miña fe, esa fe adormecida, vou poñer un pouco máis de oración, de aire puro na miña xornada diaria. Xa me fartei de vivir como vivín, de ser egoísta. Outro estilo de vida, outra forma de ser, por que non intentalo? "

Un ano recén saído das mans de Deus, é un ano que estreas. Que vas facer con el?, O ano pasado non che gustou?, Non deches a medida?, Con este que vas facer?

Un novo ano recén iniciado: Todo comeza se ti queres, todo volve empezar...



NOSOPAI

 


MÉRCORES 9 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo



ORACIÓN POLO ANO NOVO



Señor, Deus, dono do tempo e da eternidade, teu é o hoxe e o mañá, o pasado e o futuro. Ao rematar un ano quero darche grazas por todo aquilo que recibín de TI.

Grazas pola vida e o amor, polas flores, o aire e o sol, pola alegría e a dor, por canto foi posible e polo que non puido ser.

Ofrézoche canto fixen o ano pasado, o traballo que puiden realizar e as cousas que pasaron polas miñas mans e o que con elas puiden construír.

Preséntoche as persoas que ao longo destes meses amei, as amizades novas, os máis próximos a min e os que estean máis lonxe, os que me deron a súa man e aqueles aos que puiden axudar, cos que compartín a vida, o traballo, a dor e a alegría.

Pero tamén, Señor, hoxe quero pedirche perdón, perdón polo tempo perdido, polo diñeiro malgastado, pola palabra inútil e o amor desperdiciado. Perdón polas obras baleiras e polo traballo mal feito, e perdón por vivir sen entusiasmo. Tamén pola oración que pouco a pouco fun aprazando. Por todos os meus esquecementos, descoidos e silencios novamente pídoche perdón.

Ao iniciar un novo ano deteño a miña vida ante o novo calendario recén estreado e preséntoche estes días que só TI sabes se chegarei a vivilos. Hoxe pídoche para min e os meus a paz e a alegría, a forza e a prudencia, a claridade e a sabedoría.

Quero vivir cada día con optimismo e bondade levando a todas as partes un corazón cheo de comprensión e paz.

Pecha os meus oídos a toda falsidade e os meus labios a palabras mentireiras, egoístas, mordaces ou ferintes.

Abre en cambio o meu ser a todo o que é bo que o meu espírito se encha só de bendicións e as derrame ao meu paso.

Éncheme de bondade e de alegría para que, cantos conviven comigo ou se acheguen a min encontren na miña vida un pouco de TI.

Dános un ano feliz e ensínanos a repartir felicidade.

Comezar un ano coa fe en Deus e a mirada no ceo é un bo comezo. Que cada día deste ano sexa unha nova experiencia. 



NOSOPAI

 
XOVES 10 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


OLLO POR OLLO OU PERDOAR?

Xesús tráenos hoxe unha Boa Noticia. Quizais creamos que sabemos moito sobre el, que oímos moitas veces feitos da súa vida, pero a súa palabra pode soar de forma distinta cada día e pódenos dar luz nos nosos problemas.
En ocasións, enfadámonos cos demais ou mesmo podemos chegar a insultar  a aquel que non nos cae ben. Ante isto Xesús dinos unhas palabras:
"Oístes que antes se dixo: Ollo por ollo e dente por dente. Pero eu dígovos: Non resistades a quen vos faga algún dano. Ao contrario, se alguén che pega na meixela dereita, ofrécelle tamén a outra. Ao que che pida algo, dállo; e non lle volvas as costas a quen che pida prestado. "
"Tamén oístes que antes se dixo: 'Ama os teus e odia o teu inimigo. ' Pero eu dígovos: Amade os vosos inimigos e orade polos que vos perseguen. Así seredes fillos do voso Pai que está no ceo, pois el fai que o seu sol saia sobre malos e bos, e envía a chuvia sobre xustos e inxustos. Porque se amades soamente os que vos aman, que recompensa teredes? E se saudades soamente os vosos irmáns, que facedes de extraordinario? "

Xesús deixounos esta mensaxe, para que o teñamos en conta na nosa relación cos demais. O seu consello para que sexamos felices é que non peguemos, que a violencia non leva a ningún sitio. Dar e axudar a todo o que nos pide algo, aínda que non nos caia ben ou non o coñezamos. En definitiva, saudar, querer, compartir con todos, pero empezando cos que temos ao lado: cos nosos compañeiros de clase. Que Deus nos axude a dicir si sempre que alguén nos necesite.


NOSOPAI...



VENRES 11 XANEIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


Anel de compromiso

Un rapaz entrou con paso firme nunha xoiaría e pediu que lle mostrasen o mellor anel de compromiso que tivesen. O xoieiro ensinoulle un. O rapaz contemplou o anel e cun sorriso aprobouno. Preguntou logo o prezo e dispúxose a pagalo.
" Vostede vai casar pronto? ", preguntou o dono.
"Non. Nin sequera teño noiva", contestou.
A sorpresa do xoieiro divertiu ao rapaz.
"É para a miña nai. Cando eu ía nacer estivo soa. Alguén lle aconsellou que me matase antes de que nacese, pois así evitaríase problemas. Pero ela negouse e deume o don da vida. E tivo moitos problemas, moitos. Foi pai e nai para min, e foi amiga e irmá, e foi mestra. Fíxome ser o que son. Agora que podo cómprolle este anel de compromiso. Ela nunca tivo un. Eu doullo como promesa de que se ela fixo todo por min, agora eu farei todo por ela. Quizais despois entregue eu outro anel de compromiso, pero será o segundo".
O xoieiro non dixo nada. Soamente ordenou á súa caixeira que lle fixese ao rapaz o desconto aquel que se facía só a clientes especiais.


Señor, grazas polas nosas familias, por todos aqueles que nos queren e grazas por todo o que nos dan.

NOSOPAI...

No hay comentarios:

Publicar un comentario