jueves, 18 de septiembre de 2014

UN CURSO POR DIANTE ...

Se fósemos anotando nunha folla todas as cousas que imos aprendendo cada día, encheriamos cadernos enteiros de pequenas grandes sabedorías.
Así que, mochila ás costas, saquemos punta aos lapis e despexemos a fronte!!
Aprender que un máis un moitas veces suman tres (ou cinco). Que sumar esforzos multiplica os cambios. E que se o dividimos por catro será difícil volver compoñelo.
Que o anaco do bocata que o amigo che ofrece sabe a gloria. E estar sempre disposto a ofrecer do teu (enteiro, se fai falta) aínda que ninguén cho pida.
Que é unha marabilla que alguén che lea un conto; debuxando e imaxinando cada escena, creando historias que poden ser posibles.
Aventurarse á palabra. Ao don de comunicar. Á arte de escoitar. Falar sen necesidade de berrar.
E descubrir que un sorriso amplo e sincero é o idioma máis sinxelo, máis doado de aprender e mundialmente compartido. E seguramnete, o máis poderoso de todos.
Aprender a dar razón. Dialogar co corazón. Aprender a pedir. Gozar compartindo.
Xogar. Divertirte. Soñar. Ser unha nena que mira, observa e ilumina a súa mirada cada día.
Cantar. Converter en canción as fraccións máis bonitas, e tamén as máis dolorosas da Vida. E alimentar a alma con cada unha delas.
Pintar... Sorrisos. E alegrías. E flores. E miradas sinceras. E mans abertas.
Chorar sen que che dea vergoña.
Ler. O que está escrito. O que se esconde detrás. O que quixo dicir aquel que o conta. O que puido dicir aquel que calou (ou calárono). Facerse unha opinión. Saber defendela.
Apuntarse como principais materias á da Alegría, a Esperanza... e ao "metodo claro, abreviado e comprometido (para toda unha vida) de aposta pola Xustiza e a Dignidade para todas as persoas".
Aprender a equivocarse. Esforzarse para sacar "boa nota". Saber suspender (e descubrir que terminaremos sabendo moito máis...e mellor).
Experimentar cada abrazo como encontro. Saborealo. Bailalo lento. Dedicándolle tempo á amizade. E ao amor.

Comezou o novo curso! ... Mmmm, definitivamente, canto nos queda por aprender!

NOSOPAI

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog