"As miñas sementes nas túas mans serán primavera para o mundo... "
PEQUENAS SEMENTES
Vivimos afogados polas malas noticias. Emisoras de raio e televisión, noticiarios e reportaxes descargan sobre nós unha avalancha de noticias de odios, guerras, fames e violencias, escándalos grandes e pequenos. Os «vendedores de sensacionalismo» non parecen encontrar outra cousa máis notable no noso planeta.
A incrible velocidade con que se difunden as noticias déixanos atordados e desconcertados. Que pode facer un ante tanto sufrimento? Cada vez estamos mellor informados do mal que asola á humanidade enteira, e cada vez sentímonos máis impotentes para afrontalo.
Que podo facer eu para mellorar esta sociedade? Non son os dirixentes políticos e relixiosos que han de promover os cambios que se necesitan para avanzar cara a unha convivencia máis digna, máis humana e ditosa?
Non é así. Hai no evanxeo unha chamada dirixida a todos, e que consiste en sementar pequenas sementes dunha nova humanidade. Xesús non fala de cousas grandes. O reino de Deus é algo moi humilde e modesto nas súas orixes. Algo que pode pasar tan desapercibido como a semente máis pequena, pero que está chamado a crecer e frutificar de xeito insospeitado.
Quizais necesitamos aprender de novo a valorar as cousas pequenas e os pequenos xestos. Non nos sentimos chamados a ser heroes nin mártires cada día, pero a todos se nos invita a vivir poñendo un pouco de dignidade en cada canto do noso pequeno mundo. Un xesto amigable ao que vive desconcertado, un sorriso acolledor a quen está só, un sinal de proximidade a quen comeza a desesperar, un raio de pequena alegría nun corazón sufocado... non son cousas grandes. Son pequenas sementes do reino de Deus que todos podemos sementar nunha sociedade complicada e triste, que esqueceu o encanto das cousas sinxelas e boas.
Nos días de vento sur o mundo e as cousas precipítanse. Non sei por que! Pero así é. As estatísticas de clínicas e hospitais dinnos moi claramente como durante eses días morren máis enfermos nas súas plantas, a xente ponse máis nerviosa, hai máis desmaios e dores de cabeza. O noso organismo non é alleo: séntome canso, frío e calor percorren o meu corpo, o meu rendemento no estudo e traballo decrecen, etc... ". Hai algo máis máxico e espectacular nos días de vento sur. A todos os vosos profesores nos preocupa o teu vento sur. Pasaches todo un ano no colexio. Fuches aprobando e suspendendo, intentaches aprender para a túa vida de home ou muller durante nove meses, mantiveches un ritmo de estudo, traballo, adestramentos deportivos, relacións con amigos/ás e preocúpanos que agora te deixes levar polo vento sur do teu verán. Preocúpanos que o teu verán e as túas vacacións sexan un furacán que arrase todo o que aprendiches e o que maduraches. Que perdas o teu afán de superarte, de esforzarte, de manter o tipo, de levar unha vida ordenada e de traballo. Pensa se o teu proxecto de verán vai ser algo así como un día de vento sur, que fai voar os pensamentos e as ideas, que che fai perder os nervios e che causa rompedeiros de cabeza. ORACIÓN Señor, Ti coñeces os meus cansazos. Ti sabes do tempo que perdo; dos meus caprichos e comodidades; da miña falta de entrega e compromiso. Dáme a forza suficiente para seguirte de preto esforzándome cada día. Señor, Ti coñeces os meus cansazos; Ti sabes que ás veces os meus pés se deteñen ao bordo do camiño, renunciando a seguir as túas pegadas. MÉRCORES 17 XUÑO. NO NOME DO PAI... O verán é un tempo para ver a DEUS nos pequenos detalles Bo día, Que tal van os exames finais? Moito ánimo, cada vez está máis próximo o final de curso e con el, o comezo dunhas merecidas vacacións. Tempo para afastarnos da rutina, do ruído do día a día... Tempo para compartir cos demais, tempo para gozar da natureza, tempo para ver a DEUS nos pequenos detalles... Reflexión: Que vas facer este verán? A que lugares che gusta ir para desconectar e gozar da natureza? En que lugares sentes máis preto a presenza de DEUS? Por que? ORACIÓN: Señor, Pai noso. Douche grazas porque creaches a luz, o ceo, o sol, a lúa e as estrelas. Grazas por facer os mares e os ríos. Grazas polas plantas e as árbores. Grazas polos peixes, polos paxaros e por todos os animais. Grazas por crearnos aos homes semellantes a ti. Grazas por darnos a oportunidade de disfrutar de tantas cousas belas como fixeches. Pedímosche que saibamos coidalas. E, sobre todo, pedímosche que os homes coidemos sempre os uns dos outros e que nos axudemos coma irmáns, pois ti es o Pai de todos. Amén XOVES 18 XUÑO. NO NOME DO PAI… |
Este verán, non esquezas levar todo o necesario; se se che esquece algo, seguro que o podes comprar. Pero, hai algo que non poderás comprar: as persoas, especialmente alguén que te acompañou dende pequeno: Xesús de Nazaret
ORACIÓN
Señor, dámosche grazas polo curso que conclúe.
Grazas pola amizade que xermolou dos traballos compartidos, das esperanzas, proxectos compartidos, xogos e alegrías.
Grazas porque non camiñei só. Grazas porque sentín o afecto de amigos, amigas e da miña familia.
Grazas polos libros que lin, polos profesores que me axudaron, polos traballos que fixen, polos esforzos que me ensinaron a importancia do traballo.
Grazas porque Ti me acompañaches para ensinarme o camiño que conduce ao ben, á busca do ben común e á bondade.
Señor, hoxe pídoche que as cousas boas que aprendemos ao longo deste curso permanezan sempre en todos nós. Amén.
REFLEXIÓN:
- Que poñas en práctica moitas das cousas que ao longo deste ano aprendiches.
- Que sexas repartidor de alegría e paz, alí por onde vaias.
NOSOPAI
VENRES 19 XUÑO. NO NOME DO PAI…
|
O final
Todo ten principio e todo ten final.
Chegamos ao final dos días de clase normal. A partir de aquí xa só nos quedan os resultados do acumulado ao longo do ano.
Sen dúbida terás tido días bos e malos ao longo do curso. Sen dúbida que terás encontrado persoas mellores ou peores. Certamente que te terás encontrado con profesores de distinto carácter. Uns teranche caído mellor ca outros. Por suposto que tamén terás coñecido distintas clases de compañeiros. Cuns teraste levado mellor que con outros.
O importante é que soubeses aproveitar o mellor de cada circunstancia. Ata dos momentos peores da vida se pode aprender.
Como mensaxe final, deséxoche que, esquecendo todo aquilo que poida ser non de todo agradable, botes a túa mirada cara a adiante porque é o que importa.
O pasado, bo ou malo, non ten volta. O futuro está na túa man e na túa vontade.
Recorda que fai máis o que quere que o que pode.
Que sexa a túa vontade a que triunfe, non o teu capricho.
12 CONSELLOS PARA ESTE VERÁN:
1. Pola mañá, cando vaias camiñando pola praia fíxate no reflexo do sol na auga, pensa no que máis che guste na vida e síntete feliz.
2. Intenta usar todos os novos termos aprendidos este ano: cantas máis cousas digas, máis cousas poidas imaxinar e máis cousas poidas pensar, máis libre te sentirás.
3. Le todo o que poidas. Pero non porque tes que facelo. Le porque o verán inspira soños e aventuras e lendo sentiraste como as andoriñas ao voo. Le porque é a mellor forma de rebelión que tes. (Se queredes unha lectura suxerida, preguntádeme).
4. Evita todas as cousas, situacións e persoas que te inflúan negativamente: Busca as situacións e a boa compañía dos amigos que te enriquezan, que te entendan e que te aprecien polo que es.
5. Baila. Quita a vergoña. Na pista de baile ou no teu cuarto. O verán é un festival e sería absurdo non formar parte del.
6. Polo menos unha vez na túa vida tes que ver o amencer dun novo día. Permanece en silencio e respira. Pecha os ollos e síntete agradecido.
7. Fai un montón de deporte.
8. Se alegre como o sol e indomable como o mar.
9. Non digas "palabrotas" e se sempre educado e amable.
10. Se vas ver películas, faino en versión orixinal para mellorar as túas habilidades lingüísticas e a túa capacidade de soñar. Non deixes que a película acabe cos créditos; re-vívete mentres dure o verán.
11. Durante o día ou na noite, soña en como pode e debe ser a túa vida. Mentres dure o verán, reúne toda a forza que necesites para non renunciar a iso que queres e fai todo o posible para perseguir ese soño.
12. Se bo…
Feliz verán! Que sexas repartidor de alegría alí por onde vaias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario