lunes, 14 de septiembre de 2015

ORACIÓNS CURSO 2015-16

CREATIVOS ATA O INFINITO!!!

Iniciamos con moitas ganas o curso 2015-16.
O valor que traballaremos este curso será, como xa sabedes o da CREATIVIDADE.
Todos temos a capacidade e medios para ser creativos; basta CRER. Este curso intentaremos dar renda solta a ese potencial interior que permite ver e expresar as cousas de forma diferente á convencional. É urxente espertar este don, a capacidade de expresarse, de crecer e de sentirse realizados como persoas.

¡CREATIVOS ata o infinito!

EVANXEO: 
É tamén coma un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e deulles o coidado da súa facenda. A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un, a cadaquén segundo a súa capacidade; despois marchou.
De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco. Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. Pero o que recibira un foi cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo.
Ao cabo de moito tempo chegou o señor daqueles criados, pedíndolles contas
Chegou o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: "señor, cinco talentos me entregaches, velaquí outros cinco que gañei". Díxolle o señor: "Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor". Chegou o que recibira dous talentos e dixo: "señor, dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei". E díxolle o señor: "Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor”. Chegou tamén o que recibira un talento e díxolle: "señor, sei moi ben que es un home duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non botas. Por iso collín medo, e fun agachar na terra o teu talento; aquí tes o que é teu".
Pero o señor respondeulle: "¡Mal criado, lacazán! ¿Conque sabías que sego onde non semento e recollo onde non boto? Pois, poñías os meus cartos no banco e, así, cando eu volvese, podía coller os cartos e mais os intereses. Así que quitádelle o talento e dádello ó que ten dez. Porque ó que ten, háselle dar e abondo; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle ha quitar”
L/ PALABRA DO SEÑOR
T/ Loámoste CRISTO

Imos ver agora un exercicio que se fixo nunha escola de arte onde uns escultores traballaron sobre a mesma pastilla de xabrón.
Algúns xa o coñecedes, pero anímovos a ver o video centrándovos nesta idea:
- Que pode representar a pastilla de xabrón?
- Que ou quen poden ser as mans do escultor?

Se unha simple pastilla de xabrón ten "infinitas posiblidades",
imaxina as túas!

ORACIÓN FINAL ( xuntos)
SEÑOR,
amence un novo día.
E con el, un novo curso.
Un día que se fixo posible
grazas ao teu amor.
Vestíchelo coa túa mirada
de creador e pai,
Décheslle todo o teu esplendor e beleza,
aínda que haxa días fríos e con choiva.
Ti déchesnos este novo amencer,
esta mañá de hoxe para seguir vivindo, para seguir aprendendo.

Ao iniciar o curso,
toma a miña vida, Señor,
ten presente a miña oración.
Non deixes que, segundo avancen os días, os meus pasos se extravíen;
non deixes que me esqueza de Ti;
non permitas que desconfíe de Ti
e do teu amor para comigo.
Fai que eu non sexa este curso
dos que non xogan limpo,
dos que non din verdade.

Ven, Ti, Señor, á miña vida,
neste curso novo.
Sé ti o meu amigo e compañeiro de xornada.
Cando me atope cos outros
fai que saiba ver o teu rostro escondido no seu. Amplía a miña visión,
abre a miña fiestra interior.
Axúdame a non volver a mirada,
a ser sincero e a mirar de fronte.
Axúdame, Señor,
a atopar as palabras e os xestos oportunos,
para que ninguén saia ferido,
senón recoñecido como irmán ou irmá
e compañeiros de camiño.
Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo...
AMÉN

Deixémonos guiar polo amor de Deus para cambiar o mundo.
Papa Francisco

NO DEJES DE SOÑAR: https://www.youtube.com/watch?v=xd0hgKMkMf8

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog