LUNS
20 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
GRAZAS
A DEUS, POLO VIVIDO ESTE CURSO
Sempre se dixo que “a unión fai a forza”
e que cando todos tiran do mesmo carro e na mesma dirección o traballo faise
máis levadeiro. Estamos nos últimos días do curso e a cabeza está a pensar nos
últimos exames que posiblemente quedan. A pesar de todo, nun minuto de
silencio, dunha maneira rápida, mira o teu interior e intenta pasar diante de
ti os moitos acontecementos que ao longo do curso se foron sucedendo.
….
Desde o afastado outubro, coa celebración
do Domund; novembro coa festa da Milagrosa e cos primeiros exames, decembro coa
festa da Inmaculada e as vacacións de Nadal... O retorno difícil coa costa de
xaneiro e o seu final co Día da PAz. Febreiro e os seus entroidos, marzo con
máis exames e as vacacións de Semana Santa… O mes de abril que se foi rápido,
maio que acabamos hai só uns días coa festa de María …
Todos estes acontecementos dan un abundante froito como final. As pequenas cousas,
o día a día son quen van construíndo o edificio que cada un construímos durante
este curso. Oxalá que o final da obra estea rematada polo éxito .
ORACIÓN
Hoxe sementarei un sorriso... para que
haxa máis alegría.
Hoxe sementarei unha palabra
consoladora... para cultivar serenidade.
Hoxe sementarei un xesto de caridade...
para que haxa máis amor.
Hoxe sementarei unha oración... para que
o home estea máis preto de Deus.
Hoxe sementarei palabras e xestos de
verdade... para que non creza a mentira.
Hoxe sementarei serenidade de accións...
para colaborar coa paz.
Hoxe sementarei un xesto pacífico... para
que haxa menos nervios.
Hoxe sementarei na miña mente unha boa
lectura... para o gozo do meu espírito.
Hoxe sementarei xustiza nos meus xestos e
palabras... para que reine a verdade.
Hoxe sementarei un xesto de delicadeza...
para que haxa máis bondade. Amén.
NOSOPAI
MARTES
21 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
ESTE
ANO TOCA UN VERÁN…. EN CRISTIÁN!
A piques de comezar as vacacións queremos
lembrar que no verán Deus non está de vacacións. Imos á praia, ao campo, aos
pobos… e moitas veces esquecémonos de celebrar a nosa fe coa comunidade
parroquial, ou de dedicarlle un intre a Xesús na nosa oración persoal. Pois no
verán tamén temos que sacar tempo para estar co señor!
REFLEXIÓN.
DECÁLOGO PARA UN VERÁN “EN CRISTIÁN” (Javier Leoz)
1. Un cristián, no verán, non esconde nin
garda a súa fe como quen deixa no armario o abrigo de inverno. Somos cristiáns
sempre.
2. A vida cristiá non se sostén soamente
no “ser bos”. Este tempo é propicio para non esquecer a Deus e ser rostros
vivos da súa presenza.
3. Sen oración, un cristián, é un muíño
paralizado. A oración fainos fortes, fainos reflexionar e levar a cabo a
vontade do Pai.
4. A Eucaristía é unha necesidade
espiritual. Se xa con ela nos resulta levar unha vida relativamente cristiá,
sen ela convertémonos en marionetas do mundo.
5. No verán imos buscando o sol. Deus. é
o único Sol de xustiza. É quen broncea de verdade o corazón e a alma.
6. “Dime o que les e direiche como
pensas”. Seica un cristián non ha de nutrirse con palabras de esperanza?
7. A Creación púxoa Deus para o noso
deleite. Respectemos a contorna onde descansamos e gocemos de tantas cousas
boas que o Señor pon ao noso alcance. Custa séculos repoboar a terra; horas,
incendiala.
8. A beleza, a arte, a música clásica… pódenos
levar ao encontro de Deus. Un santuario é unha porta aberta á vea. María Virxe
é unha man que nos empuxa cara ao Señor
9. O silencio e a contemplación xunto ao
mar. A escalada de montañas como signo do noso esforzo por chegar ao ceo.
10. No val ou no mar, na montaña ou nunha
aldea, no bosque ou perdidos nun deserto. Fronte a unha catedral ou polas rúas
dunha gran cidade: non esquezamos que somos cristiáns. Non esquezamos que,
Deus, vai connosco.
MÉRCORES 21 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Hoxe botamos o peche a este curso 2015-2016. É momento de facer balance e pensar en que aspectos da nosa vida puidemos crecer e en cales temos que seguir insistindo: estudos, familia, amigos, relación con Deus, solidariedade, relixiosidade, relacións persoais… En definitiva, trátase de poder dar froito, e que o noso bo froito o coñeza a xente que nos rodea. Só así poderemos ser máis sans, máis sabios e máis santos.
DO EVANXEO DE SAN MATEO (Mt 5, 13-16)
«Vós sodes o sal da terra. Pero se o sal vólvese eslamiada, con que a salgarán? Non serve máis que para tirala fose e que a pise a xente. Vós sodes a luz do mundo. Non se pode ocultar unha cidade posta no alto dun monte. Tampouco se acende unha lámpada para metela debaixo do celemín, senón para poñela no candelero e que alume a todos os de casa. Brille así a vosa luz ante os homes, para que vexan vosas boas obras e dean gloria ao voso Pai que está nos ceos».
SÉ SAL E LUZ ESTE VERÁN: FELIZ VERÁN!
Por fin!!!! Despedímonos e desexamos a todos que pasedes un bo verán. Busquemos sempre ser sal da terra e luz do mundo, que non se note a nosa presenza ás veces é bo e que a nosa ausencia deixe un pouco inquietos aos demais, pois seremos necesarios alá onde esteamos… Xesús non se cansou de facer o ben. No ano da Misericordia fixemos os nosos ollos no exemplo de Xesús e fagamos o ben coma El. Xesús si que foi sal da terra e luz do mundo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario