LUNS
13 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
Estamos a piques de terminar o curso e
comezar as vacacións. Moitos de nós propoñémonos cousas para facer no verán.
Pensa ti tamén que facer: ir de campamento, estar no pobo, facer deporte, vivir
a natureza, practicar idiomas, quedar con alguén que hai moito que non ves,
xogar a algo especial cos teus amigos, pasear polo campo, subir algunha
montaña, bañarte nun río, rezar uns minutos cada día, ler unha ou varias
novelas, aprender a cociñar, axudar á nosa familia…
Temos por diante un verán amplo,
necesitamos programar o que imos facer para que logo poidamos ter uns meses
completos de experiencias que paguen a pena...
DO
EVANXEO DE SAN MATEO (Mt 22,34-40)
«Naquel tempo, os fariseos, ao oír que Xesús
fixera calar aos saduceos, formaron grupo, e un deles, que era experto na Lei,
preguntoulle para poñelo a proba: «Mestre, cal é o mandamento principal da
Lei?» El díxolle: "Amarás ao Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón,
con toda a túa alma, con todo o teu ser". Este mandamento é o principal e
primeiro. O segundo é semellante a el: "Amarás ao teu próximo como a ti
mesmo". Estes dous mandamentos sosteñen a Lei enteira e os profetas»
ORACIÓN
(TODOS XUNTOS): Señor, ensíname os teus camiños (Sal 142)
instrúeme nas túas sendas:
fai que camiñe como un mozo
que ten un corazón bo.
Ensíname, porque ti es
o meu Deus e o meu salvador.
E de ti fíome.
Ás veces equivócome,
non fago o que é correcto
e desvíome por senllas tortuosas.
Señor, sé compasivo e misericordioso,
paciente e fiel: revísteme de forza,
apártame do camiño falso
e guíame polas túas sendas.
Ensíname a cumprir a túa vontade.
O teu espírito que é bo
guíeme por terra chaira. Amén.
AVE
MARÍA
MARTES
14 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
DO
EVANXEO DE SAN XOÁN (Xn 15,12ss)
«Este é o meu mandamento: que vos amedes
uns a outros como eu vos amei. Ninguén ten amor máis grande que o que dá vida
polos seus amigos. Vós sodes os meus amigos se facedes o que eu vos mando»
O verán tamén é unha oportunidade para
estar cos nosos amigos e para facer novos amigos. Hoxe queremos lembrar aos
nosos amigos e pensar naquelas cousas que, con eles, con quen tantas cousas
compartimos, podemos pasar este verán.
ORACIÓN
FINAL (TODOS XUNTOS)
Grazas, Señor, porque o amor dos meus
amigos
faime sentir máis humano, máis
comprometido.
A miña amizade por eles é un intercambio
de ideas,
de
palabras, de silencios cheos de vida.
É deixar que a túa luz penetre as nosas
vidas
e baixo esa luz, comprobar gozosamente
que xuntos buscamos a verdade,
que xuntos iluminamos as nosas
existencias
e as dos nosos irmáns.
Señor, que cada vez sexamos máis amigos,
que a nosa amizade sexa cada vez máis
forte e máis fermosa
e que cada un, ao reflectirnos na alma do
outro,
atopemos o camiño do eterno. Amén
MÉRCORES 15 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
DO
EVANXEO DE SAN XOÁN (Xn 17,21-22.25)
«Que todos sexan un coma ti, Pai, estás
en min e eu en ti. Eu deilles a gloria que ti mediches para que sexan un como
somos nós. Pai, o mundo non te coñece. Que o amor que me tes permaneza neles».
Algunha vez pensaches en axudar a outras
persoas no verán? Por que non o fas este mesmo verán? Desde logo, non é preciso
que marches fóra. Basta con que teñas pequenos detalles de colaboración onde
esteas. Anímate.
Para entender un pouco mellor a estes
mozos, para entendernos, para pararnos e reflexionar sobre mundos aparentemente
afastados pero en realidade moito máis próximos do que pensamos, convidámosvos
a ver este vídeo. Trátase da experiencia dos misioneiros da comunidade de
Mozambique, moitos deles mozos e mozas coma ti, moitos “nacidos” no seo de JMV
e que decidiron marchar alén mar . Hoxe en día forman unha das comunidades que
MISEVI (Misioneiros Seglares Vicencianos) ten no mundo axudando a que este sexa
un pouco mellor. Unha experiencia de solidariedade intercultural co obxectivo
de construír un mundo máis xusto, apoiando accións que promovan o
desenvolvemento desde o compromiso co dereito de todas as persoas a unha vida
digna. Hai moito que nos separa, pero tamén é moito o que nos une: costumes
similares, ideas compartidas, preocupacións idénticas e as loitas de todos por
unha vida mellor.
ORACIÓN
(TODOS XUNTOS)
Señor, Ti dixeches
que cantos traballan pola paz
serán chamados fillos de Deus;
concédenos entregarnos
sen descanso a instaurar
no mundo a xustiza
que pode garantir
a todas as persoas do mundo
unha paz firme e verdadeira. Amén.
XOVES 16 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Aínda que queden poucos días para
concluír o curso, aínda que nos invada a tentación de non facer nada, habemos
de decatarnos, tamén en días como hoxe, que sempre “ao empezar cada xornada”
temos por diante “o partido máis importante”, no que nos xogamos que facer con
todas as posibilidades que temos. Non penses que isto a ti non che toca e sube
ao tren dos que queren cambiar o mundo, dos que din si á vida, a Deus e aos
demais cada día
DO
EVANXEO DE SAN MATEO (Mt 6,25.33-34)
«Non andedes preocupados pola vosa vida,
que comeredes, nin polo voso corpo, con que vos vestiredes? Buscade primeiro o
Reino de Deus e a súa xustiza, e todas esas cousas daránsevos por riba. Así que
non vos preocupedes do mañá: o mañá preocuparase de si mesmo. Cada día ten
bastante co seu problema».
REFLEXIÓN:
Cada día un agasallo de Deus
Cada xornada ten a súa preocupación, cada
día ten as súas alegrías e problemas, e tamén posibilidades, retos… E persoas e circunstancias coas que crecer e
desenvolver os nosos mellores dons, e atoparnos con Deus. Non desperdicies este
día, sal ao campo a dalo todo no terreo de xogo. Quizais non deberiamos
afanarnos nin preocuparnos tanto polo futuro, nin facer demasiados plans
Seguramente podemos confiar máis en que Deus sostén a nosa vida, e investir
máis no día a día. Cada xornada é un reto e un agasallo de Deus.
ORACIÓN
(TODOS XUNTOS)
Grazas Señor, por este día
que hoxe nos ofreces enteiro, sen
estrear,
cheo de momentos para aproveitar.
Grazas Señor,
por deixarnos vivir outro día,
porque sabemos que hai días
que non nolos merecemos.
Grazas Señor,
por acordarte de nós
cando máis te necesitamos.
En definitiva Señor,
grazas por estar aquí connosco. Amén
VÍDEO: Decálogo da serenidade, de Xoán
XXIII.
VENRES 17 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Na nosa vida somos melodía para os
demais. Ás veces somos música estridente, outras veces acougada, e mesmo,
noutras ocasións, ruído.
Como foi a banda sonora deste curso?
Lectura
do santo evanxeo segundo san Mateo (11, 25-27)
«Naquel tempo, exclamou Xesús: «Douche
grazas, Pai, Señor de ceo e terra, porque escondiches estas cousas aos sabios e
entendidos e reveláchesllas á xente sinxela. Si, Pai, así che pareceu mellor.
Todo mo entregou o meu Pai, e ninguén coñece ao Fillo máis que o Pai, e ninguén
coñece ao Pai senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar»
Dinámica
1. Pensa cal foi a banda sonora deste
ano. Relaciona unha CANCIÓN que che guste moito con como che foron as cousas
este ano. Podes escribir algunha frase da canción.
2. Podemos crear tamén a BSO do curso? Que
canción pode recoller o vivido este curso na clase?
Oración
Señor, fai que sexamos capaces de brindar
amor para despois pedir, que perdoemos para poder seguir. Recodando que só
temos unha viaxe de ida e por iso hai que darlle grazas á vida. Amén
No hay comentarios:
Publicar un comentario