26 de setembro
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
EVANXEO SEGUNDO SAN MATEO 22, 35-39
E
un deles preguntoulle con ánimo de poñelo a proba: - Mestre, cal é o mandamento
maior da Lei? El díxolle: - Amarás ao Señor, o teu Deus, con todo o teu
corazón, con toda a túa alma e con toda a túa mente. Este é o maior e o
primeiro mandamento. O segundo é semellante a este: Amarás ao teu próximo como
a ti mesmo.
COMENTARIO PARA A REFLEXIÓN:
Na
época na que se escribe o evanxeo discutíase acerca de se próximo era só quen
pertencía ao pobo de Israel ou tamén o estranxeiro que se instalou nas súas
terras. Xesús amplía o sentido de próximo a todos os seres humanos. Este amor non é un sentimento, unha
simpatía que brota espontaneamente, senón un comportamento solidario cos outros: os próximos e queridos
e os menos próximos e os non queridos.
San
Vicente fai efectivo ese amor ao próximo, ao máis necesitado, aos abandonados
pola sociedade.
Imos
pensar cantas veces condicionamos o noso agarimo polos demais e cantas veces
non aceptamos o agarimo que outros nos ofrecen.
ORACIÓN FINAL: Terminamos rezando xuntos o Nosopai.
27 de setembro: FESTA DE SAN VICENTE DE PAÚL
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
Hoxe
é un día grande para nós, celebramos o día de San Vicente de Paúl. Vicente fixo
efectivo o amor ao próximo e foi capaz de enredarse pola xustiza, para
dignificar á persoa.
ESCOITAMOS A ORACIóN POLA PAZ E A XUSTIZA
Señor, ti dixeches que cuantos
traballan pola paz serían chamados fillos e fillas de Deus.
Concédenos entregarnos sen
descanso a instaurar no mundo a única xustiza que pode garantir aos homes e
mulleres a verdadeira paz.
Señor, que co teu amor paternal
gobernas o mundo, rogámosche que todos os homes a quen deches unha idéntica
orixe, constitúan unha soa familia na paz e vivan sempre unidos polo amor
fraterno.
Señor, creador do mundo, baixo
cuxo goberno se desenvolve a marcha da historia; atende as nosas súplicas e
concede a paz aos nosos tempos difíciles.
Señor da Paz, ti es a mesma
xustiza: por iso o home violento non te comprende nin o corazón cruel é quen de aceptarte; fai que os bos perseveren
no ben e os que están enfrontados recuperen a paz co esquecemento do odio. Amén
Rezamos todos xuntos o Pai Noso.
28 de setembro
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
ESCOITAMOS A HISTORIA DO VOO DO FALCÓN
Un
rei recibiu como obsequio dous pequenos falcóns, e entregounos ao mestre de
cetrería para que os adestrase.
Uns
meses despois, o mestre informoulle ao rei de que uno dos falcóns estaba
perfectamente, pero que ao outro non sabía que lle sucedía, pois non se movera
da rama onde o deixou desde o día en que chegou.
O
rei mandou chamar a curandeiros e sanadores para que visen ao falcón, pero
ninguén puido facer voar a ave. Encargou entón a misión a membros da corte,
pero nada sucedeu. Ao día seguinte, pola xanela, o monarca puido observar que a
ave aínda continuaba inmóbil. Entón decidiu comunicar ao seu pobo que ofrecería
unha recompensa á persoa que fixese voar ao falcón.
Á
mañá seguinte, viu á ave voando axilmente polos xardíns. O rei, sorprendido,
pediu á súa corte que lle trouxesen ao
autor dese milagre. Desa maneira, trouxeron fronte ao monarca un humilde
campesiño.
O
rei preguntoulle: - Ti fixeches voar ao falcón? Como o fixeches? Es meigo?
Intimidado, o campesiño díxolle ao rei: - Foi fácil, meu rei, só cortei a rama,
e o falcón voou, deuse conta de que tiña ás e marchou voando .
PREGUNTAS PARA A REFLEXIÓN:
Sabes que tes ás ?
Sabes que podes voar ?
A que te estás agarrando ?
De que non te podes soltar ?
Que estás a esperar para voar ?
29 de setembro
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
XESTOS QUE CAMBIAN O MUNDO
O
camiño máis longo comeza cun paso, a árbore máis grande cunha pequena semente,
o libro máis grande cunha palabra, o cadro máis inmenso cunha simple
pincelada...
Si...
non hai nada grande, non hai nada importante que non empece por algo pequeno.
Así é a vida! E isto, o pequeno, convértenos en grandes poderosos, porque
todos, ti tamén, podemos o pequeno; se cadra non podemos grandes cousas, pero
podemos o pequeno. Somos poderosos... por tanto é necesario descubrir cal é o
teu poder, cal é o teu “xesto” para cambiar o mundo: contigo mesmo, cos demais,
coas cousas,... pénsao por un instante.
Ponlle
nome ao teu poder, ao teu superpoder, ao teu pequeno gran poder.
Si!
Ti tamén tes poder para cambiar o mundo e, como dicía o Tío Ben a Peter Parker
en Spiderman, “todo gran poder leva unha gran responsabilidade”. Nas túas mans
está que é o que decidas facer co teu poder. Así... a cuestión será que xesto
podo e quero facer eu para contribuír ao cambio do mundo. Pequenos xestos xeran
grandes cambios. O Deus de Xesús alenta e promove en nós a capacidade de facer
realidade novos pequenos xestos cada día para cambiar o mundo. Enredémonos pola
xustiza e cambiemos este mundo.
30 de setembro
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
SETE PENSAMENTOS PARA O DÍA
Lemos pausadamente meditando o
significado de cada frase:
FE: Non debemos perder a fe na
humanidade que é como o océano: non se ensucia porque algunhas das súas pingas
estean sucias. (Ghandi).
DEUS: Cando creas que Deus non escoita,
escóitao dentro (anónimo).
DIFICULTADE: Por moi longa que sexa a
tormenta, o sol sempre volve brillar entre as nubes (G. Khalill).
LIBERDADE: A liberdade é un luxo que
non todos poden permitirse (V.B.Otto).
FELICIDADE: A felicidade é interior,
non exterior; por tanto, non depende do que temos, senón do que somos
(Anónimo).
ESPERANZA: A esperanza é o soño dun home esperto. (Aristóteles).
AVARICIA: O avaro non posúe as súas
riquezas, senón que estas o posúen a el. (Bion de Esmirna).
Cadaquén que elixa un destes pensamentos
como lema para o día.
NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario