jueves, 1 de diciembre de 2016

2ª SEMANA ADVENTO. ORACIÓNS SEMANA DA INMACULADA

7 de decembro

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

VIAXAMOS A BELÉN PARA ATOPARNOS CON XESÚS.... Desde diferentes países do norte de África... O punto de partida ten distintos nomes (Marrocos, Chad, Sudán, Etiopía,, Nixeria, Serra Leoa....). O de chegada só ten tres: Ceuta, Melilla ou a Península Ibérica. Entre medias, un duro camiño que adoita durar meses, nalgúns casos, anos e, no peor dos escenarios, só leva a morte. Hoxe idos deixarlle a nosa lanterna para ofrecerlles unha luz que lles axude no camiño.

O mesmo camiño que realizou unha muller, María. Durante estes días de Advento fixámonos dunha maneira especial nela. Mañá 8 de decembro celebramos a Inmaculada Concepción. María foi
 unha muller capaz de dicir SI sen condicións. Confiaba en Deus e 
viviu o seu embarazo con alegría, esperanza e tamén con incerteza.

María entendeu que para ser libre hai que deixarse guiar pola vontade de Deus, porque o que el quere é precisamente que sexamos libres e felices. María ensínanos que a felicidade está en amar con compromiso, mesmo estar dispostos a sufrir polos que nos comprometemos. O día que ela deu a luz a Xesús non tiña un lugar luxoso onde hospedarse e iso non lle fai renegar: entendeu que o amor implica compromiso, entrega e sufrimento por quen 
amo e que iso dá a alegría verdadeira.

Oración:
Grazas, Pai,
por regalarnos a María, a túa Nai,
como un exemplo para nós de fe firme.
Grazas, porque a través dela
segues dándonos a coraxe necesaria
para estar dispoñibles e atentos
ás necesidades dos demais.
Pedímosche que non deixes nunca
de darnos o teu Espírito, a túa forza,
para que vivamos de tal maneira
que tamén poida dicirse de nós, como de María:

"Feliz, ti, que criches".
Que saibamos facer do teu evanxeo
un xerme de vida
no corazón de cada un,
no máis profundo da nosa persoa.
E que así se cumpra en nós a túa promesa
dunha vida que non termina, que nunca se acaba.

AVE MARÍA



VENRES 9 decembro

Palabra de Deus:
Unha voz chama no deserto: Preparade os camiños do Señor, reparade os seus vieiros. Todo barranco se cubrirá, todo monte e 
 se rebaixará, os camiños tortos hanse endereitar e os fragosos hanse achanzar. E todos verán a salvación de Deus. Lucas 3, 1-6

A finais de novembro, todos os anos, acéndense as luces de Nadal na miña cidade. Parece diferente, máis alegre e colorida.

Os comercios tamén adornan os seus escaparates enchéndoos de luces e cores.

Por todas partes, empeza a oírse e a lerse a palabra “Nadal”. Si, a xente fala do nadal e felicítase o nadal e pregúntanse que fan en nadal, onde comen, con quen...

Na televisión, nin vos conto, todo o día: “xa é nadal”, volve a casa por nadal, a maxia do nadal, a peli especial do nadal... Nadal por todas partes!

Pero, que é Nadal?

Nadal es ti, cando decides nacer de novo cada día e deixar entrar a Deus na túa alma.

A árbore de Nadal es ti, cando te resistes aos ventos e ás dificultades e decides seguir adiante.


Os adornos de Nadal es ti, cando as túas virtudes e calidades son cores que adornan a túa vida.

A campá de Nadal es ti, cando chamas, agrupas e buscas unir.

Es tamén luz de Nadal, cando iluminas coa túa vida o camiño dos demais coa bondade, a paciencia, alegría e a xenerosidade.

Os anxos de Nadal es ti, cando cantas ao mundo unha mensaxe de
 paz, de xustiza e de amor.

A estrela de Nadal es ti, cando guías a alguén que vaia polo bo camiño.

A felicitación de Nadal es ti, cando coas túas mans escribes bos desexos cara aos demais e perdoas e restableces a paz.

A cea de Nadal es ti, cando axudas a dar para comer ao que non ten e nutres de esperanza ao pobre que está ao teu lado.

Ti es, si, a noite de Nadal, cando xunto á túa familia recibes ao Salvador do mundo cun sorriso e felicidade.

Xa te deches conta de que é o Nadal? Porque Nadal es ti, todos os días, por esa entrega que podes dar cun simple abrazo, cun quérote, cun sorriso e coa axuda incondicional. Por iso, xa que ti es nadal, igual ca min, quéroa celebrar contigo.

Deséxovos un bo camiño de Advento, para que vos poidades preparar e celebrar o auténtico Nadal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog