LUNS 28
NOVEMBRO: FESTA DE SANTA CATALINA LABOURÉ
+NO NOME DO
PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Hoxe celebramos a festa de Santa Catalina Labouré. Ela
viu á Virxe e foi a portadora dunha medalla. A nosa vida, como a vida de Santa
Catalina, nas mans de Deus, pode ir transformándose, fortalecéndose e
enriquecéndose para dar resposta ás chamadas de Deus e da xente que nos rodea.
-Garda un
momento de silencio e fala interiormente nesta mañá a Xesús. El fala aos
sinxelos e pequenos como o fixo con Santa Catalina. Tamén ten moito que
dicirche a ti.
MARTES 29
NOVEMBRO: FUNDACIÓN DAS FILLAS DA CARIDADE
+NO NOME DO
PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Hoxe lembramos que un 29 de novembro do ano 1633 as
Fillas da Caridade reuníronse por primeira vez para vivir xuntas e iniciar un proxecto de Servizo aos máis
pobres. Santa Luisa xuntounas na súa casa e San Vicente animou este proxecto.
Hoxe comezamos a nosa
oración DANDO GRAZAS A DEUS pola vida e a vocación das Fillas da
Caridade, polas Fillas da Caridade que nos precederon desde que Margarita
Nasseau “mostrou o camiño ás demais”, segundo palabras de San Vicente.
Todos xuntos:
Dámosche grazas, Señor, porque chamaches ás Fillas da Caridade a seguirte dentro dunha historia concreta e con outros irmáns e irmás tamén concretos, porque nós, alumnos do colexio, tamén somos parte desta historia.
Porque nos queres como somos: pequenos, débiles, sinxelos…
Grazas porque Ti necesítalas e necesítasnos, como tamén nós a ti, para construír o teu Reino de Amor, de Paz, de Xustiza.
Porque nos axudas sempre a fiarnos de Ti
Porque nos axudas a ser sensibles e próximos aos demais.
Porque nos axudas a abrir os nosos corazóns ao necesitado
Porque o noso desexo é achegarnos ao irmán.
Grazas polas Fillas da Caridade, porque elas nos ensinan a vivir a FE e porque nos mostran no día a día que paga a pena vivir a vida cando a gastamos servindo e amando aos outros segundo os teus plans. AMÉN.
Mércores 30
novembro
+NO NOME DO
PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Hoxe é o último día de mes. Durante todo este mes
fomos reflexionando sobre María e a súa medalla.
Xa estamos en ADVENTO e ela axúdanos a vivilo mellor.
A Virxe do Advento axúdanos a converternos en
verdadeiros fillos da espera, que esperan todo del e non se desaniman por seren
pequenos, así a todo fanse audaces e lánzanse á aventura da amizade e da
colaboración con Xesús.
María está ante nós como signo de consolo, de alento e
de esperanza. Diríxese a nós, dicindo:
"Ten a valentía de estar con Deus.
Proba a estar con El,
Non teñas medo del.
Ten a valentía de arriscar coa fe.
Ten a valentía de arriscar coa bondade.
Ten a valentía de arriscar co corazón puro.
Comprométete con Deus; e entón verás que precisamente
así a túa vida se ilumina e non resulta aburrida, senón chea de infinitas
sorpresas, porque a bondade infinita de Deus non se esgota xamais"
FELIZ
PREPARACIÓN DA VINDA DE JESÚS!! ACOMPAÑA A MARÍA E SÉNTENTE ACOMPAÑADO POR
ELA.
OH MARÍA SEN
PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI
XOVES 1 de decembro
+ No nome do
Pai e do Fillo e do Espírito santo.
Preparámonos para facer oración...
Buscamos a postura mellor para vivir ese diálogo con
Deus... para poñernos á escoita da voz do Señor, que unha e outra vez sacode e
move toda a nosa vida...
Imaxinamos que nese silencio do noso interior abrimos
ben a porta de todo o noso ser, para que chegue mellor ao último recuncho da
nosa vida, a voz do Señor... a súa mensaxe de esperanza. Só somos unha porta
que se abre; e ábrese... a esa presenza de Deus, que trae a salvación para
todos...
Vivimos desde o silencio, esta actitude de apertura
total a Deus...
Onte xa vos comentamos que o pasado domingo comezou o tempo de Advento, un tempo no que nos preparamos para recibir un gran regalo: Xesús.
Onte xa vos comentamos que o pasado domingo comezou o tempo de Advento, un tempo no que nos preparamos para recibir un gran regalo: Xesús.
Por iso, ao longo destas semanas que nos quedan antes do Nadal, imos reflexionar sobre o acontecemento do nacemento de Xesús e imos realizar unha viaxe por diferentes realidades para chegar a Belén e atoparnos con Xesús. Anímaste a vir connosco?
O primeiro... Xa sabes, bota un ollo ao mapa mundial.... En que realidades pensas que Xesús quere nacer hoxe? A continuación, prepara a túa maleta, xa non con recordos do teu pasado, senón con todo aquilo que lle podes ofrecer a ese Neno que nace, e que vén facelo nas realidades máis duras...
Así, cada semana se advento iremos a un país concreto onde se viven realidades específicas e poderemos ofrecer algo do que levemos na nosa maleta.
Podemos documentarnos sobre ese país para intentar coñecer mellor a súa realidade. E reflexionaremos sobre a necesidade de solidariedade, misericordia e compaixón coas persoas que sofren por diferentes motivos.
Se vos fixades no mapa, o traxecto proposto dos lugares nos que pararemos na nosa viaxe forman uns trazos similares á estrela de Belén que nos acompañará e guiará en todo momento para o encontro con Jesús.
Así, nesta primeira semana imos viaxar a Siria, un país tan castigado pola guerra e as migracións masivas por esta causa. Máis de 11.000 nenos morreron e 13.5 ,illóns de persoas necesitan axuda urxente porque quedaron sen nada, ben recluídos no seu país ou ben hacinados en campos de refuxiados e vivindo en condicións infrahumanas. Son miles os nenos que quedaron sen familia, sen escola, sen nada.... Hoxe imos sacar da nosa maleta os nosos xoguetes, imos ofrecerllos para que non se esquezan de sorrir.
Ao longo destes días, podemos traer ao colexio os nosos xoguetes para compartilos con aqueles nenos que non teñen, para que este Nadal sexa un pouco especial. Sexamos xenerosos!!!
NOSOPAI
2 de decembro
+ No nome do
Pai e do Fillo e do Espírito santo.
Comezamos un ano máis un tempo litúrxico importante, O
ADVENTO. Preparámonos un ano máis durante catro semanas para vivir o Nadal, lembrar
e celebrar o nacemento de Xesús.
O Advento é, por tanto, un tempo de espera e de
esperanza. Atrévete a esperar!, nun tempo onde todo o queremos xa!, a golpe de “clik”,
inmediatamente.
O Advento tennos que espertar. Non esteades atados aos
vosos recordos nin anestesiados polas vosas preocupacións. Non vivades
alienados co voso consumo e as vosas diversións. Mirade que algo novo vai
suceder, alguén está por chegar, hai sinais que anuncian o cambio. En que
sentido?
Necesitamos persoas que nos orienten e que nos axuden
a ler o que está a suceder na actualidade, o que importa é que esteamos
espertos, espertos pero soñando, atrevédevos a soñar, non sexades conformistas
nin rutineiros.
Sede persoas positivas e creadoras, confiadas e
alegres.
Por que non soñar que o mundo pode aínda ser moito
mellor para nós e para os nosos descendentes?
Atrévete a soñar aínda que te chamen iluso e vive con
esperanza este Advento que acabamos de comenzar.
Reflexión:
Imaxina e pensa: Como será este século XXI cando termine os
seus días?
Será un
mundo máis xusto e máis igualitario?
Será un
mundo máis pacífico?
Será un
mundo máis ecolóxico e natural?
Será un
mundo máis feminino e máis belo?
Será un
mundo máis misericordioso?
Será un
mundo máis solidario?
Será un
mundo máis creativo?
Será un
mundo máis humano?
Preparémonos a vivir unha Advento con moita esperanza
e capaz de dar resposta a estes interrogantes.
Oración
(xuntos):
Paremos un momento o tempo,
esquezámonos de todas as preocupacións que nos
estresan,
deteñamos a tolemia dos nosos pensamentos,
busquemos soamente o silencio que nos dá a PAZ.
Baleirémonos de todo o que non é esencial
para deixar un lugar á VIDA.
Non é necesario facer nada.
Non é necesario que pensemos en nada
Deixade que o amor do Pai vos envolva.
Deixádevos abrazar por El.
Achegádevos a El os que estades famentos de amor.
Vide! Escoitade o berro que resoa nos nosos corazóns:
XESUS VÉN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario