domingo, 16 de abril de 2017

PASCUA. XESÚS RESUCITOU. ALELUIA!!!

MARTES 18 ABRIL
+No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Todos:
ALELUIA!  ALELUIA!   O Señor Resucitou.
Louvade ao Señor porque o seu amor é grande connosco. ALELUIA!

Comezamos unha semana especial, unha semana importante: A 1ª SEMANA DE PASCUA. Tamén arrinca a última etapa deste curso. Necesitamos dar o mellor de nós mesmos, e moitas veces cústanos facelo sós. Necesitamos de Deus. Por iso, facemos un silencio e preparámonos para escoitar a súa palabra. Unha palabra que atopará resonancia no noso interior.

Lectura do santo Evanxeo segundo San Xoán (20, 1-9)
O primeiro día da semana, María Magdalena foi ao sepulcro ao amencer, cando aínda estaba escuro, e viu a laxe quitada do sepulcro. Botou a correr e foi onde estaba Simón Pedro e o outro discípulo, a quen quería Xesús, e díxolles:
- Levaron do sepulcro ao Señor e non sabemos onde o puxeron.
Saíron Pedro e o outro discípulo camiño do sepulcro. Os dous corrían xuntos, pero o outro discípulo corría máis ca Pedro; adiantouse e chegou primeiro ao sepulcro; e, asomándose, viu vendas no chan: pero non entrou.
Chegou tamén Simón Pedro detrás del e entrou no sepulcro: Viu vendas no chan e o sudario con que lle cubrían a cabeza, enrolado nun sitio aparte.
Entón, entrou tamén o outro discípulo, o que chegara primeiro ao sepulcro; viu e creu.
Pois ata entón non entenderan a Escritura: que el había de resucitar de entre os mortos.
Palabra do Señor
R/. Louvámoste, Cristo

REFLEXIÓN
Imaxina que non coñeceses a Xesús, cambiaría algo a túa vida?
Se a túa resposta é que non, convidámosche a coñecelo; se dis que si, agradece a Deus o don da fe e pídelle forza e coherencia para ser un bo discípulo/a como María Magdalena.
Ela tivo a tarefa de anunciar a outros o que vía. No fondo esa é a misión de todo crente, comunicar aos demais que Xesús está vivo. ALELUIA!!!



MÉRCORES, 19 de abril
+No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Todos:
ALELUIA!  ALELUIA!   Gloria ao Señor.
Cristo segue vivo, a esperanza aberta está. ALELUIA!

Moitos quedan na metade do camiño, outros con moito esforzo chegan ao seu obxectivo.
A única verdade é que cada un pode cumprir o seu soño con vontade, esforzo e traballo día a día.
Non hai por que renderse, aínda que o camiño estea escuro e non atopes saída, sempre hai unha nova porta que abrir para seguir a procura. Ás veces esa porta ábrea un familiar, un amigo, un coñecido... Alguén que nunca te vai a fallar, que te vai a apoiar nas boas e nas malas. Quizais, por que non, esa persoa faga o mesmo camiño ca ti, quizais vaia ao teu lado en todo momento, quizais ten o mesmo soño ca ti.
Imos escoitar unha canción, fíxate na letra… Como poderías relacionar esa mensaxe co misterio da resurrección?

Debes ter soños e esperanzas, crer que todo o que queiras lograr na vida podes conseguilo, porque tes esperanza e ilusión.
- Nunca permitas que ninguén che quite o dereito de lograr os teus soños, porque ese é o motor que che fai seguir adiante.
- Nunca permitas que alguén senta co dereito de dominarte de tal maneira que te anule, iso non o debes consentir.
- Nunca abandones os teus soños, mentres creas que podes lograr as túas metas téntao unha e outra vez, que ninguén te deteña, pecha as túas mans e agarra todos eses soños e non os soltes, porque os teus soños si son valiosos.
- Non esperes que as cousas que desexas veñan da nada cara a ti, NON, ti perségueas, con todas as túas forzas busca aquilo que che faga ser unha persoa feliz.
- Nunca sintas que perdiches porque algo non saíu ben unha vez, sempre hai que volver tentalo, que a perseveranza é o máis importante dunha persoa, pódese ser moi intelixente pero se non tes constancia para facer as cousas, nunca o vas a lograr.



XOVES, 20 de abril
+No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Todos:
ALELUIA!  ALELUIA!   Cristo venceu á morte.
Aclamade ao Señor toda a terra polo seu gran amor ALELUIA!

O salmo que imos ler é un canto de alegría. Alegría pola Resurrección de Xesús. Porque a vida venceu á morte, e deu sentido á dor e ao sufrimento previos.

CREO NO RESUCITADO (dous coros)
Creo no Resucitado, no Señor da Vida, en Xesús de Nazaret,
carpinteiro sinxelo, home de pobo.
Predicador itinerante, compañeiro de camiño.

Creo no Resucitado, O fillo de María,
quen fixo viva as súas palabras do Magníficat,
porque levou a Boa Nova aos pobres e excluídos.

Creo no Resucitado, Señor da comunidade,
quen para ensinar o amor de Deus
chamou a discípulos para compartir a súa vida.

Creo no Resucitado,
o que camiñou os pobos de Palestina,
o que andou polas beiras do lago,
o que se mesturou coa xente do pobo,
para mostrar coa súa vida
que Deus non se esquece dos homes,
coñece o sufrimento e quere a liberación e a xustiza.

Creo no Resucitado,
o que se ocupou dos que sofren,
o que tivo compaixón dos enfermos,
o que se achegou aos marxinados,
para ensinarnos que o Deus da Vida
nace entre os pobres deste mundo.

Creo no Resucitado,
o que se animou a presentar a un Deus vivo,
o que denunciou os ritos baleiros e as leis hipócritas,
o que falou con palabras sinxelas,
para ensinarnos que o importante é vivir o que Deus propón.

Creo no Resucitado,
o que entregou a vida, o que cargou a cruz,
o que viviu o conflito,
a incomprensión e a persecución por ser fiel.

Creo en Xesús,
o que viviu como Deus quere que vivamos todos.

Creo no Resucitado,
que nos chama a seguir os seus pasos
e facer da nosa vida unha Pascua para os demais,
un paso do Señor para todos, un signo de que a vida
é sempre máis forte que toda a morte que a nosa sociedade procrea.

Creo en Xesús porque quero vivir coma El.
Amén.




VENRES, 21 de abril
+No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

Todos:
ALELUIA!  ALELUIA!  Alegría e Paz.
Cristo tráenos a alegría, Cristo dános a paz. ALELUIA!

A nosa oración de hoxe será para agradecer o nos o carisma que nos identifica como vicencianos. Empezámola cun canto da festa que celebramos hoxe e rematámola con otro canto que é o himno deste 400 ANIVERSARIO DO CARISMA VICENCIANO


Señor, Padre Misericordioso,
que suscitaste en San Vicente de Paúl
una gran inquietud
por la evangelización de los pobres,
infunde tu Espíritu
en los corazones de sus seguidores.
Que, al escuchar hoy
el clamor de tus hijos abandonados,
acudamos rápidos en su ayuda
“como quien corre a apagar un fuego”.
Aviva en nosotros la llama del carisma
que desde hace 400 años
anima nuestra vida misionera.
Te lo pedimos por tu Hijo,
“el Evangelizador de los pobres”,
Jesucristo nuestro Señor. Amén.






LUNS 24 ABRIL
EVANXEO de San Mateo 28, 8-15
Entón elas, saíndo do sepulcro con temor e gran gozo, foron correndo a dar as novas aos seus discípulos. E mentres ían dar as novas aos discípulos, velaquí, Xesús saíulles ao encontro, dicindo: Salve! E elas, achegándose, abrazaron os seus pés, e adorárono. Entón Xesús díxolles: Non temades; ide, dade as novas aos meus irmáns, para que vaian a Galilea, e alí me verán. Mentres elas ían, velaquí uns da garda foron á cidade, e deron aviso aos principais sacerdotes de todas as cousas que aconteceran.
E reunidos cos anciáns, deron moito diñeiro aos soldados, dicindo: - Dicide vós: “Os seus discípulos viñeron de noite, e furtárono, estando nós durmidos”.  E se isto o oíse o gobernador, nós persuadirémolo, e poñerémosvos a salvo.
E eles, tomando o diñeiro, fixeron como se lles instruíu.
Isto divulgouse entre os xudeus ata o día de hoxe.

REFLEXIÓN
A alegría está dentro do noso corazón. É un don que nos dá Deus, o camiño para ser amigo de Xesús.
Cando estou máis alegre? Síntome mellor cando fago cousas boas polos demais? Son feliz por ter como amigo a Xesús?

ORACIÓN
Dámosche grazas, Xesús, pola túa Pascua.
Dámosche grazas porque nos iluminas coa túa luz.
Que saibamos percorrer o camiño da nosa vida
unidos sempre a ti e guiados pola túa luz.
Pai do ceo, Ti es a fonte de toda alegría. 
Ti queres que vivamos sempre alegres. 
Axúdanos a ter un corazón contento. Amén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog