viernes, 25 de octubre de 2019

ORACIÓNS 28- 30 OUTUBRO

LUNS 28 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

GRAZAS, OH DEUS, PORQUE DESDE A HUMILDADE PERMITES QUE NOS ACHEGUEMOS A TI E RECIBIR O TEU PERDÓN E MISERICORDIA!

Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (18,9-14):
Naquel tempo, Xesús dixo esta parábola a algúns que se confiaban en si mesmos por considerarse xustos e desprezaban aos demais:
«Dous homes subiron ao templo para orar. Un era fariseo; o outro, publicano. O fariseo, ergueito, oraba así no seu interior:
“Oh Deus!, douche grazas porque non son como os demais homes: ladróns, inxustos, adúlteros; nin tampouco como ese publicano. Xaxúo dúas veces por semana e pago o diezmo de todo o que teño”.
O publicano, en cambio, quedando atrás, non se atrevía nin a levantar os ollos ao ceo, senón que se golpeaba o peito dicindo:
“Oh Deus!, ten compaixón deste pecador”.
Dígovos que este baixou á súa casa xustificado, e aquel non. Porque todo o que se enaltece será humillado, e o que se humilla será enaltecido».


O PROFESOR LE AMODO CO SON DA LIGAZÓN DE FONDO (podemos poñelo no corte que queiramos). APAGADA PANTALLA. SÓ SON. PODEMOS ESCURECER A AULA.

Adopta unha actitude relaxada. Relaxa o peso do teu corpo na cadeira. Relaxa a parte posterior das túas pernas, as costas subindo cara ao pescozo ata chegar á cabeza. Relaxa os músculos da cara. Sente a túa respiración.
PAUSA. Observa cada inhalación que entra no teu corpo e cada exhalación a medida que sae do teu corpo. Deixa que o teu corpo respire sen esforzarte. Es consciente de que respiras, amodo, moi amodo, vas inspirando e exhalando o aire. PAUSA. Déixate envolver pola música e polas palabras de Xesús. Son palabras de confianza e de esperanza. Déixate mirar por Deus, tal e como es. Rezar é contarlle a Deus as miñas cousas, non como llas dixese a unha persoa afastada ou acabada de coñecer, senón coma se llas contases ao meu mellor amigo. ( PAUSA). Xesús, nesta parábola, quere facer ver como a actitude de desprezo do fariseo lle  incapacita para que a súa oración chegue a Deus (PAUSA) Rezar é facer un oco a Deus na nosa vida; é buscar o que Deus espera de min, o plan que me ten reservado. (PAUSA). O cumprir os mandamentos, a súa oración e o pago do diezmo están ben, pero non por iso pode desprezar aos que non o fan.  O desprezo aos outros afástanos de Deus.
 (PAUSA) O publicano, coa súa humildade, co recoñecemento da súa culpa, achégase a Deus. (PAUSA) . A humildade achéganos a Deus. Porque se o publicano recoñece o seu pecado e é humilde ante Deus, será perdoado, alcanzará a misericordia de Deus.

Acabamos a oración rezando todos unidos o Nosopai.

MARTES 29 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

GRAZAS, OH DEUS, PORQUE DESDE A HUMILDADE PERMITES QUE NOS ACHEGUEMOS A TI E RECIBIR O TEU PERDÓN E MISERICORDIA!

“Todo o que se enaltece será humillado e o que se humilla será enaltecido.”


Rutina de pensamento: 3 – 2 – 1 PONTE

1. Di 1 cousa que lle dirías ao Señor.
2. Que 2 preguntas farías de algo que te preocupe?
3. Expresa 3 sentimentos que che suxira a imaxe.

ORACIÓN
Sintámonos irmáns de todos os homes desta Terra.
Acheguémonos mesmo a aqueles que non cren.
Axudemos a descubrir a grandeza de Deus Pai e a fortaleza do Espírito a quen lle busca cun corazón sincero.
Recemos para que Deus mostre o seu rostro coa presenza dos misioneiros.
Sexamos as cristiás testemuñas do Evanxeo e luz para os pobres. Amén

OH, MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECURRIMOS A TI

MÉRCORES 30 DE OUTUBRO 2019
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

GRAZAS, OH DEUS, PORQUE DESDE A HUMILDADE PERMITES QUE NOS ACHEGUEMOS A TI E RECIBIR O TEU PERDÓN E MISERICORDIA!

Principio del formulario
“Todo o que se enaltece será humillado e o que se humilla será enaltecido.”

A canción desta semana pide que saiamos de nós mesmos, que poñamos ao outro primeiro, que nos humillemos... Que podemos facer para saír de nós mesmos e achegarnos máis aos demais? 





Deus pídenos que nos humillemos, cres que pedir perdón é unha forma de humillarte ou de crecer como persoa? Pensa en alguén a quen deberías pedir perdón e escribe un pequeno texto facéndoo. Cando saias do cole, faille chegar a esa persoa a túa mensaxe.

Rezamos xuntos: NOSOPAI





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog