domingo, 15 de noviembre de 2015

ORACIÓNS SEMANA 16 - 20 NOVEMBRO

VENRES 20 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN



Deus, Pai bo, dámosche grazas polo perdón recibido e pola boa dose de espiritualidade que compartimos. Ti queres persoas convertidas, xenerosas...
Señor, aquí estamos co interior aberto e con ganas de quentar de novo o corazón.
Aquí estamos, dispostos a facer eficaz a luz recibida, comunicando con paixón o Evanxeo salvador.
Aquí estamos, apostando unha vez máis pola santidade, para que destile un aire limpo a nosa convivencia.
Aquí estamos, Pai, abertos á túa misericordia e con ganas de levarte á rúa, ao traballo, á vida familiar, aos lugares de diversión... Queremos proclamar que Ti vives. Queremos comprometernos máis...

Ladaíña da xente perdoada
·      Por te doeres do débil, do pequeno e pecador.
·      Por ser bo coma unha nai, e non un Deus castigador:
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.

·      Por obsequiarnos a diario coa forza do teu amor.
·      Porque ti nunca nos negas o teu perdón curador.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.

·      Por acollernos en Cristo, guía, mestre, amigo, irmán maior.
·      Polas veces que esquecemos o mal que alguén nos causou.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.


·      Por ser libres ante o mal coa liberdade do amor.
·      Por ser fortes contra o mal coa fortaleza do amor.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.

·      Por todos os que traballan por un Mundo mellor.
·      Polos que serven e coidan aos máis necesitados de entre nós.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.

AMÉN



LUNS 16 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

UNIDOS ÁS FAMILIAS DE PARÍS

ORACIÓN POLA PAZ


Esta fin de semana chegounos a terrible noticia dos atentados ocorridos na noite do venres en París.

Desde o noso colexio,  queremos orar de forma especial polas vítimas e os seus familiares. É difícil imaxinar a desgarradora dor ante a perda de seres queridos en semellantes circunstancias.

Hoxe unímonos todos en oración polas familias, para que Cristo sane o seu corazón e sintan o seu consolo. Oramos polos falecidos, para que xa estean a gozar do abrazo misericordioso do Pai. E oramos pola paz no mundo, para que estas amargas bágoas non suquen ningún outro rostro.

ORACIÓN
«Señor, non permitas que se nos endureza o corazón, non permitas que deixemos de amar… 
María, ti que viches morrer ao teu Fillo, consola a tantos pais que hoxe choran a morte dos seus fillos, consola a tantos seres queridos que non puideron despedirse, fortalece a súa esperanza de que volverán atoparse no Reino do Señor, onde xa non haberá dor, despedidas nin medo. Líbranos do odio, a violencia e o rancor. María, roga por nós.»

AVE MARÍA

(Podes unirte en directo a Lourdes para orar por París e pola paz:)




MARTES 17 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Cando a busca da xustiza se converte en estrelas que iluminan o noso camiño, a eternidade deixa de ser medo para volverse horizonte cara onde camiñar na busca da plenitude.

Evanxeo     Mc 13, 24-32
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
  
            Naquel tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos:
            - Naqueles días, pasada xa aquela grande angustia, o sol ha escurecer, a lúa deixará de alumar,  as estrelas caerán do ceo, abalarán as potencias do ceo. Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes con gran poder e gloria. E mandará os anxos para reuniren os elixidos desde os catro ventos do cabo da terra ata o cabo do ceo.
            Aprendede da comparanza da figueira. Cando lle saen os gromos e bota a folla, comprendedes que o verán está a chegar. Así tamén vós, cando vexades que pasan estas cousas, sabede que xa está pretiño, á porta. Asegúrovos que non pasará esta xeración sen que antes suceda todo isto. O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
            En canto ao día e mais a hora no que isto vai acontecer, ninguén sabe nada, nin os anxos do ceo, nin o Fillo; sábeo o Pai soamente.

  Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo     




MÉRCORES 17 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A pouco que nos fixemos no noso día a día, resulta sinxelo caer na conta de que necesitamos revisar a nosa vida. Hoxe e mañá, durante a oración, ímonos a regalar este tempo de revisión e celebración, deixando resoar de novo no noso corazón a Palabra de Deus que segue dicíndonos “camiño contigo”.

Liturxia da Palabra
Velaí algo do que Deus nos di na súa palabra, neste caso a través do apóstolo Paulo:
"Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben; sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua; no traballo non teñades preguiza; no espírito sede apaixonados. Vivide ledos na esperanza, constantes na oración, fortes e solidarios nos momentos de sufrimento. Tede sempre en conta as necesidades dos demais cristiáns practicando a hospitalidade". 
(Palabras de Paulo á comunidade cristiá  de Roma)
"O Reino de Deus non é comida nin bebida, senón xustiza, paz e alegría. Que o Deus da paciencia e do consolo vos faga ter un mesmo sentir entre vós, conforme ó exemplo de Cristo Xesús. Acollédevos uns a outros, coma tamén Cristo vos acolleu. Que o Deus da esperanza encha de alegría e de paz a vosa vida de fe, para que rebordedes na esperanza".
(Palabras de Paulo á comunidade cristiá de Roma)
- Revisa a túa vida...
- Que actitudes debes cambiar na túa vida...
                        * de crecemento e maduración persoal,
                        * de estudos,
                        * de familia,
                        * de relación cos amigos,
                        * de compromiso polos demais,
                        * de relación con Deus.



XOVES 18 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

" Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ao seu próximo, porque somos membros uns dos outros. Que non saia da vosa boca unha palabra ruín: ao contrario, a palabra boa, para que faga ben ós que escoitan. Arredade de vós toda carraxe, ira, aldraxes, envexas e calquera maldade; máis ben sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros, perdoándovos mutuamente, coma Deus vos perdoou en Cristo. Facédevos, logo, imitadores de Deus, coma fillos queridos, e camiñade no amor igual ca Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda agradable a Deus. Así que andade coma fillos da luz porque a luz é toda bondade, xustiza, e verdade, tendo en conta o que agrada ó Señor e fai de vós persoas novas. E non compartades as obras estériles das tebras; polo contrario, denunciádeas".
(Palabras de Paulo á comunidade cristiá de Éfeso).

Revisando as nosas vidas:
Deus, porque nos quere ben, invítanos a que revisemos as nosas vidas, para que as poidamos mellorar e facer máis felices. Deus, porque coñece a bondade e a forza do amor, ofrécenos o amor para que con el nas mans revisemos as nosas vidas todas.

Amor por un mesmo, por unha mesma:
Deus quere que nos amemos e que nos coidemos cada un a si mesmo.
¿Cóidome a min mesmo/a? ¿Coido o meu corpo, o meu espírito? ¿Atendo á miña saúde? ¿Déixome levar pola tristura, pola amargura, pola desesperanza, polos cabreos, pola violencia? ¿Traballo por ser persoa alegre, animosa, pacífica? ¿Son xeneroso ou avaro?

Amor na Familia:
Deus fíxonos para vivir felizmente en familia.
¿Cómo mimamos e coidamos a familia na que vivimos? ¿Respectamos aos da casa coas palabras, cos feitos, cos xestos? ¿Coidámolos con xenerosidade cando enferman? ¿Prestamos máis atención aos máis débiles: os nenos, os vellos? ¿Sabemos aturar os seus defectos? ¿Sabemos corrixilos? ¿Sabemos animalos cando están decaídos?

Amor no Grupo:
Deus tamén nos fixo para vivir en grupo.
¿Cómo estamos convivindo? ¿Respectámonos? ¿Disimulamos os defectos dos demais ou aireámolos ben, facendo risa deles? ¿Murmuramos dos demais? ¿Afundimos máis ao que nos parece ruín, ou axudámolo a cambiar, a mellorar? ¿Participamos ou non en construír un bo ambiente onde todas e todos nos sintamos ben, a gusto? ¿Axudamos aos demais coa nosa palabra, co noso tempo, cos nosos ánimos?

Amor no Mundo:
Deus tamén nos fixo irmáns de todos os homes e mulleres do Mundo.
¿Sentímonos así, irmáns de todos, ou desprezamos a alguén por ser pobre, por ser estranxeiro, por ser doutra color? ¿Atendemos aos estranxeiros que poida haber entre nós? ¿Doémonos dos que pasan desgrazas polo Mundo? ¿Axudámolos cos nosos cartos, coa nosa abundancia?

Amor a Deus:
Deus quere vivir moi unido a nós polo amor.
¿Respondemos con amor ao amor que Deus nos ten? ¿Respectamos o seu nome? ¿Facemos algo por coñecelo mellor? ¿Sómoslle xente agradecida? ¿Honramos a Deus servindo aos seus fillos e fillas máis necesitadas? ¿Honramos a Deus participando nas celebracións da Comunidade, da Igrexa?


Cando o profesor avise, cada un pasará a confesar de forma individual co sacerdote. Sede valentes e animádevos a recibir o Sacramento do Perdón. Mentres tanto, escoitamos esta canción e pensamos…
“Para a pensar no que fas ti”
- O que eu fago que é aire-alento-constructivo-positivo
- O que eu fago que é lume-desalentador-destructivo-negativo

Audición: ¿Quién es más poderoso, el aire o el fuego?




¿De qué vale abrir la boca si no dices nada?
¿De qué vale caminar sin pies, volar sin plumas?
Cantar sin voz…
¿De qué vale despertarse todas la mañanas?
¿De qué vale dormir entre flores, si no sueñas nada?
Si lo tienes todo…

Piensa que tu vida vuela con el tiempo
que se te escapa de entre los dedos,
como un rayo de luz
¿Quién es más poderoso, el aire o el fuego?
La respuesta la sabes tú

cuando escuches esta canción
guárdate bien la solución
si te quedas sentado todo se pierde
no solo vale con soñar
siempre puedes seguir luchando
y párate a pensar de vez en cuando
lo que haces tú, lo que digo yo.

¿De qué valen las canciones que no dicen nada?
¿De qué vale el amor sin ganas?
Abre el paraguas, si ha salido el sol.

¿Para qué sirven las fronteras y las murallas?
¿De qué vale llorar por la tierra? ¿Y ver la guerra?
Sentirte bien.

Olvida tus temores, mira tu futuro
en tu más oscuro sueño, la noche te preguntará
¿quién es más poderoso, el aire o el fuego?
La respuesta la encontrarás
cuando escuches esta canción
guárdate bien la solución
si te quedas sentado todo se pierde
no solo vale con soñar
siempre puedes seguir luchando
y párate a pensar de vez en cuando
lo que haces tú, lo que digo yo.

Y cuando todo acabe, llega tu suerte
te acordarás de tus errores
olvidaremos nuestro cuerpo
y seremos almas dormidas
en el mundo de las estrellas
y aquí sigo buscándote el camino (mala fama chiquillo)
dale hierro a los culpables
yo llevaré adónde lo merezcan (nuestros pensamientos)
son más poderosos que el aire y el fuego (x4) 
son mas poderosos que el aire y cuando cuando todo acabe
son mas poderosos que el aire te acordaras de tus errores
son mas poderosos que el aire para palante
son mas poderosos que el aire dale hierro a los culpables (x2)
son mas poderosos que el aire yo llevare adonde lo merezcan
son mas poderosos que el aire y el fuego. (x2)
son mas poderosos que el aire .


sábado, 7 de noviembre de 2015

ORACIÓNS 9 - 13 NOVEMBRO

LUNS 9 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

LECTURA DO EVANXEO DE MARCOS 12, 38-44
Xesús seguía ensinando:
‑¡Coidado cos letrados! Gustan moito de se pasearen con vestidos fachendosos, e que lles fagan reverencias polas rúas; buscan os primeiros postos nas sinagogas e mais nos banquetes. E acábanlles cos bens ás viúvas, facéndose os piadosos. Pero serán xulgados como lles cómpre.
  
Sentado fronte por fronte da sala do tesouro, ollaba para a xente que botaba cartos no peto. E moitos ricos botaban con fartura. E nisto viu unha viúva pobriña botar uns céntimos nada máis, unha miseria coma quen di. Entón chamou aos seus discípulos, e díxolles:
‑Asegúrovos que esa pobre viúva botou máis cós ricos todos. Pois eles botaron o que lles sobraba, pero ela na súa pobreza, botou todo canto tiña para vivir.

Palabra do Señor                            R/. Louvámoste, Cristo

REFLEXIÓN
Moitas veces atribuímos o adxectivo xeneroso/a a unha persoa que sabe estar sen molestar, que sabe acompañar sen que se note, que sabe escoitar sen necesidade de ter que falar moito. Nunha palabra: a aquela persoa que pensa máis no ben que pode facer que no ben que se sente cando fai algo polos demais. Por iso, a xenerosidade debera ser a materia da que todos os seguidores de Xesús deberamos examinarnos cada día... e pasala con nota. 

Ser xenerosos é tarefa permanente na que temos que poñer non só os sentidos, senón toda a vida: conviccións, valores, principios, calidades. Nunha palabra, aptitudes e actitudes que nos van facendo mellores e máis xustos. 

NOSOPAI



MARTES 10 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO

O propósito do Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento é renovar o compromiso, tanto nacional como internacional, en prol da ciencia para a paz e o desenvolvemento, e facer fincapé na utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e en particular, para a erradicación da pobreza e en prol da seguridade humana. O Día Mundial tamén ten por obxecto lograr unha maior conciencia no público da importancia da ciencia e colmar a brecha existente entre a ciencia e a sociedade.
«Hoxe máis que nunca, nestes tempos en que escasean os recursos, debemos cultivar a enerxía e a creatividade ilimitadas dos mozos para responder a novas e complexas dificultades. Para iso, para poñer os alicerces dun futuro máis sostenible para todos, é vital dispensar un ensino científico de calidade»

Oración
Deus, aquí me  tes.
Dáme ganas, forza, amor e vida
para levar a túa mensaxe chea de luz aos demais.
Cóidame entre as túas mans.
Moldéame, son barro da túa terra.
Axuda aos desta casa chamada Terra. Amén

NOSOPAI



MÉRCORES 11 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A xenerosidade só é crible se a convertemos na realización dos pequenos feitos de cada día, poñendo neles o respecto e a dignidade que nos merece cada rostro co que nos atopamos, que desde Deus mostra sempre, a súa “imaxe e semellanza”.

A clave do noso sermos cristiáns e, para máis “inri” vicencianos, pasa por darnos conta de que ou convertemos a nosa vida en xenerosidade ou perde todo o seu sentido. Si, porque a xenerosidade fainos saír de nós mesmos, das nosas cousas e das nosas teimas para poñernos no camiño de descubrir que ao noso lado hai persoas, moitas, que necesitan ser escoitadas. Persoas que agradecen poder ter alguén ao seu lado que as escoite, anime e acompañe. É esta a xenerosidade misericordiosa á que nos invita Xesús. Non deixemos que pase por diante nosa sen que nos deamos conta.
Poñámonos, logo, en disposición de esforzarnos por ter corazón, ollos e mans xenerosos, para ofrecerllos a quen poida necesitalos.

MIRADA DE ESPERANZA
Coma a viúva, Señor.
Brindaremos, mesmo coa copa que necesitemos.
Entregaremos con sinxeleza.
Fuxiremos da cantidade e coidaremos a calidade.

Coma a viúva, Señor.
Ofreceremos con humildade.
Procuraremos sen buscar enganos.
Deixaremos do noso para outros.

Coma a viúva, Señor.
Prestaremos o que outros non dan: o imprescindible.
Ofreceremos o que outros negan: o ser.
Deixaremos o que outros gardan: o corazón.

Coma a viúva, Señor.
Ofrecerémosche a nosa vida para que só Ti a xulgues.
Ofrecerémosche os nosos bens, porque sabemos que son teus.
Ofrecerémosche o noso sustento, porque sabemos que Ti o fas posible.
Poñemos a nosa vida nas túas mans.

Coma a viúva, Señor.
Camiñaremos sen arrogancia nin seguridade en nós mesmos.
Camiñaremos sen medo a atoparte.
Camiñaremos dispostos a facilitarche o que máis precises.


Coma a viúva, Señor.
Míranos e condúcenos.
Fainos desprendidos e sinxelos.
Dános a valentía de darche o que máis nos custe.
Inspíranos o xesto e a palabra oportuna.
E, se queres, Señor, arranca de nós mesmo aquilo
que, por comodidade ou egoísmo, buscamos e amarramos para poder vivir.
Amén




XOVES 12 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

HEROES ANÓNIMOS
Centos de noticias negativas imprímense no noso periódicos día tras día: corrupción, violencia, paro... Con todo, o mundo está cheo de protagonistas anónimos, de heroes enmascarados que melloran o noso mundo sen esperar nada a cambio.
A nosa oración de hoxe está dedicada a eles, a esas persoas que, cos seus pequenos (e non tan pequenos) detalles moven o mundo.
Quen dirías ti que son heroes anónimos’

Porque existen moitas formas de axudar e de ser agradecido.
Porque temos motivos para seguir confiando nas boas accións e na boa xente, porque os verdadeiros heroes son de carne e óso.
E é que, o noso país, está cheo de xente marabillosa.


REFLEXIÓN
Non saen na prensa. Non lles dan un euro por contar a súa vida na tele. Non fan subir nin baixar a bolsa. Ninguén organiza campañas especiais para eles nas eleccións. Posiblemente non frecuenten moito as igrexas.
Con todo son esas persoas, as que fan que se poida seguir crendo no ser humano. A min lémbrame o evanxeo da viejecita dando de esmola todo o que tiña, unha miseria. Esta dá toda a súa vida. Sen valor aos ollos da sociedade. Con todo está a dar o máis importante, o máis valioso: a súa vida.
Eses heroes anónimos son máis numerosos do que cremos. Persoas que se entregan totalmente aos demais, non porque esperen ningunha recompensa, senón porque saben amar...
E ti? Cando fas algo polos demais, esperas algo a cambio?, es un heroe para os demais? Ou cando axudas a alguén é polo que poidas conseguir despois?



VENRES 13 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A verdadeira liberdade non consiste en facer o que nos dá a gana, senón en facer o que temos que facer porque nos dá a gana .

A EIRUGA
Había unha vez unha eiruga que vivía nunha gran árbore do parque. Cada día a eiruga ía mordisqueando as follas que atopaba sen prestar atención a nada máis.
Pero un día deuse conta de que había algo cheo de cores voando por encima da árbore. quedou cegada e cando esta brillante criatura voou preto da eiruga, esta puido ver que era unha fermosa bolboreta.
A bolboreta parecía flotar no aire, rozando a póla na que estaba a eiruga. Oh bolboreta, que fermosa es e con que suavidade voas! Por favor, ensíname a voar como ti!

A bolboreta achegouse e sorriulle á eiruga: Sé paciente, pequena criatura, algún día, algún día...
Pero a eiruga era impaciente e cando a bolboreta volveu parecer ao día seguinte a larva volveu dicirlle: - Por favor, bolboreta, ensíname a voar como ti. A bolboreta rdíxolle ao oído: - Sé paciente e algún día faralo.

A eiruga estaba tan frustrada que decidiu sacar a idea da cabeza dunha vez por todas e esqueceu o seu desexo de voar.
Un día sucedeu algo estraño.

Parecía coma se o mundo empezase a dar voltas. Á eiruga empezou a doerlle o estómago e sentiuse moi enferma. Quedou paralizada e pechou os ollos, pensado que estaba a morrer.

Despois dun intre, o mundo pareceu deixar de moverse e sentiuse máis lixeira e libre. Parecíalle que podía volver moverse, e, ao facelo, deuse conta de que tiña debaixo a árbore, e o sol quentaba.

Na distancia puido oír un lixeiro murmurio e sentiuse atraída polo ruído. Era unha pequena voz que lle dicía: -Por favor, ensíname a voar coma ti.... Paciencia, xa o farás, xa o farás.

Daquela, decatouse de que se convertera nunha bolboreta.

REFLEXIÓN:
É bo ter desexos de voar, desexos de crecer, pero ao mesmo tempo convén ser pacientes e centrarnos no que facemos día a día. Debemos ser fieis ao momento presente, non podemos saltar por riba de nós mesmos. Sexamos responsables coa nosa situación actual, pois é o modo de ir preparándonos para afrontar o voo, sen esa paciencia non poderemos despegar cando chegue o momento.

ORACIÓN
Só nos alegrará o sorriso que regalamos.
Só nos refrescará a auga que xuntos temos bebido.
Só nos alimentará o pan que compartimos.
Só nos cubrirá o vestido co que ao próximo arroupamos.
Só nos descansará o cansazo do peregrino que hospedamos.
Só nos consolará a palabra coa que reconfortamos.
Só nos guiará a verdade que proclamamos.
Só nos sandará o consolo do enfermo que visitamos.
Só nos librará o peso que de moitos ombreiros quitamos.
Só nos dará paz a ofensa que perdoamos.
Só fará renacer a esperanza a mirada que ao ceo diriximos e as mans con que abrazamos.
Só nos conducirá á VIDA, a confianza que en DEUS depositamos.
Que a túa FE sexa grande e convencida para que, ao final, recollas o que cres; para que a nosa herdanza cando nos vaiamos deste mundo sexa grande.
Todo depende do que teñamos dado. Iso quedará nos corazóns de moitos e será un legado de amor.
Así que sementa para que mañá, cando DEUS recolla, pense en ti e che diga que cumpriches o teu labor.
O ceo conquístase co hoxe.