sábado, 7 de noviembre de 2015

ORACIÓNS 9 - 13 NOVEMBRO

LUNS 9 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

LECTURA DO EVANXEO DE MARCOS 12, 38-44
Xesús seguía ensinando:
¡Coidado cos letrados! Gustan moito de se pasearen con vestidos fachendosos, e que lles fagan reverencias polas rúas; buscan os primeiros postos nas sinagogas e mais nos banquetes. E acábanlles cos bens ás viúvas, facéndose os piadosos. Pero serán xulgados como lles cómpre.
  
Sentado fronte por fronte da sala do tesouro, ollaba para a xente que botaba cartos no peto. E moitos ricos botaban con fartura. E nisto viu unha viúva pobriña botar uns céntimos nada máis, unha miseria coma quen di. Entón chamou aos seus discípulos, e díxolles:
Asegúrovos que esa pobre viúva botou máis cós ricos todos. Pois eles botaron o que lles sobraba, pero ela na súa pobreza, botou todo canto tiña para vivir.

Palabra do Señor                            R/. Louvámoste, Cristo

REFLEXIÓN
Moitas veces atribuímos o adxectivo xeneroso/a a unha persoa que sabe estar sen molestar, que sabe acompañar sen que se note, que sabe escoitar sen necesidade de ter que falar moito. Nunha palabra: a aquela persoa que pensa máis no ben que pode facer que no ben que se sente cando fai algo polos demais. Por iso, a xenerosidade debera ser a materia da que todos os seguidores de Xesús deberamos examinarnos cada día... e pasala con nota. 

Ser xenerosos é tarefa permanente na que temos que poñer non só os sentidos, senón toda a vida: conviccións, valores, principios, calidades. Nunha palabra, aptitudes e actitudes que nos van facendo mellores e máis xustos. 

NOSOPAI



MARTES 10 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO

O propósito do Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento é renovar o compromiso, tanto nacional como internacional, en prol da ciencia para a paz e o desenvolvemento, e facer fincapé na utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e en particular, para a erradicación da pobreza e en prol da seguridade humana. O Día Mundial tamén ten por obxecto lograr unha maior conciencia no público da importancia da ciencia e colmar a brecha existente entre a ciencia e a sociedade.
«Hoxe máis que nunca, nestes tempos en que escasean os recursos, debemos cultivar a enerxía e a creatividade ilimitadas dos mozos para responder a novas e complexas dificultades. Para iso, para poñer os alicerces dun futuro máis sostenible para todos, é vital dispensar un ensino científico de calidade»

Oración
Deus, aquí me  tes.
Dáme ganas, forza, amor e vida
para levar a túa mensaxe chea de luz aos demais.
Cóidame entre as túas mans.
Moldéame, son barro da túa terra.
Axuda aos desta casa chamada Terra. Amén

NOSOPAI



MÉRCORES 11 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A xenerosidade só é crible se a convertemos na realización dos pequenos feitos de cada día, poñendo neles o respecto e a dignidade que nos merece cada rostro co que nos atopamos, que desde Deus mostra sempre, a súa “imaxe e semellanza”.

A clave do noso sermos cristiáns e, para máis “inri” vicencianos, pasa por darnos conta de que ou convertemos a nosa vida en xenerosidade ou perde todo o seu sentido. Si, porque a xenerosidade fainos saír de nós mesmos, das nosas cousas e das nosas teimas para poñernos no camiño de descubrir que ao noso lado hai persoas, moitas, que necesitan ser escoitadas. Persoas que agradecen poder ter alguén ao seu lado que as escoite, anime e acompañe. É esta a xenerosidade misericordiosa á que nos invita Xesús. Non deixemos que pase por diante nosa sen que nos deamos conta.
Poñámonos, logo, en disposición de esforzarnos por ter corazón, ollos e mans xenerosos, para ofrecerllos a quen poida necesitalos.

MIRADA DE ESPERANZA
Coma a viúva, Señor.
Brindaremos, mesmo coa copa que necesitemos.
Entregaremos con sinxeleza.
Fuxiremos da cantidade e coidaremos a calidade.

Coma a viúva, Señor.
Ofreceremos con humildade.
Procuraremos sen buscar enganos.
Deixaremos do noso para outros.

Coma a viúva, Señor.
Prestaremos o que outros non dan: o imprescindible.
Ofreceremos o que outros negan: o ser.
Deixaremos o que outros gardan: o corazón.

Coma a viúva, Señor.
Ofrecerémosche a nosa vida para que só Ti a xulgues.
Ofrecerémosche os nosos bens, porque sabemos que son teus.
Ofrecerémosche o noso sustento, porque sabemos que Ti o fas posible.
Poñemos a nosa vida nas túas mans.

Coma a viúva, Señor.
Camiñaremos sen arrogancia nin seguridade en nós mesmos.
Camiñaremos sen medo a atoparte.
Camiñaremos dispostos a facilitarche o que máis precises.


Coma a viúva, Señor.
Míranos e condúcenos.
Fainos desprendidos e sinxelos.
Dános a valentía de darche o que máis nos custe.
Inspíranos o xesto e a palabra oportuna.
E, se queres, Señor, arranca de nós mesmo aquilo
que, por comodidade ou egoísmo, buscamos e amarramos para poder vivir.
Amén




XOVES 12 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

HEROES ANÓNIMOS
Centos de noticias negativas imprímense no noso periódicos día tras día: corrupción, violencia, paro... Con todo, o mundo está cheo de protagonistas anónimos, de heroes enmascarados que melloran o noso mundo sen esperar nada a cambio.
A nosa oración de hoxe está dedicada a eles, a esas persoas que, cos seus pequenos (e non tan pequenos) detalles moven o mundo.
Quen dirías ti que son heroes anónimos’

Porque existen moitas formas de axudar e de ser agradecido.
Porque temos motivos para seguir confiando nas boas accións e na boa xente, porque os verdadeiros heroes son de carne e óso.
E é que, o noso país, está cheo de xente marabillosa.


REFLEXIÓN
Non saen na prensa. Non lles dan un euro por contar a súa vida na tele. Non fan subir nin baixar a bolsa. Ninguén organiza campañas especiais para eles nas eleccións. Posiblemente non frecuenten moito as igrexas.
Con todo son esas persoas, as que fan que se poida seguir crendo no ser humano. A min lémbrame o evanxeo da viejecita dando de esmola todo o que tiña, unha miseria. Esta dá toda a súa vida. Sen valor aos ollos da sociedade. Con todo está a dar o máis importante, o máis valioso: a súa vida.
Eses heroes anónimos son máis numerosos do que cremos. Persoas que se entregan totalmente aos demais, non porque esperen ningunha recompensa, senón porque saben amar...
E ti? Cando fas algo polos demais, esperas algo a cambio?, es un heroe para os demais? Ou cando axudas a alguén é polo que poidas conseguir despois?



VENRES 13 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A verdadeira liberdade non consiste en facer o que nos dá a gana, senón en facer o que temos que facer porque nos dá a gana .

A EIRUGA
Había unha vez unha eiruga que vivía nunha gran árbore do parque. Cada día a eiruga ía mordisqueando as follas que atopaba sen prestar atención a nada máis.
Pero un día deuse conta de que había algo cheo de cores voando por encima da árbore. quedou cegada e cando esta brillante criatura voou preto da eiruga, esta puido ver que era unha fermosa bolboreta.
A bolboreta parecía flotar no aire, rozando a póla na que estaba a eiruga. Oh bolboreta, que fermosa es e con que suavidade voas! Por favor, ensíname a voar como ti!

A bolboreta achegouse e sorriulle á eiruga: Sé paciente, pequena criatura, algún día, algún día...
Pero a eiruga era impaciente e cando a bolboreta volveu parecer ao día seguinte a larva volveu dicirlle: - Por favor, bolboreta, ensíname a voar como ti. A bolboreta rdíxolle ao oído: - Sé paciente e algún día faralo.

A eiruga estaba tan frustrada que decidiu sacar a idea da cabeza dunha vez por todas e esqueceu o seu desexo de voar.
Un día sucedeu algo estraño.

Parecía coma se o mundo empezase a dar voltas. Á eiruga empezou a doerlle o estómago e sentiuse moi enferma. Quedou paralizada e pechou os ollos, pensado que estaba a morrer.

Despois dun intre, o mundo pareceu deixar de moverse e sentiuse máis lixeira e libre. Parecíalle que podía volver moverse, e, ao facelo, deuse conta de que tiña debaixo a árbore, e o sol quentaba.

Na distancia puido oír un lixeiro murmurio e sentiuse atraída polo ruído. Era unha pequena voz que lle dicía: -Por favor, ensíname a voar coma ti.... Paciencia, xa o farás, xa o farás.

Daquela, decatouse de que se convertera nunha bolboreta.

REFLEXIÓN:
É bo ter desexos de voar, desexos de crecer, pero ao mesmo tempo convén ser pacientes e centrarnos no que facemos día a día. Debemos ser fieis ao momento presente, non podemos saltar por riba de nós mesmos. Sexamos responsables coa nosa situación actual, pois é o modo de ir preparándonos para afrontar o voo, sen esa paciencia non poderemos despegar cando chegue o momento.

ORACIÓN
Só nos alegrará o sorriso que regalamos.
Só nos refrescará a auga que xuntos temos bebido.
Só nos alimentará o pan que compartimos.
Só nos cubrirá o vestido co que ao próximo arroupamos.
Só nos descansará o cansazo do peregrino que hospedamos.
Só nos consolará a palabra coa que reconfortamos.
Só nos guiará a verdade que proclamamos.
Só nos sandará o consolo do enfermo que visitamos.
Só nos librará o peso que de moitos ombreiros quitamos.
Só nos dará paz a ofensa que perdoamos.
Só fará renacer a esperanza a mirada que ao ceo diriximos e as mans con que abrazamos.
Só nos conducirá á VIDA, a confianza que en DEUS depositamos.
Que a túa FE sexa grande e convencida para que, ao final, recollas o que cres; para que a nosa herdanza cando nos vaiamos deste mundo sexa grande.
Todo depende do que teñamos dado. Iso quedará nos corazóns de moitos e será un legado de amor.
Así que sementa para que mañá, cando DEUS recolla, pense en ti e che diga que cumpriches o teu labor.
O ceo conquístase co hoxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog