VENRES 20 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI,
DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Deus,
Pai bo, dámosche grazas polo perdón recibido e pola boa dose de espiritualidade
que compartimos. Ti queres persoas convertidas, xenerosas...
Señor,
aquí estamos co interior aberto e con ganas de quentar de novo o corazón.
Aquí
estamos, dispostos a facer eficaz a luz recibida, comunicando con paixón o
Evanxeo salvador.
Aquí
estamos, apostando unha vez máis pola santidade, para que destile un aire limpo
a nosa convivencia.
Aquí
estamos, Pai, abertos á túa misericordia e con ganas de levarte á rúa, ao
traballo, á vida familiar, aos lugares de diversión... Queremos proclamar que
Ti vives. Queremos comprometernos máis...
Ladaíña da xente perdoada
·
Por te
doeres do débil, do pequeno e pecador.
· Por ser bo coma unha nai, e non un Deus castigador:
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.
·
Por
obsequiarnos a diario coa forza do teu amor.
·
Porque ti
nunca nos negas o teu perdón curador.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.
·
Por
acollernos en Cristo, guía, mestre, amigo, irmán maior.
·
Polas
veces que esquecemos o mal que alguén nos causou.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.
·
Por ser
libres ante o mal coa liberdade do amor.
·
Por ser
fortes contra o mal coa fortaleza do amor.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.
·
Por todos
os que traballan por un Mundo mellor.
·
Polos que
serven e coidan aos máis necesitados de entre nós.
DÁMOSCHE GRAZAS, PAI BO.
AMÉN
AMÉN
LUNS 16 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
UNIDOS ÁS FAMILIAS DE PARÍS
ORACIÓN POLA PAZ
Esta fin de semana chegounos a terrible noticia dos atentados ocorridos na noite do venres en París.
Desde o noso colexio, queremos orar de forma especial polas vítimas e os seus familiares. É difícil imaxinar a desgarradora dor ante a perda de seres queridos en semellantes circunstancias.
Hoxe unímonos todos en oración polas familias, para que Cristo sane o seu corazón e sintan o seu consolo. Oramos polos falecidos, para que xa estean a gozar do abrazo misericordioso do Pai. E oramos pola paz no mundo, para que estas amargas bágoas non suquen ningún outro rostro.
ORACIÓN
«Señor, non permitas que se nos endureza o corazón, non permitas que deixemos de amar…
María, ti que viches morrer ao teu Fillo, consola a tantos pais que hoxe choran a morte dos seus fillos, consola a tantos seres queridos que non puideron despedirse, fortalece a súa esperanza de que volverán atoparse no Reino do Señor, onde xa non haberá dor, despedidas nin medo. Líbranos do odio, a violencia e o rancor. María, roga por nós.»
María, ti que viches morrer ao teu Fillo, consola a tantos pais que hoxe choran a morte dos seus fillos, consola a tantos seres queridos que non puideron despedirse, fortalece a súa esperanza de que volverán atoparse no Reino do Señor, onde xa non haberá dor, despedidas nin medo. Líbranos do odio, a violencia e o rancor. María, roga por nós.»
AVE MARÍA
(Podes unirte en directo a Lourdes para orar por París e pola paz:)
MARTES 17 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI,
DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Cando a busca da xustiza se
converte en estrelas que iluminan o noso camiño, a eternidade deixa de ser medo
para volverse horizonte cara onde camiñar na busca da plenitude.
Evanxeo Mc 13, 24-32
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel
tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos:
-
Naqueles días, pasada xa aquela grande angustia, o sol ha escurecer, a lúa
deixará de alumar, as estrelas caerán do ceo, abalarán as potencias do
ceo. Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes con gran poder e gloria. E
mandará os anxos para reuniren os elixidos desde os catro ventos do cabo da
terra ata o cabo do ceo.
Aprendede da comparanza da figueira. Cando lle saen os gromos e bota a folla,
comprendedes que o verán está a chegar. Así tamén vós, cando vexades que pasan
estas cousas, sabede que xa está pretiño, á porta. Asegúrovos que non pasará
esta xeración sen que antes suceda todo isto. O ceo e mais a terra pasarán, pero
as miñas palabras non pasarán.
En canto
ao día e mais a hora no que isto vai acontecer, ninguén sabe nada, nin os anxos
do ceo, nin o Fillo; sábeo o Pai soamente.
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo
MÉRCORES 17 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO
PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A
pouco que nos fixemos no noso día a día, resulta sinxelo caer na conta de que
necesitamos revisar a nosa vida. Hoxe e mañá, durante a oración, ímonos a
regalar este tempo de revisión e celebración, deixando resoar de novo no noso
corazón a Palabra de Deus que segue dicíndonos “camiño contigo”.
Liturxia da Palabra
Velaí algo do que Deus nos di na súa palabra, neste caso a través do
apóstolo Paulo:
"Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e
apegádevos ó ben; sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na
estima mutua; no traballo non teñades preguiza; no espírito sede apaixonados.
Vivide ledos na esperanza, constantes na oración, fortes e solidarios nos
momentos de sufrimento. Tede sempre en conta as necesidades dos demais
cristiáns practicando a hospitalidade".
(Palabras de Paulo á comunidade cristiá de Roma)
"O Reino de Deus non é comida nin bebida, senón
xustiza, paz e alegría. Que o Deus da paciencia e do consolo vos faga ter un
mesmo sentir entre vós, conforme ó exemplo de Cristo Xesús. Acollédevos uns a
outros, coma tamén Cristo vos acolleu. Que o Deus da esperanza encha de alegría
e de paz a vosa vida de fe, para que rebordedes na esperanza".
(Palabras de Paulo á comunidade
cristiá de Roma)
- Revisa a túa vida...
- Que actitudes debes cambiar na túa vida...
*
de crecemento e maduración persoal,
*
de estudos,
*
de familia,
*
de relación cos amigos,
*
de compromiso polos demais,
*
de relación con Deus.
XOVES 18 NOVEMBRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
" Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a
verdade ao seu próximo, porque somos membros uns dos outros. Que non saia da
vosa boca unha palabra ruín: ao contrario, a palabra boa, para que faga ben ós
que escoitan. Arredade de vós toda carraxe, ira, aldraxes, envexas e calquera
maldade; máis ben sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros,
perdoándovos mutuamente, coma Deus vos perdoou en Cristo. Facédevos, logo,
imitadores de Deus, coma fillos queridos, e camiñade no amor igual ca Cristo,
que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda agradable a Deus. Así que
andade coma fillos da luz porque a luz é toda bondade, xustiza, e verdade,
tendo en conta o que agrada ó Señor e fai de vós persoas novas. E non
compartades as obras estériles das tebras; polo contrario, denunciádeas".
(Palabras de Paulo á comunidade
cristiá de Éfeso).
Revisando as nosas vidas:
Deus,
porque nos quere ben, invítanos a que revisemos as nosas vidas, para que as
poidamos mellorar e facer máis felices. Deus, porque coñece a bondade e a forza
do amor, ofrécenos o amor para que con el nas mans revisemos as nosas vidas
todas.
Amor por un mesmo, por unha mesma:
Deus
quere que nos amemos e que nos coidemos cada un a si mesmo.
¿Cóidome a min mesmo/a? ¿Coido o meu corpo, o meu
espírito? ¿Atendo á miña saúde? ¿Déixome levar pola tristura, pola amargura,
pola desesperanza, polos cabreos, pola violencia? ¿Traballo por ser persoa
alegre, animosa, pacífica? ¿Son xeneroso ou avaro?
Amor na Familia:
Deus
fíxonos para vivir felizmente en familia.
¿Cómo mimamos e coidamos a familia na que vivimos?
¿Respectamos aos da casa coas palabras, cos feitos, cos xestos? ¿Coidámolos con
xenerosidade cando enferman? ¿Prestamos máis atención aos máis débiles: os
nenos, os vellos? ¿Sabemos aturar os seus defectos? ¿Sabemos corrixilos?
¿Sabemos animalos cando están decaídos?
Amor no Grupo:
Deus
tamén nos fixo para vivir en grupo.
¿Cómo estamos convivindo? ¿Respectámonos? ¿Disimulamos
os defectos dos demais ou aireámolos ben, facendo risa deles? ¿Murmuramos dos
demais? ¿Afundimos máis ao que nos parece ruín, ou axudámolo a cambiar, a
mellorar? ¿Participamos ou non en construír un bo ambiente onde todas e todos
nos sintamos ben, a gusto? ¿Axudamos aos demais coa nosa palabra, co noso
tempo, cos nosos ánimos?
Amor no Mundo:
Deus
tamén nos fixo irmáns de todos os homes e mulleres do Mundo.
¿Sentímonos así, irmáns de todos, ou desprezamos a
alguén por ser pobre, por ser estranxeiro, por ser doutra color? ¿Atendemos aos
estranxeiros que poida haber entre nós? ¿Doémonos dos que pasan desgrazas polo
Mundo? ¿Axudámolos cos nosos cartos, coa nosa abundancia?
Amor a Deus:
Deus
quere vivir moi unido a nós polo amor.
¿Respondemos con amor ao amor que Deus nos ten?
¿Respectamos o seu nome? ¿Facemos algo por coñecelo mellor? ¿Sómoslle xente
agradecida? ¿Honramos a Deus servindo aos seus fillos e fillas máis
necesitadas? ¿Honramos a Deus participando nas celebracións da Comunidade, da
Igrexa?
Cando o profesor avise, cada un pasará
a confesar de forma individual co sacerdote. Sede valentes e animádevos a
recibir o Sacramento do Perdón. Mentres tanto, escoitamos esta canción e
pensamos…
“Para
a pensar no que fas ti”
- O
que eu fago que é aire-alento-constructivo-positivo
- O
que eu fago que é lume-desalentador-destructivo-negativo
Audición: ¿Quién es más poderoso, el aire o el fuego?
¿De qué vale abrir
la boca si no dices nada?
¿De qué vale caminar sin pies, volar sin plumas?
Cantar sin voz…
¿De qué vale despertarse todas la mañanas?
¿De qué vale dormir entre flores, si no sueñas nada?
Si lo tienes todo…
Piensa que tu vida vuela con el tiempo
que se te escapa de entre los dedos,
¿De qué vale caminar sin pies, volar sin plumas?
Cantar sin voz…
¿De qué vale despertarse todas la mañanas?
¿De qué vale dormir entre flores, si no sueñas nada?
Si lo tienes todo…
Piensa que tu vida vuela con el tiempo
que se te escapa de entre los dedos,
como un rayo de luz
¿Quién es más poderoso, el aire o el fuego?
La respuesta la sabes tú
cuando escuches esta canción
guárdate bien la solución
si te quedas sentado todo se pierde
no solo vale con soñar
siempre puedes seguir luchando
y párate a pensar de vez en cuando
lo que haces tú, lo que digo yo.
¿De qué valen las canciones que no dicen nada?
¿De qué vale el amor sin ganas?
Abre el paraguas, si ha salido el sol.
¿Para qué sirven las fronteras y las murallas?
¿De qué vale llorar por la tierra? ¿Y ver la guerra?
Sentirte bien.
Olvida tus temores, mira tu futuro
en tu más oscuro sueño, la noche te preguntará
¿quién es más poderoso, el aire o el fuego?
La respuesta la encontrarás
cuando escuches esta canción
guárdate bien la solución
si te quedas sentado todo se pierde
no solo vale con soñar
siempre puedes seguir luchando
y párate a pensar de vez en cuando
lo que haces tú, lo que digo yo.
Y cuando todo acabe, llega tu suerte
te acordarás de tus errores
olvidaremos nuestro cuerpo
y seremos almas dormidas
en el mundo de las estrellas
y aquí sigo buscándote el camino (mala fama chiquillo)
dale hierro a los culpables
yo llevaré adónde lo merezcan (nuestros pensamientos)
son más poderosos que el aire y el fuego (x4)
son mas poderosos que el aire y cuando cuando todo acabe
son mas poderosos que el aire te acordaras de tus errores
son mas poderosos que el aire para palante
¿Quién es más poderoso, el aire o el fuego?
La respuesta la sabes tú
cuando escuches esta canción
guárdate bien la solución
si te quedas sentado todo se pierde
no solo vale con soñar
siempre puedes seguir luchando
y párate a pensar de vez en cuando
lo que haces tú, lo que digo yo.
¿De qué valen las canciones que no dicen nada?
¿De qué vale el amor sin ganas?
Abre el paraguas, si ha salido el sol.
¿Para qué sirven las fronteras y las murallas?
¿De qué vale llorar por la tierra? ¿Y ver la guerra?
Sentirte bien.
Olvida tus temores, mira tu futuro
en tu más oscuro sueño, la noche te preguntará
¿quién es más poderoso, el aire o el fuego?
La respuesta la encontrarás
cuando escuches esta canción
guárdate bien la solución
si te quedas sentado todo se pierde
no solo vale con soñar
siempre puedes seguir luchando
y párate a pensar de vez en cuando
lo que haces tú, lo que digo yo.
Y cuando todo acabe, llega tu suerte
te acordarás de tus errores
olvidaremos nuestro cuerpo
y seremos almas dormidas
en el mundo de las estrellas
y aquí sigo buscándote el camino (mala fama chiquillo)
dale hierro a los culpables
yo llevaré adónde lo merezcan (nuestros pensamientos)
son más poderosos que el aire y el fuego (x4)
son mas poderosos que el aire y cuando cuando todo acabe
son mas poderosos que el aire te acordaras de tus errores
son mas poderosos que el aire para palante
son mas poderosos que el
aire dale hierro a los culpables (x2)
son mas poderosos que el
aire yo llevare adonde lo merezcan
son mas poderosos que el
aire y el fuego. (x2)
son mas poderosos que el
aire .
No hay comentarios:
Publicar un comentario