viernes, 25 de abril de 2014

2ª SEMANA DE PASCUA. ALELUIA!!

LUNS 28 DE ABRIL. TESTEMUÑAS DO RESUCITADO. No nome do Pai, do Fillo...

Lectura do santo evanxeo segundo Sn Xoán (20,19-31):

Ao anoitecer daquel día, o primeiro da semana, estaban os discípulos nunha casa, coas portas pechadas por medo aos xudeus.
E nisto entrou Xesús, púxose no medio e díxolles: «Paz a vós.»
E, dicindo isto, ensinoulles as mans e o costado. E os discípulos enchéronse de alegría ao ver o Señor.
Xesús repetiu: «Paz a vós. Como o Pai me enviou, así tamén vos envío eu.»
E, dito isto, exhalou o seu alento sobre eles e díxolles: «Recibide o Espiritu Santo; aos que lles perdoedes os pecados, quédanlles perdoados; aos que llos reteñades, quédanlles retidos.»
Tomás, un dos Doce, chamado o Xemelgo, non estaba con eles cando veu Xesús. E os outros discípulos dicíanlle: Vimos o Señor.»
Pero el contestoulles: «Se non vexo nas súas mans o sinal dos cravos, se non meto o dedo no burato dos cravos e non meto a man no seu costado, non o creo.»
Aos oito días, estaban outra vez dentro os discípulos e Tomás con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, púxose no medio e dixo: «Paz a vós.»
Logo dixo a Tomás: «Trae o teu dedo, aquí tes as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado; e non sexas incrédulo, senón crente.»
Contestou Tomás: «Señor meu e Deus meu!»
Xesús díxolle: «Porque me viches criches? Ditosos os que crean sen ver.»
Moitos outros signos, que non están escritos neste libro, fixo Xesús á vista dos discípulos. Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus, e para que, crendo, teñades vida no seu nome.
Palabra do Señor

XESÚS SALVARÁ A IGREXA
os discípulos refúxianse nunha casa. De novo están reunidos, pero non está con eles Xesús. Que poderán facer sen el? "Está a anoitecer" en Xerusalén e tamén no corazón dos discípulos. Dentro da casa, están "coas portas pechadas". É unha comunidade sen misión e sen horizonte. Ninguén pensa xa en saír polos camiños a anunciar o reino de Deus. Coas portas pechadas non é posible achegarse ao sufrimento das xentes.
Con medo non é posible amar o mundo como o amaba Xesús, nin infundir esperanza.

De pronto, Xesús resucitado toma a iniciativa. Vén a rescatar os seus seguidores. A pequena comunidade comeza a transformarse. Do medo pasan á paz que lles infunde Xesús. Da escuridade da noite pasan á alegría de volver velo cheo de vida.

Xesús fálalles poñendo a súa confianza: "Como o Pai me enviou, así tamén vos envío".

Xesús coñece a fraxilidade dos seus discípulos. Moitas veces criticoulles a súa fe pequena e vacilante. Necesitan a forza do seu Espírito para cumprir a súa misión. Por iso fai con eles un xesto especial. Exhala o seu alento sobre eles e dilles: "Recibide o Espírito Santo".

Só Xesús salvará a Igrexa. Só el nos liberará nos dos medos que nos paralizan, endereitará tantos camiños que nos desviaron del.


O que se nos pide é reavivar moito máis en toda a Igrexa a confianza en Xesús resucitado, e concentrar todas as nosas forzas en escoitar ben o que o seu Espírito nos está a dicir hoxe aos seus seguidores e seguidoras.




MARTES 29 DE ABRIL. TRAS AS PEGADAS DO RESUCITADO
No nome do Pai, do Fillo...
Ambientación
Moitas veces vivimos confusos, preocupados, fartos de problemas. Non obstante, presta atención esta mañá ao Evanxeo que nos di que se cremos en Xesús, seremos felices.

Lectura (Xn 16, 6-14)
Naquel tempo Xesús dixo: Eu son o camiño, a verdade e a vida. Soamente por min se pode chegar ao Pai. Se me coñecedes, tamén coñeceredes o meu Pai; e dende agora xa lle coñecedes e estádeslle a ver. " Felipe díxolle entón: "Señor, déixanos ver ao Pai e con iso abóndanos. " Xesús contestoulle: "Felipe, tanto tempo hai que estou convosco e aínda non me coñeces? O que me ve a min ve o Pai: por que me pides que vos deixe ver ao Pai? No cres que eu estou no Pai e o Pai en min? As cousas que eu vos digo non as digo pola miña propia conta. O Pai, que vive en min, é o que fai a súa propia obra.
Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en min; se non, crede polo menos polas propias obras. Asegúrovos que o que cre en min fará tamén as obras que eu fago; e fará outras aínda máis grandes, porque eu vou ao Pai. E todo o que pidades no meu nome eu o farei, para que polo Fillo se manifeste a gloria do Pai. Eu farei calquera cousa que me pidades no meu nome". Palabra de Deus

Oración
Dámosche grazas, Pai, por Xesucristo, que é o camiño, a verdade e a vida.
Sen nomealo ou recoñecendo o seu nome, todos os homes o buscan. Tamén o buscamos nós cando escoitamos a súa voz e o seguimos impulsados polo Espírito.
Bendicímoste, Pai, porque o Espírito que todos levamos dentro nos impulsa a recoñecer a túa palabra e a túa obra nas encrucilladas da vida, alí onde os nosos irmáns traballan pola verdade, a xustiza e a liberdade.
Bendicímoste, Pai, porque no fondo de nós mesmos sentimos unha chamada á vida, á bondade e á sinceridade.
E sabemos que ti plantaches esa semente en nós, e en todos os homes. AMÉN.


MÉRCORES 30 DE ABRIL. VIVE A TÚA VIDA! No nome do Pai, do Fillo...

Ambientación
Cando vivimos a vida illados e sós sentímonos mal. Xesús Resucitado invítanos a quitar de nós todo o que nos separa dos demais e a buscar, sobre todo, o que nos une.

Lectura (Feit 2, 42-47)
Os irmáns eran constantes en escoitar o ensino dos apóstolos, na vida común, na fracción do pan e nas oracións. Todo o mundo estaba impresionado polos moitos prodixios e signos que os apóstolos facían en Xerusalén. Os crentes vivían todos unidos e tíñano todo en común; vendían posesións e bens, e repartíano entre todos, segundo a necesidade de cada un. A diario acudían ao templo todos unidos, celebraban a fracción do pan nas casas e comían xuntos, gabando a Deus con alegría e de todo corazón; eran ben vistos de todo o pobo, e día tras día o Señor ía agregando ao grupo os que se ían salvando. Palabra de Deus.

Oración
Señor Resucitado, ti es a nosa forza, a nosa vida.
Señor Resucitado, dános alegría de vivir.
Señor Resucitado, ensínanos a camiñar como irmáns ao teu encontro.
Señor Resucitado, fai de nós unha clase en marcha.
Señor Resucitado, pon claridade nos nosos ollos de crentes.
Señor Resucitado, pon humildade na nosa vida para recoñecerte vivo.
AMÉN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog