LUNS 9 MARZO.
Nesta nova semana comezamos orando e pedindo para que
sexamos capaces de entender que a nosa vida sempre está unida a Deus Pai-Nai e
se preocupa e ocupa de nós.
Xuntos dicímoslle "No nome do Pai, do Fillo e do Espírito
Santo. Amén"
Escoitamos o evanxeo do domingo que nos di:
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Estaba a
chegar a Pascua dos xudeus e subiu Xesús a Xerusalén. Atopou no templo os que
vendían bois, ovellas e pombas e mais os cambiadores, sentados; vai el e,
facendo un vergallo con cordas de xunco, botounos a todos fóra do templo e as
ovellas e os bois tamén; guindou cos cartos e virou as mesas dos cambiadores; e
aos que vendían as pombas, díxolles:
‑
Arredádeme de aquí estas cousas, non fagades da casa do meu Pai unha casa de
negocio.
Lembráronse
os seus discípulos de que estaba escrito: "O celo da túa casa
devórame".
Pero
replicáronlle os xudeus:
‑ Que sinal
nos mostras, para faceres estes feitos?
Respondeulles
Xesús:
‑ Derrubade
este templo e erguereino en tres días.
Retrucáronlle
os xudeus:
‑ Corenta e
seis anos levou edificar este templo e halo erguer ti en tres días?
Pero el
dicíao referíndose ao templo do seu corpo. Cando se ergueu de entre os mortos,
lembraron os seus discípulos o que dixera e creron na Escritura e no dito de
Xesús.
Estando
Xesús en Xerusalén pola festa da Pascua, moitos creron nel, vendo os signos que
facía. Pero, pola súa parte, Xesús non se fiaba deles, porque os coñecía a
todos.
Non
precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o
que había no home.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Non é doado entender esta lectura, pero fixémonos só
nunha cousa, o importante que é dedicar a cada lugar ao que se debe, templo
para orar, a clase para o estudo, patio para falar, xogar...
Dende aquí, recoñecendo a nosa necesidade de silencio e
encontro, poñémonos en mans de María, a muller que sempre nos acompaña e xuntos
rezamos a Ave María, esa oración de fillos que nos axuda a vivir unidos e
ancorados no amor.
MARTES 10 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A nosa mañá sempre está chea de xestos, de encontros...
Coa familia, os amigos, co do quiosco... en fin cheo de persoas con nomes que
nos ensinan o mellor de cada un.
Pois invítote de novo nesta mañá a encher a túa vida de
nomes, poñer o corazón en cada cousa e orar uns por outros neste tempo de
Coresma. Mesmo por aqueles que non nos caen tan ben, necesitan a nosa oración e
cariño.
Agora, dende o teu corazón, ora polos nomes que ti creas
importantes na túa vida... Pensa neles e pronúnciaos interiormente... E xuntos
dicimos NOSOPAI, QUE ESTÁS NO CEO....
ORACIÓN FINAL (xuntos)
Es esa luz que anima e acompaña o noso camiño, para que
viaxemos contigo. Grazas pola túa presenza de Pai e Nai que nos acompaña,
estimula e pon no camiño dos irmáns. AMÉN
MÉRCORES 11 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A música axúdanos a entender os sentimentos e emocións
que a vida nos vai poñendo.
A Coresma é ese tempo de encontro, de ir camiñando cara a
Pascua e ir descubrindo no camiño o irmán, ao compañeiro...
Ao visualizar hoxe esta canción feita vida e xestos pregúntate,
en quen confías?
Ora con ela, sente que é Deus quen cho pregunta, quen te
interpela dende a necesidade da túa axuda para que confíes.
Sente así este tempo de Coresma, encontro e relación con
Deus.
Despois de escoitar, sentir... sentir... escribe un sentimento que podes compartir cos teus compañeiros e logo pégao na axenda ou no corcho de clase para que sigas orando e pedindo....
Rematamos xuntos dicindo Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo...
XOVES 12 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Escoita esta historia:
Dous monxes budistas ían viaxando xuntos e tiñan que atravesar un río caudaloso; na beira estaba unha muller que lles pediu que a axudasen a cruzar, pois non podía facelo por si soa.
Dous monxes budistas ían viaxando xuntos e tiñan que atravesar un río caudaloso; na beira estaba unha muller que lles pediu que a axudasen a cruzar, pois non podía facelo por si soa.
Un dos monxes, obedecendo as regras da súa Orde que prohibía aos monxes falar ou tocar a calquera muller, ignorouna e atravesou o río.
O outro compadeceuse da muller, cargouna nos brazos e levouna ao outro lado do río, onde se despediu dela, e logo os dous monxes continuaron a súa viaxe.
Durante o camiño o monxe que cumprira as regras ía enfadado, recordando o que fixera o seu compañeiro.
Tras varias horas de viaxe e moitos quilómetros recorrido o primeiro monxe seguía pensando no acontecido e cando non aguantou máis o seu anoxo, recriminou ao seu compañeiro por desobedecer as regras:
- "Sabes que te arriscas a ser expulsado do templo por deshonrar a nosa relixión tocando e falando con esa muller".
O outro respondeulle:
- "Eu vendo soamente que había un ser humano en apuros tratei de axudala o mellor que puiden. Carguei a muller, si, crucei o río e deixeina na outra beira, pero vexo que ti segues cargando con ela na túa mente".
Hoxe, por fortuna, estamos en camiño de crear unha sociedade igualitaria, de persoas, independentemente da súa condición, ou polo menos iso queremos crer. Aínda que ás veces xurdan grupos ou ideas que intenten convencernos do contrario.
O que nos ensina este conto é que son os nosos pensamentos os que crean a realidade: "segundo pensas, así sentes, e así actúas". Debemos liberarnos das crenzas que non nos deixan actuar respectando o outro, que nos impoñemos nós mesmos ou as que son froito da nosa educación e dos nosos prexuízos. Deixar falar ao corazón, cando se trata de axudar, de conectar cos demais e connosco mesmos...
Que pode expresar maior liberdade que a frase de San Agustín: "Ama e fai o que queiras"?... Sempre buscando o ben do outro. Debemos avanzar vivindo no presente, no aquí e agora, deixando atrás aquelas ideas e crenzas que nos impiden crecer. É tempo de ELIXIR...
VENRES 13 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
O domingo 15 é un día especial para a Familia Vicenciana,
para o noso colexio: é a FESTA DE SANTA LUISA DE MARILLAC.
San Vicente de Paúl e Luisa de Marillac foron persoas moi
distintas, non só na súa personalidade, senón nas súas historias de vida e nas
súas experiencias vitais. Ambos os dous eran persoas de fe, que realizaron o
seu propio camiño persoal de maduración, de purificación desta. Ambos os dous
tiveron diferentes acompañantes, que os axudaron e orientaron no seu
discernimento; e, tamén se axudaron mutuamente ata configurar o que chamamos
“espiritualidade vicenciana”. Pero, o máis importante, ambos os dous
encontráronse persoalmente con Cristo, tiveron unha experiencia de encontro con
Cristo nos pobres e de servizo aos pobres como membros de Xesús. Para os vicencianos
de sempre e de hoxe, os pobres son mediación indispensable para o encontro co
Señor.
O central na experiencia vicenciana é o descubrimento de
Cristo presente nos pobres. É unha experiencia de dobre sentido, na medida que Vicente
e Luisa, e cada un de nós, abre a súa vida aos pobres, abre a súa vida a Xesús
e viceversa.
Preguntas para a
reflexión:
· Cales son os nosos soños e proxectos? En que desexamos
investir a nosa vida?
· Que é o que buscamos de Xesús? Que é o que nos impulsa
para seguir a Xesús?
· Necesitamos ver para poder seguir? Necesitamos certas
garantías para avanzar?
· Que papel teñen os pobres (as persoas que nos
necesitan) na nosa vida? Que estou disposto a dar?
No hay comentarios:
Publicar un comentario