LUNS 2 MARZO. NO NOME DO
PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Comezamos a segunda semana de coresma co lema: "Escoita a Xesús"
Xesús fálanos a cada un de nós de moitas formas: A través
dos acontecementos que nos suceden na vida, por medio das persoas que nos
rodean, na persoa dos débiles... pero sobre todo fálanos a través da súa
Palabra recollida nos Evanxeos.
Hoxe imos ler unha pasaxe desta Palabra, que se proclamou
na Eucaristía de onte, domingo, e que narra o relato da transfiguración do
Señor. Nela iremos procurando afondar ao longo da semana. Escoitemos con
atención e acollámola co corazón:
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel
tempo, levou Xesús consigo a Pedro, a Santiago e a Xoán, e subiu con eles sós a
un monte alto.
Alí
transfigurouse diante deles; e os seus vestidos viráronse resplandecentes,
brancos coma ningún bataneiro do mundo os podería branquexar.
E aparecéuselles
Elías e mais Moisés, que estaban a falar con Xesús.
Pedro
colleu a palabra e díxolle a Xesús:
‑ Mestre,
que bo sería ficarmos aquí! Imos facer tres tendas: Unha para ti, outra para
Moisés e outra para Elías
El non
sabía o que dicía, de tan asustados que estaban.
E formouse
unha nube que os cubriu; e dende a nube deixouse oír unha voz:
‑ Este é o
meu Fillo benquerido; escoitádeo.
E de
súpeto, mirando arredor, xa non viron a ninguén, senón a Xesús só onda eles.
Cando
baixaban do monte, Xesús encargoulles que non contasen nada do que viran, ata
que o Fillo do Home resucitase de entre os mortos.
Eles
gardaron a cousa en segredo, pero preguntábanse entre si que sería aquilo de
"resucitar de entre os mortos".
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
REFLEXIÓN: Neste momento imos fixarnos especialmente na
frase: Transfigurouse diante deles. "
No texto que acabamos de escoitar, Xesús TRANSFIGÚRASE,
cambia de aspecto ante os seus amigos e maniféstalles a súa verdadeira
identidade divina.
Móstrase ante os seus como realmente é, para que admiren
ao que poden chegar eles se confían, como El fai, no amor de Deus Pai.
Tamén hoxe Deus nos pide a nós que nos vaiamos
transfigurando pouco a pouco a través dos nosos actos de amor: Que cambiemos do
enfado ao sorriso. Do rancor ao perdón; da autosuficiencia á humildade; do
egoísmo ao servizo.
A coresma é tempo de conversión, de cambio. Fagamos un
alto no camiño da nosa vida e pensemos:
. Hai algo en min que non vai ben e debería cambiar?
. Que vou facer para iso?
GLORIA AO PAI….
MARTES 3 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Hoxe imos fixarnos nun fragmento do relato que escoitamos
onte. Di así:
"...E aparecéronselles Elías e Moisés falando con
Xesús, Pedro tomou a palabra e dixo a Xesús: "Mestre, que ben se está
aquí! Fagamos tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para
Elías".
Para ver con claridade a Deus os discípulos houberon de
subir á montaña, pero o máis difícil non foi a subida, senón a baixada.
Aprender de novo a vivir coa realidade do mundo e descubrir nela o Señor que se
mostra sobre todo naqueles que sofren.
PARA A REFLEXIÓN:
- Quen pode estar a necesitar de min neste mesmo momento?
No colexio, na casa, entre os meus amigos...
- Como podo prestarlle a miña axuda?
- Que estou disposto a facer? (Breve momento de silencio)
Pidamos ao Señor que nos dea unha mirada limpa para poder
descubrilo nos acontecementos da vida e nos nosos propios.
NOSOPAI...
MÉRCORES 4 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A frase do Evanxeo sobre a que imos reflexionar hoxe di
así:
"Unha nube cubriunos coa súa sombra; e dende a nube
oíuse unha voz: "Este é o meu fillo amado. Escoitádeo.
REFLEXIÓN: Deus Pai invítanos a escoitar a Xesús. A
acoller as súas palabras, o que El nos di, e poñelo por obra.
. Que tempo lle dedico eu a Deus?
. Fago oración?
. Que lugar ocupa Deus na miña vida? (Breve momento de
silencio)
CREO EN DEUS (dous coros)
Creo nun Deus impotente,
nun Deus débil debilitado,
creo nun Deus que non pode,
que non triunfa. Derrotado.
Creo nun Deus tan veciño
que se volve un Deus humano,
que a súa vida entre nós,
é morte que lle entregamos.
Creo nun Deus sen poder,
feito home e torturado,
e por coroa: espiñas!,
e por resposta: insultado!.
Creo nun Deus impotente,
un Deus de brazos atados,
un Deus distinto aos home,
poderosos, soberanos...
Creo nun Deus que non sabe
negar o que declarou,
creo nun Deus impotente,
impotente de namorado!
Creo nun Deus novidoso,
de novidade sempre a man
que xera cada instante
o que o amor vai ditando.
Creo nun Deus xeneroso,
do amor crucificado,
creo nun Deus tamén pobre,
que ten os pobres ao lado.
Creo nun Deus que non pode,
é o amor quen o atou!
Creo nun Deus sen poder,
pobre... resucitado!
Xuntos dicimos Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito
Santo...
Video: ALGUÉN CHAMA Á TÚA PORTA http://www.missionkits.org/tarjetas/cuaresma/puerta/
XOVES 5 MARZO. NO NOME DO
PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
No día de hoxe de novo poñémonos na presenza de Deus
Pai-Nai, que nos axuda a achegarnos ao Irmán e, polo tanto, a seguir camiñando
cara á Pascua. Un camiño vivido dende a sinceridade do corazón.
Escoitamos este conto:
CONTO SOBRE A
MISERICORDIA DE DEUS
Deus sempre nos dá
unha nova oportunidade!
Había un home moi rico que posuía moitos bens, unha
grande estanza, moito gando, varios empregados, e un único fillo, o seu
herdeiro.
Un día, o vello pai, xa avanzado en idade, dixo aos seus
empregados que lle construíran un pequeno corte.
Dentro del, o propio pai preparou unha forca e, xunto a
ela, unha placa con algo escrito: "PARA QUE NUNCA DESPRECES AS PALABRAS DO
TEU PAI"
Máis tarde, chamou o seu fillo, levouno ata o corte e
díxolle: É para ti! Quero que me prometas que te aforcarás nela se sucede o que
eu che dixen.
O mozo riu, pensou que era un absurdo, pero para non
contradicir o seu pai prometeulle que así o faría, pensando que iso xamais
sucedería.
O tempo pasou, o pai morreu, e o seu fillo encargouse de todo,
e así como o seu pai previra, o mozo gastou todo, vendeu os bens, perdeu os
seus amigos e ata a propia dignidade.
Desesperado e aflixido, comezou a reflexionar sobre a súa
vida e viu que fora un parvo. Acordouse das palabras do seu pai e comezou a dicir:
- Ah, pai meu... Se eu tivese escoitado os teus
consellos... Pero agora é demasiado tarde. Eu nunca seguín as palabras do meu
pai, non puiden alegralo cando estaba vivo, pero polo menos esta vez farei a
súa vontade. Vou cumprir a miña promesa. Non me queda nada máis...
Entón, subiu os chanzos e colocou a corda no colo, e
pensou:
- Ah, se eu tivese unha nova oportunidade...
Entón, tirouse dende o alto dos chanzos e, por un
instante, sentiu que a corda apertaba a súa garganta... Era o fin.
Non obstante, o brazo da forca era oco e quebrouse
doadamente, caendo o mozo ao piso. Sobre el caeron xoias, esmeraldas, perlas,
rubís, zafiros e brillantes, moitos brillantes...
A forca estaba chea de pedras preciosas. Entre o que caeu
encontrou unha nota.
Nela estaba escrito: Esta é a túa nova oportunidade.
Ámote moito! Con amor, o teu vello pai.
"Deus é exactamente así connosco. Cando nos
arrepentimos, podemos ir ata el. El sempre nos dá unha nova oportunidade".
Cada un, durante un segundo pensamos que pediriamos nesta
segunda oportunidade. Ofrecémosllo a María, para que llo presente a Xesús
dicindo: Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!
VENRES 6 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Bo día! Estamos ao final da semana e que ganas! Cantos
plans para facer en dous días, verdade? Pois arríscate e pensa que podes facer
un plan cun camiño máis longo e co obxectivo de percorrelo con outros
compañeiros. Non te canses e non esquezas que o noso billete dura ata a Pascua.
Imos escoitar un conto que nos achega a esa realidade de
espera, non podemos facelo todo nun día, nun momento...ESCOITA
A EIRUGA
Un pequeno verme camiñaba un día en dirección ao sol. Moi
preto do camiño encontrábase un Chapulín:
- Cara a onde te dirixes?, preguntoulle.
Sen deixar de camiñar, a eiruga contestou:
- Tiven un soño onte á noite; soñei que dende a punta da
gran montaña eu miraba todo o val. Gustoume o que vin no meu soño e decidín
realizalo.
Sorprendido, o chapulín dixo, mentres o seu amigo se
afastaba:
- Debes estar tolo!, Como poderías chegar ata aquel
lugar?
- !Ti, unha simple eiruga! Unha pedra será para ti unha
montaña, un pequeno charco un mar e calquera madeiro unha barreira
infranqueable.
Pero o verme xa estaba lonxe e non o escoitou. Os seus
diminutos pés non deixaron de moverse.
A eiruga continuou o seu camiño, despois de avanzar xa
uns cantos centímetros.
Do mesmo modo, a araña, a toupa, a ra e a flor
aconsellaron o noso amigo a desistir do seu soño!
-¡Non o lograrás xamais! - dixéronlle -, pero no seu
interior había un impulso que o obrigaba a seguir.
Xa esgotado, sen forzas e a punto de morrer, decidiu
parar a descansar e construír co seu último esforzo un lugar onde pasar a
noite:
- Estarei mellor, foi o último que dixo, e morreu.
- Todos os animais do val por días foron mirar os seus
restos. Aí estaba o animal máis tolo do pobo.
Construíra como a súa tumba un monumento á insensatez. Aí
estaba un duro refuxio, digno dun que morreu "por querer realizar un soño
irrealizable".
Unha mañá na que o sol brillaba dun xeito especial, todos
os animais se congregaron en torno a aquilo que se convertera nunha ADVERTENCIA
PARA OS ATREVIDOS. De pronto quedaron atónitos.
Aquela cuncha dura comezou a quebrarse e con asombro
viron uns ollos e unha antena que non podía ser a da eiruga que crían morta.
Pouco a pouco, como para darlles tempo de repoñerse do impacto, foron saíndo as
fermosas ás arco da vella daquel impresionante ser que tiñan fronte a eles:
UNHA BOLBORETA.
Non houbo nada que dicir, todos sabían o que faría:
iríase voando ata a gran montaña e realizaría un soño; o soño polo que vivira,
polo que morrera e polo que volvera vivir.
"Todos se
equivocaran". Deus non nos tería dado a posibilidade de soñar, se
non nos tivese dado a oportunidade de facer realidade os nosos sonos...
Se tes un soño, vive por el, intenta alcanzalo, pon a
vida niso e se te dás conta de que non podes, quizais necesites facer un alto
no camiño e experimentar un cambio radical na túa vida e entón, con outro
aspecto, con outras posibilidades e circunstancias distintas!!
Despois da lectura, recorda QUE SOÑO TES para ti, que che
gustaría vivir e realizar. Párate e nuns segundos debuxa o teu sono e colócao
na clase, para que sigamos camiñando e soñando xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario