Luns 21 de setembro. No nome do Pai,….
Esta semana é para nós unha semana importante porque celebraremos o domingo (aínda que nós, o venres) a festa de San Vicente de Paúl, sacerdote católico e fundador da Compañía das Fillas da Caridade no século XVII. Como escola vicenciana que somos, queremos achegarnos á vida de San Vicente e agradecer neste momento de reflexión da mañá a súa entrega ao seguimento de Xesús, expresado no servizo aos máis pobres e necesitados.
Escoitemos:
San Vicente de Paúl foi un sacerdote francés e unha das figuras máis representativas do catolicismo na Francia do século XVII. Cursou estudos primarios e secundarios en Dax, e posteriormente filosofía e teoloxía en Toulouse. Fixo tamén algúns estudos en Zaragoza. Ordenouse moi novo, coa intención de ser párroco de inmediato e así poder axudar á súa familia; decidiu abandonar todo cargo eclesiástico e dedicar o seu labor apostólico á axuda aos máis desfavorecidos. Foi fundador da Congregación da Misión e cofundador con Luisa de Marillac das Fillas da Caridade. Avogou por melloras nas condicións dos campesiños e aldeáns. Foi canonizado e nomeado patrón das obras de caridade.
Que o seu exemplo nos faga ser cada día máis responsables e comprometidos co estilo de vida vicenciano resumido nesta frase:
“SABER MÁIS PARA SERVIR MELLOR, SERVIR MELLOR PARA VIVIR MÁIS PLENAMENTE”
Oración final (xuntos)
como a San Vicente, dános a capacidade suficiente
para buscar sempre aquilo que nos axude a vivir
en profundidade o noso proxecto de vida.
a fe necesaria para crer en ti
a pesar das dificultades e contratempos que nos atopemos.
Fainos persoas agradecidas por todo,
de modo especial polos nosos pais
e por todas aquelas persoas
que nos axudan a crecer e a vivir
do mellor modo posible.
fainos persoas creativas, cheas de vida e capaces de compartila sinxelamente
con aqueles que nos rodean.
Que teñamos unha boa semana. Amén
Martes 22 de setembro. No nome do Pai,….
San Vicente dixo: “Dádeme un home de oración e será capaz de todo”
Este martes comezamos o día poñéndonos na presenza do Deus da vida para que todo canto fagamos, aprendamos e compartamos contribúa a mellorar a nosa vida e a vida dos demais.
En silencio, cada un pensamos naquelas persoas que necesitan do noso recordo, apoio e oración. Con esta intención comezamos esta oración da mañá.
Oración
Nesta mañá que nos regalas
presentámosche, Deus da vida, as nosas vidas,
todas as nosas enerxías e bos desexos
para que, como San Vicente,
sexamos capaces de descubrir,
no medio das nosas comodidades
e de todo o noso benestar,
as necesidades e pobrezas dos demais,
especialmente dos que temos máis preto.
Fainos persoas sensibles aos que nos rodean,
fainos dispoñibles para que ninguén sinta só
fainos creativos na axuda aos demais. Amén
Noso pai…
Oración
presentámosche, Deus da vida, as nosas vidas,
todas as nosas enerxías e bos desexos
para que, como San Vicente,
sexamos capaces de descubrir,
no medio das nosas comodidades
e de todo o noso benestar,
as necesidades e pobrezas dos demais,
especialmente dos que temos máis preto.
Fainos persoas sensibles aos que nos rodean,
fainos dispoñibles para que ninguén sinta só
fainos creativos na axuda aos demais. Amén
Noso pai…
Mércores 23 de setembro. No nome do Pai,….
San Vicente dicía: “A perfección non está na morea de cousas feitas, senón no feito de estar ben feitas”
Neste día que comeza pedímoslle ao Señor que todas os nosos esforzos estean encamiñados a facer as nosas tarefas ben feitas, para que deste xeito poidan ser beneficiosas para nós e poidamos poñelas ao servizo dos demais.
Benaventuranzas da vida
Feliz quen goza como nenos pequenos
dos pequenos praceres que lles ofrece cada día a vida.
Feliz quen pecha os ollos
e sente circular, brotar, latexar a vida dentro de si mesmo.
Feliz quen se dá conta da dor causada a calquera ser vivo
como se llo fixesen a eles mesmos.
Feliz quen saúda con gozo ao sol cada mañá,
quen goza da súa calor e das distintas estacións.
Feliz quen se compromete pola vida, con todas as vidas,
quen se ofrece con alegría e en cada momento para que haxa máis vida.
Feliz quen loita por eliminar as desigualdades e inxustizas, quen se esforza por alentar as esperanzas
e un futuro mellor para a humanidade.
Benaventuranzas da vida
dos pequenos praceres que lles ofrece cada día a vida.
e sente circular, brotar, latexar a vida dentro de si mesmo.
como se llo fixesen a eles mesmos.
quen goza da súa calor e das distintas estacións.
quen se ofrece con alegría e en cada momento para que haxa máis vida.
e un futuro mellor para a humanidade.
NOSO PAI…
Xoves, 24 de setembro. No nome do Pai,….
Frase de San Vicente: “Non podemos asegurar mellor a nosa felicidade que vivindo e morrendo no servicio aos necesitados.”
San Vicente, nesta semana que imos celebrar a túa festa, queremos pedirlle a Xesús, que nos dea un corazón sensible coma o teu, para escoitar a quen necesite de nós e estar sempre dispostos a compartir.
Que nos acheguemos ás persoas sempre con tenrura e respecto, que valoremos aos demais como son e non desprecemos a ninguén por ser diferente.
Axúdanos a ser obedientes e educados, na casa e no colexio, e a esforzarnos para facer o ben. Que todos colaboremos para facer un mundo máis bonito e mellor.
Que nos acheguemos ás persoas sempre con tenrura e respecto, que valoremos aos demais como son e non desprecemos a ninguén por ser diferente.
Axúdanos a ser obedientes e educados, na casa e no colexio, e a esforzarnos para facer o ben. Que todos colaboremos para facer un mundo máis bonito e mellor.
Nosopai vicenciano
Pai amoroso do pobre,
Pai de Xesús e pai noso,
fai que, polo testemuño da nosa vida,
o noso compromiso pola xustiza
e o servizo desde a caridade
todos te coñezan e experimenten a túa misericordia.
Que todos confíen na túa Bondade e obedezan a túa Vontade
para que se realice o teu plan neste mundo
como o tes na túa mente desde sempre.
Dános hoxe o alimento que máis necesitamos:
non só pan, senón toda palabra que sae da túa boca;
a túa presenza, a túa tenrura Ti mesmo!
As palabras, os abrazos, os silencios,
a amizade, o tempo dos demais para connosco
e de nós para con todos os demais,
especialmente cos que máis necesitan.
Perdóanos por todo o mal que facemos,
por propia vontade ou sen darnos conta,
e coa túa axuda fai que perdoemos
a todos os que nos fixeron mal.
Non nos deixes sucumbir na tentación de malvivir a vida,
de só gastar a vida sen investirnos nos demais, na súa felicidade,
mediante o servizo desinteresado e gratuíto.
E, pola túa caridade, líbranos do mal. Amén
Pai de Xesús e pai noso,
fai que, polo testemuño da nosa vida,
o noso compromiso pola xustiza
e o servizo desde a caridade
todos te coñezan e experimenten a túa misericordia.
para que se realice o teu plan neste mundo
como o tes na túa mente desde sempre.
non só pan, senón toda palabra que sae da túa boca;
a túa presenza, a túa tenrura Ti mesmo!
As palabras, os abrazos, os silencios,
a amizade, o tempo dos demais para connosco
e de nós para con todos os demais,
especialmente cos que máis necesitan.
por propia vontade ou sen darnos conta,
e coa túa axuda fai que perdoemos
a todos os que nos fixeron mal.
de só gastar a vida sen investirnos nos demais, na súa felicidade,
mediante o servizo desinteresado e gratuíto.
E, pola túa caridade, líbranos do mal. Amén
Venres, 25 de setembro
Hoxe celebramos, no noso colexio e en todos os colexios vicencianos repartidos por España e polo mundo enteiro, a festa de san Vicente de Paúl, fundador xunto con Santa Luisa de Marillac de la Compañía de las Hijas de la Caridad. Para todos os que participamos do estilo de vida vicenciano, celebrar a vida de San Vicente é un motivo de alegría, de esperanza e de felicidade compartida. Hoxe damos grazas a Deus por Vicente de Paúl, cristián, sacerdote e modelo de vida para todos. Oxalá este día de celebración nos faga máis conscientes, responsables e comprometidos co estilo de vida vicenciano Feliz festa de San Vicente para todos. Ave María….
Na oración de hoxe, pedímoslle ao Señor
que aprendamos de San Vicente de Paúl
a ver en cada persoa necesitada
a imaxe de Cristo que nos interroga.
Dános uns ollos atentos como os de San Vicente
para descubrir as necesidades dos pobres.
Un corazón grande como o de San Vicente
para comprender as necesidades e ser caritativos.
Uns brazos sempre abertos para acoller e abrazar.
Uns pés lixeiros para acudir rápido
e comprometernos cos que necesitan axuda.
Que pensemos en tantos irmáns nosos
que hoxe están a pasar fame e necesitados dun traballo.
Que aprendamos de ti, Vicente de Paúl,
que o amor fai grandes ás persoas
e o egoísmo as empequeñece. Amén
que aprendamos de San Vicente de Paúl
a ver en cada persoa necesitada
a imaxe de Cristo que nos interroga.
Dános uns ollos atentos como os de San Vicente
para descubrir as necesidades dos pobres.
Un corazón grande como o de San Vicente
para comprender as necesidades e ser caritativos.
Uns brazos sempre abertos para acoller e abrazar.
Uns pés lixeiros para acudir rápido
e comprometernos cos que necesitan axuda.
Que pensemos en tantos irmáns nosos
que hoxe están a pasar fame e necesitados dun traballo.
Que aprendamos de ti, Vicente de Paúl,
que o amor fai grandes ás persoas
e o egoísmo as empequeñece. Amén
No hay comentarios:
Publicar un comentario