LUNS
28 SETEMBRO 2015. NO NOME DO PAI…..
MIGRANTES
Á terrible situación dos naufraxios nas
costas do sur de Europa con miles de inmigrantes subsaharianos tentando escapar
da situación de extrema pobreza, sumouse este verán o drama dos refuxiados
sirios que foxen da situación de guerra e persecución á que ven sometidos.
Emigrantes sirios e tamén afgáns e paquistanís, que nos últimos días tratan de
chegar a Alemaña, principalmente, pola fronteira entre Hungría e Serbia.
A crise dos inmigrantes e refuxiados que
foxen da guerra lonxe solucionarse é cada vez máis aterradora: persoas que o arriscan
todo para poder salvar a súa vida ou gozar de dignidade humana á que teñen todo
o dereito. Son sobrecolledoras as imaxes de miles de persoas tratadas coma se
fosen animais e simplemente rexeitadas pola Unión Europea. Fronte a esta crúa
realidade non podemos pechar os ollos. Ante esta tráxica realidade é necesario
actuar xa agora.
Palabra:
Mt 5, 4
“Ditosos os que sofren, porque serán
consolados”
Reflexión
Pode parecer sensacionalistas pero: Queda
moito por facer mentres 800 millóns de persoas vivan nos países do Sur en
condicións de pobreza e, delas, 550 millóns estean na miseria; mentres 6
millóns de nenos morran cada ano antes de cumprir os 5 anos; mentres 58 millóns
de nenos non van á escola primaria e mentres millóns de nenos e mozos vivan
marxinados dos progresos mundiais. Como te sitúas ante esta realidade?
Oración
do Mozo Migrante
Aquí estou, á beira do camiño, sen camiño;
os meus pasos buscan as túas pegadas
para poñer as miñas pisadas,
a vida e a morte están ante min como un
reto;
o ben e o mal crúzanse no meu corazón
que sen descanso busca, pide e chama.
Eu quero ser ditoso, home en camiño;
eu quero ser libre coa liberdade do teu
exemplo.
Quero deixar atrás as chamadas inútiles
do diñeiro, do poder, do pracer, do que
no fondo é nada.
Quero ser
desde as miñas raíces e a miña historia
de ilusións e fracasos,
desde as miñas loitas e as miñas crises
un camiño de esperanza aberto cara á vida
eterna,
onde ti moras e onde esperas cun corazón
de amigo,
a miña chegada.
Señor Xesús, contigo faise o camiño suave
e lixeiro,
ao levar entre ti e eu -os dous xuntos-
esta pesada carga.
Quero ser discípulo teu,
e aprender de ti, Mestre,
a ser libre como o vento,
no teu Espírito, que guía e salva.
Así sexa. Amén
MARTES 29 SETEMBRO 2015. NO NOME DO PAI…..
Evanxeo
"Homes de Galilea, por que seguides
mirando ao ceo? Este Xesús que lles foi quitado e foi elevado ao ceo, virá da
mesma maneira que o viron partir". (Hch 1, 11)
Reflexión
Nós somos como cometas que poden chegar a
voar moi alto, tan alto como cada un e cada unha de nós se atreva a voar. E así
pasa a nosa vida tratando de chegar moi alto.
Pero coidado, porque isto de subir pódese
interpretar como querer chegar a ser máis que os demais, ter máis poder, máis
cousas, mellor soldo... e nada máis afastado da realidade do evanxeo.
Din que só se pode estar por encima do
outro cando se lle está axudando a levantar; esa é a cometa que vos fará subir
máis e máis para chegar á felicidade, porque a felicidade está en darse aos
demais.
Esa cima á que pretendemos chegar, para
nós os cristiáns, ten unha senda marcada na persoa de Xesús. O final desta
senda ten un tesouro, a felicidade.
Si, como ben di os nosos querido Papa
Francisco, o evanxeo é un manual para ser felices, oxalá que aos poucos o
vaiades descubrindo.
Pensade
nalgún momento da vosa vida na que fostes felices facendo algo por alguén.
Oración
final
Señor Xesús,
Ti que entendiches a vida desde o servir,
Que lograches facer felices a aqueles cos
que te cruzaches.
Dános a fortaleza para non deixarnos
levar polo vento
Do conformismo, da preguiza, do eu non
podo...
Fainos xente que suba alto e faga subir
moi alto a aqueles que nos rodean.
Amén.
MÉRCORES 30 SETEMBRO 2015. NO NOME DO PAI…..
O verdadeiro valor dunha persoa non se
atopa na súa intelixencia, nin nos seus talentos, nin nas súas habilidades, nin
sequera nos seus principios.
O auténtico valor dunha persoa, o máis
valioso, o que é exclusivo, inconfundible, o que é innato ao gran ser humano, é
esa capacidade tremendamente xenerosa de situarse no lugar do outro, de
esquecerse dun mesmo, de substituír o EU por riba de todo ao TI como una mesma
parte. De postergar ser o centro do universo por empatizar cos teus
semellantes. De aparcar a falsa necesidade do noso ego pola bondade de prestar
axuda aos demais. De desatender os nosos desexos por atender os desexos dos que
de verdade che necesitan nese momento.
Esa calidade, que é tan escasa na
actualidade, é a que máis valor ten, porque nun mundo tan superficial e caótico
como é o actual, onde cada cal camiña en soidade e mira por si, é realmente
difícil atopar a persoas que non soamente se preocupen por ti, senón que se
ocupen de facerte sentir feliz.
Sentir empatía require dun grao de
atención cuantioso, dun esforzo extraordinario de observar ao outro.
Sexamos máis humanos e desenvolvamos a nosa
empatía, situémonos no lugar do outro e tentemos comprendelo en cada situación.
As relacións humanas funcionarían moito mellor se practicásemos a escoita
activa desde o noso corazón e apreciásemos de verdade os sentimentos e
necesidades dos demais.
Evanxeo
(Mt 18, 1-3)
“Naquel tempo achegáronse a Xesús os
discípulos e dixéronlle: «Quen é, pois, o maior no Reino dos Ceos?» El chamou a
un neno, púxoo no medio deles e dixo: «Eu asegúrovos: se non cambiades e vos
facedes como os nenos, non entraredes no Reino dos Ceos”.
Lectura
Reflexión
Ás veces podemos chegar a pensar que non
temos nada que ofrecer aos demais, pero simplemente é porque non te paraches a
reflexionalo. Pensa: que podo facer hoxe para que ti te sintas mellor?
Oración
final
Señor,
Ensíname a apreciar todo o que teño, todo
o que son.
Porque son eu, cos meus acertos e os meus
defectos,
O que foi creado á túa imaxe e
semellanza.
Axúdame a apreciarme nas miñas
limitacións,
Nos meus erros e meteduras de pata...
Porque son todas estas cousas as que
tamén me fan máis persoa e me axudan a crecer ao aprender das miñas propias
debilidades.
Amén.
XOVES 1 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..
LAUDATO
SI
Sobrequecemento do planeta, cambio
climático, contaminación masiva, sobreproducción de lixo, perda da
biodiversidade, conversión do marabilloso mundo mariño en cemiterios
subacuáticos, inminente carencia de auga potable para os máis pobres,
desaparición de culturas milenarias…
Recentemente, o Papa Francisco na súa
encíclica “Laudato si”, cunha linguaxe directa e incisiva, cuestiona o modelo
produtivo dominante e o consumismo nos países ricos e aborda a cuestión da
desigualdade na distribución dos recursos.
Estas son algunhas das súas reflexións:
- A terra dos pobres do Sur é rica e
pouco contaminada, pero o acceso á propiedade dos bens e recursos para
satisfacer as súas necesidades vitais estalles vedado.
- É insustentable o comportamento
daqueles que consomen e destrúen máis e máis, mentres outros aínda non poden
vivir de acordo coa súa dignidade humana.
- Unha boa educación escolar coloca
sementes que poden producir efectos ao longo de toda unha vida.
Debemos seguir educándonos para seguir
creando unha cultura de xustiza e solidariedade, prestando atención a quen se
atopa en situación de desvantaxe económica, de marxinalidade ou en risco.
Colaborando con quen está lonxe ou cos compañeiros e compañeiras con quen
compartes aula.
Palabra.
Salmo 19:1
"Os ceos cantan a gloria de Deus, e
o firmamento anuncia a obra das súas mans".
Reflexión
Cales cres que son as causas profundas
dese panorama desolador? A tecnoloxía ao servizo dos máis poderosos e ricos? É
a especulación financeira? Podemos aínda facer algo? Podemos e debemos buscar
un novo comezo? Oxalá a túa resposta sexa, como vicenciano, SI.
Oración
Creo firmemente que o
conseguiremos.
Creo firmemente na humanidade.
Creo que, na noite escura do
mundo,
aínda que algúns se empeñen,
amanece a paz.
Négome a crer que o home non
poida
facer co seu esforzo un mundo
mellor.
Négome a crer que o odio e o
racismo
non poidan un día dar paso ao
amor.
Creo firmemente que o
conseguiremos.
Négome a aceptar as noites de
odio,
as noites de guerra, noites de
dor.
Négome a crer que somos cautivos
do medo, o fracaso, de alzar a
nosa voz.
Creo firmemente que o
conseguiremos.
Atrévome a crer no corazón,
en tardes de abrazos e de
primavera.
Pancartas de paz, xustiza,
ilusión.
Escóitase o rumor da nova era.
Creo firmemente que o conseguiremos.
Creo firmemente que o conseguiremos.
VENRES 2 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..
Palabra
de Deus:
No grupo dos crentes todos pensaban e
sentían o mesmo: posuíano todo en común e ninguén chamaba seu propio nada do
que tiña. Os apóstolos daban testemuño da resurrección do Señor Xesús con moito
valor. E Deus mirábaos a todos con moito agrado. Ningún pasaba necesidade, pois
os que posuían terras ou casas vendíanas, traían o diñeiro e poñíano a
disposición dos apóstolos; logo distribuíase segundo o que necesitaba cada un.
(*Hech 4, 32-35)
Lectura
Nun xornal destes días atrás podiamos
ler: Ante a amplitude do drama dos refuxiados, o Papa Francisco dirixiu este
domingo «un chamamento especial ás parroquias, ás comunidades relixiosas, aos
mosteiros e aos santuarios de toda Europa a manifestar o sentido práctico do
Evanxeo acollendo unha familia de refuxiados».
O Santo Pai insistiu en que «cada
parroquia, cada mosteiro e cada santuario de Europa acolla unha familia,
comezando pola miña propia diocese de Roma». Francisco engadiu que, do mesmo
xeito que as demais parroquias da Cidade Eterna, «tamén as dúas parroquias do
Vaticano acollerán nestes días a dúas familias de refuxiados».
Que é por tanto unha parroquia? É a
comunidade na que os crentes coñecen, viven e celebran a súa fe, con obras e
palabras. Precisamente por iso, a presenza vicenciana é tamén “parroquia”,
porque ofrece a quen queira a posibilidade de coñecer, vivir e celebrar a fe no
Deus de Xesús e o seu Reino.
Reflexión
- Coñeces a túa parroquia?
- É para ti unha comunidade na que
coñecer, vivir e celebrar a fe?
- É lugar de compromiso? Podes ti
comprometerte na túa parroquia?
Oración
final
Pai bo,
pedímosche que as parroquias sexan
auténticas comunidades en que compartir e vivir a fe.
Dános a nós o arroxo necesario para facer
camiño na fe
e comprometernos na construción do Reino.
Amén
No hay comentarios:
Publicar un comentario