martes, 17 de mayo de 2016

ORACIÓNS 18 - 20 MAIO

MÉRCORES 18 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN 

Luz 
        
Cando entramos nunha habitación escura temos medo de tropezarnos ou caer, ou mesmo de atopar algún bicho desagradable. Para os cristiáns, a vida sen Xesús é como esa habitación escura. En cambio, Xesús é para nós esa luz que o ilumina todo, desaparece a escuridade e o medo. E nós, como cristiáns, temos que ser luz para os demais. Xa nolo dixo Xesús: "Vós sodes a luz do mundo". 

A maneira que temos nós de ser luz é traballar para que o mundo sexa mellor, para que todos vivamos como irmáns, que ninguén faga dano a ninguén. Nesta misión, María acompáñanos. Colocamos o mosaico da Luz  e pedímoslle a María que nos conceda sermos luz para os demais. María, dános un corazón bo coma o teu e coma o de Xesús. Queremos axudar a que o mundo sexa un pouquiño mellor, e podémolo facer se Ti nos acompañas e nos ensinas a querer a todos os que nos rodean. Amén

AVE MARÍA



  XOVES 19 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN 
       
Consolo

Seguro que algunha vez vos atopastes con algún amigo que o está a pasar mal, que está triste por algo que lle pasou. Verdade que o tentastes animar? Pois iso debemos facer os cristiáns. No mundo hai xente que está triste. O que nós temos que facer é axudalos, animalos, sementar alegría. Porque "un cristián triste é un triste cristián".

María consolou aos discípulos de Xesús cando tiñan medo, cando estaban asustados. Nun momento de silencio cada un pódelle pedir á Virxe por todas as persoas que necesitan consolo, para que María estea ao seu lado para consolalos e para que nós tamén sexamos sensibles ante o sufrimento dos demais. Rezamos por tanta xente que sofre no mundo e non atopa consolo á súa dor, polos refuxiados sirios, polas vítimas do terremoto de Ecuador ...

AVE MARÍA 



VENRES 20 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN


Compartir

Hoxe en día hai moitas persoas que non teñen o necesario para vivir, e a nós sóbrannos moitas cousas que tiramos ao lixo. No mundo hai suficiente comida para todos. O que pasa é que está mal repartida: uns teñen tanto que o poden tirar, e outros non teñen case nada. 

Ás veces cústanos compartir as nosas cousas, pero se o facemos estaremos alegres por axudar aos demais. Co mosaico do compartir  pedímoslle á Virxe que nos faga máis sensibles  ante tantas inxustizas e máis solidarios.  


Rezamos á VirxeAVE MARÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog