viernes, 20 de mayo de 2016

ORACIÓNS SEMANA 23 -27 MAIO

LUNS 23 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

 Paz

Hoxe queremos colocar no noso mosaico mariano a palabra Paz. Fai moita falta a paz no mundo.  Hai moitas guerras, moitas pelexas, moitas situacións inxustas. E aquí, cada un de nós ten que empezar a cultivar a paz na casa, no cole...

María, hoxe rezámosche para que xa non haxa máis guerras. Queremos vivir nun mundo onde haxa Paz. Axúdanos a colaborar en prol da paz na casa, no colexio, cos amigos….

 MARTES 24 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN 

Camiño

Non sei se vos perdestes algunha vez polo campo, pero asegúrovos que non é nada agradable. Cando alguén se perde ten medo, non sabe se ir cara adiante, cara atrás, á dereita, á esquerda, non sabe cando vai atopar o camiño e chegar a casa. Imaxinádevos que susto! E os que están a esperar a que chegue?
María tamén viviu esta situación de angustia. Xesús perdeuse no templo cando era pequeno; ela buscouno angustiada, igual que agora nos busca a nós; espera sempre a que retornemos ao camiño. Ela mesma é o camiño a seguir. Non teñamos medo de ir tas ela.
Acompáñame, María, queremos facer o ben, axudar aos demais, ser coma Xesús e coma Ti, seguir os teus pasos. Oxalá ti sexas o meu camiño.

AVE MARÍA




MÉRCORES 25 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN 

Amizade

Unha das mellores cousas neste mundo son os amigos, verdade? Que fariamos sen amigos? A nosa vida sen amigos perde sentido. Os amigos axúdannos a ter un corazón máis grande. Un corazón máis grande non quere dicir que aumente de tamaño, senón que quere a moita xente e aprendeu a amar.

Os amigos axúdannos a pensar nos demais, a non ser egoístas. E María concibiu ao mellor amigo de todos, Xesús. Colocamos o mosaico da amizade, mentres pensamos nos nosos amigos;  dámoslle grazas a Xesús por eles.

AVE MARÍA



XOVES 26 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN 

Natureza

Pecha os ollos durante uns momentos e pensa nese lugar de montaña que tanto che gusta, ou aquela praia tan bonita á que vas algún verán…. Reláxate pensando en lugares marabillosos. A natureza é algo incrible. É un milagre. A creación é un agasallo de Deus, por iso temos que coidala. Un papel no chan, un cristal tirado no medio do campo poden facer moito dano á natureza.

Nun intre de silencio poderiamos pensar hoxe un compromiso para coidar mellor a natureza, por exemplo, non tirar papeis ao chan. Hoxe manteremos o noso cole limpo facendo uso das papeleiras. Que o noso lema hoxe sexa NINGÚN PAPEL NO CHAN!
E agora podemos ofrecerlle ese compromiso á Virxe, para que ela  nos axude a amar e respectar a natureza. 

AVE MARÍA



 VENRES 27 de maio. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Sinxeleza

Hai persoas que sempre queren ser as primeiras en todo, queren ser as mellores, as máis guapas, as máis listas… pero ese desexo de ser sempre o primeiro fai que nunca estean contentos, que sempre cobicen o que teñen os outros, que se xere unha competitividade insá que só pode ser negativa para todos porque o único que fai é dano. Cada un ten os seus dons, e o que temos que facer é poñelos a disposición dos demais, con humilade, con sinxeleza.

A Virxe é unha muller moi sinxela: nunca lle importou ser a primeira ou a última e iso que era a nai de Deus! Temos moito que aprender dela. Temos que esforzarnos en facer as cousas o mellor que poidamos, pero sen querer ser os mellores. Iso é a sinxeleza. Dá igual ser o primeiro ou o último nunha fila, o importante é que teñamos un corazón bo. Colocamos o mosaico da sinxeleza.

AVE MARÍA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog