Luns 17 outubro
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Esta semana lembramos que o
domingo se celebra o DOMUND:
En 1926 Pío XI estableceu que
o penúltimo domingo de outubro se celebrase en
toda a Igrexa o “Domingo Mundial das Misións”, para mover aos católicos para
amar e apoiar a causa misioneira.
Desde 1943, esta festa
coñécese en España como DOMUND (de Domingo Mundial). Este día é unha chamada de
atención sobre a común responsabilidade de todos os cristiáns de dar a coñecer
a Xesús por todo o mundo.
A Xornada Mundial das Misións
é o momento culminante dunha corrente de animación e cooperación misioneira que
debe despregarse especialmente, ao longo de todo o “Outubro Misioneiro”, o mes das
misións por excelencia.
Que esta semana non pase sen
máis, que non sexa unha semana máis. Que a nosa oración teña presente de forma especial aos misioneiros e
que nós sexamos tamén misioneiros.
NOSOPAI.
Nos escucha - 29 TO C
Día 18 de Outubro: Polos misioneiros.
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Señor, a túa voz segue
resoando nos nosos oídos:
"A mies é moita, pero
escasos os obreiros..."
Ide e facede
discípulos...bautizándoos... ensinándolles..."
''Eu estou convosco ata o fin
do mundo...?
Confiamos na túa palabra,
abrimos o noso corazón á túa mensaxe misioneira
e suplicámosche coa forza da
fe recibida.
Fai que o Día do DOMUND
sexa un "novo Pentecoste
do amor",
que a nosa diocese e a nosa
comunidade cristiá
sexan misioneiras e rexeiten
a tentación
de encerrarse en si mesmas,
que as Igrexas nacentes na
misión
cooperen con outras máis
necesitadas
e dean da súa pobreza,
que os mozos, enfermos e
persoas consagradas
participen no compromiso
misioneiro,
que os chamados á vocación
misioneira
respondan a ela con
xenerosidade,
que os bautizados
participemos
na actividade misioneira da
Igrexa
como responsables do teu
encargo misioneiro.
Pedímoscho con María, raíña
das Misións.
Amén.
AVE MARÍA
¡Reparte gratitud! - 28 TO C
Día 19 de Outubro: Oración polas vocacións nativas.
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Rogámosche
polos nosos irmáns e irmás
que responderon si
á túa chamada ao sacerdocio,
á vida consagrada e á misión.
Fai que as súas existencias se renoven de día en día,
e se fagan evanxeos viventes.
Señor misericordioso e santo,
segue enviando novos
colaboradores
para o traballo do teu Reino!
Axuda aos que chamaches
a seguirte neste tempo;
fai que seguindo o teu exemplo,
respondan con alegría
á marabillosa misión
que lles confiaches
polo ben do teu Pobo
e o de todos os pobos.
Por Xesucristo o noso Señor.
AMEN.
NOSOPAI
La misión de transmitir la Buena Noticia - 4 TO C
Día 20 de Outubro: Oración polas vocacións misioneiras.
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Oh Deus, que dás aos homes
a incomparable honra
de asocialos a Cristo
na obra de darte a coñecer.
Dígnate, suplicámosche,
a multiplicar entre nós
as vocacións e as almas
verdadeiramente apostólicas.
Alarga a túa mirada
e dilata os nosos corazóns,
para que por enriba de
intereses
e ambicións terreas,
aspiremos a triunfos
superiores aos da forza,
para contribuír todos desta
maneira,
segundo os nosos medios,
á extensión do Reino de
Xesucristo.
Amén.
La vida es vocación - 5 TO C
Día 21 de Outubro: Oración de solidariedade.
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Manter sempre atentos os
oídos
ao berro da dor dos demais
e escoitar a súa petición de
socorro:
É solidariedade.
Manter a mirada sempre alerta
e os ollos tendidos sobre o
mar,
en busca dalgún naufrago en
perigo:
É solidariedade
Sentir como algo propio o
sufrimento
do irmán de aquí e do de alá;
facer propia a angustia dos
pobres:
É solidariedade
Chegar a ser a voz dos humildes,
descubrir a inxustiza e a
maldade,
denunciar ao inxusto e ao
malvado:
É solidariedade
Deixarse transportar por unha
mensaxe
cargada de esperanza, amor e
paz,
ata apertar a man do irmán:
É solidariedade
Compartir os perigos na loita
por vivir en xustiza e
liberdade,
arriscado en amor ata a vida:
É solidariedade
NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario