+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Comezamos o mes de novembro, un mes dedicado a María e que nos prepara para vivir o Advento que comezará ao final deste mes. Os sentimentos que nos moven neste mes son a Gratuidade e a Esixencia. Son dous sentimentos que nos evocan a María.
A gratuidade de María ao darse e visitarnos. Lembramos neste mes á Virxe que nos visitou. Celebramos que temos a gran sorte de que María nos visitou, veu á nosa casa e deixounos varios agasallos pero, sobre todo, o máis importante é a medalla.
Durante este mes, imos reflexionar na nosa oración sobre o encontro que Santa Catalina tivo con María.
Hoxe María tamén quere falar connosco, chámanos a unha verdadeira comunicación de vida e convídanos a unha misión concreta. Para iso, durante estas semanas imos percorrer con Catalina catro etapas:
A primeira, a que nos ocupa esta semana é BUSCAR, esforzarnos por saír de nós mesmos, deixar o noso modo de pensar para ir ao encontro do outro tal e como é.
Hoxe María diche:
Levántate da túa comodidade e anda. Sal da túa terra. Escolle a luz, viste o teu corazón. Aprende a ver.
Fai un momento de silencio, entra dentro de ti, e tenta descifrar no teu interior que significan esas palabras dirixidas a ti nesta mañá.
AVE MARÍA
Xoves 3 novembro: DESCUBRIR AS LUCES DA MIÑA VIDA...
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Ás once e media da noite, oín que alguén me chamaba polo meu propio nome:
- Catalina, Catalina!
Espertándome, mirei cara ao costado de onde escoitaba a voz, que era ao lado do corredor. Corro a cortina e vexo un neno vestido de branco, de 4 ou 5 anos de idade, que me di:
- Levántate rápido e ven á Capela, alí espera a Santísima Virxe.
Vestinme rapidamente e dirixinme onde estaba o neno, eu seguino... Ppor onde pasaba as luces estaban prendidas en todas partes, o que me sorprendeu moito; pero maior foi o meu asombro cando ao entrar á Capela, a porta abriuse, apenas o neno a tocou coa punta do dedo.
María esperta a Catalina a través dun neno. El anunciará a súa chegada e prepararaa para o seu encontro. Espértaa do seu soño, da súa tranquilidade, do seu descanso...
Deus chama, mobiliza, empuxa. Vén sacarnos de noso "soño". A resposta de Catalina é rápida. Sen vacilar segue ao seu guía e descobre un camiño de luz. Cando unha persoa responde á chamada de DEUS, este enche o seu corazón de amor e luz. É como aquel neno vestido de luz que, cheo de Deus, irradia a súa presenza e abre misteriosamente a porta dos corazóns.
Atopaches alguén que sexa luz na túa vida? Comenta e comparte cos teus compañeiros.
Atrévete a dicir aos outros "Ti es luz para a miña vida"
OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!
Venres 4 novembro: VISTE O TEU CORAZÓN E PREPÁRATE PARA DESCUBRIR AS SORPRESAS DA VIDA.
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
A miña sorpresa creceu aínda máis, cando vin todos os cirios e fachos acendidos. Con todo non vía á Santísima Virxe.
O neno conduciume ao presbiterio. Ao fin chegou a hora. O neno alértame e dime:
- Velaquí á Santísima Virxe, está aquí!
María non chega enseguida á cita... deixa a Catalina un tempo para preparar o seu corazón para a súa chegada. Catalina espera en silencio, dispoñibilidade, atención...
Iso é o que nós facemos cada mañá?
Sabemos vestir, preparar o noso corazón para atoparnos con Deus nos demais? Aproveito este intre de oración de cada mañá para preparar o día?
Fai un pouquiño de silencio. Pecha os ollos e, pregúntate que sorpresas che esperan hoxe.
NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario