LUNS
23 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
O nome de cada un e cada unha de nós é un elemento de identidade. Por el
saben quen e de quen somos; por el sabemos nós de quen vimos; desde el somos
capaces de coñecer de onde procede a persoa que o leva... O nome é fundamental para ir tomando conciencia de
nós mesmos e dos demais. Por iso é tan importante escoller ben o nome que lle
queremos poñer a un/unha neno/a; por iso é tan fundamental para nós, os
crentes, o momento do bautismo. Nel, a imposición do nome elixido por pais e
padriños supón que a partires dese momento se vai desenvolvendo un proceso de
identificación da persoa con ese nome, e tamén da persoa coas súas conviccións,
os seus valores, o seu proxecto de vida. Escoller un nome non é entón unha
cuestión secundaria, ao contrario.
Para os crentes hai un nome que nos ofrece todo canto acabamos de dicir:
cristiáns e cristiás. Ese nome danos identidade, pero tamén nos ofrece un
proxecto, ao estilo do Mestre, que temos que ir coñecendo e desenvolvendo ao
longo da vida. A identidade da fe non se
pecha nas lindes dun territorio, senón que se expande de xeito universal, por
iso podemos celebrar, desde esta universalidade, que a Igrexa non ten
fronteiras, senón que se abre á fraternidade universal. Desde esta fraternidade
celebramos onte a xornada mundial das misións, o día do Domund. Ninguén ha ser
para nós máis nin menos, senón que tod@s temos que esforzarnos en ser e
tratarnos coma iguais. Aquí está a nosa verdadeira identidade. Traballemos para
afastar de nós crernos únicos, mellores e diferentes. Hoxe Deus volve dicirnos
que superemos fronteiras e que nos acheguemos ás persoas.
NOSOPAI
MARTES
24 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
SOMOS
MISIONEIROS DE FELICIDADE CANDO TRABALLAMOS POLA XUSTIZA
EVANXEO:
Lucas 4, 17-19
«Entregáronlle o libro do Profeta Isaías,
e ao desenrolalo atopou a pasaxe onde está escrito: “O espírito do Señor está
sobre min, porque me unxiu para dar a boa noticia aos pobres; envioume a
proclamar a liberación aos cativos, e a dar vista aos cegos, a liberar aos
oprimidos e a proclamar un ano de graza do Señor”.
«Practica a xustiza. Deixa a túa pegada»
Practicar a xustiza significa tamén
practicar o dereito. Para iso, é necesario que cada cidadán asumamos unha
responsabilidade común baseada no compromiso activo coa defensa dos dereitos de
todos. Defender a dignidade e os dereitos das persoas.
Esta aposta por construír unha
fraternidade comprometida, por ser persoas dunha soa familia humana, coa mesma
dignidade e dereitos, debe levarnos a practicar a xustiza, velar e facer
posibles os dereitos fundamentais de todas as persoas, o que é imprescindible
para erradicar a pobreza no mundo.
Cómpre que tamén nós deixemos a nosa
pegada de xustiza para construír unha contorna e unha sociedade sustentable e
accesible; a adoptar un estilo de vida solidario e xusto; e a participar de
forma comprometida con xestos e accións concretas no respecto dos dereitos fundamentais
de todos.
REFLEXIÓN
- Recoñezo e respecto os dereitos
persoais, sociais, culturais dos demais?
- Vivo con comodidade permanecendo
insensible ás necesidades dos demais, sobre todo cando pisan os seus dereitos?
- Emprendo ou colaboro con algún traballo
de servizo que protexa a dignidade das persoas pobres e vulnerables da miña
contorna?
MÉRCORES 25 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A
FELICIDADE É AXUDAR AOS DEMAIS
LECTURA
BÍBLICA: Feitos 13, 47
«Así nolo mandou o Señor: Púxenche por
luz para as nacións, a fin de que leves a miña salvación ata os confíns da
terra»
LECTURA:
Hai 14.000 misioneiros españois axudando
por todo o mundo.
Non son nin anxos da garda nin heroes.
Son, din, persoas normais e correntes que simplemente axudan aos demais. Aínda
que en axudar se deixen a súa saúde e a súa vida.
Os misioneiros non se limitan a rezar e a
celebrar misa. Escavan pozos, levantan escolas, poñen vacúas, atenden febres e
partos, visitan enfermos, crían pitos e recollen tomates nados como un milagre.
Fan de bombeiros, mecánicos,
carpinteiros. Ás veces, nin queda tempo para a eucaristía. Todos coñeceron as
mil caras da morte.
Porque o seu desexo de axudar aos demais
é quen os levou a marchar alá onde sexa. Pero Deus é sempre quen os impulsa e
anima.
VÍDEO
http://www.rtve.es/alacarta/videos/para-todos-a-2/para-todos-2-vídeo-cooperantes-internacionais/1945807/
XOVES
26 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
SOMOS
MISIONEIROS DE FELICIDADE CANDO SOMOS PACÍFICOS
EVANXEO:
Xoán 14, 27
«Naquel tempo dixo Xesús aos seus
discípulos: « Déixovos a miña paz, douvos a miña paz. Non como a dá o mundo
dóuvola a vós».
LECTURA-COMENTARIO
A paz é don que Deus ofrece gratuitamente
á humanidade, como único camiño para alcanzar o ben común. Cando aquela é
destruída ou conculcada, destrúese a orde querida por Deus. Pero, ademais, é
unha obra humana: cada día e en cada circunstancia, os crentes transfórmanse
tamén en “misioneiros da paz”, se promoven a xustiza, o recíproco respecto e a
reconciliación. Pidamos a Deus que nos faga instrumentos da súa paz, para levar
o seu amor onde houbese odio, o seu perdón onde houbese ofensa, a verdadeira fe
onde houbese dúbida.
REFLEXIÓN
Que podemos facer cada un de nós para que
haxa máis paz no noso mundo e fundamentalmente ao noso ao redor?
ORACIÓN
Señor, faime un instrumento da túa paz:
onde haxa odio, poña eu amor,
onde haxa ofensa, poña eu perdón,
onde haxa discordia, poña eu harmonía,
onde haxa erro, poña eu verdade,
onde haxa dúbida, poña eu a fe,
onde haxa desesperación, poña eu
esperanza,
onde haxa tebras, poña eu a luz,
onde haxa tristeza, poña eu alegría.
Oh, Señor, que non me empeñe tanto
en ser consolado como en consolar,
en ser comprendido, como en comprender,
en ser amado, como en amar.
Porque dando recíbese,
esquecendo atópase,
perdoando ése perdoado,
morrendo resucítase á vida. Amén
VENRES 27 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
OS MISIONEIROS, CONSTRUTORES DE FELICIDADE
EVANXEO: Marcos 1, 16-20
«Paseaba Xesús pola beira do lago de Galilea, cando viu a Simón e ao seu irmán Andrés. Eran pescadores e estaban a botar a rede á auga. Díxolles Xesús: “Seguídeme, e fareivos pescadores de homes”. Ao momento deixaron as súas redes e fóronse con el. Un pouco máis adiante, Xesús viu a Santiago e ao seu irmán Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban nunha barca reparando as redes. Ao momento Xesús chamounos, e eles, deixando ao seu pai Zebedeo na barca cos seus axudantes, marcharon con Xesús»
LECTURA
Son máis numerosos que calquera exército do mundo e chegan aos sitios máis recónditos do planeta. Cando sucede algunha catástrofe eles xa están alí e non se van cando acaba a emerxencia humanitaria. Son os misioneiros. España conta con nada menos que 13.000.
Ademais o noso país é o segundo do mundo que máis fondos achega ás misións. O ano pasado foron 13,7 millóns de euros (un 5% máis que o ano anterior) e foron destinados a medio milleiro de proxectos no continente africano.
«Non estamos na misión para aguantar, estamos alí porque somos felices e iso non ten ningún mérito».
REFLEXIÓN
Coñeces algún misioneiro?
Son necesarios no noso mundo? Que transmiten aos demais?
Que motivacións teñen para facer o que fan?
ORACIÓN FINAL
Xesús, axúdanos a continuar construíndo o teu Reino de paz, xustiza e amor.
Infunde no noso corazón o desexo de transmitir a túa Palabra.
Cultiva en nós o ideal de entregarnos ao servizo dos demais.
E sostén o ánimo daqueles que abandonándoo todo, cumpren o teu mandato de ir polo mundo anunciando a Boa Nova.
Crea en nós un corazón misioneiro. Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario