LUNS 9 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…
Neste tempo no que as
viñas van perdendo a súa folla despois de ter recollido a uva, a Palabra que
imos proclamar quere mostrarnos, cunha linguaxe que poidamos comprender, que
Deus pon ao noso dispor todo canto é necesario para que a viña dea froito: unha
mensaxe de esperanza e de fonda humanidade, o Evanxeo; persoas que temos ao
lado que nos fan sentir o don da amizade; proxectos que nos ilusionan e non
deixan que a rutina e a indiferenza teñan oco no noso corazón.
Evanxeo Mt 21,
33-43
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
-Escoitade outra parábola:
Dunha vez había un propietario que plantou
unha viña; rodeouna dunha sebe, cavou nela un lagar e construíu un caseto para
o garda. Logo, arrendóullela a uns viñateiros e marchou para lonxe.
Cando chegou o tempo da vendima, mandou os
seus criados ós viñateiros, para cobrar as rendas. Pero os viñateiros
agardáronos, e a un zorregáronlle, a outro matárono e a outro apedrárono. 36De
novo mandou outros criados, máis numerosos; pero tratáronos do mesmo xeito.
Por último, mandoulles o seu propio fillo,
dicindo para si: "O meu fillo hano respectar". Pero os viñateiros, ó
veren o fillo, comentaron: "Este é o herdeiro: veña, matémolo, e a herdanza
será nosa". E agarrárono, botárono fóra da viña, e matárono.
-Ben, ¿e cando veña o señor da viña, que
fará cos viñateiros aqueles?
Respondéronlle:
-A eses malvados faraos morrer de mala morte,
e arrendaralles a viña a outros viñateiros, que lle paguen as rendas no seu
tempo.
Díxolles entón Xesús:
-¿Seica non lestes nunca na Escritura:
A pedra que desbotaron os canteiros é agora o esquinal: esa pedra colocouna o Señor, ¡que regalía para nós!?
Por iso dígovos: quitarásevos a vós o Reino de Deus, e daráselle a un pobo que produza bos froitos. Quen caia enriba desa pedra, esnaquizarase; pero aquel sobre quen ela caia, ficará esmagado.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
MARTES 10 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…
ACTITUDES DE SERVIZO: DISPOÑIBILIDADE PARA AXUDAR A OUTROS
LECTURA BÍBLICA: Romanos 12, 9-11
LECTURA
Cóntase que un califa era tan perverso e cruel que publicou esta proclama:
“Se algún dos meus súbditos é sorprendido dando esmola, seralle cortada unha man!”
Así que, desde aquel día, todos se abstiñan de axudarse mutuamente, ninguén ousaba mostrarse caritativo.
Sucedeu que un día un esmoleiro se presentou a unha muller que tiña un fillo, e que era moi pobre, pedíndolle por caridade.
Ela respondeu:
“Como queres que che dea algo, se o califa corta a man a quen dea unha esmola?”
E o esmoleiro dixo:
- Eu pido en nome de Deus!
Ao oír isto, a muller non puido negarse e deulle dous pans.
Pero o soberano sóuboo, e fixo levar á muller á súa presenza, e fíxolle cortar as dúas mans.
Aquela muller era moi guapa, e o soberano, despois de mutilala, namorouse de tal maneira que a quixo por esposa, suscitando malhumor e protestas por parte das súas outras mulleres. Celosas do favor que gozaba esta nova rival, acusábana ante o rei.
Entón o soberano ordenou que nai e fillo fosen levados ao deserto, e alí abandonados para que morresen de fame.
Mentres a pobre vagaba polo deserto, chorando a súa propia sorte co neno en brazos, pasou preto dun pozo e inclinouse para beber, da gran sede que tiña despois de tanto penar e camiñar.
Pero mentres se inclinaba, o neno escorregoulle e caeu dentro do pozo. sentou entón no brocal, chorando fortemente; cando velaquí que lle pasaron preto dous homes:
- Por que choras? -preguntáronlle.
- Tiña un neno no colo, e caeume ao pozo, -responde ela.
- Estarías contenta se o sacásemos fóra?
Responde:
- Si.
E os dous rezaron a Deus, e o neno saíu da auga sen ningún dano. Entón dixéronlle:
- Estarías contenta se Deus che devolvese as túas mans?
Responde:
- Si.
Rogaron a Deus e as mans da muller tornaron a ela, máis belas que antes.
Finalmente, dixéronlle aqueles dous:
- Sabes quen somos nós? Somos os dous pans que ofreciches en esmola ao esmoleiro; aquel donativo polo cal che foron cortadas as mans! Enxalza, por tanto, ao Altísimo, que non deixa sen recompensa ningún acto de caridade!
REFLEXIÓN
San Vicente e Santa Luisa quereríannos bos cristiáns e honrados cidadáns. O ser solidario, o estar dispoñible, o estar atento a quen necesita axuda… todas estas cousas son características de ambos os roles na vida: bos cristiáns e honrados cidadáns. Atentos para axudar. Estás atento ás chamadas de auxilio das persoas ao teu redor. Estás disposto a axudar aínda que signifique modificar as túas prioridades?
MÉRCORES 10 OUTUBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…
EVANXEO: Mateo 20,
25-28
«O que queira facerse grande entre vós será o voso
servidor; e o que queira ser o primeiro entre vós será o voso servo, así como o
Fillo do Home non veu para ser servido, senón para servir e para dar a súa vida
en rescate por moitos»
LECTURA
Dous homes, ambos os enfermos de gravidade, comparten
unha habitación nun Sanatorio. A un deles permitíaselle sentar durante unha
hora, na tarde, para poder así drenar o líquido dos seus pulmóns. A súa cama
estaba á beira da única xanela da habitación.
O outro tiña que permanecer de costas todo o tempo polo
seu estado de saúde. Conversaban incesantemente, todo o día, sempre falaban das
súas familias, os seus fogares, empregos, experiencias e sitios visitados nas
súas vacacións.
Todas as tardes, cando o compañeiro situado ao lado da
xanela sentaba, relataba ao seu compañeiro de cuarto o que vía pola xanela.
Co tempo, o compañeiro deitado de costas, que non podía
asomarse pola xanela, se desvivía por eses períodos dunha hora, durante o cal
se deleitaba cos relatos das actividades e cores do mundo exterior. A xanela
daba a un gran parque cun belo lago, os patos e cisnes deslizábanse pola auga,
mentres os nenos xogaban e divertíanse á beira do lago.
Os namorados paseaban da man, nunha paisaxe con árbores
majestuosos, e na distancia, unha bela vista da cidade. A medida que o señor
que estaba preto da xanela describía todo isto con detalles exquisitos, o seu
compañeiro imaxinaba un cadro fermoso e pintoresco que o extasiaba.
Unha tarde, describiulle un desfile que pasaba polo
Sanatorio, e aínda que non puido escoitar á Banda, púidoo VER A TRAVES dos
OLLOS do seu COMPAÑEIRO, tan vívidamente coma se el mesmo estivese a mirar.
Pasaron os días, as semanas… e unha mañá, o home que
durmía preto da xanela, xa reposto da súa convalecencia, marchou. A título de
despedida saúdanse afectuosamente co seu compañeiro de peza e este bo home
retírase ao seu domicilio, contento e alegre como sempre.
Ao día seguinte cando chega a enfermeira, o outro señor
pediu que o pasasen á cama preto da xanela. A enfermeira accedeu gustosa e o
primeiro que fixo este señor foi apoiarse sobre o seu cóbado -con moito esforzo
e dor- para incorporarse e poder mirar o mundo exterior.
Finalmente tería a alegría de velo en por si, pero ao
asomarse á xanela, o que viu foi a parede do edificio do lado. Confundido e
entristecido, preguntoulle á enfermeira que sería o que animou ao seu
compañeiro de cuarto a descubrir TANTAS MARABILLAS do mundo exterior. A
enfermeira respondeulle que o señor era CEGO e non podía nin ver a parede de en
fronte. Ela dixo: QUIZAIS SÓ DESEXABA ANIMALO A VOSTEDE!
REFLEXIÓN
Hai moitas maneiras de axudar aos demais. Un pequeno
xesto, como un sorriso no momento adecuado, un saúdo conveniente ou un oportuno
golpiño nas costas poden ter efectos case máxicos.
Pequenos xestos coma estes, que melloran a nosa contorna,
que nos custan… Nada. Ás veces mesmo os
facemos e nin nos damos conta.
Se pensamos un pouco sobre as accións que podemos
realizar calquera día, esas menos evidentes pero que teñen grandes
repercusións, non nos custará atopar maneiras de engordar a lista que segue con
pequenos actos, sinxelos e cotiáns, que poden ter un gran impacto nas vidas dos
demais.
Pon en práctica algunha destas propostas, e goza sendo
unha persoa que axuda aos demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario