LUNS 5 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Cando unha cousa non nos
serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa
vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos
incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste
xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que
di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou
tradición.
Fronte
desta situación, o Evanxeo que hoxe imos proclamar chámanos a non deixarnos
caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a
aprender a gozar do moito que nos enriquece e achega a fe. Non imos sos, temos
un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos que nos acompañe.
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel
tempo, despois de saír da sinagoga, Xesús foi á casa de Simón e mais de Andrés,
con Santiago e Xoán. A sogra de Simón estaba na cama con febre, e axiña lle
falaron dela.
E,
achegándose, colleuna pola man e ergueuna; desapareceulle a febre e púxose a
servilos.
Chegada
a tardiña, xa de sol posto, leváronlle todos os enfermos e endemoñados; a vila
enteira se amoreou na porta. E sandou a moitos enfermos de varias doenzas e
botou moitos demos. Pero aos demos non os deixaba falar, porque o coñecían ben.
Moi
cedo, aínda de noite, Xesús ergueuse e saíu para un lugar arredado onde se puxo
a orar. Simón e mais os que estaban con el fórono seguindo, e cando o atoparon,
dixéronlle:
‑
Todos te andan a buscar.
El
respondeulles:
‑
Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas, para que tamén alí se predique, pois
para isto vin.
E
marchou e ía predicando nas sinagogas por toda Galilea, e botando fóra os
demos.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
MARTES 6 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A METADE DE CURSO, COMO IMOS EN FELICIDADE?
A METADE DE CURSO, COMO IMOS EN FELICIDADE?
LECTURA BÍBLICA:
Filipenses 3, 13-14
«Irmáns, eu non
penso conseguir o premio. Só busco unha cousa: esquecéndome do que queda atrás
e lanzándome ao que está por diante, cara á meta, para gañar o premio, ao que
Deus desde arriba me chama en Cristo Xesús».
LECTURA - REFLEXIÓN
Aínda que non o
pareza, estamos xa no ecuador do curso
escolar. E sería bo que nos parásemos un momento para descubrir como imos
construíndo a nosa felicidade.
Imos reflexionar
individualmente un intre… Cada un pensa en silencio, no seu interior, unha
posible resposta real que vaia en consonancia co que un vivise nestes meses anteriores
no cole.
- Esforzo. Esfórzome en todas as dimensións da
miña vida: estudos, na casa, nas miñas relacións persoais?
- Implicación:
Son unha persoa disposta ou pasota?
- Sabor: Dou
sabor á vida das persoas que me rodean?
- Esencia: Son
unha persoa humilde? Sei estar en cada momento e situación?
- Unión: Son
elemento de unión ou de discordia?
- Corazón: Trato
con agarimo ás demais persoas?
- Entrega:
Implícome ao máximo no que fago ou só “dou o que me sobra”?
- Dozura: Trato
ben ás persoas ou emprego expresións e palabras que feren e ofenden?
- Acollida: Son
unha persoa acolledora ou máis ben borde?
- Esperanza: Son
unha persoa con ilusións, positiva...?
Pois que sigamos
empregando estes valores e outros na procura da nosa da felicidade.
MÉRCORES 7 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
É ENTROIDO
EVANXEO: Lucas 12, 27
«Fixádevos como
medran os lirios: non traballan nin fían. Con todo, dígovos que nin aínda o
rei Salomón, con todo o seu luxo, se
vestía coma un deles».
LECTURA
As orixes do
Entroido son inmemoriais. O vocábulo provén do termo “carnevale”, propio das linguas romances
ou neolatinas e que en italiano non foi
modificado. O italianismo entroido
desprazou as formas tradicionais españolas carnal, antruejo e
carnestolendas.
Un período de
permisividade e crítica social. Cervantes relata o seguinte suceso no enxeñoso
fidalgo Don Quixote: “ e alí, posto
Sancho en metade da manta, comezaron a levantalo no alto coma con can
por carnestolendas”. É dicir, por
entroido, cando era costume mantear a
cans ou a peleles.
Os termos
entroido ou carnevale derivan da
expresión latina “carnem levare”, isto é, quitar a carne, a
prohibición para comer carne durante os corenta días da Coresma.
O martedì
grasso, o último día de Entroido, celebrábase un banquete desenfreado -e
a carne precisamente era un símbolo destes excesos- previo ao período de xaxúns
e abstinencias da Coresma, un tempo de purificación e penitencia que culmina na
Pascua.
Para o cristián
da época medieval, o Entroido era a representación do paganismo: o pobo
ocultábase baixo máscaras e disfraces, celebrábanse desfiles, bailes e
enchentes, ardían as fogueiras e sacrificábanse animais para atraela fortuna.
Era un período
de permisividade, de crítica social, no que se
ridiculizaban aos gobernantes, aos nobres, ao clero e mesmo a moral
relixiosa.
O entroido é
unha das celebracións máis universais. Entre a tradición e o desenfreo,
representa días de permisión antes do
recollemento da Coresma, mentres que en contornas rurais sábese que é unha
festa ligada á natureza e aos ciclos anuais (finalización de sementa de
inverno, a entrada do equinoccio de
primavera e a fertilidade dun novo ciclo)
Esta festividade
pagá probablemente afunde as súas raíces nas antigas Saturnais romanas e nas
bacanais romanas na honra do deus do viño, e mesmo aos exipcios que dedicaban
unha festa ao touro Apis. Ritos cheos de
sensualidade e teatralidade que hoxe
perviven en entroidos como o de Venecia, famoso polas súas belas máscaras, que
xa no século XIII permitían a nobres,
clero e plebeyos divertirse de forma
anónima.
Co tempo, moitas
celebracións en todo o mundo labráronse un lugar na axenda dos viaxeiros que se
desprazan durante estas datas na busca destas tradicións milenarias. Cada pobo
e cidade desenvolveu un estilo de festa cos seus propios personaxes, iconas e
celebracións festivas.
XOVES 6 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
EVANXEO: Mateo 5, 8
«Ditosos os de corazón limpo porque eles verán a
Deus»
REFLEXIÓN
Nestes momentos do curso podes preguntarte por
aquilo que necesitas mellorar. É necesario abonar con esforzo. Mira a ver como
podes afrontar o día de hoxe con ganas. Non esquezas que estamos case en tempo
de entroido; tempo de imaxinar un novo rostro para a nosa vida monótona e
triste.
ORACIÓN
Señor,
Nós usamos moitas caretas a diario
coas que ocultamos os nosos sentimentos,
segundo conveniencia, para despistar ao persoal.
Permaneceremos escondidos detrás da careta
e non nos manifestamos sinceramente...
Señor,
ti que coñeces o noso verdadeiro rostro
mellor ca nós mesmos
e sabes as caretas que nos poñemos
para disimular ou parecer mellores,
acepta os nosos desexos de sincerarnos
ante nós mesmos,
ante os homes e diante túa. Amén
VENRES 6 FEBREIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Este fin de semana celébrase en moitos sitios o
Entroido e moitas persoas utilizarán máscaras para disfrazarse. As máscaras
teñen a función de esconder a nosa cara e mesmo as nosas expresións, é moi
difícil adiviñar as emocións de alguén que leve unha máscara posta porque na
cara móstranse a maioría destas.
EVANXEO: Mateo 23, 27-28
«Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que vos
parecedes a sepulcros encalados: por fóra son fermosos, por dentro están cheos
de ósos de mortos e de toda clase de impurezas! Así tamén vós, por fóra
parecedes honrados á xente, por dentro estades cheos de hipocrisía e
iniquidade»
Palabra do Señor
REFLEXIÓN
Cantas veces no noso día a día utilizamos
“máscaras” coas que evitamos que os que nos rodean vexan o noso eu real e
acabamos vivindo un personaxe, acabamos vivindo unha mentira?
Deixemos que a xente nos vexa tal e como somos e
nos queiran polo que somos, non polo que aparentamos ou dicimos ser.
No hay comentarios:
Publicar un comentario