sábado, 24 de febrero de 2018

2ª SEMANA DE CORESMA. 40 días CAMIÑANDO: Subida ao TABOR. ¡ESCOITÁDEO!

LUNS 26 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Seguimos preparándonos para celebrar ben a morte e resurrección de Xesús. Nesta 2ª semana de Coresma, Xesús sobe con Pedro, Santiago e Xoán ao monte Tabor onde se transfigura diante deles. Xesús quere dicirnos que atoparnos con el na oración é o máis importante, que quere acompañarnos nas dificultades e cruces da vida.

EVANXEO: Marcos 9, 2-10: Este é meu Fillo, o amado.

Narrador: Naquel tempo, Xesús tomou consigo a Pedro, a Santiago e a Xoán, subiu separadamente con eles sos a un monte alto, e transfigurouse diante deles. Os seus vestidos volvéronse dun branco resplandecente, como non pode deixalos ningún bataneiro do mundo. Aparecéronselles Elías e Moisés, conversando con Xesús. Entón Pedro tomou a palabra e dixo a Xesús:

Pedro: -«Mestre, que bo é que esteamos aquí! Imos facer tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías».

Narrador: Non sabía que dicir, pois estaban asustados. Formouse unha nube que os cubriu e saíu unha voz da nube:

Voz: -«Este é meu Fillo, o amado; escoitádeo».

Narrador: De súpeto, ao mirar ao redor, non viron a ninguén máis que a Xesús,
só con eles. Cando baixaban do monte, ordenoulles que non contasen a ninguén que viran ata que o Fillo do home resucitase de entre os mortos. Isto quedóuselles gravado e discutían que quería dicir aquilo de resucitar de entre os mortos. 

Palabra do Señor.

REFLEXIÓN: QUE NOS QUERE DICIR XESÚS?

-Continuamos a peregrinación de 40 días ata a Pascua. A Palabra de Deus, como bo  compás, sinálanos a dirección correcta.
-A montaña, na Biblia, é lugar de encontro con Deus
- Xesús subiu a monte a transfigurarse, é dicir, encher a súa vida de luz, da forza de Deus. Nós subimos a repoñer á montaña da oración e da eucaristía, onde “escoitamos” a súa Palabra, cargamos as pilas, enchémonos de luz e de fe.
-A eucaristía ou a oración poden ser unha costa para nós porque supón deixar cousas, dedicar tempo, pero desde ela veremos as vistas de Deus.
Que che pide Xesús? Como anda a nosa intimidade con Deus?



MARTES 27 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

SÉ FELIZ E FAI FELICES AOS DEMAIS;  SÉ AUTÉNTICO

EVANXEO:  Mateo 5,3-12

As  Benaventuranzas
“ Benaventurados (Felices) os pobres en espírito, pois deles é o reino dos ceos.
“ Benaventurados os que choran, pois eles serán consolados.
“ Benaventurados os humildes, pois eles herdarán a terra.
“ Benaventurados os que teñen fame e sede de xustiza, pois eles serán saciados.
“ Benaventurados os  misericordiosos, pois eles recibirán  misericordia.
“ Benaventurados os de limpo corazón, pois eles verán a Deus.
“ Benaventurados os que procuran a paz, pois eles serán chamados fillos de Deus.
“ Benaventurados aqueles que foron perseguidos por causa da xustiza, pois deles é o reino dos ceos.
“ Benaventurados seredes cando vos insulten e persigan, e digan todo xénero de mal contra vós  falsamente, pola miña causa; alegr
﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽ atanto, o  autocoñecea miña y continuamos hastasta y separar lo bueno de lo malo en cada persona? ¿Por quádevos, porque a vosa recompensa nos ceos é grande, porque así perseguiron aos profetas antes que a vós”.

REFLEXIÓN
Onde se atopa a felicidade? Temos que buscala fóra ou dentro de nós? Sen dúbida, a felicidade está dentro nosa. Na nosa maneira de vivir, de sentir, de compartir e de interpretar todo aquilo que nos sucede. Por tanto, o  autocoñecemento é a auténtica clave para alcanzar a felicidade.

ORACIÓN
Señor, o meu corazón rebosa de agradecemento
por tantos dons e bendicións como me deches.
Sacáchesme da nada e fixéchesme o teu elixido;
fixéchesme feliz co teu amor e a túa presenza.
Ti, Señor, creáchesme cun só corazón,
para que sexa para Ti, só para Ti.

Neste momento preséntome diante túa.
Acéptame cando e como queiras.
Fai de min segundo os teus desexos.
O teu é meu e eu son teu.
Creáchesme a túa imaxe, dun pouco de po,
e fixéchesme fillo teu.
Amén.



MÉRCORES 28 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Imos reflexionar sobre o significado da Coresma. Intentemos vivila intensamente. Remataremos facendo xuntos unha oración pedindo a nosa conversión verdadeira:



ORACIÓN
Oremos para que durante esta Coresma
nos volvamos plenamente a Deus e aos nosos irmáns.
Señor:
ti convídasnos a seguir ao teu Fillo.
Mentres lembramos
como foi conducido polo Espírito ao deserto,
que el abra os nosos ollos para ver
as inxustizas que creamos no noso mundo.
Axúdanos a orar en soidade,
a sentir a nosa sede de amor e de felicidade
e a vencer as nosas tentacións.
Que aprendamos de Xesús
a crer na Boa Noticia de Salvación
e a dar forma e a desenvolver
o teu reino de verdade, xustiza
e amor desinteresado.
Pedímoscho no nome de Xesús. Amén

XOVES 1 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

LECTURA BÍBLICA:  Efesios 1, 7
«Por El, polo seu sangue, recibimos a redención, o perdón da pecados»

LECTURA
A vida, a felicidade e a realización do home están no amar, no sentir, no  compadecer, no compartir, no vivir con e para os demais. Vivir é sinónimo de convivir e comunicarse.
Romper co egoísmo e o individualismo supón eliminar esa tendencia que temos todos a encerrarnos en nós mesmos.
Estamos en coresma, un tempo para “actualizarnos”. Que mellor momento para cambiar a nosa vida baseada en posturas cómodas,  egocéntricas e insolidarias? Sae do teu refuxio, da túa zona de confort e ponte en camiño cos ollos, as mans e o corazón ben abertos. Enseguida atoparás compañeiros de viaxe e persoas tiradas na cuneta; non peches os ollos nin pases de longo; achégate,  compadécete, solidarízate. Aprenderás a alegría de compartir. É tempo de “levantarse”  e poñerse en camiño superando posturas insolidarias. É tempo de amar: os demais necesítannos.

REFLEXIÓN
Seguimos avanzando no noso camiño de coresma cara á gran festa da Pascua. Deus deu o primeiro paso, sinalounos claramente cal é o camiño.
• Que posturas e actitudes terían que cambiar en min?
• Como podemos dirixir os nosos pasos cara ao amor?

ORACIÓN
O amor busca o bo por todas partes, o amor non ten envexa. O amor non  fanfarronea, o amor non se fai ilusións.
O amor se  compadece, achégase. O amor non se busca a si mesmo. O amor comparte e non se encerra en si mesmo.
O amor sempre pensa nos demais antes que nun mesmo.
O amor soporta todo, cre todo, o amor espera todo, aguanta todo. Axúdanos, Xesús, a amar como amaches Ti.



VENRES 2 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Seguimos neste tempo forte da Coresma, tempo que para os cristiáns é un camiño cara aos acontecementos máis importantes da vida de Cristo. Corenta días en que se nos pide mirar o noso interior,  desinstalarnos, saír ao  deserto  e  a  soidade  sen  medo...,  tal  como  Xesús  
fixo para  descubrir  que  é  o  importante...Este  tempo  é  como   dar ao  “reset” do noso sistema para comezar de cero,
limpos,  sen  prexuízos  nin  temores...  

Agora tócanos preguntarnos a nós mesmos en que debo eu cambiar...   e   podo   cambiar...   traballo   persoal,   aproveitar   mellor   o   tempo, mellorar relacións cos meus pais ou irmáns, amigos, profesores, alumnos, compañeiros/ as   de   clase...   pénsao   e   dio   para   o teu   interior...   O   que   podo  e  debo  cambiar  é  isto...  e  podo  e  debo  cambialo...  
Non basta cun bo propósito, unha boa actitude é importante. Haberá que revisalo con frecuencia. Tamén contamos coa axuda de Deus para os que sentimos crentes.

Todos: Gloria ao Pai e ao  Fillo  e  ao  Espírito  Santo...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog