XOVES 15
FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
CINZA: UN
XESTO QUE SIMBOLIZA MOITO
EVANXEO: Mateo 6, 1-6. 16-18
Tede coidado de non practicardes a vosa xustiza para que
vos vexa a xente, que daquela o voso Pai celestial non vos dará recompensa
ningunha.
Cando deas unha esmola non o vaias proclamando diante de
ti cunha trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nos rueiros para
seren loados polos homes; asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. Ti, en
troques, cando deas unha esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a
dereita. Así a esmola será secreta e teu Pai, que ve o segredo, xa te
recompensará.
Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan
de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a
xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa. Ti, pola contra, cando
queiras rezar métete no teu cuarto, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está
no segredo; e teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.
Cando xaxuedes non poñades caras tristeiras, como fan
os hipócritas: desfiguran as súas caras para que a xente llelo note. Asegúrovos
que xa recibiron a súa recompensa. Ti, en troques, cando xaxúes, perfuma a
cabeza e lava a cara, para que non che se note ante os homes, senón ante teu
Pai celestial; e teu Pai, que ve o que está escondido, hate recompensar.
REFLEXIÓN
Este camiño cara á Pascua que é a Coresma,
camiño marcado por actitudes sinceras de conversión comezou onte coa imposición
da cinza.
Este xesto é un sinal de penitencia e de
duelo xa presente no Antigo Testamento e un xesto que os cristiáns dos
primeiros séculos facían frecuentemente en privado. Pero este xesto é
simplemente un signo, un sinal visible dunha actitude interior.
Non podemos facer que a nosa práctica
coresmal se limite a grandes xestos externos, «para que nos vexan»,
senón que ten que ser unha conversión profunda do corazón.
Nestes corenta días prepárate, avalíate,
proxéctate ao cambio, pono todo nas mans de Deus e lánzate á aventura de amar,
de darlle sentido á propia existencia. É esta a mellor maneira de levar unha
vida tranquila e en paz, baseada no amor.
VENRES 16 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
SÉ FELIZ E
FAI FELICES AOS DEMAIS;
NON
SEXAS CENIZO
EVANXEO:
Lucas 9, 22-25
«Naquel tempo, dixo Xesús aos seus
discípulos: «O Fillo do home ten que padecer moito, ser refugado polos anciáns,
sumos sacerdotes e escribas, ser executado e resucitar ao terceiro día». Entón
dicía a todos: «Se algún quere vir en
pos de min, que se negue a si mesmo, tome a súa cruz cada día e sígame.
Pois o que queira salvar a súa vida, perderaa; pero o que perda a súa vida pola
miña causa, salvaraa. De que lle serve a un gañar o mundo enteiro se se perde
ou se arruína a si mesmo?».
REFLEXIÓN
A palabra cenizo
ten a súa orixe nunha planta que se chama
ceñiglo. É unha planta que consideramos mala herba, e non ten aspectos
positivos nin utilidade algunha. Así, no século
XVI, empeza a utilizarse a palabra
cenizo para falar das persoas que teñen e producen mala sorte.
Actualmente “ser cenizo” tamén significa
ser aguafestas, non ter alegría e estar
a se lamentar de todo. Como te adoitas comportar? Sabes que as emocións se
contaxian?
LECTURA: A
felicidade é contaxiosa (ABC, 20-08-2015)
Un estudo realizado con 2.000 adolescentes
demostra que as amizades con bo estado de ánimo axudan a superar a depresión.
Os investigadores atoparon que a felicidade
é un estado mental contaxioso e que relacionarse con persoas animadas é o
mellor antídoto contra a depresión. Ademais, tamén puideron comprobar como, ao
contrario do que ocorre coa felicidade, manter contacto con persoas deprimidas
non aumenta o risco de padecer depresión; con todo, é unha gran maneira de
axudar a estas a recuperar a felicidade. Polo que «o apoio social, e ter xente
coa que falar diso, é esencial para recuperar a felicidade».
Rodearse de amizades con bo estado de ánimo
e hábitos saudables ten un «gran efecto» na recuperación da depresión, así que
«promover as relacións de amizade entre os adolescentes é un método efectivo»
para conseguir alcanzar a felicidade.
VÍDEO: A verdadeira felicidade ( Into the
wild)
No hay comentarios:
Publicar un comentario